Anexos

 

E.S.O

DINÁMICA

A expresión artística.

 

        Poder pintar libremente sobre unha saba branca coas mans e os pés enlarafuzados de pintura, escribir un poema ou unha canción sen pensar demasiado, deixándose levar polos sentimentos e sensacións nacidos dunha dinámica, dunha relaxación, modelar arxila ou plastilina cos ollos vendados ou pechados deixando fluír o que sae de dentro, aprender unha danza contemplativa, son algunhas das posibilidades para deixar saír, para expresarse.

 

        Non se trata de facer obras belas para expoñelas despois, trátase de atopar diferentes vías de expresión de moitas cousas para as que as palabras quedan curtas.