AGOSTO

 
 
AGOSTO 
 
 
 
 
 
610 
 
Día 1 de agosto 
 
San Alfonso María de Ligorio, bispo e doutor da Igrexa 
 
Do común dos pastores ou dos doutores da Igrexa 
 
 
 
PRIMEIRA Rm 8, 1-4 
 
 A lei do Espírito de vida en Cristo liberoute 
 
 da lei do pecado e da morte 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS 
ROMANOS 
 
 
 
Irmáns e irmás: 
 
Nin resto de condenación hai agora para os que están unidos a Cristo Xesús. 2Porque a 
lei do Espírito, que rexe a vida unida a Cristo Xesús, libroume da lei do pecado e da 
morte. 3Pois o imposible para a Lei, por estar incapacitada por culpa da nosa condición 
irredenta, realizouno Deus: mandando, por cousa do pecado, o seu propio fillo nunha 
condición semellante á condición do pecado, condenou o pecado nesa propia condición. 
4Deste xeito o mandato da Lei pode cumprirse en nós, que non vivimos xa conforme a 
esa condición, senón conforme ó Espírito. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 118, 9. 10. 11. 12. 13. 14 ... n. 727, 3 
 
ALELUIA Mt 5, 16 ... n. 729, 1 
 
EVANXEO Mt 5, 13-19 ... n. 730, 1 
 
 
 
 
 
611 
 
Día 2 de agosto 
 
San Eusebio de Vercelli, bispo 
 
Do común dos pastores 
 
PRIMEIRA 1 Xn 5, 1-5 ... n. 716, 10 
 
SAL. RESP. Sal 88, 2-3. 4-5. 21-22. 25 e 27 n. 721, 4 
 
ALELUIA Mt 5, 3 ... n. 741, 1 
 
EVANXEO Mt 5, 1-12a ... n. 742, 1 
 
 
 
 
 
612 
 
Día 4 de agosto 
 
San Xoán María Vianney, presbítero 
 
Memoria 
 
Do común dos pastores 
 
PRIMEIRA Ez 3, 16-21 ... n. 719, 8 
 
SAL. RESP. Sal. 116, 1. 2 ... n. 721, 8 
 
ALELUIA Lc 4, 18, ... n. 723, 4 
 
 
 
EVANXEO Mt 9, 35 - 10, 1 
 
 Vendo a multitude apiadouse da xente 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
35Xesús percorría tódalas vilas e aldeas ensinando nas sinagogas, anunciando a Boa 
Nova do Reino e curando toda enfermidade e doenza. 36Pero, vendo a multitude, sentiu 
unha fonda compaixón por ela, porque estaban todos derreados e esmorecidos coma 
ovellas sen pastor. 37Entón díxolles ós discípulos: 
 
-A anada é ben boa, pero os xornaleiros son poucos; 38así que rogádelle ó dono da 
colleita que mande xornaleiros á súa ceifa. 
 
10 1E chamando ós doce discípulos, deulles poder para botaren os espíritos malos e 
curaren toda enfermidade e doenza. 
 
 
 
 
 
613 
 
Día 5 de agosto 
 
Dedicación da basílica de Santa María 
 
Do común da Virxe Santa María 
 
PRIMEIRA Ap 21, 1-5a ... n. 708, 3 
 
SAL. RESP. Iudt 13, 18bcde. 19. ... n. 709, 2 
 
ALELUIA Lc 11, 28 ... n. 711, 4 
 
EVANXEO Lc 11, 27-28 ... n. 712, 10 
 
 
 
 
 
614 
 
Día 6 de agosto 
 
Transfiguración do Señor 
 
Festa 
 
 
 
PRIMEIRA Dn 7, 9-10. 13-14 
 
 O seu vestido era branco como a neve 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE DANIEL 
 
 
 
9Eu estaba fitando, cando se colocaron uns tronos e un ancián tomou asento. O seu 
vestido era branco coma a neve, e os cabelos da súa cabeza coma pura lá; o seu trono 
eran labaradas de lume; as súas rodas, lume ardente. 10Un río de lume corría e 
derramábase por diante del; miles de milleiros servíano, e dez mil miríadas estaban de 
pé diante del. O tribunal abriu a sesión, e abríronse os libros. 
 
13Proseguín ollando as visións nocturnas, e, velaquí, sobre as nubes do ceo viña alguén 
semellante a un fillo de home, que se dirixiu cara ó ancián e presentouse diante del. 
14Foille outorgado poder, maxestade e imperio, e servírono tódolos pobos, nacións e 
linguas. O seu poder é un poder eterno, que non pasará nunca, e o seu reino endexamais 
non será destruído. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal. 96, 1-2. 5-6. 9 
 
R/ (1a e 9a) O Señor reina, soberano de toda a terra 
 
 
 
1O Señor reina, alégrese a terra, 
 
exulten tódalas illas. 
 
 
 
2Rodéano nubes e néboa, 
 
xustiza e rectitude sosteñen o seu trono. 
 
4Os seus lóstregos aluman os espacios, 
 
e, ó velo, estarrécese a terra, 
 
5Os montes derrétense coma cera, 
 
diante do Señor, dono do mundo. 
 
 
 
6Os ceos pregoan a súa rectitude 
 
e tódolos pobos contemplan a súa gloria. 
 
9Ti, Señor, e-lo soberano de toda a terra, 
 
no cumio de tódolos deuses. 
 
 
 
SEGUNDA 2 Pe 1, 16-19 
 
 Esta voz escoitámola desde o ceo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PEDRO 
APÓSTOLO 
 
 
 
Benqueridos irmáns e irmás: 
 
16Se vos demos a coñece-la vinda poderosa do noso Señor Xesús Cristo, non foi 
guiándonos por contos argallados con habilidade, senón porque fomos testemuñas 
oculares da súa grandeza. 17Pois recibiu honor e gloria de parte de Deus Pai, cando 
desde a sublime Gloria lle chegou aquela voz tan especial: ''Este é o meu fillo, o meu 
predilecto, o fillo do meu contento''. 18Esta voz oímola nós vir do ceo, estando con El 
no monte santo. 19Deste xeito temos confirmación da palabra profética, á que facedes 
ben en estardes atentos, coma un candil aceso en lugar escuro, ata que alboree o día e o 
luceiro da alba naza nos vosos corazóns. 
 
 
 
ALELUIA Mt 17, 5c 
 
 Este é o meu Fillo benquerido, o meu 
 
 predilecto: escoitádeo 
 
 
 
EVANXEO 
 
 
 
A]: Mt 17, 1-9 
 
 Resplandeceu a súa faz coma o sol 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
Xesús colleu a Pedro, a Santiago e a Xoán seu irmán, e subiu con eles sós a un monte 
alto. 2Alí transfigurouse diante deles; o seu rostro resplandecía coma o sol, e os seus 
vestidos viraron brancos como a luz. 3Nisto apareceron Moisés e mais Elías falando con 
el. 4Pedro colleu a palabra e díxolle a Xesús: 
 
-¡Señor, que ben estamos aquí! Se queres farei aquí tres tendas, unha para ti, outra para 
Moisés e outra para Elías. 
 
5E aínda estaba falando cando apareceu unha nube luminosa que os cubriu; e unha voz 
saíndo da nube dixo: 
 
-Este é o meu Fillo benquerido, o meu predilecto: escoitádeo. 
 
6O escoitaren isto, os discípulos caeron debruzados, cheos de temor. 7Xesús 
achegándose, tocounos e díxolles: 
 
-¡Erguédevos, non teñades medo! 
 
8E levantando os ollos, non viron a ninguén fóra de Xesús. 
 
9Cando baixaban do monte, Xesús encargoulles: 
 
-Non lle faledes desta visión a ninguén, ata que o Fillo do Home resucite de entre os 
mortos. 
 
 
 
B] Mc 9, 2-10 
 
 Este é o meu Fillo benquerido 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS 
 
 
 
Xesús colleu a Pedro, Santiago e Xoán, e subiu con eles sós ó coto dun monte. Alí 
transfigurouse na súa presencia. 3Os seus vestidos viráronse resplandecentes, brancos 
coma ningún bataneiro do mundo os podería branquexar. 4Nisto apareceron Elías e mais 
Moisés, e estaban a falar con Xesús. 5E Pedro, tomando a palabra, díxolle a Xesús: 
 
 -¡Mestre, que ben estamos aquí! Imos facer tres tendas: unha para ti, outra para Elías e a 
outra para Moisés. 
 
6Tan asustado estaba, que non sabía o que dicía. 7E unha nube cubriunos coa súa 
sombra, mentres saía dela unha voz: 
 
-Este é o meu fillo benquerido, escoitádeo. 
 
8E de súpeto, mirando arredor, xa non viron a ninguén, fóra de Xesús. 9Cando baixaban 
do monte, Xesús encargoulles que non contasen nada ata que o Fillo do Home resucitase 
de entre os mortos. 10Eles colleron ben o aviso; pero empezáronse a preguntar uns a 
outros o que querería dicir aquilo de "cando resucite de entre os mortos". 
 
 
 
C] Lc 9, 28b-36 
 
 Mentres estaba orando cambiou o aspecto do 
 
 seu rostro 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
Xesús colleu a Pedro, a Xoán e mais a Santiago, subiu ó monte a orar. 29Mentres estaba 
orando, cambiou o aspecto do seu rostro, e os seus vestidos viraron brancos e 
resplandecentes. 30De súpeto apareceron dous homes falando con el; eran Moisés e 
mais Elías. 31Tiñan un aspecto glorioso e falaban do seu éxodo que remataría en 
Xerusalén. 32Pedro e mailos outros caían co sono, pero, manténdose espertos, 
contemplaron a súa gloria e os dous homes que o acompañaban. 33Cando eles se 
arredaban, díxolle Pedro a Xesús: 
 
-Mestre, ¡que ben que esteamos nós aquí! ¿Queres que vos fagamos tres tendas, unha 
para ti, outra para Moisés, e outra para Elías? 
 
Pero non sabía o que dicía. 34E mentres falaba, unha nube cubriunos coa súa sombra; 
eles quedaron moi asustados ó entraren nela. 35Entón unha voz dixo desde a nube: 
 
-Este é o meu Fillo, o Elixido: escoitádeo. 
 
36Cando a voz acabou, Xesús apareceu só. E eles gardaron silencio. E non lle dixeron a 
ninguén nada do que viran naqueles días. 
 
 
 
 
 
615 
 
Día 7 de agosto 
 
Santos Sixto II, papa, e compañeiros, mártires 
 
Do común dos mártires 
 
PRIMEIRA Sab 3, 1-9 ... n. 713, 5 
 
SAL. RESP. Sal 125, 1-2ab. 2cd-3. 4-5. 6 ... n. 715, 4 
 
ALELUIA Sant 1, 12 ... n. 717, 4 
 
EVANXEO Mt 10, 28-33 ... n. 718, 2 
 
 
 
 
 
616 
 
O mesmo día 7 de agosto 
 
San Caetano, presbítero 
 
Do común dos pastores ou dos santos (relixiosos) 
 
PRIMEIRA Sir 2, 7-13 ... n. 737, 12 
 
SAL. RESP. Sal 111, 1-2. 3-4. 5-7a. 7b-8. 9 n. 739, 7 
 
ALELUIA Mt 5, 3 ... n. 741, 1 
 
EVANXEO Lc 12, 32-34 ... n. 742, 21 
 
 
 
 
 
617 
 
Día 8 de agosto 
 
San Domingos de Guzmán, presbítero 
 
Do común dos pastores (misioneiros) ou dos santos (relixiosos) 
 
PRIMEIRA 1 Cor 2, 1-10a ... n. 728, 2 
 
SAL. RESP. Sal 95, 1-2a. 2b-3. 7-8a. 10 ... n. 721, 5 
 
ALELUIA Xn 8, 12 ... n. 741, 8 
 
EVANXEO Lc 9, 57-62 ... n. 742, 19 
 
 
 
 
 
618 
 
Día 10 de agosto 
 
San Lourenzo, diácono e mártir 
 
 
 
PRIMEIRA 2 Cor 9, 6-10 
 
Deus ama a quen da con alegría 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO 
APÓSTOLO ÓS CORINTIOS 
 
 
 
6Lembrade aquilo: quen sementa con mesquindade, tamén con mesquindade recolle; e 
quen sementa con xenerosidade, tamén con xenerosidade recolle. Que cadaquén dea 
segundo o que teña decidido no corazón, non contra gusto nin por compromiso, que 
Deus ama ó que dá con alegría. 8Deus, pode, de certo, darvos con largueza toda clase de 
gracias, de xeito que, tendo sempre en todo o suficiente, aínda vos sobre para todo tipo 
de boas obras, 9pois está escrito: reparte esmola ós pobres, a súa xustiza permanece para 
sempre. 
 
10O que fornece a semente ó sementador e proporciona pan para a comida, ha 
multiplicar tamén a vosa sementeira e fará medra-lo froito da vosa xustiza. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 111, 1-2. 5-6. 7-8. 9 
 
R/ (5a) Benia quen se apiada e presta 
 
 
 
Ditoso o que teme ó Señor 
 
e ten gozo nos seus preceptos. 
 
 
 
2A súa descendencia será forte na terra, 
 
a liñaxe dos rectos é bendita. 
 
 
 
5Benia quen se apiada e presta, 
 
e goberna os seus bens con xustiza. 
 
6Endexamais non perecerá, 
 
pois de eterna lembranza son os rectos. 
 
 
 
7Non terá medo de malas noticias, 
 
pois o seu corazón confia no Señor. 
 
8O seu corazón está firme e sen medo, 
 
mentres olla os seus opresores na desfeita. 
 
9Dálles xenerosamente ós pobres, 
 
a súa prosperidade é duradeira: 
 
erguerá con honor a súa fronte. 
 
 
 
ALELUIA Xn 8, 12bc 
 
Quen me segue, non anda nas tebras, 
 
senón que terá a luz da vida, di o Señor 
 
 
 
EVANXEO Xn 12, 24-26 
 
 Se alguén me serve, hao honra-lo Pai 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
 
 
 
Dilles Xesús ós seus discípulos: 
 
24Evos ben certo: se o gran de trigo cae na terra pero non morre, quedará el só; pero se 
morre, dará froito abondoso. 25Quen ama a súa vida, pérdea; mais quen aborrece a súa 
vida neste mundo, poñeraa a salvo para unha vida eterna. 26Se alguén quere servirme, 
que me siga; e alí onde estou eu, estará tamén o meu servidor. Se alguén me serve, hao 
honra-lo Pai. 
 
 
 
 
 
619 
 
Día 11 de agosto 
 
Santa Clara, virxe 
 
Memoria 
 
Do común das virxes ou das santas (relixiosas) 
 
PRIMEIRA Flp 3, 8-14 ... n. 740, 9 
 
SAL. RESP. Sal 15, 1-2a e 5. 7-8. 11 ... n. 739, 3 
 
ALELUIA Mt 5, 3 ... n. 741, 1 
 
EVANXEO Mt 19, 27-29 ... n. 742, 9 
 
 
 
 
 
620 
 
Día 13 de agosto 
 
Santos Ponciano, papa, e Hipólito, presbítero, mártires 
 
Do común dos mártires ou dos pastores 
 
PRIMEIRA 1 Pe 4, 12-19 ... n. 716, 9 
 
SAL. RESP. Sal 123, 2-3. 4-5. 7b-8. ... n. 715, 3 
 
ALELUIA n. 717, 6 
 
EVANXEO Xn 15, 18-21 ... 718, 6 
 
 
 
 
 
Día 14 de agosto 
 
San Maximiliano María Kolbe, presbítero e mártir 
 
Do común dos mártires ou dos pastores 
 
 
 
 
 
621 
 
Día 15 de agosto 
 
ASUNCIÓN DA VIRXE MARÍA 
 
Solemnidade 
 
 
 
Misa da vixilia 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Cro 15, 3-4. 15-16; 16, 1-2 
 
 Trouxeron a arca de Deus e puxérona no medio 
 
 da tenda que David levantara 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DAS CRÓNICAS 
 
 
 
3Reuniu David a todo Israel en Xerusalén para subi-la arca de Iavé ó lugar que lle tiña 
disposto. 
 
4Tamén reuniu ós fillos de Aharón e ós levitas. 
 
15Os fillos dos levitas levaban a arca de Deus ás costas por medio de varais, como 
ordenara Moisés, segundo o disposto por Iavé. 
 
16David mandou ós xefes dos levitas que dispuxesen os seus irmáns cantores, que 
fixesen resoa-los instrumentos musicais; harpas, citolas e pandeiros en sinal de ledicia 
 
16 1Traída a arca de Deus, puxérona no medio da tenda que David levantara para ela, e 
ofreceron holocaustos e sacrificios de comuñón ante Deus. 
 
2Cando David acabou cos holocaustos e sacrificios de comuñón bendixo ó pobo no 
nome de Iavé 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 131, 6-7. 9-10. 13-14 
 
R/ (8) Érguete, Señor, cara á túa mansión, 
 
ti e maila Arca da túa maxestade. 
 
 
 
6Oímos dela en Efrátah 
 
atopámola nos campos de Iáar. 
 
7Entremos na súa morada, 
 
postrémonos perante o estrado dos seus pés. 
 
 
 
9Que os teus sacerdotes vistan de festa 
 
e os teus devotos relouquen. 
 
10Por mor do teu servo David, 
 
non desdéñe-lo teu unxido. 
 
 
 
13O Señor elixiu a Sión 
 
e quíxoa por morada: 
 
14--"Esta será para sempre a miña casa, 
 
habitarei nela, porque a quero. 
 
 
 
SEGUNDA 1 Cor 15, 54b-57 
 
 Déuno-la victoria por medio de Xesús Cristo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO 
APÓSTOLO ÓS CORINTIOS 
 
 
 
Irmáns e irmás: 
 
Cando isto mortal se revista de inmortalidade, entón cumprirase a palabra que está 
escrita: 
 
a morte foi tragada pola victoria 
 
55Morte, ¿u-la túa victoria? 
 
Morte ¿u-lo teu aguillón? 
 
 56O aguillón da morte é o pecado e a forza do pecado é a Lei. 57Pero deámoslle as 
gracias a Deus, que El nos dá a victoria por medio do noso Señor Xesús Cristo. 
 
 
 
ALELUIA Lc 11, 28 
 
Ditosos os que escoitan a palabra de Deus e a gardan 
 
 
 
EVANXEO Lc 11, 27-28 
 
 Ditoso o ventre que te levou 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SSEGUNDO LUCAS 
 
 
 
Falándolle Xesús á multitude, unha muller de entre a xente exclamou en voz alta: 
 
-¡Ditoso o ventre que te levou e os peitos que te criaron! 
 
28Pero el replicoulle: 
 
 -Ditosos máis ben os que escoitan a Palabra de Deus e a gardan. 
 
 
 
 
 
622 
 
 
 
Misa do día 
 
 
 
PRIMEIRA Ap 11, 19a; 12, 1-6a. 10ab 
 
 Unha muller vestida do sol e coa lúa baixo os seus pés 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE 
 
 
 
Abriuse o santuario celeste de Deus e apareceu a arca da súa alianza no seu santuario. 
 
12 1E apareceu no ceo un gran sinal: unha muller vestida co sol, coa lúa baixo os seus 
pés e, na cabeza, unha coroa de doce estrelas. 2Estaba embarazada e berraba cos 
retorzóns e as dores do parto. 
 
3Apareceu outro sinal no ceo: era un gran dragón vermello, que tiña sete cabezas e dez 
cornos e nas cabezas sete diademas. 4Co seu rabo arramplaba cunha terceira parte das 
estrelas do ceo e botábaas na terra. O dragón plantouse diante da muller que estaba para 
dar á luz, coa idea de engulirlle o filliño en canto nacese. 
 
5Tivo un fillo varón; aquel que cun caxato de ferro ha rexer a tódalas nacións. Pero 
Deus arrebatou o filliño da muller onda si, ó seu trono. 6E a muller fuxiu para o deserto 
 
10E oín un gran berro no ceo, que dicía: 
 
''Arestora chegou a victoria, o poder, 
 
e o reino do noso Deus, 
 
así como a soberanía do seu Mesías. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 44, 10bc. 11. 12ab. 16 
 
R/ (10b) Á túa dereita está a raíña, con ouro de Ofir 
 
 
 
10Fillas de reis tes por amigas, 
 
e á túa dereita, a raíña, con ouro de Ofir. 
 
 
 
11Escoita, filla; olla e atende: 
 
esquece o teu pobo e a casa de teu pai. 
 
 
 
120 rei está prendado da túa fermosura: 
 
réndete a el, pois el é o teu señor. 
 
16condúcente con xúbilo algareiro, 
 
introdúcente no pazo do rei. 
 
 
 
SEGUNDA 1 Cor 15, 20-27 
 
 Primeiro, Cristo; despois, os que son de Cristo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO 
APÓSTOLO ÓS CORINTIOS 
 
 
 
Irmáns e irmás: 
 
Cristo resucitou dos mortos, como primicia dos que dormen. 21Porque xa que por un 
home entrou a morte, tamén por un home chegou a resurrección dos mortos. 22Igual que 
todos morren por Adam, así tamén por Cristo todos revivirán. 23Pero cada un no seu 
intre: primeiro, Cristo; logo, no Día da súa Vinda, os que sexan de Cristo; 24despois 
será a fin, cando lle entregue o Reino a Deus Pai, unha vez destruído todo Principado, 
toda Potestade e toda Dominación. 25Porque é necesario que El reine ata que poña a 
tódolos seus inimigos por debaixo dos seus pés. 26A morte será o derradeiro inimigo 
destruído, 27pois ''todo o puxo por debaixo dos seus pés''. 
 
 
 
ALELUIA 
 
 María é subida ó ceo; 
 
 alégrase o coro dos anxos 
 
 
 
EVANXEO Lc 1, 39-56 
 
 O Poderoso fixo marabillas en min: exaltou ós humildes 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
María saíu con moita présa camiño da montaña, a unha vila de Xudá. 40Entrou na casa 
de Zacarías e saudou a Isabel. 41E en oíndo Isabel o saúdo de María, o neno brincoulle 
no ventre. Entón, chea do Espírito Santo, 42exclamou Isabel, a grandes voces: 
 
-Bendita ti entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre. 43¿Quen son eu para que 
me visite a nai do meu Señor? 44Pois ó que chegou o teu saúdo ós meus oídos, brincou 
de alegría a criatura no meu ventre. 45¡Ditosa ti que criches que se cumpriría canto che 
anunciaron de parte do Señor! 
 
46Entón María exclamou: 
 
A miña alma proclama a grandeza do Señor, 
 
47e alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador, 
 
48porque reparou na súa humilde escraviña. 
 
Velaí: desde agora 
 
tódalas xeracións me van felicitar. 
 
49¡Marabillas o Poderoso fixo en min! 
 
O seu nome é Santo; 
 
50a súa misericordia chega xeración tras xeración 
 
a tódolos que o temen. 
 
51Manifesta o poder do seu brazo, 
 
desbaratando os plans dos soberbios. 
 
52Derruba do seu trono ós poderosos, 
 
e fai subir ós humildes; 
 
53ós famentos éncheos de bens, 
 
e ós ricos despídeos baleiros. 
 
54Ampara a Israel, o seu Servidor, 
 
lembrándose da súa misericordia, 
 
55conforme prometera a nosos pais, 
 
en favor de Abraham e da súa descendencia para sempre. 
 
 56María permaneceu con ela tres meses, e logo volveuse para a súa casa. 
 
 
 
 
 
623 
 
Día 16 de agosto 
 
San Estevo de Hungría 
 
Do común dos santos 
 
PRIMEIRA Dt 6, 3-9 ... n. 737, 3 
 
SAL. RESP. Sal 111, 1-2. 3-4. 5-7a. 7b-8. 9 n. 739, 7 
 
ALELUIA Xn 14, 23 ... n. 741, 11 
 
EVANXEO Mt 25, 14-30 (máis longo) ou 14, 23 (máis breve) ... n. 742, 12 
 
 
 
 
 
624 
 
Día 19 de agosto 
 
San Xoán Eudes, presbítero 
 
Do común dos pastores ou dos santos 
 
PRIMEIRA Ef 3, 14-19 ... n. 740, 7 
 
SAL. RESP. Sal 130, 1. 2. 3 ... n. 739, 9 
 
ALELUIA Cf Mt 11, 25 ... n. 741, 4 
 
EVANXEO Mt 11, 25-30 ... n. 742, 4 
 
 
 
 
 
625 
 
Día 20 de agosto 
 
San Bernaldo, abade e doutor da Igrexa 
 
Memoria 
 
Do común dos doutores da Igrexa ou dos santos (relixiosos) 
 
PRIMEIRA Sir 15, 1-6 ... n. 725, 3 
 
SAL. RESP. Sal 118, 9. 10. 11. 12. 13. 14 ... n. 727, 3 
 
ALELUIA Xn 15, 9b. 5b ... n. 741, 13 
 
EVANXEO Xn 17, 20-26 ... n. 742, 26 
 
 
 
 
 
626 
 
Día 21 de agosto 
 
San Pío X, papa 
 
Memoria 
 
Do común dos pastores (papas) 
 
PRIMEIRA 1 Tes 2, 2b-8 ... n. 722, 10 
 
SAL. RESP. Sal 88, 2-3. 4-5. 21-22. 25 e 27 n. 721, 4 
 
ALELUIA Xn 10, 14 ... n. 723, 5 
 
EVANXEO Xn 21, 15-17 ... n. 724, 12 
 
 
 
 
 
627 
 
Día 22 de agosto 
 
Santa María Virxe, Raíña 
 
Memoria 
 
Do común de Santa María Virxe 
 
PRIMEIRA Is 9, 1-6 ... n. 707, 8 
 
SAL. RESP. Sal 112, 1-2. 3-4. 5-6. 7-8 ... n. 709, 4 
 
ALELUIA Cf. Lc 1, 28 ... n. 711, 1 
 
EVANXEO Lc 1, 26-38 ... n. 712, 4 
 
 
 
 
 
628 
 
Día 23 de agosto 
 
Santa Rosa de Lima, virxe 
 
Do común das virxes ou das antas mulleres (relixiosas) 
 
PRIMEIRA 2 Cor 10, 17 - 11, 2 n. 734, 2 
 
SAL. RESP. Sal 148, 1-2. 11-13a. 13b-14 ... n. 733, 2 
 
ALELUIA Xn 15, 9b. 5b ... n. 741, 13 
 
EVANXEO Mt 13, 44-46 ... n. 742, 5 
 
 
 
 
 
629 
 
Día 24 de agosto 
 
San Bartolomeu, apóstolo 
 
 
 
PRIMEIRA Ap 21, 9b-14 
 
 Sobre os mesmos alicerces estaban escritos os 
 
 nomes dos doce apóstolos do Año 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE 
 
 
 
O anxo falou comigo, dicindo: 
 
''Ven acó, que che vou amosa-la noiva, a esposa do Año''. 10Levoume en espírito á cima 
dun monte moi grande e alto e amosoume a cidade santa, Xerusalén, que baixaba do ceo 
de onda Deus; 11tiña a gloria do mesmo Deus. O seu resplandor imitaba ó dunha pedra 
moi preciosa, a unha pedra cristalina de xaspe. 12Tiña unha muralla grande e alta con 
doce portas de entrada; e enriba das portas doce anxos; e escritos nelas os seus nomes, 
que son os das doce tribus de Israel: 13Tres portas polo Nacente, tres portas polo Norte, 
tres portas polo Mediodía e tres portas polo Poñente. 14A muralla da cidade tiña doce 
alicerces e sobre os alicerces, doce nomes, que son os dos doce Apóstoles do Año. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 144, 10-11. 12-13ab. 17-18 
 
R/ (cf 12a) Que os teus santos, Señor, ensinen a gloria do teu reino 
 
 
 
10Lóuvente, Señor, as túas obras, 
 
bendígante os teus amigos. 
 
11Pregoen a gloria do teu reino, 
 
proclamen as túas fazañas. 
 
 
 
12Ensinen ós homes a túa forza 
 
e a maxestade gloriosa do teu reino. 
 
13O teu reino é reino eterno, 
 
o teu goberno dura por xeracións. 
 
 
 
17O Señor é xusto nos seus camiños todos, 
 
bo en tódolos seus feitos. 
 
18O Señor está cerca dos que o chaman, 
 
dos que sinceramente o invocan. 
 
 
 
ALELUIA Xn 1, 49b 
 
Mestre, ti e-lo Fillo de Deus, 
 
ti e-lo Rei de Israel! 
 
 
 
EVANXEO Xn 1, 45-51 
 
 Velaí un israelita verdadeiro en quen non hai falsedade 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
 
 
 
45Atopou Felipe a Natanael e díxolle: 
 
-Encontramos a aquel de quen escribiu Moisés na Lei e mailos profetas: a Xesús, o fillo 
de Xosé, o de Nazaret. 
 
46Contestoulle Natanael: 
 
-¿E de Nazaret pode saír algo bo? 
 
Felipe díxolle: 
 
-Ven e verás. 
 
47Viu Xesús a Natanael, que se achegaba e dixo del: 
 
-Aí tedes un verdadeiro israelita, en quen non hai dobrez. 
 
48Preguntoulle Natanael: 
 
-¿E de que me coñeces? 
 
Contestoulle Xesús: 
 
 -Antes de que Felipe chamase por ti, xa eu te vira, cando estabas debaixo da figueira. 
 
49Respondeulle Natanael: 
 
-Rabbí, ti e-lo fillo de Deus, ti e-lo rei de Israel. 
 
50Díxolle entón Xesús: 
 
 -¿Porque che dixen que te vin debaixo da figueira, xa cres? Pois cousas máis grandes 
has ver. 
 
51E concluíu: 
 
 -Con toda verdade volo aseguro: habedes ve-lo ceo aberto, e os anxos de Deus subindo 
e baixando onda o Fillo do Home. 
 
 
 
 
 
630 
 
Día 25 de agosto 
 
San Luis 
 
Do común dos santos 
 
PRIMEIRA Is 58, 6-11 ... n. 737, 15 
 
SAL. RESP. Sal 111, 1-2. 3-4. 5-7a. 7b-8. 9 n. 739, 7 
 
ALELUIA Xn 13, 34 ... n. 741, 10 
 
EVANXEO Mt 22, 34-40 ... n. 742, 10 
 
 
 
 
 
631 
 
O mesmo día 25 de agosto 
 
San Xosé de Calasanz, presbítero 
 
Do común dos pastores ou dos santos (educadores) 
 
PRIMEIRA 1 Cor 12, 31 - 13, 13 (máis longa) 
 
 ou 13, 4-13 (máis breve) ... n. 740, 3 
 
SAL. RESP. Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9. 10-11 n. 739, 5 
 
ALELUIA Xn 15, 9b. 5b ... n. 741, 13 
 
EVANXEO Mt 18, 1-5 ... n. 742, 7 
 
 
 
 
 
O mesmo día 25 de agosto 
 
Beatos Pedro Vázquez, presbítero, e compañeiros, mártires 
 
Na diócese de Ourense, memoria 
 
Do común dos mártires 
 
 
 
 
 
Día 26 de agosto 
 
Santa Teresa de Xesús Jornet e Ibars, virxe, patrona da vellez 
 
Do común das virxes ou das santas mulleres (relixiosas) 
 
 
 
 
 
632 
 
Día 27 de agosto 
 
Santa Mónica 
 
Memoria 
 
Do común das santas mulleres 
 
PRIMEIRA Sir 26, 1-4. 16-21 (gr. 1-4. 13-16) ... n. 737, 14 
 
SAL. RESP. Sal 130, 1. 2. 3 ... n. 739, 9 
 
ALELUIA Xn 8, 12 ... n. 741, 8 
 
 
 
EVANXEO Lc 7, 11-17 
 
 Era levado no féretro do pensamento, para que 
 
 lle dixeras ó fillo da viúva: 
 
 xoven, a ti cho digo, levántate (S.Aug., 
 
 Confes. lib 6, n. 2) 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
Xesús foi a unha vila, chamada Naín, acompañado dos seus discípulos e outra moita 
xente. 12Cando estaba chegando á entrada da vila, sacaban a enterrar a un morto, fillo 
único da súa nai, que era viúva; ía acompañada por moita xente da vila. 13O vela, o 
Señor compadeceuse e díxolle: 
 
-Non chores. 
 
 14E achegándose, tocou o cadaleito -os que o levaban pararon-, e el mandou: 
 
-Rapaz, falo contigo: ¡érguete! 
 
15O morto incorporouse e empezou a falar; e Xesús entregoullo á súa nai. 16Todos 
quedaron impresionados e louvaban a Deus, dicindo: 
 
-Un gran profeta xurdiu entre nós. Deus visitou ó seu pobo. 
 
 17E por toda a Xudea e a súa comarca correron estes comentarios. 
 
 
 
 
 
633 
 
Día 28 de agosto 
 
San Agostiño, bispo e doutor da Igrexa 
 
Memoria 
 
Do común dos pastores ou dos doutores da Igrexa 
 
PRIMEIRA 1 Xn 4, 7-16 ... n. 740, 17 
 
SAL. RESP. Sal 118, 9. 10. 11. 12. 13. 14 ... n. 727, 3 
 
ALELUIA Mt 23, 9b. 10b ... n. 729, 2 
 
EVANXEO Mt 23, 8-12 ... n. 730, 4 
 
 
 
 
 
634 
 
Día 29 de agosto 
 
Martirio de San Xoán Bautista 
 
Memoria 
 
O Evanxeo desta memoria é propio 
 
 
 
PRIMEIRA Xer 1, 17-19 
 
 Fálalles todo canto che mando: nos lles teñas medo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS 
 
 
 
Ti has cingui-lo teu van, 
 
has erguerte e dicirlles 
 
todo o que eu che mande. 
 
Non te acobardes por medo deles, 
 
non sexa que eu te faga esmorecer diante deles. 
 
18Fíxate: hoxe convértote en cidade cortada a pico, en columna de ferro, en muralla de 
bronce, para todo o país, para os reis de Xudá é para os seus príncipes, para os seus 
sacerdotes e para a xente do campo. 
 
19Faranche guerra, pero non poderán contigo, 
 
 pois contigo estou eu para te salvar -é o Señor quen fala-. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 70, 1-2. 3-4a. 5-6ab. 15ab e 17 
 
R/ (15a) A miña boca anunciará a túa salvación 
 
 
 
1En ti, Señor, acóllome 
 
que endexamais non me vexa confundido. 
 
2Pola túa xustiza, líbrame, deféndeme, 
 
inclina o teu oído e sálvame. 
 
3Se ti a rocha do meu refuxio 
 
sempre disposta para salvarme: 
 
Ti que e-la miña forte cidadela. 
 
 
 
4Rescátame, meu Deus, do poder dos malvados, 
 
do puño do criminal e do opresor. 
 
5Ti es, Señor, a miña esperanza, 
 
a miña confianza, Señor, desde a mocidade. 
 
6Desde o nacemento apóiome en ti, 
 
desde o seo materno ti e-lo meu amparo, 
 
a ti vai sempre o meu louvor. 
 
15A miña boca pregoa a túa xustiza 
 
a túa salvación, o día enteiro. 
 
17Desde a mocidade ensínasme ti, Deus 
 
e aínda hoxe eu canto os teus prodixios. 
 
 
 
ALELUIA Mt 5, 10 
 
 Ditosos os que padecen persecución por causa 
 
 da xustiza, porque deles é o reino dos ceos 
 
 
 
EVANXEO Mc 6, 17-29 
 
 Quero que inmediatamente me deas nunha 
 
 bandexa a cabeza de Xoán o Bautista 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS 
 
 
 
Herodes mandara encadear a Xoán por causa de Herodías, a muller de seu irmán Felipe, 
coa que el casara. 18Xoán non paraba de lle dicir: 
 
-Non che está permitido vivir coa muller do teu irmán. 
 
19Por iso Herodías colléralle xenreira a Xoán, e queríao matar. 20Pero Herodes temía a 
Xoán, sabendo que era home xusto e santo, e protexíao; mesmo lle gustaba oílo falar, 
aínda que quedase desacougado. 
 
21Pero chegou a ocasión axeitada, cando Herodes no día que facía anos deu un banquete 
ós ministros, oficiais e xente importante de Galilea. 22Resulta que, entrando a filla da 
mesma Herodías, bailou moi ben, e gustoulle moito a Herodes e a tódolos convidados. 
Entón o rei díxolle á rapaza: 
 
-Pídeme o que queiras, que cho hei dar. 
 
23E xurou. 
 
-Dareiche o que me pidas, anque sexa a metade do meu reino. 
 
24Vaise a rapaza onda a nai e pregúntalle: 
 
-¿Que lle pedirei? 
 
Ela díxolle: 
 
-Pidelle a cabeza de Xoán Bautista. 
 
25E voltando axiña onda o rei, díxolle: 
 
 -Quero que me deas de contado, nunha bandexa, a cabeza de Xoán Bautista. 
 
26O rei púxose moi triste, pero, polos xuramentos e mais polos convidados, non quería 
defraudala. 27E de seguida mandou a un verdugo trae-la cabeza de Xoán; cortoulla, 
28tróuxoa nunha bandexa, para lla dar á rapaza, que non tardou en levarlla á súa nai. 
29Cando os seus discípulos o souberon, recolleron o cadáver e fórono enterrar. 
 
 
 
 
 
Día 30 de agosto 
 
Aniversario da dedicación da santa Igrexa Catedral de Lugo 
 
Na basílica, solemnidade 
 
Na diócese de Lugo, festa 
 
Do común da dedicación dunha igrexa (cabodano da dedicación)