Reflexións
1 Educación Infantil E 1ª ciclo EP |
Reflexión da mañá: FAI ALGO! |
DESTINATARIOS |
Alumnos de Educación Infantil e 1º. Ciclo de Primaria |
RESPONSABLES |
Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá. |
OBXECTIVOS |
Propoñer reflexións da mañá sobre o lema do curso 2011-2012: Busca a túa luz, es estrela. |
RECURSOS E MATERIAIS |
Folla fotocopiada coa reflexión
|
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE |
Orientacións para a reflexión:
A solidariedade refírese aos lazos que unen aos membros dunha sociedade entre si. Deste xeito, a solidariedade é o valor que consiste en mostrarse unido a outras persoas ou grupos, compartindo os seus intereses e as súas necesidades.
Como termina a frase?
Unha vez, unha flor espertou e deuse conta que xa non tiña os seus bonitos pétalos…
Un soleado día de verán, o mar quedou sen ondas…
Unha noite, o grilo Tomé quixo cantar pero non puido…
Esa noite, o vagalume Paquiño quixo saír a pasear pero tiña perdido a súa luz...
FAI ALGO!
Cando axudo aos demais, son estrela.
Cando fago que non chore alguén, son estrela.
Cando quero aos demais, son estrela.
Cando perdoo a alguén, son estrela.
Cando non insultamos, cando dicimos a verdade,...
SOMOS ESTRELA!
|
DESTINATARIOS |
2 Alumnos de Educación Infantil e 1º. Ciclo de Primaria |
RESPONSABLES |
Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá. |
OBXECTIVOS |
Propoñer reflexións da mañá sobre o lema do curso 2011-2012: Busca a túa luz, es estrela. |
RECURSOS E MATERIAIS |
Folla fotocopiada coa reflexión
|
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE |
Orientacións para a reflexión:
Cando lle pides perdón a alguén significa que te detiveches a pensar en como pode terse sentido esa persoa por algo que ti dixeches ou fixeches. E, se fixeches algo que sabías que estaba mal, é posible que ata te avergoñes diso.
¡APRENDEMOS A PERDOARNOS!
"Eu non fun!" "Eu non teño a culpa!" "Xa podes pedirme desculpas!"
Resúltache familiar? É como moitos nenos que ás veces discuten cos seus amigos?
Pedir perdón é o mesmo que desculparse. Ao pedir desculpas, unha persoa está dicindo que sinte ou lle sabe mal o dano que causou, incluso aínda que non o fixese a propósito.
Cando un neno ou nena se desculpa, tamén pode engadir que intentará non volva ocorrer outra vez.
Ola, Xesús
Ola Xesús! Estou aquí cos meu amigos. Antes de empezar as nosas tarefas queremos falar un momento contigo. Nosoutros e nosoutras, que somos nenos como o fuches ti, queremos que lle pidas a Deus que axente se queira moito. Que se paren as guerras, que aprendamos a perdoarnos, que non nos insultemos... Graciñas, Xesús. |
3 Educación Infantil e 1º ciclo EP |
Reflexión da mañá: Por todos os nenos e nenas. |
DESTINATARIOS
|
Alumnos de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria |
RESPONSABLES |
Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá. |
OBXECTIVOS |
Propoñer reflexións da mañá sobre o lema do curso 2011-2012: Busca a túa luz, es estrela. |
RECURSOS E MATERIAIS |
Folla fotocopiada coa reflexión
|
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE |
Orientacións para a reflexión: Vivimos á beira de moitas persoas: os nosos papás, irmáns, tíos, curmáns, avós, amigos, mestres, veciños, etc.
Por todos os nenos e nenas.
Xesús, ensíname a rezar. Ás veces cústame falar contigo. Non encontro as palabras, non sei que dicir. Axúdame a rezar.
ORACIÓN POR TODOS OS NENOS E NENAS DO MUNDO
Xesús, ensínasnos que todos temos un mesmo Pai e formamos unha mesma familia.
Quero estar un momentiño en silencio para que Ti poidas falarme tamén. Quero contarche o que me pasa e as cousas que fago.
Quero cambiar con aqueles amigos aos que non saudamos, aos que non falamos o estamos enfadados.
Pídoche que teñan todo o que necesitan para vivir.
|
4 Educación Infantil e 1º ciclo EP |
Reflexión da mañá: A MONTAÑA |
DESTINATARIOS |
Alumnos de Educación Infantil e 1º. Ciclo de Primaria |
RESPONSABLES |
Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá. |
OBXECTIVOS |
Propoñer reflexións da mañá sobre o lema do curso 2011-2012: Busca a túa luz, es estrela. |
RECURSOS E MATERIAIS |
Folla fotocopiada coa reflexión |
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE |
Orientacións para a reflexión: Graciñas Deus porque podemos facer moitas cousas. Graciñas Deus porque cada un somos diferentes. Graciñas Deus porque xuntos pasámolo moi ben.
A MONTAÑA Cada neno/a explicamos que eramos cando nos moviamos...
Cando me movía eu era…
Eu son grande e tranquilo como unha montaña e douche grazas porque podo...
Oración Graciñas Deus porque podemos facer moitas cousas. Graciñas Deus porque cada un somos diferentes. Graciñas Deus porque xuntos pasámolo moi ben.
|
5 Educación Infantil e 1º ciclo EP |
Reflexión da mañá: As mans |
DESTINATARIOS |
Alumnos de Educación Infantil e 1º. Ciclo de Primaria |
RESPONSABLES |
Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá. |
OBXECTIVOS |
Propoñer reflexións da mañá sobre o lema dol curso 2011-2012: Busca a túa luz, es estrela. |
RECURSOS E MATERIAIS |
Folla fotocopiada coa reflexión
|
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE |
Orientacións para a reflexión :
A oración das mans Esas mans coas que podo APLAUDIR cando alguén me fai sentir contento e feliz. Esas mans coas que podo AXUDAR cando alguén necesita de min. Esas mans coas que podo SAUDAR ou DESPEDIRME, coas que podo FACER As PACES; coas que podo DAR e ser xeneroso cos que me rodean; coas que podo PEDIR AXUDA cando o necesito. Esas mans coas que podo ABRAZAR as persoas que máis quero. Cantas cousas boas podo facer coas miñas mans Xesús! Que ben me sinto Xesús, cando uso as miñas mans deste xeito! Axúdame para que sempre as use así: para facer cousas boas. E non deixes nunca, Xesús, que me quede coas miñas mans nos petos, sen facer nada, cando alguén necesite da miña axuda. Nin deixes nunca que use as miñas mans para facer dano a ninguén.
As mans
Cantas cousas boas podo facer coas miñas mans Xesús!
APLAUDIR
AXUDAR
SAUDAR ou DESPEDIRME,
FACER AS PACES;
DAR
PEDIR AXUDA
ABRAZAR
XOGAR
Que ben me sinto Xesús, cando uso as miñas mans desta maneira!
|
Carácter vocacional E. Infantil e 1º ciclo EP |
Reflexión da mañá: FACER BEN AS COUSAS |
DESTINATARIOS |
Alumnos de Educación Infantil e 1º. Ciclo de Primaria |
RESPONSABLES |
Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá |
OBXECTIVOS |
Propoñer reflexións da mañá sobre o lema do curso 2011-2012: Busca a túa luz, es estrela. |
RECURSOS E MATERIAIS |
Folla fotocopiada coa reflexión
|
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE |
Orientacións para a reflexión:
(Debuxo que sinala: cabeza, corazón, mans e pés)
|