Unción de enfermos

 

 

Procesión de entrada

 

Pódese leva-la cruz parroquial ou o cirio pascual, o leccionario da Palabra de

Deus e os óleos coos que van  ser unxidos os enfermos.

 

INTRODUCCIÓN

 

   LECTOR : Como vemos, este é un domingo especial. Hoxe, festa da “Pascua do Enfermo” estamos reunidos para celebra-la presenza de Xesús xunto aos enfermos e os seus familiares, para orar a Deus e pedir por todos os que sofren. Estamos aquí  reunidos unha semana máis, para celebra-lo domingo, o día do Señor. Para celebra-la alegría da sús  presenza entre nós e a vida nova que  El nos dá, esa vida que brota con toda a súa forza neste tempo de Pascua.

 

Hoxe, a nosa celebración vai ser algo especial. Un grupo de membros da nosa comunidade vai recibi-lo sacramento da Unción, o sacramento co que Xesucristo acércase a eles coa súa forza, para acompañalos,  confortalos e enchelos de vida.

 

 

SAÚDO DO SACERDOTE

 

Benvidos todos vós, en especial os que ides recibi-lo sacramento da Unción. Hoxe Xesucristo virá a vós e vos afirmará coa súa  graza. El axudarávos a vivir con serenidade, con confianza, con paz, con amor e cariño hacia os demáis. E, unidos a Él, seguiredes anunciando a todos que a vellez, a enfermidade e o sufrimento nunca poderán quitarnos a nosa esperanza.

 

Ó recibiros hoxe nesta eucaristía, aproveitamos para agradecervos a vosa entrega, o voso traballo, todo o que tedes aportado á nosa comunidade e, sobre todo, o testimonio da vosa fe, a fe que agora, todos unidos, imos  celebrar.

 

Comecemos con alegría esta eucaristía.

 

 

ORACIÓN DESPUÉS DO KYRIE

 

Señor Xesucristo, Redentor dos homes, que na túa paixón quixeches soportar  os nosos sufrimentos, pedímosche  por estes irmáns nosos que van  recibi-lo sacramento da Unción dos enfermos, dalles fortaleza na súa debilidade, aviva neles a fe e a esperanza e reconforta o seu corpo e espíritu.                                              

Por Xesucristo, o noso Señor.

 

 

 

LITURXIA DA PALABRA

 

 

MONICION ÁS LECTURAS

 

   LECTOR: Para Xesús e as primeiras comunidades de cristiáns, os enfermos e os máis débiles ocupaban un dos primeiros postos. É difícil entender a Xesús e á súa mensaxe sen a súa dimensión sanadora. Hoxe, tamén, para a nova xeración de discípulos, os enfermos deben ocupar un posto de privilexio.

 

 

 

PRIMEIRA LECTURA :

Eclesiástico 2,1-6                                                                         

Se tes decidido servir ó Señor, prepárate para a proba. Mantén o corazón firme, sé valente e non te asustes no momento da proba. Achégate ó Señor, no te apartes del; se actúas así, chegarás finalmente a bo porto. Acepta todo o que te pase e sé paciente cuando te atopes na enfermidade ou na pobreza. Porque así como o ouro se purifica no lume, así tamén os que agradan a Deus pasan polo crisol. Confía nel e coidará de ti; segue o camiño recto e espera nel.

 

SEGUNDA LECTURA: SALMO

 

CANTO :

 Protéxeme, meu Deus

 
Protéxeme, meu Deus, 
refúxiome en Ti. (bis)
 
O Señor é a miña herdade, refúxiome en Ti; 
comigo está o Señor, refúxiome en Ti. 
 
A miña sorte na túa man, refúxiome en Ti; 
sempre teño ó Señor, refúxiome en Ti. 
 
Con El caminaréi, refúxiome en Ti; 
con El non moriréi, refúxiome en Ti. 
 
Alégra o corazón, refúxiome en Ti;
comigo está o Señor, refúxiome en Ti.
 
Amósame o camiño, refúxiome en Ti;
nunca me deixarás, refúxiome en Ti. 
 
Cantemos ó Señor, refúxiome en Ti;
El é a nosa herdade, refúxiome en ti.    

 

 

  

SALMO 15, 1-11                                                                                                                                                                        

O Señor é o lote da miña herdade

Protéxeme, meu Deus, que me refuxio en ti; dígolle ó Señor: «Ti es o meu ben». Os deuses e señores da terra non me satisfacen.

Multiplican as estatuas de deuses extraños; non derramaréi as súas libacións coas miñas mans, nin tomaréi os seus nomes nos meus beizos.

O Señor é o lote da miña herdade e a miña copa; a miña sorte está na túa man: Tocoume un lote fermoso, encántame a miña herdade.

Bendeciréi ó Señor, que me aconsella, hasta de noite me instrúe internamente. Teño sempre presente ó Señor, con El á miña dereita non vacilaréi.

Por iso alegrase o meu corazón, gozan as miñas entrañas, e a miña carne descansa serena. Porque non me entregarás á muerte, nin deixarás ó teu fiel coñecer a corrupción.

Amosarásme o sendeiro da vida, saciarásme de gozo na túa presenza, de alegría perpetua á túa dereita.

 

 

 

 LECTURA DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS:

Ft. 4, 9-12

 

Naqueles días, Pedro, cheo do Espírito Santo, dixo:

Xefes do poblo e senadores, escoitádeme; porque lle fixemos un favor a un enfermo, nos interrogades hoxe para averiguar que poder curou a ese home. Pois quede ben claro, a vós e a todo  Israel, que foi no nome de Xesucristo Nazareno, a quen vós  crucificáchedes e a quen Deus resucitou de entre os  mortos; polo seu nome, este se presenta san ante vós. Xesús é a pedra que vós rexeitastes, os  arquitectos, e que se convertiu en piedra angular; ningún outro pode salvar e, baixo o ceo non se nos deu outro nome que poida salvarnos.

 

 

EVANXEO SEGÚN SAN MATEO (Mt. 8, 5 - 13)

 

Naquel tempo, entrando Xesús en Cafarnaún, un centurión se lle achegou  dicíndolle:

-Señor, teño na casa un criado que está na cama paralítico e sofre moito.

El contestoulle:

-Vou curarlo.

 Pero o centurión contestoulle:

-Señor, ¿ quen son eu para que entres baixo o meu teito? Basta que llo digas de palabra e o meu criado quedará san. Porque eu tamén vivo baixo disciplina e teño soldados ás miñas ordes: Cando lle digo a un “vai”, el vai; ó outro, “ven”, e el ven; ó meu criado, “ fai isto”, e faino.

 Cando Xesús o escoitou quedou admirado e dixo ós que lle seguían:

      -Asegúrovos que en Israel no atopéi ninguén con tanta fe.

E díxolle ó centurión:

      -Volve a casa, que se cumpla o que criches.

 

LITURXIA DA UNCIÓN

 

Presentación dos que van  recibi-la Unción

 

   LECTOR: Imos celebrar agora o sacramento da Unción, no que os nosos irmáns recibirán, pola imposición das mans e a unción co óleo santo, a fuerza de Xesucristo, que cura e salva. Van recibi-lo sacramento da Unción :

                 

                (Len os nomes dos que recibirán o sacramento).

 

Acción de grazas sobre o óleo

 

Colócase en lugar visible un recipiente digno, co óleo. Todos os instrumentos necesarios para lavarse despois as mans o sacerdote deben estar noutro lugar non visible. Unha vez colocado o recipiente, o celebrante di a oración seguinte:

 

 Deamos agora grazas a Deus polo óleo co que unxiremos ós nosos irmáns. Podedes responder a cada invocación dicindo:

                            BENDITO SEXAS POR SEMPRE, SEÑOR.

 

 - Bendito sexas, Deus, Padre todopoderoso, que por nós e pola nosa

salvación enviaches ó tue Fillo ó mundo.

R/

 

- Bendito sexas, Deus, Fillo unixénito, que te rebaixaches facéndote home

coma nós, para curar as nosas enfermidades.

R/

 

- Bendito sexas, Deus, Espírito Santo Consolador, que co teu poder fortaleces a

debilidade do noso corpo.

R/

 

Fortalece, Señor, a estes fillos teus, a quen agora, cheos de fe, imos

unxir co óleo santo; fai que se sintan confortados na súa debilidade e aliviados na súa enfermidade e sufrimiento.

                                      Por Xesucristo o noso Señor. Amén.

 

Monición á imposición das mans e a Unción

 

   LECTOR: Agora, o celebrante imporá as mans e unxirá co óleo santo ós nosos ir máns. Son uns xestos que proveñen de Xesús. A imposición das mans é signo do don de Deus que descende sobre os nosos irmáns: a graza de Xesucristo resucitado, a forza do Espírito Santo. E a unción na fronte e nas mans é o signo da presenza de Deus neles, para confortalos e fortalecelos no corpo e no espírito.

Participemos, coa nosa oración, na celebración deste sacramento.

 

Imposición das mans

 

O celebrante pasa por todos os enfermos impoñendo individualmente as mans sobre cada un deles.  Mentres todos están en silencio.

 

 

Santa Unción

 

O celebrante diríxese persoalmente a cada enfermo  e a continuación únxeo na fronte e nas mans dicindo:

 

- Que por esta santa Unción e pola súa bondadosa misericordia o Señor te axúde coa graza do Espírito Santo.

R/. Amén.

 

- Para que, libre de tus pecados, te conceda a salvación e te conforte na túa enfermidade.

R/ Amén.

 

Entretanto pódes cantar algún canto, pero só a partir da segunda ou terceira unción  de modo que a fórmula sacramental se escoitase antes unha ou dúas veces.

 

 

 Oración

 

Señor, mira con bondade ós nosos irmáns

Que sentíndose débiles polo peso dos anos ou a enfermidade,

piden recibi-la graza da santa Unción

para ben do seu corpo e da súa alma

concédelles que, confortados co don do Espírito Santo,

permanezan na fe e na esperanza,

dean a todos exemplo de paciencia

e así manifesten o consolo do teu amor.

Por Xesucristo o noso Señor. Amén.

 

Oración universal

 

Unidos a Xesucristo resucitado, presentemos ó Pai do amor e Deus de todo consolo as necesidades de todo o mundo, oremos pola Igrexa, oremos hoxe especialmente por estes irmáns nosos que recibieron o sacramento da santa Unción. Podedes responder a cada petición dicindo:      

                                      

                                                       ESCÓITANOS, PAI

 

§         Para que o Espírito de Deus encha o corazón dos nosos irmáns que acaban de recibi-lo sacramento da santa Unción, e lles comunique a súa forza e a súa ledicia. Oremos ó Señor.

 

§         Para que lles sosteña nas súas dificultades e manteña sempre viva neles a chama da fe e da esperanza. Oremos ó Señor.

 

§         Para que todos os que, en cualquera lugar do mundo, sofren no corpo ou no espírito atopen en Deus fortaleza e paz. Oremos ó Señor.

 

§         Para que os que se dedican ó coidado dos enfermos ou á investigación, para cura-las enfermidades, realicen a súa tarefa con espírito xeneroso e Deuos lles bendiga coa súa bondade. Oremos ó Señor.

  

§         Pola Igrexa e por todos  os que estamos aquí reunidos, que dentro duns instantes compartiremos a mesa da Eucaristía, para que vivamos, cheos da ledicia da Pascua. Oremos  ó Señor.

 

Sacerdote.- Mira bondadoso, Señor, a estes irmáns nosos enfermos e a todos os que sofren. Failles sentir o teu amor, fai que poñan sempre en Ti a súa esperanza.

                                                  Por Xesucristo o noso Señor.

R./ Amén.

 

 

MONICIÓN DESPOIS DA COMUNIÓN

 

   Na nosa celebración da Eucaristía, tivemos entre nós a un grupo de irmáns nosos que recibiron o sacramento da Unción. Xesús resucitado fíxose presente para eles dun modo máis cercano, máis intenso.

 

Nós acompañándoos neste sacramento,  recordamo-la Resurrección. Xesús  é luz e vida para todos, e de xeito especial para os que sofren, para os máis débiles. Lemabramos, tamén, que unha Comunidade cristiá nunca pode desentenderse dos hermanos que sofren, non só no seu corpo senon tamén no seu espírito.

 

E agora, antes de marchar,  ofrecémoslles un pequeño obsequio como lembranza do que hoxe temos celebrado. 

(Repártese o obsequio)

 

 

BENDICIÓN SOLEMNE

 

Pidamos agora solemnemente a bendición de Deus. Podedes responder Amén a cada unha das invocacións.

 

Que Deus Padre vos bendiga...

 

Que o Fillo de Deuos vos conforte...

 

Que o Espírito Santo vos ilumine...

 

Que o Señor protexa o voso corpo e conforte a vosa alma...

 

Que faga brillar o seu rostro sobre vós e vos leve á vida eterna...

 

E a todos vós, que estades aquí presentes, bendígavos Deus todopoderoso, Pai, Fillo e Espírito Santo.

 

R/ Amén.