Titorías
PROGRAMACIÓN DE TITORÍA.
Curso: 1º Ciclo EP |
|
|
|
Actividade: TITORÍA I: DESCUBRIMOS que é o CORAZÓN |
|
|
||
Obxectivos:
1.- Recoñecer o corazón como órgano vital e como baúl dos sentimentos.
|
||
Desenvolvemento da sesión/actividade:
· Chuvia de sentimentos no encerado, para descubrir de onde veñen: do corazón.
· Cada neno ou nena elixe un sentimento e escríbeo nun papel en forma de corazón (ver anexo corazóns). · Por grupos ou grupo clase, realízase a silueta dun neno ou nena encima do papel continuo. Logo colócanse os sentimentos pola beira do corpo. A continuación reflexionan de onde saen os sentimentos. Descobren que é do corazón e debúxase o corazón no corpo. Para acabar debuxan frechas desde o corazón a cada sentimento (se é por grupos, poden pegar os sentimentos dentro do corazón da silueta).
|
||
Material:
· Fotocopia dos corazóns (ver anexo.corazóns). · Papel continúo para realizar a silueta do neno ou nena. · Lapis, gomas, pinturiñas, rotuladores e cola de barra.
|
||
Avaliación (da consecución dos obxectivos, do desenvolvemento da actividade, da adecuación aos alumnos ...):
|
PROGRAMACIÓN DE TITORÍA
Curso: 1º Ciclo EP |
|
|
|
Actividade: TITORÍA II: DESCUBRIMOS o noso CORAZÓN |
|
|
||
Obxectivos:
1.- Recoñecer os nosos propios sentimentos e emocións.
|
||
Desenvolvemento da sesión/actividade:
· Elaboración dun corazón de plastilina (encima dunha base de papel ou cartolina para poder transportalo) por alumno. · Cada alumno escribirá o sentimento que o defina máis nese momento. Nunha tira de cartolina por diante e por detrás, e engancharao cun clip ao corazón de plastilina (en forma de portafotos, en vertical).
|
||
Material:
· Plastilina (e unha base de papel ou cartolina para poder transportalo). · 1 Clip por alumno. · 1 tira de cartolina por alumno. · Lapis, goma, rotuladores.
|
||
Avaliación (de consecución de obxectivos, do desenvolvemento da actividade, da adecuación aos alumnos ...):
|
||
PROGRAMACIÓN DE TITORÍA.
Curso: 1º Ciclo EP |
|
|
|
Actividade: TITORÍA III: DESCUBRIMOS O corazón dos demáis |
|
|
||
Obxectivos:
1.- Aprender a identificar as emocións dos demais a través da narración dun conto.
|
||
Desenvolvemento da sesión/actividade:
· Lectura do conto: O CONTO DAS EMOCIÓNS: “Érase unha vez dous irmanciños, Sara e Pedro, que se querían moito e pasaban todo o día xuntos. Sara tiña tres anos e Pedro catro. Achegábase o aniversario de Sara e entre todos Os pais de Sara e Pedro prepararon invitacións para os amiguiños de Sara. Ían ir moitos nenos porque Sara era moi simpática e agradable con todo o mundo e tiña moitos amigos: Todo o mundo axudaba en algo para a festa, e Pedro empezaba a estar un pouco canso porque non se falaba doutra cousa durante todo o día e non lle facían moito caso a el. Ademais, esa non era a súa festa. O día do aniversario de Sara, os seus pais erguéronse cedo para decorar toda a casa. Había un gran cartel que puña: “Moitas felicidades, Sara”. Cando chegou a hora de erguer os nenos, os pais de Pedro e Sara foron á habitación de Sara para espertala e Sara preguntou por Pedro, que se tiña que espertar con todo o ruído, pero non fora a felicitala aínda. Así era, Pedro estábao escoitando todo, pero el tamén quería agasallos e non lle apetecía ir darlle a Sara o seu, pero foron os seus pais a espertalo e a dicirlle que debía ir felicitar á súa irmá. Así o fixo, pero Sara, aínda que non dixo nada, deuse conta de que non o facía de corazón como adoitaba facelo. Almorzaron todos xuntos, aínda que Pedro non estaba alegre como adoitaba estar o resto das mañás. Fóronse ao colexio. Todo o mundo felicitaba a Sara e na súa clase e cantáronlle “Parabéns para ti”. Logo das clases da tarde, á saída do colexio, todos os compañeiros de Sara acompañárona á súa casa. Pouco tempo despois foron chegando todos os seus veciños. Foi unha festa xenial, pero Pedro estaba enfadado porque ninguén lle facía caso. Todo o mundo estaba pendente de Sara, dábanlle moitos agasallos e estaba tan contenta e ocupada con todos os seus amigos que non lle facía caso. Estaba tan enfadado que marchou a outra habitación. Pero Sara si que estaba pendente do seu irmán e púxose moi triste de velo El non tiña ningún motivo para enfadarse, era o aniversario da súa irmá e tiñan que estar todos contentos por ela. Así que lle pediu desculpas polo seu comportamento e foron os dous xuntos, co resto dos seus amigos, para apagar as velas da torta.
· Preguntas: Por que estaba contenta Sara? Por que motivos se enfadou Pedro? Por que se puxo triste Sara?
|
||
Material:
· O conto.
|
||
Avaliación (da consecución dos obxectivos, do desenvolvemento da actividade, da adecuación aos alumnos ...):
|