DECEMBRO

 
 
DECEMBRO 
 
 
 
 
 
Día 1 de decembro 
 
Aniversario da dedicación da Santa Igrexa Catedral de Tui 
 
Na basílica, solemnidade 
 
Na diócese de Tui-Vigo, festa 
 
Do común da dedicación dunha Igrexa, no cabodano da dedicación 
 
 
 
 
 
685 
 
Día 3 de decembro 
 
San Francisco Xavier, presbítero 
 
Do común dos pastores (misioneiros) 
 
PRIMEIRA 1 Cor 9, 16-19. 22-23 ... n. 722, 4 
 
SAL. RESP. Sal 116, 1. 2 ... n. 721, 8 
 
ALELUIA Mt 28, 19a. 20b ... n. 723, 2 
 
EVANXEO Mc 16, 15-20 ... n. 724, 6 
 
 
 
 
 
686 
 
Día 4 de decembro 
 
San Xoán Damasceno, presbítero e doutor da Igrexa 
 
Do común dos pastores ou dos doutores da Igrexa 
 
PRIMEIRA 2 Tim 1, 13-14; 2, 1-3 ... n. 722, 11 
 
SAL. RESP. Sal 18, 8. 9. 10. 11 ... n. 727, 1 
 
ALELUIA Xn 14, 23 ... n. 741, 11 
 
EVANXEO Mt 25, 14-30 ... n. 742, 12 
 
 
 
 
 
687 
 
Día 6 de decembro 
 
San Nicolao, bispo 
 
Do común dos pastores 
 
PRIMEIRA Is 6, 1-8 ... n. 719, 4 
 
SAL. RESP. Sal 39, 2 e 4ab. 7-8a. 8b-9. 10 ... n. 721, 3 
 
ALELUIA Lc 4, 18 ... n. 723, 4 
 
EVANXEO Lc 10, 1-9 ... n. 724, 8 
 
 
 
 
 
688 
 
Día 7 de decembro 
 
San Ambrosio, bispo e doutor da Igrexa 
 
Memoria 
 
Do común dos pastores ou dos doutores da Igrexa 
 
PRIMEIRA Ef 3, 8-12 ... n. 728, 4 
 
SAL. RESP. Sal 88, 2-3. 4-5. 21-22. 25 e 27 n. 721, 4 
 
ALELUIA Xn 10, 14 ... n. 723, 5 
 
EVANXEO Xn 10, 11-16 ... n. 724, 10 
 
 
 
 
 
689 
 
Día 8 de decembro 
 
 
 
INMACULADA CONCEPCIÓN DA VIRXE MARÍA 
 
Solemnidade 
 
 
 
PRIMEIRA Xen 3, 9-15. 20 
 
 Establecerei hostilidade entre a túa liñaxe e a da muller 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA DA XÉNESE 
 
 
 
[Despois de que Adán comeu da árbore] chamou o Señor Deus polo home, 
preguntándolle: -¿Onde estás? 10Respondeu o home: -Oínte no xardín, e tiven medo. O 
verme espido, agacheime. 
 
11Preguntoulle o Señor Deus: -¿Quen che dixo que estabas espido? ¿É que comiches da 
árbore da que che prohibira comer? 
 
 12Respondeulle o home: -A muller que me deches por compañeira ofreceume do froito, 
e comín. 
 
13O Señor Deus díxolle á muller: -¿Qué é o que fixeches? E a muller respondeu: -A 
serpe enganoume, e comín. 14Entón o Señor Deus díxolle á serpe: -Porque fixeches 
isto, maldita sexas entre os animais e as feras todas do monte. Andarás arrastrada e 
comerás po toda a túa vida. 15Poño hostilidade entre ti e a muller, entre a túa liñaxe e a 
dela. Ti tentarás de atanguerlle o calcañar, pero ela esmagarache a cabeza. 
 
20O home chamou Eva á súa muller, pois vén se-la nai de tódolos que viven. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 97, 1. 2-3ab. 3bc-4 
 
R/ (1a) Cantádelle ó Señor un cántico novo 
 
 
 
Cantádelle ó Señor un cántico novo, 
 
pois fixo marabillas, 
 
a súa dereita e o seu brazo 
 
déronlle a victoria. 
 
 
 
20 Señor dá a coñece-la súa salvación, 
 
revela a súa xustiza ante os pobos. 
 
3Lembra o seu amor e a súa fidelidade 
 
coa casa de Israel. 
 
Os pobos todos verán 
 
a salvación do noso Deus. 
 
 
 
4Aclama ó Señor, terra enteira, 
 
rompede a cantar e a tocar. 
 
 
 
SEGUNDA Ef 1, 3-6. 11-12 
 
 Deus elixiunos en Cristo antes da constitución do mundo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS 
EFESIOS 
 
 
 
3¡Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, que por medio de Cristo nos 
bendiciu no ceo con toda clase de bendicións do Espírito! 4Porque nos escolleu antes da 
formación do mundo, para que fosemos santos e sen mancha perante El polo amor. 
 
5El decidiu xa daquela profillarnos por medio de Xesús Cristo, para El, conforme o 
designio da súa vontade, 6para louvanza da súa gloriosa benquerencia, coa que nos 
agraciou no Fillo amado, 
 
11Por El tamén nós tivémo-la sorte de resultar preelixidos segundo o designio daquel 
que activa todo conforme o proxecto da súa vontade, 12para sermos imaxe da súa gloria 
os que xa antes tiñámo-la esperanza en Cristo. 
 
 
 
ALELUIA cf Lc 1, 28 
 
 Alégrate, María, chea de gracia, o Señor está 
 
 contigo, bendita entre as mulleres 
 
 
 
EVANXEO Lc 1, 26-38 
 
 Alégrate, chea de gracia, o Señor está contigo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
26Ós seis meses, Deus mandou o anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaret, 27onda 
unha mociña prometida a un home da casa de David, que se chamaba Xosé; o nome da 
mociña era María. 
 
28Entrando onde estaba ela, díxolle: 
 
-Alégrate, chea de gracia, o Señor está contigo. 
 
 29Ela turbouse con estas palabras, cavilando no que podería significa-lo saúdo aquel. 
30O anxo continuou: 
 
-Non teñas medo, María, porque ti atopaches gracia ante Deus; 31e, fíxate, vas concebir 
no teu ventre e darás á luz un fillo, ó que lle poñerás de nome Xesús. 32Será grande e 
chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; 
33reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin. 
 
34María respondeulle ó anxo: 
 
-¿E como pode ser isto, pois eu son virxe? 
 
35O anxo replicoulle: 
 
-O Espírito Santo baixará sobre ti e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra; por 
iso o que vai nacer de ti será santo e chamarase Fillo de Deus. 36Aí te-la túa curmá 
Isabel, que concebiu un fillo na súa vellez, e xa está de seis meses a que chamaban 
estéril, 37que para Deus non hai imposibles. 
 
38María contestou: 
 
 -Velaquí a escrava do Señor: cúmprase en min o que dixeches. 
 
E o anxo marchou de onda ela. 
 
 
 
 
 
Día 10 de decembro 
 
Santa Baia (Eulalia) de Mérida, virxe e mártir 
 
Do común das mártires ou das virxes 
 
 
 
 
 
690 
 
Día 11 de decembro 
 
San Dámaso I, papa 
 
Do común dos pastores (papas) 
 
PRIMEIRA Feit 20, 17-18a. 28-32. 36 ... n. 720, 2 
 
SAL. RESP. Sal 109, 1. 2. 3. 4 ... n. 721, 7 
 
ALELUIA Xn 15, 15b ... n. 723, 7 
 
EVANXEO Xn 15, 9-17 ...n. 724, 11 
 
 
 
 
 
691 
 
Día 12 de decembro 
 
Santa Xoana Francisca de Chantal, relixiosa 
 
Do común das santas (relixiosas) 
 
PRIMEIRA Prov 31, 10-13. 19-20. 30-31 n. 737, 11 
 
SAL. RESP. Sal 130, 1. 2. 3 ... n. 739, 9 
 
ALELUIA Xn 8, 31b-32 ... n. 741, 9 
 
EVANXEO Mc 3, 31-35 ...n. 742, 14 
 
 
 
 
 
692 
 
Día 13 de decembro 
 
Santa Lucía, virxe e mártir 
 
Do común das mártires ou das virxes 
 
PRIMEIRA 2 Cor 10, 17 - 11, 2 ... n. 734, 2 
 
SAL. RESP. Sal 30, 3cd-4. 6 e 8ab. 16bc e 17 n. 715, 1 
 
ALELUIA n. 735, 2 
 
EVANXEO Mt 25, 1-13 ... n. 736, 2 
 
 
 
 
 
693 
 
Día 14 de decembro 
 
San Xoán da Cruz, presbítero e doutor da Igrexa 
 
Memoria 
 
Do común dos pastores ou dos doutores da Igrexa 
 
PRIMEIRA 1 Cor 2, 1-10a ... n. 728, 2 
 
SAL. RESP. Sal 36, 3-4. 5-6. 30-31. ... n. 727, 2 
 
ALELUIA Mt 5, 3 ... n. 741, 1 
 
EVANXEO Lc 14, 25-33 ... n. 742, 23 
 
 
 
 
 
694 
 
Día 21 de decembro 
 
San Pedro Canisio, presbítero e doutor da Igrexa 
 
Do común dos pastores ou dos doutores da Igrexa 
 
PRIMEIRA 2 Tim 4, 1-5 ... n. 722, 12 
 
SAL. RESP. Sal 39, 2 e 4ab. 7-8a. 8b-9. 10 ... n. 721, 3 
 
ALELUIA Mt 5, 16 ... n. 729, 1 
 
EVANXEO Mt 5, 13-19 ... n. 730, 1 
 
 
 
 
 
695 
 
Día 23 de decembro 
 
San Xoán de Kety, presbítero 
 
Do común dos pastores (os que realizaron obras de misericordia) 
 
PRIMEIRA Sant 2, 14-17 ... n. 740, 13 
 
SAL. RESP. 111, 1-2. 3-4. 5-7a. 7b-8. 9 ... n. 739, 7 
 
ALELUIA Xn 13, 34 ... n. 741, 10 
 
EVANXEO Lc 6, 27-38 ... n. 742, 18 
 
 
 
 
 
696 
 
Día 26 de decembro 
 
Santo Estevo, protomartir 
 
 
 
PRIMEIRA Feit 6, 8-10; 7, 54-59 
 
 Velaí vexo os ceos abertos 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS 
 
 
 
8Estevo, cheo de gracia e poder, realizaba grandes prodixios e sinais entre o pobo. 
9Apareceron algúns da sinagoga chamada dos libertos, dos de Cirene, dos de Alexandría 
e dos de Cilicia e Asia, para discutiren con Estevo. 10Pero non lle daban replicado á 
ciencia e ó Espírito con que falaba. 
 
54O sentiren isto, adoecían e renxían os dentes contra Estevo. 55Pero el, cheo do 
Espírito Santo e cos ollos cravados no Ceo, viu a gloria de Deus e a Xesús de pé á 
dereita de Deus, 56e dixo: 
 
 -Ollade, vexo o ceo aberto e o Fillo do home, de pé, á dereita de Deus. 
 
57Entón pegaron a berrar, taparon os oídos, e todos á xunta arremeteron contra el; 
58quitárono fóra da cidade e comezaron a apedralo. As testemuñas deixaron os seus 
vestidos os pés dun mozo chamado Saulo. 
 
59Apedraban a Estevo, que invocaba así: ''¡Señor Xesús, recibe o meu espírito!'' 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 30, 3cd-4. 6 e 8ab. 16bc e 17 
 
R/ (6a) Nas túas mans encomendo a miña vida 
 
 
 
 Se a rocha do meu refuxio, 
 
 o castelo forte onde me salve. 
 
4Xa que ti e-la miña rocha e o meu castelo, 
 
 por mor do teu nome, diríxeme e guíame. 
 
 
 
6Nas túas mans encomendo a miña vida, 
 
 e ti librarasme, Señor, Deus fiel. 
 
8Teño gozo e ledicia na túa misericordia, 
 
 pois ti ólla-la miña aflicción, 
 
 
 
 Líbrame do poder dos inimigos e dos meus perseguidores. 
 
17Fai brilla-lo teu rostro para o teu servo, 
 
 sálvame, pola túa misericordia. 
 
 
 
ALELUIA Sal 117, 26a e 27a 
 
 Bendito o que ven no nome do Señor; 
 
 o Señor é Deus e déuno-la luz 
 
 
 
EVANXEO Mt 10, 17-22 
 
 Non sodes vós os que falades, senón o Espírito do voso Pai 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
Dilles Xesús ós seus discípulos: 
 
17Tede coidado coa xente porque entregaranvos ós tribunais e hanvos azoutar nas 
sinagogas. 18E pola miña causa hanvos levar ante gobernadores e reis, así daredes 
testemuño de min diante deles e dos pagáns. 
 
19E cando vos entreguen, non andedes angustiados polo como ou polo que ides dicir, 
porque naquela hora hásevos inspira-lo que tendes que dicir. 20Non sodes vós os que 
falaredes, senón que será o Espírito de meu Pai quen falará por vós. 21Haberá irmáns 
que entreguen a seus irmáns á morte; pais a fillos; fillos que denuncien a seus pais ata 
facelos matar. 22Pola miña causa hanvos odiar, pero o que persevere ata o final hase 
salvar. 
 
 
 
 
 
697 
 
Día 27 de decembro 
 
San Xoán, apóstolo e evanxelista 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Xn 1, 1-4 
 
 O que oímos e vimos anunciámosvolo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN XOÁN 
 
 
 
Benqueridos irmáns e irmás: 
 
1 1 O que pasou desde o comezo, 
 
o que temos oído, 
 
o que teñen visto os nosos ollos, 
 
o que contemplamos nós e palparon as nosas mans, 
 
a saber, a Palabra que é a vida 
 
2(porque a vida manifestouse 
 
é nós vímola e damos testemuño dela, 
 
e anunciámosvola a vós: a vida eterna, 
 
que estaba na intimidade do Pai 
 
e que se nos amosou a nós): 
 
3iso que temos visto e oído 
 
agora tamén volo anunciamos a vós, 
 
para que tamén vós teñades parte connosco; 
 
pois compartir connosco 
 
é compartir co Pai e co seu Fillo Xesús Cristo. 
 
4Escribímosvos isto 
 
para que a nosa alegría sexa ben cumprida. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 96, 1-2. 5-6. 11-12 
 
R/ (12a) Alegrádevos, xustos, no Señor 
 
 
 
1O Señor reina, alégrese a terra, 
 
exulten tódalas illas. 
 
 
 
2Rodéano nubes e néboa, 
 
xustiza e rectitude sosteñen o seu trono. 
 
 
 
5Os montes derrétense coma cera, 
 
diante do Señor, dono do mundo. 
 
6Os ceos pregoan a súa rectitude 
 
e tódolos pobos contemplan a súa gloria. 
 
 
 
11 A luz despunta para os xustos 
 
e para os rectos a ledicia. 
 
12AIegrádevos, xustos, no Señor, 
 
louvade o seu nome santo. 
 
 
 
ALELUIA 
 
 A ti, Deus louvámoste, a ti, Señor, 
 
 proclamámoste; 
 
 A ti lóvate, Señor, o glorioso coro dos 
 
 apóstolos 
 
 
 
EVANXEO Xn 20, 2-8 
 
 Aquel outro discípulo correu máis rápido ca 
 
 Pedro e chegou primeiro ó sepulco 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
 
 
 
O primeiro día da semana correu María Madalena e, chegando onda Simón Pedro e onda 
o outro discípulo a quen amaba Xesús, díxolles: 
 
 -Colleron do sepulcro ó Señor, e non sabemos onde o puxeron. 
 
3Pedro e mailo outro discípulo saíron correndo cara ó sepulcro. 4Corrían os dous á par. 
Pero o outro discípulo correu máis lixeiro ca Pedro, e chegou primeiro ó sepulcro. 
5Abaixándose, viu que estaban os lenzos, pero non entrou. 6Entón chegou tamén Simón 
Pedro, que o seguía, e entrou no sepulcro. Viu os lenzos pousados alí. 7Pero o sudario 
que envolvera a súa cabeza, non estaba cos panos, senón á parte, enrolado noutro lugar. 
8Entón entrou tamén o outro discípulo, que chegara primeiro, ó sepulcro; viu e creu. 
 
 
 
 
 
698 
 
Día 28 de decembro 
 
Os Santos Inocentes, mártires 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Xn 1, 5 - 2, 2 
 
 O sangue de Cristo purifícanos de todo pecado 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN XOÁN 
 
 
 
5Esta é a mensaxe que lle temos oído a El e que agora vos anunciamos a vós: que Deus 
é Luz e que nel non hai escuridade ningunha. 6Se aseguramos que estamos en comunión 
con El e vivimos na escuridade, mentimos e non practicámo-lo que cremos. 7Pero se 
nós vivimos na Luz, do mesmo xeito que El está na Luz, entón estamos en comuñón uns 
cos outros e o sangue de Xesús, o seu Fillo, estanos purificando de tódolos pecados. 
 
8Se dicimos que non temos pecado, desviámonos 
 
e non temos en nós a verdade. 
 
9Se recoñecemos públicamente os nosos pecados, fiel e xustificador é Deus; El 
perdoaráno-los pecados e limparanos de toda ruindade. 
 
10Se dicimos que endexamais non pecamos, estamos facendo de Deus un mentireiro e 
non podemos ter connosco a súa revelación. 
 
2 1Meus filliños, escríbovos estas cousas para que non pequedes; pero, se algún peca, 
temos quen nos defenda diante do Pai: Xesús Cristo, o xustificador. 2El é quen expía os 
nosos pecados; e non só os nosos senón tamén os de todo o mundo. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 123, 2-3. 4-5. 7b-8 
 
R/ (7a) A nosa vida é coma o paxaro que se zafa da trampa do cazador. 
 
 
 
2se o Señor non estivese connosco 
 
cando se ergueron os homes contra nós, 
 
3teríannos engulido vivos 
 
no incendio da súa ira; 
 
 
 
4as augas xa nos terían sulagado 
 
e o torrente pasado sobre nós; 
 
5xa nos terían mergullado 
 
as augas escumantes. 
 
 
 
Rómpese a trampa, 
 
e nós escapamos. 
 
8O noso socorro está no nome do Señor, 
 
que fixo o ceo e maila terra. 
 
 
 
ALELUIA 
 
 A ti, Deus, louvámoste, a ti, Señor, 
 
 proclamámoste; 
 
 A ti lóuvate a limpa multitude dos mártires 
 
 
 
EVANXEO Mt 2, 13-18 
 
Herodes matou a tódolos nenos que había en Belén 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
Herodes matou a tódolos nenos que había en Belén 
 
13En canto se foron, un anxo do Señor apareceulle a Xosé en soños e díxolle: 
 
-Érguete, colle o neno e maila nai e fuxe para Exipto. Non te movas de alí ata que eu te 
avise, porque Herodes vai busca-lo neno para acabar con el. 
 
14Xosé ergueuse, colleu o neno e maila nai, pola noite, e alá se foi para Exipto. 15Alí 
permaneceu ata a morte de Herodes, cumpríndose así o que dixera o Señor por medio do 
profeta: 
 
"Chamei ó meu fillo para que saíse de Exipto". 
 
16Daquela Herodes, decatándose de que fora burlado polos magos, incomodouse moito. 
E, botando contas polos datos dos magos, mandou matar a tódolos nenos de dous anos 
para abaixo, de Belén e da bisbarra. 17Daquela cumpriuse tamén o dito polo profeta 
Xeremías: 
 
18"Oíuse un berro en Ramah, 
 
choros e moito lamento: 
 
é Raquel que chora polos seus fillos, 
 
e non se quere consolar porque xa non existen". 
 
 
 
 
 
699 
 
Día 29 de decembro 
 
San Tomás Becket, bispo e mártir 
 
Do común dos mártires ou dos pastores 
 
PRIMEIRA 2 Tim 2, 8-13; 3, 10-12 ... n. 716, 5 
 
SAL. RESP. Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9 ... n. 715, 2 
 
ALELUIA Mt 5, 6 ... n. 741, 2 
 
EVANXEO Mt 16, 24-27 ... n. 742, 6 
 
 
 
 
 
700 
 
Día 31 de decembro 
 
San Sivestre I, papa 
 
Do común dos pastores (papas) 
 
PRIMEIRA Ez 34, 11-16 ... n. 719, 9 
 
SAL. RESP. Sal 22, 1-3. 4. 5. 6 ... n. 721, 2 
 
ALELUIA Mc 1, 17 ... n. 723, 3 
 
EVANXEO Mt 16, 13-19 ... n. 724, 2