Eucaristía-Misal

 

A SANTA MISA

 

 

SAÚDO INICIAL

 

u    CELEBRANTE:

No nome do Pai e do Fillo  e   do Espírito Santo.

u    POBO : Amén

u    C. A gracia do noso Señor  Xesucristo,  o   amor   do Pai e a  comunión do Espírito   Santo sexan  con  todos vós.

u    P.  E contigo tamén.

 

ACTO PENITENCIAL

u    C. Irmáns, para  celebrarmos  dignamente os  santos misterios, recoñezamos que  somos  pecadores.

 

Eu confésome pecador

diante de Deus omnipotente

e tamén diante de vós, meus irmáns,

pois teño pecado moito de pensamento,

de palabra, de obra e de omisión.

Pola miña culpa, pola miña culpa,

pola miña grandísima culpa.

Por iso lle pido á benaventurada Virxe María,

a tódolos Anxos e Santos do ceo e a vós tamén,

meus irmáns, que roguedes por min

a Deus, o noso Pai.

 

PERDÓN

 

C. Ti que fuches enviado a  salva-los  corazóns arrepentidos :

Señor, ten  piedade de nós

P.  Señor, ten piedade de nós.

 

C. Ti que viñeches chamar  ós pecadores :

Xto, ten  piedade de nós.

P. Cristo, ten piedade de nós.

 

C. Ti que estás á dereita do  Pai  para intercederes por  nós:

Señor, ten piedade de nós.

P.  Señor, ten piedade de nós.

 

C. Deus omnipotente teña  piedade  de nós,

nos conceda o perdón dos  nosos pecados

e  nos leve á vida eterna.

P.  Amén.

 

GLORIA

 

Gloria a Deus no ceo,

e paz ó seu pobo na terra.

Noso Señor Deus, rei do ceo,

Deus Pai todopoderoso;

Louvámoste, bendecímoste,

adorémoste, glorificámoste

e dámosche gracias, pola túa inmensa gloria.

Señor, Fillo único, Xesucristo,

Señor Deus, Año de Deus, fillo do Pai.

Ti, que quíta-lo pecado do mundo,

ten piedade de nós.

Ti, que quíta-lo pecado do mundo,

escoita a nosa oración.

Ti, que estás á dereita do pai,

ten piedade de nós;

porque Ti é-lo único Santo, Ti, o único Señor,

Ti, o único Altísimo Xesucristo,

co Espírito Sto.

na gloria de Deus Pai. Amén.

 

u    C.   Oremos. …Pedímosche por Xesucristo… por sempre eternamente.

u    P.   Amén

 

DESPOIS DAS LECTURAS

 

LECTOR  Lectura de…
                                                                   Palabra do Señor
POBO  Gracias a Deus.

 

EVANXEO

u    C.   O Señor sexa convosco.

u    P.    E contigo tamén.

u    C.   Lectura do Santo Evanxelio    según San…

u    P.    Gloria a Ti, Señor Xesús.

 

u    C.  (…….) Palabra do Señor

u    P.    Louvámoste, Cristo.

 

CREDO

 

Creo en Deus, Pai Todopoderoso.

Creo en Xesucristo,

o seu único Fillo, o noso Señor

que foi concebido por obra  e gracia

do Espíritu Santo,

naceu de Santa María a Virxe.

Padeceu baixo o poder de Poncio Pilato.

Foi crucificado, morto e sepultado.

Descendeu ós infernos,

ó terceiro día resucitou de entre os mortos.

Ascendeu ós ceos

e está sentado á dereita de Deus,

Pai Todopoderoso.

Dende alí virá a xulgar a vivos e mortos.

 

Creo no Espíritu Santo, a Santa Igrexa Católica,

a comunión  dos Santos,

o perdón dos pecados, e a vida eterna. Amén.

 

PRESENTACIÓN DO PAN

u    C. Bendecímoste, Señor,  Deus do  universo. Da  túa bondade recibimos  este pan, que é  froito da  terra e do traballo dos  homes.

Presentámoscho  agora  para que se nos  converta no pan  de vida.

u    P.  Bendito sexa Deus, agora  e sempre.

 

PRESENTACIÓN DO VIÑO

u    C.  Bendecímoste, Señor, Deus do universo.  Da túa  bondade recibimos este viño, que é   froito da vida e  do traballo dos homes.

Presentámoscho agora   para que se nos  converta  na bebida  de salvación.

u    P.  Bendito sexa Deus,  agora e sempre.

u    C.   Pregade,irmáns, para  que este  sacrificio  meu e  voso sexa ben  aco-llido por Deus Pai  omnipotente.

u    P.  O Señor acolla das túas mans  este sacrificio,  para louvanza e para  gloria do seu nome, para ben noso e de toda a súa Santa Igrexa.

u    C.  Pedímoscho a ti, que vives e reinas por  sempre eternamente.

u    P.   Amén.

 

PREGARIA EUCARÍSTICA
C.  O Señor sexa convosco.
P.   E contigo tamén.
C.
   Erguede os corazóns.

P.   Témolos postos no Señor
C.
   Deámoslle gracias ó  Señor,   noso Deus
P.    É digno e de xusticia

 

SANTO

Santo, Santo,

Santo es ti, Señor,

Deus do universo.

Enche-lo ceo e maila terra coa tua gloria

¡Hosanna no ceo!

Bendito o que vén

no nome do Señor

¡Hosanna no ceo!

 

DESPOIS DA CONSAGRACIÓN

C.   Velaquí o misterio da  nosa fe.

P.   Anunciámo-la túa morte,  proclamámo-la túa  resurrección, ¡ven , Señor Xesús!

C.   Por El. con El e en El …por sempre eternamente.

P.    Amén

 

NOSO PAI

 

C. Guiándonos polos consellos do  Salvador  e  seguindo a súa doctrina, atrevémonos a dicir:

 

Noso Pai que estás no ceo,

santificado sexa o teu nome.

Veña o teu Reino

e fágase a túa vontade

aquí na terra coma no ceo.

Danos hoxe o noso pan de cada día;

perdoa as nosas ofensas,

como tamén perdoamos nós

a quen nos ten ofendido;

e non nos deixes caer na tentación,

mais líbranos do mal.

 

C. Líbranos, Señor, de tódolos males e dáno-la paz nos nosos días. Fai que, axudados pola túa  misericordia, vivamos  sempre libres de  pecado e  amparados  de toda desgracia. Mentres  esperámo-la salvación e a  volta gloriosa do noso Señor  Xesucristo.
P.  Pois teus son o reino, o poder e maila  gloria
por sempre eternamente.

 

A PAZ

C. Señor Xesucristo,Ti  dixéche-los teus Apóstolos: “Déixovo-la miña paz, dóuvo- la miña paz”. Non  míre-los  nosos  pecados  senon a fe da túa Igrexa; dígnate darlle a paz e  maila unión  de acordo coa  túa vontade. Pedímoscho a ti, que  vives  e reinas por sempre eternamente.

u    P.  Amén.

u    C.  A paz do Señor sexa  sempre convosco.

u    P.   E contigo tamén.

u    C.  Dádevo-la paz coma  irmáns.

 

AÑO DE DEUS
Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo,
ten piedade de nós.
Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo,
ten piedade de nós
Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo,
dáno-la paz.

 

COMUÑÓN

u    C. Este  é o Año de Deus que quita o pecado  do mundo. Felices os convidados á cea do Señor.

 

u    P.  Señor, eu non son merecente de que entres no meu fogar, mais unha palabra túa abonda para me salvar

 

DESPEDIDA

 

u    C.  O Señor sexa convosco.

u    P.   E contigo tamén.

u    C.  Bendígavos Deus  Todopoderoso:  Pai,  Fillo e Espírito Santo.

u    P.   Amén.

u    C.  Podedes ir en paz, e que  o Señor vos  acompañe.

u    P.   Démoslle gracias a Deus.