Exequias

 

ENTRADA

 A morte de N........................ reuniunos nesta igrexa para ofrecerlle una despedida cálida e sentida, membro da nosa Comunidade.

Cando alguén moi noso vaise, os cristiáns reunimos para recorda-la Morte e Resurrección de Xesús, a nosa dor e tristura teñen que convertirse en oración e plegaria confiada ó Señor.

Ninguén debe sentirse fora de lugar porque sexa relixiosa a forma de este acto. Nada hai humanamente máis xustificable que a solidaridad na dor, e Xesús de Nazaret foi profundamente humán.

Desexamos que estes momentos sexan, máis que una misa, un encontro de corazóns. Onde hai amor alí está Deus.

Queremos que sexa una manifestación de cariño hacia N............... e de solidaridade  con vós, familiares e amigos. Esperamos que  coma un aceite, suavice a ferida que sentides en este momento.

Desde a fe cristiá, o que celebramos non é a muerte senón a vida: alguén nos di no noso interior que a morte non ten a última palabra, que a N.............., non o perdimos para sempre.

A pesar da nosa tristura, hemos de chegar a entonar un canto de esperanza.

 

Canto: (a elixir)

 

Saúdo

Que o Deus, orixe de toda vida, o seu Fillo Xesús, que pasou pola proba da morte na cruz e o seu Espírito de Amor, que vive para sempre, estean con todos vós...

 

Pedimos perdón

 

O Señor quere dicirnos algo nesta Eucaristía que imos celebrar por N..................... Se, de verdade queremos escoitarlle, é necesario que empecemos por libera-los nosos corazóns de toda dúbida no amor que o Pai nos ten. É o primeiro paso que temos que dar para encontrarnos con Deus e cos demáis. Invítovos  a todos a pedir perdón desde o fondo do noso corazón.

 

Ante o sufrimiento e a morte perdemo-la calma e ás veces nos desesperamos.

SEÑOR, TEN PIEDADE...

Ti, que na cruz , con dolor e bágoas clamaches ó Pai con esperanza.

 CRISTO, TEN PIEDADE...

Ti, que fuches escoitado, polo teu Pai e que vives para sempre.

SEÑOR, TEN PIEDADE...

 

 Rito de la luz (a elixir)

A) Neste momento de oscuridade e tristura, necesitamos acende-la chama da fe e da esperanza, por iso acendemo-la luz deste Cirio que representa a Xesucristo...

 

Que a Luz de Xesús resucitado ilumine ó noso irmán(á), ata o encuentro con Deus, e que a nós nos dea a confianza de que está en boas mans e que o seu destino e o  noso non é a morte senon a vida xunta Deus.

 

B) En sinal da nosa esperanza en Xesús Resucitado e na nosa Resurrección, acendemos esta chama. Que o resplandor desta luz ilumine as nosas tebras e alumbre o noso camiño de esperanza hasta o encuentro definitivo no Reino da Luz e da Paz.

 

(Acédese o Cirio...)

 

Que a Luz do Resucitado brille con gran resplandor, que ela ilumine os teus pasos N..........., hasta o encuentro co Señor, noso Deus. Amén.

 

Oración (a elixir)

 

A) “Das mans de Deus vimos, ás mans de Deus volvemos”: é a verdade da fe que vai iluminar esta celebración. Para vós, familiares e amigos máis cercanos, que sentides que algo importante rompeu coa muerte de N_____, ofrécevos o consolo de recordar que a vida de toda persona, saída das mans de Deus, é demasiado importante como para que a muerte a rompa definitivamente. Volve ás mans de Deus. E para todos,  irmáns, é anhelo que nos une en oración nesta Eucaristía.

 

B) O Señor faise presente de moitas formas ó longo da nosa vida. Hoxe quere alonga-los seus brazos de Pai para dar un abrazo de amizade e de acollida a N_______, que partíu cara a súa Casa.

Porque sentimos que a vida non no-la damos nós, senon que foi un regalo amoroso de Deus, vimos da-las gracias nesta despedida de N_______.

Un día tarde ou temprano, o Pai quererános ter, de novo, nos seus brazos, como fixo co seu Fillo Xesús, coa súa Nai María e con tódolos nosos seres queridos...

Non é fácil acepta-la enfermidade e a morte, pero o Señor non nos deixa sós neses momentos, senón que, por medio da súa man amiga, nos colma do seu amor, nos fortalece nas probas e cura tódalas nosas feridas.

 

 Escoitamos a Palabra

 

  LECTURAS (a elixir das de arriba)

 

Oración dos fieis (a elixir)

 

A) Sentíndonos comunidade cristiá elevemo-la nosa plegaria crente ó Pai de quen proceden tódolos dons.

              R./ SEÑOR, ESCOITA E TEN PIEDADE DE NÓS

 

Por N_____, o noso/a  irmán/á, para que o Señor premie tódolos seus traballos e perdoe as súas debilidades. PREGUEMOS Ó SEÑOR...

Polos familiares que se sinten  afectados pola súa morte, para que atopen alivio á súa dor na esperanza cristiá. PREGUEMOS Ó SEÑOR...

Pola Igrexa, pastores e fieis, para que todos cheguemos a esperar con gozo o encuentro co Señor Resucitado. PREGUEMOS Ó SEÑOR...

Por tódalas persoas que máis sofren no noso pobo (comunidade): enfermos, anciáns, os que carecen de traballo, para que atopen nesta comunidade a solidaridade dos cristiáns. PREGUEMOS Ó SEÑOR...

 

Señor e Deuos noso. Recoñecemos que nos é difícil comprende-lo misterio pascual e o sentido da nosa morte. Acolle as nosas plegarias. Pedímoscho por XNS...

 

B) Unidos a María, saúde dos enfermos ey consolo dos aflixidos, oremos por medio do seu Fillo ó Pai por todos os que partiron de entre nós...

              R./ SEÑOR, ESCOITA E TEN PIEDADE DE NÓS

 

Pedímoste por N______ e por todos os que morren cada día, para que coas túas mans de Pai, os acollas na casa do ceo. PREGUEMOS Ó SEÑOR...

Pedímoste, polos enfermos e maiores da nosa Comunidade_____ e de todo o mundo, en especial polos que máis sofren e teñen que soportar a súa enfermidade en solitario. PREGUEMOS Ó SEÑOR...

Pedímoste, por tódolos xoves, para que dean testimonio da súa fe entregándose de corazón ós demáis, sobre todo ós máis débiles e marxinados. PREGUEMOS Ó SEÑOR...

Pedímoste por todos nós e polos demáis homes e mulleres da terra, danos a túa luz e a túa forza para uni-las nosas mans e facer un mundo mellor. PREGUEMOS Ó SEÑOR...

 

C) Hacia Ti, Señor, levantamo-los nosos ollos. Contempla a nosa tristura, fortalece a nosa fe e da brillo á nosa esperanza nestes momentos de dolor e de proba.

              R./ SEÑOR, ESCOITA E TEN PIEDADE DE NÓS

 

Ti que es a Vida, concede a felicidade plena ó noso/a irmán/á N___________., PREGUEMOS Ó SEÑOR...

Ti que chorache-la morte do teu amigo Lázaro, consola a dor dos que perderon un ser ó que querían tanto. PREGUEMOS Ó SEÑOR...

Ti que pasaches polo mundo facendo o ben, fai que saibamos estar xunta os que sofren. PREGUEMOS Ó SEÑOR...

Ti que nos chlamaste “irmáns”, fai que vivamos por sempre onda Ti. PREGUEMOS Ó SEÑOR...

Ti que diche-la vida por nós, fai que non teñamos medo en darnos ós demáis. PREGUEMOS Ó SEÑOR...

 

Escoita, Pai, a nosa oración e concédenos o que confiadamente te pedimos. Por Xesucristo, o noso Señor...

 

Oración sobre as ofrendas

 

Recibe, Señor, con agrado a ofrenda desta Eucaristía, e que por ela obteña N.............., o perdón das súas faltas e poida así cantar a túa gloria, na compaña de tódolos santos. Por XNS...

 

Pregaria Eucarística

 

O Señor estea convosco... 

         R. / E contigo tamén

Levantemos o corazón...

           R./ Témolo posto no Señor

Deamos gracias ó Señor Noso Deus...

           R. / É digno e de xustiza.

 

PREFACIO

 

Dámoste gracias, Señor,

porque Ti te preocupas de nós

cando estamos sans,

e cando sufrimos pola enfermidade.

Móstrasnos como estar xunta o que sofre,

e a alegra-la vida do enfermo.

Ti nos tes preparado un lugar na túa casa,

onde non existen a dor nin a enfermidade.

Ademáis nos enviaches ó teu Fillo Xesús,

que ó seu paso por este mundo

nos ensinou a ser fortes ante a dor

e a consola-lo enfermo e o que sofre.

Agora queremos unirnos ós santos

e ás persoas de boa vontade

para entonar un himno de alabanza

dicindo:

 

Santo, Santo, Santo...

….

 

Noso Pai

 

Vivimos nunha terra onde hai bágoas e sufrimientos. Pero temos un Pai, que nos axuda e nos consola. Por iso con plena confianza dicimoslle...

 

Invitación á paz

 

Ó darvos hoxe a paz, enviámoslla de verdade ós familiares de N................, co pensamento e co corazón tendémosvos a man; estamos convosco. Á vez, dámoslla ós que están máis próximos. “Dádevos fraternalmente a paz”.

 

Comuñón:

 

Comulgar a Xesús é incorporarse a súa sorte. Se como El vivimos facendo o ben, con El voltaremos ás mans do Pai no momento definitivo. Ditosos os invitados...

 

Despedida

 

En sinal da nosa esperanza en que Deus 

nos dará un corpo novo e inmortal,

e para dar testimonio da nosa fe na Resurrección,

eu bendigo o cuerpo de N..................,

coa auga coa que lle recibiu a Igrexa o día do seu Bautismo.

 

(Aspersión con auga)

 

Canto: (a elixir)

 

 

Esta é a última vez que N.............., está entre nós. Non nos pertence xa. Por iso  ímolo depositar no seo da terra e nas mans do Deus da Vida.

 

Agradecimento da familia:

 

Toda a nosa familia está moi agradecidos polas mostras de cariño e aprecio que nos procuráchedes, a nós e ó noso querido/a N............................ De modo especial agradecémo-la vosa participación neste funeral que acabamos de celebrar. Sodes un verdadeiro apoio neste momento difícil.  Moitas gracias.