Perdón

 A FESTA DO PERDÓN

 

 

SAÚDO DE BENVIDA

RANTE :

    Benvidos a esta celebración do sacramento do Perdón. Imos vivir este día dunha maneira especial porque é a primeira vez que celebramos esta festa todos xuntos. Comezamos, como sempre acordándonos de Xesús, no nome do Pai, do Fillo e do Espírit Santo.

 

INTRODUCCIÓN (catequista)

   Hoxe reunímosnos para lembrar que ás veces nos equivocamos e facemos as cousas mal. Igual que nas cousas boas, Xesús quérenos tamén cando metemos a pata, igual que papá e mamá, os avós, os profes, os catequistas e os sacerdotes.

   Pero, cando nos pasa isto, magoamos  a alguén, alguén sofre e pásao mal por algo que fixemos  ou dixemos, ou por non ter axudado a alguén. É por iso que hoxe nos reunimos para pedir perdón e para intentar mellorar. Por iso Deus hoxe vainos  sorrir e imos  pedirlle que nos perdone. Intentaremos facer as cousas mellor a próxima vez, intentaremos axudar máis, contestar mellor, xogar con alguén que está só e facer felices aos que nos rodean.

 

CANTO DE PERDÓN

ORACIÓN INICIAL :

CELEBRANTE :

  Señor Deus, amigo noso, reunidos hoxe no nome de Xesús, concédenos Ti o perdón que Él nos anunciou.

 

MONICIÓN :

Escoitamos  con atención a historia que Xesús contou cando estivo entre nós.

 

O FILLO PRÓDIGO (Lc 15, 11-32)

 

NARRADOR: Naquel tiempo Xesús contoulles ós seus amigos esta parábola:

Un home tiña dous fillos. O menor dixo ó seu pai:

FILLO MENOR: ¨Padre, dame a parte da herencia que me corresponde.¨

NARRADOR: E o pai deulle a herencia. Ós poucos días o fillo menor reuniu todo o seu, foise a un país moi lonxe e alí gastou toda a súa fortuna levando unha mala vida. Cando xa o gastara todo, sobrevino unha gran fame naquela comarca e comenzou a padecer necesidade. Foise servir a casa dun home do país, que lle mandou ás súas tierras  coidar porcos. Gustosamente enchería o seu estómago coas landras que comían os porcos pero ninguén llas daba. Entón, reflexionando, dixo:

FILLO MENOR: ¨Cantos xornaleiros do meu pai teñen pan de sobra, mentrae que eu aquí morro de fame! Poreime en camiño, volveréi á casa do meu pai e direille:
¨ Padre, pequei contra o ceo e contra ti. Xa non merezo chamarme fillo teu, trátame como a un dos teus xornaleiros.¨

NARRADOR: Entón, puxose en camiño e foi á casa do seu pai. Cando aínda estaba lonxe, o seu pai viuno e conmoveuse. Foi corriendo, botouse ó seu fillo e cubriuno de bicos. O fillo  comezou a dicir:

FILLO MENOR: ¨ Padre, pequei contra o ceo e contra ti. Xa non merezo chamarme fillo teu,.¨

NARRADOR: Pero o pai díxolle ós criados:

PAI : ¨Traede deseguida o mellor vestido e poñedello; poñédelle tamén un anel na man e sandalias nos pés. Tomade o tenreiro cebado, matádeo e celebremos un banquete de festa, porque este fillo meu morrera e volveu á vida, perdérase e foi atopado.¨

NARRADOR: E todos a festexárono. O fillo maior estaba no campo e, ó volver e acercarse á casa, oíu a música e os bailes. Chamou a un dos criados e preguntoulle que significaba aquilo. . E este contestoulle:

CRIADO :  ¨Volveu o teu irmán e o teu pai matou o tenreiro cebado porque o recobrou san.¨

NARRADOR: El enfadouse e non quixo entrar e o seu pai saíu e falou con el. El contestoulle ó pai:

FILLO MAIOR : “Hai xa moitos anos que te sirvo sen desobedecer xamáis as túas ordes, e nunca me diches nin un cabrito para celebrar unha festa cos meus amigos. Pero chlega este fillo teu, que se gastou o teu patrimonio de mala maneira, e ti mátaslle o tenreiro cebado.¨

NARRADOR: O pai respondeulle:

PAI : ¨Fillo, ti estás sempre comigo e todo o meu é teu. Pero temos que alegrarnos e facer festa porque este irmán teu estaba morto e volveu á vida; estaba perdido e foi atopado.¨

 

PETICIÓNS DE PERDÓN (len os nenos) :

Agora reflexionaremos sobre os nosos pecados e pediremos perdón  a Deus respondendo a cada invocación dicindo: SEÑOR, TEN PIEDADE
 

- Porque temos mentido, escondendo a verdade, DICIMOS:..

- Porque temos desobedecido ós nosos pais e non axudamos nas tarefas da casa. DICIMOS: ...

- Porque temos pelexado cos compañeiros e por abusar dos máis pequenos.  DICIMOS: ...

- Por non estudiar suficiente e  burlarnos dos compañeiros. DICIMOS: ...

- Por ter tirado comida, sabendo que hai xente que pasa fame. DICIMOS:

- Porque facemos trampas nos xogos. DIECIMOS: ...

- Porque rezamos pouco, e nos lembramos pouco de Ti pola mañana e pola noite.  DICIMOS: ...

- Porque o domingo deixamos de ir a misa. DICIMOS: ...

- Porque non nos atrevemos a pedir perdón e non queremos perdoar aos quen nos  ten ofendido. DICIMOS: ...

- Nós, os pais, pedimos perdón, porque a pesar do amor que sentimos polos nosos fillos, non sempre temos pasado o tempo necesario con eles. Porque non sempre temos dado un bo exemplo. DICIMOS:...

 

CELEBRANTE :

Pidamos todos perdón coa oración que aprendimos:

Eu confésome ante Deus Todopoderoso, e ante vós, irmáns,

que pequei moito de pensamento, palabra, obra e omisión.

Pola miña culpa, pola miña culpa, pola miña gran culpa.

Por iso prego a Santa María sempre Virxe,

aos anxos, aos santos e a vós, irmáns,

que intercedades por min ante Deus, o Noso Señor.

Amén.

 

 

CELEBRACIÓN DEL PERDÓN :

   Neste momento comeza a celebración do perdón de forma persoal. Permanezamos en silencio mentras se fala cos sacerdotes.

 

 

ACCIÓN DE GRAZAS

 

-          Grazas, Xesús, porque enches o meu corazón co teu amor. Agora estou alegre.

-          Grazas, Xesús, porque me perdoaches e me diches unha aperta, como fixo o pai da parábola co fillo que se marchara.

-          Grazas, Xesús, porque me queres e me fas máis grande o corazón. Así eu tamén podo amar e perdoar aos demáis.

 

NOSO PAI

 

   Todos xuntos dámoslle grazas a Deus, por ser o noso Pai  epor perdonarnos sempre, recordando a oración que Xesús nos aprendeu : NOSO PAI...

 

   Como signo de perdón e reconciliación, dámoslle un bico aos nosos pais.

 

 

ORACIÓN FINAL

 

   Dámosche grazas, Señor Xesús, porque quixeche perdonarnos o pecado que nos paralizaba. Agora, coa túa axuda, seremos capaces de facer mellor o camiño da vida. Sempre confiando na túa compaña e na axuda dos demáis.

Pedímoscho a Ti, que sempre nos amosas canto nos amas. Amén

 

 

CANTO DE ALEGRÍA (a elixir)

 

BENDICIÓN  E DESPEDIDA