Confirmación

 

 

Celebración da Confirmación

 

 

Entrada: (catequista)

 

    Hoxe celebramo-la confirmación dos xoves da nosa parroquia, hoxe celebramos a súa maioría de idade na Igrexa. Hoxe deciden, personalmente, aceptar o que no plano relixioso fixeron hasta este momento os seus pais, a súa familia, os seus educadores ou os seus catequistas.

   Non é o final senon o comezo dunha nova etapa da súa vida como cristiáns.

 

Rito da confirmación: (2 xoves)

 

 

(1) Hoxe é o día do noso compromiso, o noso primeiro compromiso como adultos cristiáns.

 

(2) Sabemos que hoxe é un día especial, pero, ¿sabemos qué significa este día?, ¿qué significa comprometerse?.

 

(1) Pois seguindo a mesma palabra, comprometerse é:

 

 - “meterse” :

     alí onde ti sabes que fas falta, inda que no sexa cómodo ni vaias recibir nada rentable, co que ti es, co que tes, coas túas cousas  e co teu tempo.

(2)     - “prometerse”:

     atarse a outras persoas, á súa sorte, á súa vida, ás súas ledicias e tamén ás súas penas. Prometerse  tamén a un mesmo un camiño, unha forma de  ve-la vida.

(1)      -  comprometerse”:

compartindo o camiño cos outros nunha búsqueda común, non en  “solitario”, senon en “solidario”.

 

 

Peticións:

 

 

- Pedímosche, Señor, por nós, polos que hoxe decidimos estar aquí. Porque imos iniciar un camiño difícil, porque ser cristián non está de  moda, porque nos van a sinalar co dedo e non podemos facer isto  sós, sen Ti.

 

- Pedímosche que nos aprendas a ser fieis ás túas palabras, a ser testigos da túa  verdade, a formar parte da túa comunidade.

 

- Pedímosche que nos aprendas a enfoca-las cousas e a nosa vida desde o que  Ti nos mostraches, porque un testigo non convence en nome propio, senon  só no teu nome. Fainos transparentes.

 

- Pedímosche que nos aprendas a ser testemuñas da verdade do amor que Ti nos diches, inda que nos supoña un esforzo, inda que vaia contra corrente, inda que me pida máis do que esperaba dar.

 

- Pedímosche polos nosos irmáns, pola nosa comunidade, pola Igrexa, que recoñezamos nela sempre estas cualidades, inda cos seus defectos  e as súas debilidades.

 

- Pedímosche polos nosos pais, polas nosas familias e polos nosos sacerdotes, que sexan testemuñas túas sempre, como nós hoxe nos comprometemos a ser, que poidamos vernos neles e amalos como Ti o fas.

 

 

Ofertorio: 

 

 

- Hoxe Xesús convidounos á súa mesa e queremos corresponderlle con algo especial : as nosas vidas.

Os momentos tristes e os bos momentos, os nosos problemas e os nosos éxitos, as nosas peticións e as nosas promesas.

 

-   Así, Señor, ofrecemosche este pan e este viño como símbolo do noso esforzo, do traballo  diario de todos os  que, coa súa esperanza , se esforzan por construir un  futuro mellor para todos.

 

-   Traémosche un pouco sal, que  nos lembra esas pequenas cousas boas do mundo, as que  por cotidiás non valoramos tanto: un sorriso, un silencio a tempo en vez dun grito, unha axuda que non se espera, unha pequena sorpresa,...

 

-   Presentámosche unha vela como símbolo da luz do teu Espíritu e do reflexo que facemos del cando pensamos nos demáis, cando axudamos a alguén, cando sabemos perdoar, cando  levamos alegría,… cando somos capaces de ser luz no mundo, como Ti nos dixeches.

 

-  Traémosche, Señor, auga, que representa  a todo o que ven da túa man e que  é  para nós a mellor das bendicións: a auga, o sol, os animais e tamén as personas. Todos son os nosos irmáns, pois Ti  os creaches.

 

-   Por último ofrecemosche tamén o noso tempo  simbolizado nos nosos reloxes para que nunca olvidemos onde estás Ti nin os demáis, por encima do cansancio e “do que máis nos apetece”.

Final

                             Por fin chegou o ESPÍRITO

 

 

 Por fin chegou.

Púxenme moi contento.

Xa non teño que traballar!

Recibín o Espíritu,

son unha nova persoa.

Un Home novo!

Unha Muller nova!

 

E deiteime a durmir.

E durmín un día enteiro,

e unha semana

e un ano.

 

Onde eu vivía decía:

Casa do Home Novo

“Non molesten”

 

E o chan encheuse de po

E os teitos de telarañas.

 

Queimouse o CD.

Non había cancións.

Mireime ó espello  e estaba serio.

 

O Espírito seguía, debaixo do lavabo,

 esperando a que me lavara.

 

E púxenme de novo

a varrer a miña casa cada día.

 

Quitei o letreiro e escribín :

“Por favor, molestenme”

 

E se ergueu o Espírito e díxome :

“militia est vita hominis

super terram”

 

 e traduciumo :

“a loita é a vida do home

sobre a terra”

Baixei a cabeza

e dixen : « o tiña esquecido »

 

Dímonos a man outra vez.

Arranxoume o CD

e púsome  unha canción que dicía:

Non se pode estar mirando ó ceo!

Non se pode estar mirando ó ceo!

Non se pode estar mirando ó ceo!

 

 

 

 

( Este é o noso momento,

 de aquí en adiante decidimos nós

 

o tipo de persoa que queremos ser,

 

 a vida que queremos vivir.

 

 É o momento de decidir se vivimos só para nós nun mundo solitario,

cheo de espellos,

 

 ou un mundo novo, un mundo mellor, un mundo para compartir.

 

 Ese é agora o noso traballo,

 

a nosa aspiración,

 

 

 o noso desexo para nós ,

 

 para vós e para os que veñen detrás,

 

 para os que nos observan,

 

  para os que nos critican.

 

 Non é un camiño fácil,

 

 non é un camiño rápido,

 

 

pero é o que queremos intentar

 

 cada un dos días da nosa vida )