Domingo XXVII

 

 

DOMINGO XXVII ORDINARIO

 

 

Primeira Lectura         Xén 2, 18-24

E farán unha soa carne

 

LECTURA DO LIBRO DA XÉNESE

 

O Señor Deus pensou: “Non é bo que o home estea só”. Voulle facer unha axuda semellante a el.

Entón o Señor Deus formou de terra as feras do monte e os paxaros do ceo, e presentoullosao home para ver que nomes lles puña. Cada ser vivo levaría o nome que o home lle puxese.

O home púxolles nomes aos animais domésticos, aos paxaros do ceo e ás feras do monte. Pero non daba cunha axuda semellante a el.

Entón infundiu o Señor Deus un sono profundo no home e, cando este adormeceu, sacoulle unha costela e cerrou con carne o sitio.

Da costela do home, o Señor Deus formou unha muller e pre­sentoullaao home.

O home exclamou:

Agora esta é coma min, óso dos meus ósos, carne da miña carne.Chamarase muller porque foi sacada do home.

Por iso o home deixará seu pai e mais súa nai e unirase coa súa muller e os dous farán unha soa carne.

           

            Palabra do Señor                             R.: Grazas a Deus

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL   Sal 127, 1-2. 3. 4-5. 6

 

R.: (Cf. 5)Bendíganos o Señor todos os días da nosa vida.

 

Ditosos os que temen o Señor,

os que seguen os seus camiños.

Comerás do traballo das túas mans,

serás ditoso, serás afortunado.

 

A túa muller coma parra fecunda

no interior da túa casa;

os teus fillos coma gromos de oliveira

arredor da túa mesa.

 

Así será bendito

o home que teme o Señor.

Que o Señor te bendiga desde Sión,

que goces coa prosperidade de Xerusalén

todos os días da túa vida.

 

Que vexas os fillos dos teus fillos.

Paz sobre Israel!

 

 

 

Segunda Lectura   Heb 2, 9-11

O consagrante e os consagrados teñenque ser todos da mesma liñaxe

 

LECTURA DA CARTA AOS HEBREOS

 

            Irmáns:

            Aquel que “rebaixaron só un chisco con respecto aos anxos”, Xesús, por aturar os padecementos da súa morte, está coroado de gloria e dignidade. Deste xeito, a súa morte foi unha bendición de Deus para todo home.

            Efectivamente, conviña que Aquel para quen e por quen existe todo, se quería conducir moitos fillos á gloria, levase á perfección por medio do sufrimento o que ía ser o primeiro dos que se salvarían; pois o consagrante e os consagrados veñen todos da mesma raíz. Por isto non se avergonza de lles chamar irmáns.

 

                        Palabra do Señor                             R.: Grazas a Deus

 

 

 

ALELUIA   1 Xn 4, 12

Se non se canta, pódese omitir

 

Aleluia, aleluia.

Se nos amamos mutuamente, Deus está connosco,

e o seu amor chega á plenitude en nós.

Aleluia.

 

 

 

Evanxeo   Mc 10, 2-16 (longa)

O que Deus uniu que non o separe o home

 

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

            Naquel tempo, achegáronse a Xesús algúns fariseos, preguntándolle para probalo, se lle está permitidoao home repudiar amuller. El replicoulles:

            — Que foi o que mandou Moisés?

            Respondéronlle:

            — Moisés permitiu despedila, dándolle certificado de divorcio.

            Díxolles Xesús:

            — Tendo en conta a dureza do voso corazón, escribiu Moisés para vós esa norma. Pero, desde o principio da creación, creounos Deus varón e femia. Por iso deixará o home seu pai e mais súa nai e unirase coa súa muller e serán os dous unha soa carne. De xeito que xa non son dous, senón unha soa carne. Polo tanto, o que Deus uniu, que non o separe o home.

            Xa na casa, os discípulos volvéronlle preguntar acerca disto. El díxolles:

            — O que repudia a muller e casa con outra comete adulterio contra a primeira. E se a muller abandona o marido e casa con outro comete adulterio.

            Daquela, leváronlle a Xesús uns nenos para que os tocase, pero os discípulos rifábanlles. Ao que o viu Xesús, indignouse e díxolles:

            — Deixade que os nenos se acheguen a min; non llelo impida­des, porque deles é o Reino de Deus.Dígovolo de verdade: “Quen non reciba coma un neno o Reino de Deus non entrará nel”.

            E abrazándoos, bendicíaos, mentres impoñía as mans sobre eles.

 

                        Palabra do Señor                             R.: Loámoste, Cristo

_____________________________________________________________________

 

Ou:2-12 (máis breve)

 

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

            Naquel tempo, achegáronse a Xesús algúns fariseos, preguntándolle para probalo se lle está permitidoao home repudiar amuller. El replicoulles:

            — Que foi o que mandou Moisés?

            Respondéronlle:

            — Moisés permitiu despedila, dándolle certificado de divorcio.

            Díxolles Xesús:

            — Tendo en conta a dureza do voso corazón, escribiu Moisés para vós esa norma. Pero, desde o principio da creación, fíxoos varón e femia. Por iso deixará o home seu pai e mais súa nai, unirase coa súa muller, e serán os dous unha soa carne. De xeito que xa non son dous, senón unha soa carne. O que Deus uniu que non o separe o home.

            Xa na casa, os discípulos volvéronlle preguntar acerca disto. El díxolles:

            — O que repudia a muller e casa con outra comete adulterio contra a primeira. E se a muller abandona o marido e casa con outro comete adulterio.

 

                        Palabra do Señor                             R.: Loámoste, Cristo