Celebracións

CELEBRACIÓN 1

ESTRELAS DO CEO

       Nunha pequena vila vivía unha nena moi especial que se chamaba Luz.
Sabedes por que era especial? Porque cando ela quería acendía o seu corpo como un farola cunha luz resplandecente.


       Un día, comezou a chover, a tronar e caeron raios do ceo. Os fortes ventos romperon as farolas e a vila quedou sen luz. A xente púxose moi nerviosa xa que non podían ver nada. Os que estaban na rúa non acertaban a ver o camiño para chegar a casa e os que estaban nas súas casas non podían facer nada porque chocaban coas paredes?


        Entón, a pequena nena chamada Luz, foi a cada unha das casas a axudar as persoas para que puidesen ver e se metesen nas súas camas a durmir. Terminou moi cansa xa que estivo en moitas casas pero sentíase moi contenta porque axudou á xente.


        Á mañá seguinte saíu o sol e todas as familias foron a casa de Luz a darlle as grazas. Un neno da vila preguntou a Luz:


        - Como podes facer luz co teu corpo?

 

          Luz respondeulle:


        - Eu non fago nada especial. Como sabedes, no ceo hai moitas estrelas e cada un de nós podemos elixir unha. Cada noite podemos mirala con atención e falar con ela. Dese xeito será a vosa estrela amiga e daravos toda a súa luz. Iso é o que fago eu cada noite, mirar a miña estrela e falar con ela...

 
        Facede vós o mesmo e encherédesvos de luz para alumar ao que non ten.


 

PARA TRABALLAR COS NENOS


        - Cada un temos unha luz propia e diferente dentro de nós. Temos que atopar esa luz para poder axudar aos demais.

         - Meteremos nunha bolsa tantas estrelas riseiras como nenos haxa e cada neno elixirá unha para pintala e colocala en clase.

        - Cantaremos a canción.

         - Repartir o bolígrafo e levalo á casa para que poidamos atopar a estrela.

 

(O texto debe ir acompañado de debuxos para que os vexan os nenos)

 

 

CELEBRACIÓN 2

 

XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN 11-12

CELEBRACIÓN DA PALABRA ED. INFANTIL

 

OBXECTIVOS:

-         Fomentar o interese dos alumnos/as por vivir experiencias “ xuntos ” na Capela.

-         Facer pensar  aos alumnos/as sobre si mesmos, sobre o que son capaces de facer para axudar os demais.

 

MATERIAIS:

-         Conto : A granxa Alegría.

-         Debuxos das lupas.

-         Cartel confeccionado coas estrelas debuxadas por eles.

-         Cofre/baúl.

-         Canción:

 

AMBIENTACIÓN:

            En primeiro lugar, invitamos aos mozos/as a ir á Capela do Centro, en silencio, porque imos atoparnos co noso Amigo Xesús.
            A Capela estará previamente adornada cun gran cartel no que pegamos os debuxos sobre as estrelas, que anteriormente realizaron eles na clase.
            Unha vez na Capela, recordámoslles brevemente o traballo previo que fixemos durante as Xornadas de sensibilización e a continuación invitámolos a escoitar moi atentamente un conto sobre o que logo poderemos dialogar e responder a algunhas preguntas.

CONTO:

A GRANXA ALEGRÍA

 

            Na granxa “A Alegría” vivían moitos animaliños:
A vaca Paca, múuu, múu; a galiña Pepiña, cocorocó, cocorocó;
O porquiño velliño, groing, groing; a ovelliña Lupiña, beee, beee.
E moitos máis?
 

            Pero entre todos, había dous animaliños que eran moi, moi amiguiños.
O pato Tato - Cuá-cuá Cuá-cuá!, e o grilo Farruquiño - Crí-Crí, Crí-crí!
Sempre, antes de ir durmir, miraban xuntos as estrelas e contábanas unha a unha para ver se se perdera algunha.
- Cric, cric, unha, dous, tres, catro, cinco… cuá, cuá, seis, sete oito, nove... ja ja ja ja ja ja ja ja!
Ríanse a gargalladas ao ver que estaban todas, todiñas brillando no ceo.
 

            O Grilo Farruquiño era moi fedello e quería saír fóra da granxa para ver que había máis aló do enreixado. Propuxérallo varias veces ao seu amigo Tato, o pato, pero este que era máis obediente, dixera que non, que os seus papás tamén o advertiron dos perigos que corría se saía fóra da granxa soíño.
Así que unha noite, como Farruco era moi fedello, mentres todos durmían, espertouse, saíu sixilosamente para que ninguén o oíse e saltou o enreixado da granxa.
 

            Pola mañá, cando se espertaron os seus papás, viron que o grilo Farruquiño non estaba na súa camiña, buscaron por toda a casa, e non había rastro del.
Foron a casa do seu amigo o Pato Tato, pero tampouco estaba alí.
Buscaron por toda a granxa, e ninguén vira esa mañá o grilo Farruquiño. Os seus pais asustáronse moitísimo por se lle pasou algo malo.
 

            Entón o seu amigo Tato, o pato, foi por todos os recunchos da granxa chamando a todos os animaliños para ver se querían acompañalo a buscar a Farruquiño.
Todos os animaliños uníronse para buscar o grilo… cuá, cuá!, ¡groing, groing!, múuu, múuu!, cocorocó, cocorocó! Imos buscalo. - Dicían todos.
Saíron todos os papás e os filliños, pois todos querían moito a Farruquiño e estaban moi preocupados polo seu trasnada.
 

            Pero entón, o seu amigo Tato recordou que Farruquiño sempre soñara con ir ao río.
- Cuá, cuá, imos ao río!  - gritou Tato asustado…,  Farruquiño debe estar alí.
Tato atopou na beira do río os anteollos que sempre levaba Farruquiño con el. Agora sabían que fora ao río.
 

            Logo de moito andar e case amencendo, o patiño Tato viu de lonxe, na beira do río, flotando unha gran folla e que dentro había alguén.
O corazón deulle un salto. - Cuá cuá, Farruquiño!, e botou a correr pegando grandes saltos, hop, hop, hop, ufff.
Chegou á gran folla e, por fin!, alí estaba Farruquiño placidamente durmido e cun enorme sorriso.
- Cuá cuá, Farruquiño! Querido amigo, esperta, son Tato o teu amigo.
 

            Farruquiño aínda adormecido, espertou e comezou a mirar a todos con asombro, -Cric… que... pasa…, cric? por que estades todos aquí mirándome? Cric... al!, e que fago eu aquí?
… Cric, xa recordo! - dixo Farruquiño? Tombeime sobre unha folla que flotaba para ver mellor as estrelas, fun sacar o meu anteollos e vin que o perdera, pero bo, o ceo estaba moi bonito sen anteollos tamén e durminme.

            - Cric, soñei que unha luminosa estrela achegábase ata min e dicíame que en realidade vivía dentro do meu corazón e que era ela a que coidaba sempre de que eu fixese cousas boas para axudar aos amiguiños da granxa e que por iso todos me querían tanto, será verdade mamá?

            - Cric, moi lindo o soño, meu fillo - dixo a súa mamá? Agora descansa e mañá faremos unha gran festa para celebrar que apareciches, e para contarlles a todos que é certo, que todos levamos unha estrela dentro para iluminar os demais e facelos felices.
            Entón Farruquiño púxose moi contento e dándolle a man á súa nai regresaron todos xuntos á granxa da Alegría.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO:

 

-         Temos amiguiños como Farruquiño?

-         Que lle pasou a Farruquiño?

-         Que soño tivo?

-         Somos capaces de buscar no noso corazón cousas bonitas que lles gusten aos demais?

-         …

-          

DINÁMICA:

 

            Na clase, confeccionamos previamente lupas de cartolina, que os nenos/as colorearon de cores vivas, como símbolo de procura de cousas bonitas, accións boas, bos comportamentos, persoas ás que queremos moito? (O feito de que só estean coloreadas é porque eles aínda non son capaces de pintar dentro accións, nin persoas, nin saben escribir…, aínda que cos de cinco poderíase intentar.)
 

            Unha vez terminado o diálogo sobre o conto, chega o momento do compromiso. Agora cada neno/a levantarase e irá deixando dentro do baúl dos tesouros a súa lupa, como símbolo daquilo bo que se compromete a realizar durante este curso para axudar os demais, ben no cole, na casa, cos familiares… Aquel que o desexe poderao expresar en voz alta antes de introducir a súa lupa no baúl e se non, simplemente deixaraa alí.

ORACIÓN

Graciñas Xesús por ser o noso amigo,
por regalarnos unha familia que nos quere,
por regalarnos un cole onde aprender,
por regalarnos unha chea de amigos cos que xogar.
 

Graciñas Xesús, polo ceo cheo de estrelas
que nos ilumina na noite,
e que nos recorda todos os días
que todos somos estrelas boas
capaces de facer cousas bonitas.
 

Moitas grazas, graciñas,  Xesús.