M A R Z O
Día 1 de marzo
San Rosendo, bispo, patrono da diócese de Mondoñedo-Ferrol
Na diócese de Mondoñedo-Ferrol: Solemnidade
Nas dióceses de Lugo, Ourense, Santiago e Tui-Vigo: Memoria
Do común dos pastores: bispos,
Día 4 de marzo
San Capitón, bispo e mártir
Na diócese de Lugo: Memoria
Do común dos pastores (bispos) ou dos mártires
537
O mesmo día 4 de marzo
San Casimiro
Do común dos santos
PRIMEIRA Flp 3, 8-14 n. 740, 9
SAL. RESP. Sal 14, 2-3ab. 3cd-4ab. 5 n. 739,2
ALELUIA Xn 13, 34 n. 741, 10
EVANXEO Xn 15, 9-17 n. 742, 25
538
Día 7 de marzo
Santas Perpétua e Felicidade, mártires
Memoria
Do común das mártires
PRIMEIRA Rm 8, 31b-39 n. 716, 2
SAL. RESP. Sal 123, 2-3. 4-5. 7b-8 n. 715, 3
ALELUIA Mt 5, 10 n. 717, 1
EVANXEO Mt 10, 34-39 n. 718, 3
539
Día 8 de marzo
San Xoán de Deus, relixioso
Do común dos santos (relixiosos ou os que practicaron a misericordia)
PRIMEIRA 1 Xn 3, 14-18 n. 740, 16
SAL. RESP. Sal 111, 1-2. 3-4. 5-7a. 7b-8. 9 n. 739, 7
ALELUIA Xn 13, 34 n. 741, 10
EVANXEO Mt 25, 31-40 n. 742, 13
540
Día 9 de marzo
Santa Francisca Romana, relixiosa
Do común de santas
PRIMEIRA Prov 31, 10-13. 19-20. 30-31 n. 737, 11
SAL. RESP. Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9. 10-11 n. 739, 5
ALELUIA Xn 13, 34 n. 741, 10
EVANXEO Mt 22, 34-40 n. 742, 10
541
Día 17 de marzo
San Patricio, bispo
Do común dos pastores (misioneiros)
PRIMEIRA 1 Pe 4, 7b-11 n. 740, 15
SAL. RESP. Sal 95, 1-2a. 2b-3. 7-8. 10 n. 721, 5
ALELUIA Mc 1, 17 n. 723, 3
EVANXEO Lc 5, 1-11 n. 724, 7
542
Día 18 de marzo
San Cirilo de Xerusalén, bispo e doutor da Igrexa
Do común dos pastores (bispos) ou dos doutores da Igrexa
PRIMEIRA 1 Xn 5, 1-5 n. 740, 18
SAL. RESP. Sal 18, 8. 9. 10. 11 n. 727, 1
ALELUIA Xn 15, 9b. 5b n. 741, 13
EVANXEO Xn 15, 1-8 n. 742, 24
743
Día 19 de marzo
SAN XOSÉ, ESPOSO DA BENAVENTURADA VIRXE MARIA
Solemnidade
PRIMEIRA 2 Sam 7, 4-5a. 12-14a. 16
Daralle o Señor Deus a sede de David seu pai
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO SEGUNDO DE SAMUEL
Veulle a Natán esta palabra do Señor:
5Vai e dille ó meu servo David que isto di o Señor:
12Cando se cumpran os teus días e vaias durmir con teus pais, eu establecerei despois
de ti un teu descendente, un nado das túas entrañas, e farei firme o seu reino. 13El
edificarame unha casa e eu afincarei para sempre o seu reino.14Eu serei para el un pai e
el será para min un fillo.
16A túa familia e o teu reino permanecerán na miña presencia para sempre, o teu trono
manterase firme eternamente.
SAL. RESP. Sal 88, 2-3. 4-5. 27 e 29
R/ (37): A súa posteridade será eterna
2Quero cantar por sempre o amor do Señor,
pregoar polas xeracións a súa fidelidade:
3"Penso que o teu amor está fundado co mundo,
a túa fidelidade asentada cos ceos".
4Co meu elixido firmo unha alianza,
ó meu servo David fágolle un xuramento:
5"Afincarei a túa liñaxe para sempre,
construireiche un trono duradeiro".
27El dirame: "Ti es meu pai,
meu Deus, rocha da miña salvación".
29Gardareille o meu amor eternamente
e a miña alianza con el será leal.
SEGUNDA Rm 4, 13. 16-18. 22
Creu na esperanza contra toda esperanza
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS
ROMANOS
Irmáns e irmás:
13A promesa a Abraham ou á súa liñaxe, de que el herdaría o mundo, non se lle fixo
pola Lei, senón pola xustificación da fe.
16Por iso a promesa depende da fe, para que sexa por gracia, e así se manteña firme
para toda a liñaxe: non só para o que nace na Lei, senón tamén para o que nace pola fe
de Abraham, 17conforme está escrito -''púxente como pai de moitas nacións''-, el é pai
de todos nós ante o Deus en quen el creu, o que fai vivi-los mortos e que chama á
existencia mesmo ás cousas que non existen.
18Contra toda esperanza el creu na esperanza e así chegou a ser pai de moitas nacións,
como se lle dixera: "así será a túa liñaxe".
22Por iso valeulle a xustificación.
ALELUIA E VERSIÑO ANTES DO EVANXEO Sal 83, 5
(R/: Aleluia). V/: Ditosos os que habitan na túa
casa, Señor;
louvarante por sempre
eternamente
(R/: Aleluia)
EVANXEO Mt 1, 16. 18-21. 24a
Xosé fixo como lle mandou o anxo do Señor
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
16Xacob enxendrou a Xosé, esposo de María, da que naceu Xesús, chamado Cristo.
18O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e
antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo.
19Xosé, o seu prometido, home xusto, non a querendo aldraxar, decidiu repudiala
secretamente. 20Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en
soños, dicíndolle:
-Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que
nela se concebiu é obra do Espírito Santo. 21Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome
Xesús, porque salvará ó seu pobo de tódolos seus pecados.
24Acordou Xosé do seu soño, e fixo tal como lle mandara o anxo do Señor
OU:
Mira que teu pai e máis eu buscabámoste cheos
de dor
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
41Polas festas da Pascua os pais de Xesús ían tódolos anos a Xerusalén.
42E así, cando o neno tivo doce anos, subiron á festa, conforme a tradición. 43Pasados
aqueles días, cando eles voltaban, o neno Xesús quedou en Xerusalén, sen que os seus
pais se decatasen. 44Coidando que iría na comitiva, fixeron unha xornada de camiño;
entón buscárono entre os parentes e coñecidos. 45Pero como non deron con el, volveron
a Xerusalén para buscalo.
46E resulta que, ó cabo de tres días, atopárono no templo, sentado no medio dos
doutores e dialogando con eles.
47Tódolos que o escoitaban estaban asombrados do seu talento e das súas contestacións.
48O velo, ficaron moi impresionados, e a súa nai preguntoulle:
-¡Meu fillo! ¿Como te portaches así connosco? Mira que o teu pai e mais eu andamos
cheos de angustia en busca túa.
49El respondeu:
-¿E logo por que me buscades? ¿Seica non sabiades que eu teño que estar na casa de
meu Pai?
50Pero eles non entenderon a resposta. 51Baixou con eles a Nazaret, e vivía baixo a súa
autoridade.
Día 20 de marzo
San Martiño Dumiense, bispo
Memoria
Do común dos pastores (bispos)
544
Día 23 de marzo
San Toribio de Mogrovexo, bispo
Do común dos pastores
PRIMEIRA 2 Tim 1, 13-14; 2, 1-3 n. 722, 11
SAL. RESP. Sal 95, 1-2a. 2b-3. 7-8a. 10 n. 721, 5
ALELUIA Xn 10, 14 n. 723, 5
EVANXEO Mt 9, 35-38 n. 724, 1
545
Día 25 de marzo
ANUNCIACION DO SEÑOR
Solemnidade
PRIMEIRA Is 7, 10-14; 8, 10
Velaí que unha virxe cancebirá
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
10O Señor faloulle a Acaz nestes termos:
11-Pide para ti un sinal de parte do Señor, o teu Deus, nas profundidades do Xeol ou
arriba nas alturas.
12Respondeu Acaz:
-Non o pido, pois non quero poñer a proba ó Señor.
13Entón dixo Isaías:
-Escoitade vós, casa de David: ¿Non vos é pouco dominar ós homes, que aínda queredes
dominar ó meu Deus? 14Por isto, o meu Señor daravos El mesmo un sinal: Velaí a
doncela: está en cinta e dá a luz un fillo, ó que lle pon de nome "Deus-connosco".
10Trazade un plan e será esnaquizado;
falade o asunto e non se manterá;
pois connosco está Deus
SAL. RESP. Sal 39, 7-8a. 8b-9. 10. 11
R/ (8a e 9a) Aquí veño, Señor, face-la túa vontade
7Ti non queres sacrificios e ofrendas
-sobre iso abríchesme o oído-,
non pides holocaustos nin víctimas expiatorias.
8Entón digo: "Aquí veño
co libro escrito para min".
9Face-la túa vontade, meu Deus, é o que eu quero;
a túa lei está no fondo de min mesmo.
10Proclamo a túa salvación na asemblea,
non pecho os meus labios: ben o sabes, Señor.
11Non escondo no peito a túa xustiza,
anuncio a túa fidelidade e o teu auxilio.
Non encubro o teu amor e a túa verdade
diante da gran asemblea.
SEGUNDA Heb 10, 4-10
No principio do libro está escrito de min,
para que faga, Deus, a túa vontade
LECTURA DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS
4A verdade é que resulta imposible que o sangue de touros e de cabras quite os pecados.
5Por iso, cando Cristo entra no mundo, di:
''Sacrificios e ofrendas non os quixeches,
pero formáchesme un corpo;
6holocausto e sacrificio de expiación
non che gustaron;
7entón dixen:
olla que xa cheguei, meu Deus,
para face-la túa vontade
-como se di de min nun capítulo do libro''-.
8Di no comezo: ''Sacrificios, ofrendas, holocaustos e sacrificios de expiación, nin os
quixeches nin che gustaron''
(todos eles son sacrificios que a Lei manda ofrecer); 9e di despois: ''Olla que xa cheguei
para face-la túa vontade''.
Deixa sen validez o primeiro para darlle soamente validez ó segundo. 10Foi por esta
vontade de Deus, como quedamos nós santificados coa ofrenda única e para sempre do
corpo de Xesús Cristo.
ALELUIA E VERSIÑO ANTES DO EVANXEO Xn 1, 14ab
R/ (Aleluia). V/ O Verbo fíxose carne
e habitou entre nós
e nós vímo-la súa gloria
(R/: Aleluia)
EVANXEO Lc 1, 26-38
Velaí concebirás no teu ventre e parirás un fillo
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Deus mandou o anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaret, 27onda unha mociña
prometida a un home da casa de David, que se chamaba Xosé; o nome da mociña era
María.
28Entrando onde estaba ela, díxolle:
-Alégrate, chea de gracia, o Señor está contigo.
29Ela turbouse con estas palabras, cavilando no que podería significa-lo saúdo aquel.
30O anxo continuou:
-Non teñas medo, María, porque ti atopaches gracia ante Deus; 31e, fíxate, vas concebir
no teu ventre e darás á luz un fillo, ó que lle poñerás de nome Xesús. 32Será grande e
chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai;
33reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin.
34María respondeulle ó anxo:
-¿E como pode ser isto, pois eu son virxe?
35O anxo replicoulle:
-O Espírito Santo baixará sobre ti e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra; por
iso o que vai nacer de ti será santo e chamarase Fillo de Deus. 36Aí te-la túa curmá
Isabel, que concebiu un fillo na súa vellez, e xa está de seis meses a que chamaban
estéril, 37que para Deus non hai imposibles.
38María contestou:
-Velaquí a escrava do Señor: cúmprase en min o que dixeches.
E o anxo marchou de onda ela.