Reflexións

 

1     2º/3º ciclo EP                                                 

Reflexión da mañá:  Compartindo a Luz

 

DESTINATARIOS

Alumnos de 2º e 3º. Ciclo de Primaria

 

RESPONSABLES

Titores/as ou profesor/a de 1ª hora da mañá

 

OBXECTIVOS

 

Propoñer reflexións da mañá sobre o lema do curso 2011-2012:

 Busca a túa luz, es estrela.

 

RECURSOS E MATERIAIS

Folla fotocopiada coa reflexión

 

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

 

Orientacións para a reflexión:


Contamos o conto: “Compartindo a luz”, por medio do cal introduciremos a importancia de descubrir que cousas positivas regalounos Deus a cada un de nós e o bonito que é compartilas cos demais para ser e facer felices a outras persoas.

        O conto ensínanos que a nosa luz segue sendo escuridade se non a compartimos co próximo. E tamén nos di que o compartir a nosa luz a fai ser maior, porque compartir nos enriquece en lugar de facernos máis pobres. Os momentos máis felices son aqueles que puidemos compartir o que temos.

       

Só se poderá ser realmente feliz facendo felices os demais, preocupándonos polos outros. E como froito desta comprensión e convencemento, comprometémonos cos demais, vivindo a xenerosidade e a solidariedade.

 
                                                                  Compartindo a Luz

 

Había unha vez varios saltóns que se quedaron encerrados nunha pequena cova moi escura na que non podían ver nada. Pasou algún tempo e un deles escoitou a alguén que paseaba fóra da cova e púxose a gritar:

- Ooooola, hai alguén aí? Por favor, axúdenme.                                                                                 Quen estaba fóra, respondeu:

- Quen é?, quen me chama? Onde está?"...
- Son eu, un saltón que quedei encerrado nunha cova, non vexo nada, está todo moi escuro.

- Pois eu podo axudarte. Son un pequeno vagalume. Coareime por esta físgoa e entrarei na cova a darche luz.

E así o fixo o vagalume. O problema é que a súa luz era moi pouca e os saltóns seguían sen ver case nada. O saltón agradeceu moito ao vagalume o favor que lle fixo e axudouno a saír da cova. Pero ambos quedaron moi tristes porque non puideron resolver o problema.

Pasou algún tempo e ao vagalume ocorréuselle buscar a todos os seus amigos, para ver se entre todos podían axudar os saltóns. Así o fixo, saíu e buscou a outros vagalumes. Cando estaban xuntos, regresaron á cova, todos eles coáronse pola físgoa e ofreceron tanta luz que descubriron a todos os saltóns de forma de que estes puideron saír da cova.

Os saltóns estaban tan agradecidos que sempre estaban xunto aos vagalumes, protexíanos, axudábanos, divertíanse xuntos e o máis importante: sempre, sempre foron amigos.

                                   Xesús, talvez non teña moitas cousas para dar,
                                          pero si que podo compartir cos demais.
                           Ensíname a non ser egoísta, a pensar primeiro nos demais
                                                  e a compartir con alegría.
                                      Ensíname a compartir o que son e o que teño,               
                                  porque dando, recíbese e compartindo descóbrese
                                                  a alegría no noso corazón.

 

 

 

2     2º/3º ciclo EP                                                    

Reflexión de la mañá:  BOS SENTIMENTOS

 

DESTINATARIOS

Alumnos de 2º e 3º. Ciclo de Primaria

 

RESPONSABLES

Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá.

 

OBXECTIVOS

Propoñer reflexións da mañá sobre o lema do curso 2011-2012:

Busca a túa luz, es estrela.

 

RECURSOS E MATERIAIS

Folla fotocopiada coa reflexión

 

               DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

 

 

Orientacións para a reflexión:

Os nenos tratarán, en silencio, de escoitar e recordar a maior cantidade de sons e ruídos posibles.

Pídese aos nenos que nos comenten os ruídos recordados.

Pídese aos nenos que senten ben, cos brazos cruzados sobre o banco ou mesa, a cabeza apoiada sobre eles e os ollos pechados. Invitámolos a esquecerse dos ruídos que proveñen do exterior da clase.

Seguidamente, indícaselles aos nenos que se concentren só nos ruídos que hai dentro do aula. Convén ser tolerantes e respectar o seu tempo. Logo cóntannos que oíron e recordan.

Esquecémonos dos ruídos de fóra e dos ruídos de dentro e concentramos todos os nosos esforzos en escoitar os ruídos que hai dentro e fóra do noso corpo. Este debe de ser o momento de maior silencio. Deixaremos que, posteriormente, os nenos se expresen.

Logo desta experiencia leremos o texto “Bos sentimentos” e faremos a oración final proposta.


 

 

 

 

BOS SENTIMENTOS

 

·        Vivimos rodeados de persoas: os nosos papás, irmáns, tíos, primos, avós, amigos, profesores, vendedores, veciños, etc. É moi importante que nos relacionemos con eles de forma agradable e alegre, desa forma conseguiremos que todos sexamos máis felices.

 

·        Habemos de pensar como nos relacionamos coas persoas e intentar cambiar con aqueles aos que non saudamos, aos que non falamos, aos que non sorrimos, con quen non queremos quedarnos un momentiño, etc.

 

·         Seguro que dese modo as nosas vidas encheranse de agarimo, sentirémonos máis queridos e aprenderemos cousas boas sobre os demais, coñecerémolos mellor e, ao mesmo tempo que recibimos deles, poderemos ofrecerlles bos sentimentos.

 

·         Todos os nenos poden saber o que Deus desexa dicirlles, se cada un é capaz de facer un pouquiño de silencio e reflexionar, pensar en por que cousas daría grazas a Deus, en que aspectos lle gustaría mellorar?

 

 

·         SILENCIO

 

·        TODOS XUNTOS:

 

Señor,
ensíname a rezar.
Ás veces cústame falar contigo.
Non atopo as palabras, non sei que dicir.
Axúdame a rezar.
Quero estar un intre en silencio
para que Ti poidas falarme tamén.
Quero contarche o que me pasa e as cousas que fago.

 

 

 

3   2º/3º Ciclo EP                                                    

Reflexión da mañá: Se eu fose… eu son…

 

DESTINATARIOS

Alumnos de 2º e 3º  Ciclo de Primaria

 

RESPONSABLES

Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá

 

OBXECTIVOS

Propoñer reflexións da mañá sobre o lema do curso 2011-2012:           Busca a túa luz, es estrela.

 

RECURSOS E MATERIAIS

Folla fotocopiada coa reflexión

 

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

 

Orientacións para a reflexión:

 

O neno experimenta unha necesidade vital de moverse, de utilizar todo o seu corpo en todo o que fai. Por iso, os xestos, o ritmo, o baile, o canto han de formar a base idónea para a súa oración, primeiro por mimetismo cos adultos e logo de forma cada vez máis espontánea, ata solitaria: aplaudir, levantar as mans e ofrecer palmas abertas, son xestos que deixan o seu sinal no alumno.

Motivación

Sentados no chan, coas costas rectas. Facemos caer na conta ao neno de que o corpo pesa e de que pode estar quedo ou inmóbil pero atento e en silencio, uns instantes.


Podemos partir dunha pregunta cando xa están máis ou menos sentados en silencio.

Como son as montañas? E van dicindo cousas. Altas, baixas, con neve, volcáns...

Se eu fose montaña como estaría sentado?

Pódome mover ou levantarme? Imos imitar un intre á montaña.

 Que é o importante para a montaña?

 Van dicindo cousas...

 Que cousas hai na montaña, que cousas nos gustan da montaña?

 Que é importante para nós? Que cousas facemos ben?

 

 

 

Como son as montañas?

Se eu fose unha montaña como estaría sentado?

Podo moverme ou levantarme?

Que é o importante para a montaña?

Que cousas hai na montaña, que cousas nos gustan da montaña?

Que é importante para nós?

Que cousas facemos ben?

 

Se eu fose… eu son…

 

 

Podo xogar a ser unha montaña pero somos nenos e nenas que temos unha familia que nos coida e nos quere, somos bos, alegres, gústanos xogar, traballar...

 

A Deus gústanlle as cousas bonitas... a natureza, as montañas, os ríos, os nenos, as persoas.

 

É importante que aprendamos a respectar a natureza pero tamén é moi importante que nos respectemos os uns aos outros porque nós somos moi importantes e podemos facer cousas moi bonitas.

 

 

Graciñas Deus porque nos axudas a ser bos.

Graciñas Deus porque ti nos fixeches así,

nenos e nenas boas que saben facer cousas boas e bonitas para os demais...

Graciñas Deus polas montañas que son bonitas, polos ríos, polo mar...

Graciñas Deus polas cousas que nos dás.

 

 

 

4     2º/3º ciclo EP                                              

Reflexión da mañá:  O GLOBO DE COR

 

DESTINATARIOS

Alumnos de 2º e 3º  Ciclo de Primaria

 

RESPONSABLES

Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá

 

OBXECTIVOS

Propoñer reflexións da mañá sobre o lema do curso 2011-2012:           Busca a túa luz, es estrela.

 

RECURSOS E MATERIAIS

Folla fotocopiada coa reflexión

 

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

 

 

Orientacións para a reflexión:

 

Pode ser interesante orientar esta reflexión da mañá utilizando como referencia os seguintes puntos adaptados aos alumnos:

 
Dedicar un tempo ao silencio: Invitamos os alumnos a dedicar uns minutos á inactividade, sen máis compañía que o grupo-clase. Iso pode axudarnos a achegarnos a nós mesmos e a apreciar máis a relación cos demais. Procuraremos unha pausa sen ruído. Non fagas nada, e nota o silencio.

 
Presta atención ao momento que vives:

 

·        Procura axudar aos demais: Desde sempre, á maioría de nós inculcáronnos unha serie de ideas como "tanto tes tanto vales", “para ser feliz hai que ter diñeiro, etc.” Todas estas ideas, están relacionadas co principio da posesión. Algo tan natural na nosa sociedade como o posuír cousas, bens, persoas, etc. É importante poder reflexionar cos alumnos sobre a importancia de ser persoa por encima de valorar ás persoas polo que teñen ou non teñen.

 

·          Se en nós só traballamos os aspectos externos, as aparencias, entón a nosa persoa non terá consistencia. Que seremos para os demais?

 

 

 

O GLOBO DE COR
 

      As atraccións da feira xa se instalaron nos arredores da cidade. Todos pasaban uns momentos divertidos e agradables subindo ás atraccións e visitando as diferentes barracas.
      Un neno de cor tamén foi de visita, e ao marcharse quedou mirando como un vendedor de globos facía propaganda da súa mercancía. Nun determinado momento, o vendedor de globos soltou un de cor vermella, que subiu cara ao ceo, sendo o centro das miradas de moitos nenos e nenas. Despois soltou outro de cor amarela; uns segundos máis tarde, un de cor azul, e, finalmente, un de cor branca. Todos subían cara ao ceo, ata que desaparecían da vista.

      Pero o mozo de cor non deixaba de mirar un globo de cor negra que o vendedor tiña collido e non soltaba en ningún momento. Ao final o mozo decidiuse a preguntarlle:

      - Señor, se soltase o globo negro, subiría tan alto como os outros?

      O vendedor, que tamén miraba ao mozo desde había un tempiño, sorriulle con comprensión, e soltou a corda do globo negro.
      Mentres o globo se elevaba ata o ceo, o vendedor dixo ao mozo:
      - Ves como sobe? Non é a cor o que fai subir aos globos, meu fillo, senón o que levan dentro.

 
REFLEXIÓN

     Nas persoas o importante non é a súa aparencia externa, senón o seu corazón, o seu interior (as ideas, os sentimentos, a forma de pensar...) Se o interior da persoa é bo, as súas obras serán boas, e isto é o importante. Se en nós só traballamos os aspectos externos, as aparencias, entón a nosa persoa non terá consistencia. É como un globo moi bonito, con moitas cores por fóra, pero que non pode elevarse porque non ten gas dentro.


ORACIÓN

     Amigo Xesús, axúdanos a ser nenos e nenas de bo corazón, que aprendamos que, o importante na vida, é ser boas persoas. Grazas.

 

 

5     2º/3º  Ciclo EP                                                                 TÍTULO

Reflexión da mañá:  AS ESTRELAS DE MAR

 

DESTINATARIOS

Alumnos de 2º e 3r Ciclo de Primaria

 

RESPONSABLES

Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá

 

OBXECTIVOS

Propoñer reflexións da mañá sobre o lema do curso 2011-2012:          Busca a túa luz, es estrela.

 

RECURSOS E MATERIAIS

Folla fotocopiada coa reflexión

 

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

 

 

Orientacións para a reflexión:

En ocasións pódenos ocorrer que nos xorde a preguiza ou ideas do tipo “para que facelo se non vai servir de nada…”
Todo o mundo debería ter a vontade de axudar aos demais sempre que o necesiten.

Non existe un xeito único e concreto de axudar os demais, é cuestión de coñecer as necesidades e ter a suficiente capacidade para poder ser útil.

 Cando axudes a alguén tenche que saír realmente do corazón, nunca actuar para que outros vexan o que facemos, deste xeito sentirémonos máis felices.

 Non é necesario que te marches moi lonxe para axudar o próximo, seguro que moi preto de ti hai alguén a quen podes facer feliz, aínda que sexa por uns momentos e iso non ten prezo.

 Presentámosche unha vella historia: As ESTRELAS DE MAR. Escóitaa con atención:

 

 

AS ESTRELAS DE MAR

    Un amigo ía camiñando á tardiña por unha praia desértica. Mentres camiñaba, divisou a outro home de lonxe. Ao achegarse, notou que o aldeán agachábase constantemente, recollía algo e arroxábao á auga. Unha e outra vez lanzaba cousas ao océano.
     Cando o noso amigo se achegou máis aínda, viu que o home recollía estrelas de mar que se cravaron na praia e unha por vez, íaas devolvendo ao auga.
     O noso amigo sentiuse confundido. Achegouse e díxolle:

   - Boas tardes, amigo. Pregúntome que está facendo.
   - Devolvo estas estrelas de mar ao océano. Ve, neste momento, a marea está baixa e todas estas estrelas quedaron na costa. Se non as boto novamente ao mar, morren aquí por falta de osíxeno.
    - Xa entendo- respondeu o meu amigo -pero ha de haber miles de estrelas de mar nesta praia. É imposible agarralas a todas. Son demasiadas. Ademais, seguramente isto pasa en centos de praias ao longo de toda a costa. Non se dá conta que non cambia nada.

    O aldeán sorriu, agachouse, levantou outra estrela de mar para arroxala de novo ao mar e respondeu: -  Para esta, si cambiou algo!

ORACIÓN


Xesús, neste día non quero esquecerme de todos os nenos
que sofren no mundo:
os nenos enfermos,
os nenos das guerras,
os nenos que viven na rúa,
os nenos abandonados,
os nenos sen familia,
os nenos que non poden ir á escola,
os nenos que non teñen para comer,
os nenos que deben traballar,
por todos eles Xesús,
quéroche pedir neste día.

Axúdame a non esquecer a eses nenos.

 

 

Reflexión vocacional  2º/3º ciclo EP                   

Reflexión vocacional da mañá: Un mundo sen sal? Un mundo con sal!

 

 

DESTINATARIOS

 

Alumnos de 2º e 3r  Ciclo de Primaria

 

RESPONSABLES

 

Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá

 

OBXECTIVOS

 

Propoñer reflexións da mañá sobre o lema do curso 2011-2012: Busca a túa luz, es estrela.

 

RECURSOS E MATERIAIS

 

Folla fotocopiada coa reflexión

 

 

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

 

Orientacións para a reflexión:

 

En tempos antigos, o sal era tan valioso que se usaba como diñeiro. De feito, a palabra salario derívase da palabra sal. Salarium vén do latín “diñeiro en sal” e referíase á paga dos soldados romanos. A día de hoxe, nalgunhas partes do mundo o sal é moi valioso. Valórase polas súas propiedades de condimentar e preservar.
  Xesús animou os seus discípulos a ser o sal da terra e a luz do mundo. Os cristiáns son chamados a ser sal de toda a terra, porque Xesús dixo “ide por todo o mundo e predicade o evanxeo”. Como un puñado de sal se dispersa a través de toda a comida, o ensino do evanxeo dispérsase amplamente, penetrando e chegando ata os corazóns dos homes.

 

 

Un mundo sen sal? Un mundo con sal!

 

Sabes en cantos países do mundo están presentes os laSALianos? Saberías dicir algúns? Coñeces en que vilas ou cidades do teu contorno hai colexios de La Salle?

 

Un mundo con Sal? Con sal de laSALianos!

 

  

                                       

A HISTORIA DO BONECO DE SAL

 

Un boneco de sal percorreu miles de quilómetros de terra firme, ata que, por fin, chegou ao mar. Quedou fascinado por aquela móbil e estraña masa, totalmente distinta de canto vira ata entón.
    - “Quen es ti?”, preguntoulle ao mar o boneco de sal.
Cun sorriso, o mar respondeulle:

   - “Entra e compróbao ti mesmo”
E o boneco meteuse no mar. Pero, a medida que se penetraba nel, ía disolvéndose, ata que apenas quedou nada del. Antes de que se disolvese o último anaco, o boneco exclamou asombrado:
     ”Agora xa sei quen son!” Agora son plenamente feliz!

Oración:

Dinos Xesús: “Vós sodes o sal da terra. Pero se o sal se volve insulsa, con que a salgarán? Xa non serve máis que para tirala fóra e que a pisen os homes”. Mt. 5, 13

    Amigo Xesús, somos alumnos de _____________, queremos pedirche que, como san / santa ____________, nós tamén sexamos o SAL de verdade e saibamos esparexer as cousas boas alí onde esteamos. Graciñas.