XULLO

 
 
X U L L O 
 
 
 
 
 
593 
 
Día 3 de xullo 
 
San Tomé, apóstolo 
 
 
 
PRIMEIRA Ef 2, 19-22 
 
 Edificados sobre o fundamento dos apóstolos 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS 
EFESIOS 
 
 
 
Irmáns e irmás: 
 
19xa non sodes estranxeiros nin xente de fóra: sodes concidadáns dos crentes e 
membros da casa de Deus, 20edificados sobre o alicerce dos apóstolos e dos profetas, 
sendo a pedra esquinal Cristo Xesús. 21Sobre El toda a construcción se vai erguendo ata 
formar un templo santo no Señor. 22E nesa construcción tamén entrades vós, para 
formardes unha morada de Deus, no Espírito. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 116, 1. 2 
 
R/ (Mc 16, 15) Ide a todo o mundo e predicade o Evanxeo 
 
 
 
1Louvade o Señor tódalas xentes, 
 
aclamádeo tódolos pobos. 
 
 
 
2O seu amor connosco é firme, 
 
a súa fidelidade dura sempre. 
 
 
 
ALELUIA Xn 20, 29 
 
 Porque me viches, Tomé, criches, di o Señor; 
 
 ditosos os que non viron e creron 
 
 
 
EVANXEO Xn 20, 24-29 
 
 ¡Meu Señor e meu Deus! 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
 
 
 
24 Tomé, un dos doce, o chamado Xemeo, non estaba con eles cando chegou Xesús. 
25Dicíanlle entón os outros discípulos: 
 
-Vímo-lo Señor. 
 
Pero el contestoulles: 
 
-Como non vexa nas súas mans as furas dos cravos e non meta nelas o meu dedo; como 
non meta a miña man no seu costado, non crerei. 
 
26Oito días despois estaban outra vez dentro os discípulos, e Tomé con eles. Chegou 
Xesús, estando pechadas as portas, e poñéndose no medio, dixo: 
 
-Paz convosco. 
 
27Despois díxolle a Tomé: 
 
 -Trae aquí o teu dedo e mira as miñas mans; trae a túa man e métea no meu costado. 
Non sexas incrédulo, senón home de fe. 
 
28Tomé respondeulle: 
 
-¡Meu Señor e meu Deus! 
 
29Xesús díxolle: 
 
-¿Tes fe porque me viches? ¡Benia os que creron sen veren! 
 
 
 
 
 
594 
 
Día 4 de xullo 
 
Santa Isabela de Portugal 
 
Do común das santas (as que exerceron obras de misericordia) 
 
PRIMEIRA 1 Xn 3, 14-18 ... n. 740, 16 
 
SAL. RESP. Sal 111, 1-2. 3-4. 5-7a. 7b-8. 9 n. 739, 7 
 
ALELUIA Xn 13, 34 ... n. 741, 10 
 
EVANXEO Mt 25, 31-46 (máis longo) ou 31-40 (máis breve) ... n. 742, 13 
 
 
 
 
 
595 
 
Día 5 de xullo 
 
San Antonio María Zaccaría, presbítero 
 
Do común dos pastores ou dos santos (educadores ou relixiosos) 
 
PRIMEIRA 2 Tim 1, 13-14; 2, 1-3 ... n. 722, 11 
 
SAL. RESP. Sal 1, 1-2. 3. 4 e 6 ... n. 739, 1 
 
ALELUIA Cf Mt 11, 25 ... n. 741, 4 
 
EVANXEO Mc 10, 13- 16 ... n. 742, 16 
 
 
 
 
 
Día 6 de xullo 
 
Santa María Goretti, virxe e mártir 
 
Do comús das mártires ou das virxes 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Cor 6, 13c-15a. 17-20 
 
 Os vosos corpos son membros de Cristo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO 
APÓSTOLO ÓS CORINTIOS 
 
 
 
Irmáns e irmás: 
 
o corpo non é para a fornicación, senón para o Señor; e o Señor é para o corpo. 14E 
Deus, que resucitou xa a Cristo, tamén nos ha resucitar a nós polo seu poder. 
 
15¿Non sabedes que os vosos corpos son membros de Cristo? 17Pola contra, quen se 
xunta ó Señor, é un mesmo espírito con El. 18Fuxide da fornicación. Calquera pecado 
que o home poida cometer, cae fóra do corpo; pero quen fornica peca contra o seu 
propio corpo. 19¿Ou non sabedes que o voso corpo é templo do Espírito Santo que está 
en vós, porque o recibistes de Deus e que polo tanto non sodes donos de vós? 20Porque, 
en verdade, compróusevos a bo prezo. Glorificade, por tanto, a Deus co voso corpo. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 30, 3cd-4. 6 e 8ab. 16bc e 17 n. 715, 1 
 
ALELUIA Sant 1, 12 ... n. 717, 4 
 
EVANXEO Xn 12, 24-26 ... n. 718, 5 
 
 
 
 
 
Día 10 de xullo 
 
Beatos Xoán Xacobo Fernández e compañeiros, mártires 
 
Na diócese de Ourense, memoria 
 
Do común dos mártires 
 
 
 
 
 
597 
 
Día 11, de xullo 
 
San Bieito, abade, patrono de Europa 
 
Memoria 
 
Do común dos santos (relixiosos) 
 
 
 
PRIMEIRA Prov 2, 1-9 
 
 Dispón o teu corazón para coñece-la prudencia 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS PROVERBIOS 
 
 
 
2 1Meu fillo, se te aprópia-los meus ditos 
 
e atesóura-los meus mandatos 
 
2dando oído á Sabiduría, 
 
inclinando o teu ánimo ó discernimento; 
 
3certo, se chamas pola intelixencia 
 
e reclamas con berros a razón, 
 
4se a procuras como farías coa prata 
 
e cavas por ela coma por un tesouro, 
 
5entenderás entón o temor do Señor 
 
e atoparaste co coñecemento de Deus; 
 
6pois é o Señor quen dá a Sabiduría, 
 
da súa boca chegan a ciencia e a intelixencia; 
 
7reserva el a competencia para os honrados, 
 
é un escudo para os de conducta sen chata, 
 
8gardando os vieiros da xustiza 
 
e coidando o camiño dos seus fieis. 
 
9Distinguirás entón o dereito, a xustiza 
 
e boa lei: tódalas xeiras da felicidade; 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9. 10-11 n. 739, 5 
 
ALELUIA Mt 5, 3 ... n. 741, 1 
 
EVANXEO Mt 19, 27-29 ... n. 742, 9 
 
 
 
 
 
598 
 
Dí 13 de xullo 
 
San Henrique 
 
Do común dos santos 
 
PRIMEIRA Miq 6, 6-8 ... n. 737, 17 
 
SAL. RESP. Sal 1, 1-2. 3. 4 e 6 ... n. 739, 1 
 
ALELUIA Xn 14, 23 ... n. 741, 11 
 
EVANXEO Mt 7, 21-27 ... n. 742, 3 
 
 
 
 
 
599 
 
Día 14 de xullo 
 
San Camilo de Lelis, presbítero 
 
Do común dos santos (que realizaron obras de misericordia) 
 
PRIMEIRA 1 Xn 3, 14-18 ... n. 740, 16 
 
SAL. RESP. Sal 111, 1-2. 3-4. 5-7a. 7b-8. 9 n. 739, 7 
 
ALELUIA Xn 13, 34 ... n. 741, 10 
 
EVANXEO Xn 15, 9-17 ... n. 742, 25 
 
 
 
 
 
600 
 
Día 15 de xullo 
 
San Boaventura, bispo e doutor da Igrexa 
 
Do común dos pastores ou dos doutores da Igrexa 
 
PRIMEIRA Ef 3, 14-19 ... n. 740, 7 
 
SAL. RESP. Sal 118, 9. 10. 11. 12. 13. 14 ... n. 727,3 
 
ALELUIA Mt 23, 9b. 10b ... n. 723, 1 
 
EVANXEO Mt 23, 8-12 ... n. 724, 3 
 
 
 
 
 
601 
 
Día 16 de xullo 
 
Nosa Señora do Carme 
 
Memoria 
 
Do común da Virxe Santa María 
 
PRIMEIRA Zac 2, 14-17 ... n. 707, 11 
 
SAL. RESP. Lc 1, 46-47. 48-49. 50-51. 52-53.54-55 ... n. 709, 5 
 
ALELUIA Lc 11, 28 ... n. 711, 4 
 
EVANXEO Mt 12, 46-50 ... n. 712, 3 
 
 
 
 
 
Día 20 de xullo 
 
Beato Xosé María Díaz Sanxurxo, bispo e mártir 
 
Na diócese de Lugo, memoria 
 
Do común dos mártires ou dos pastores (misioneiros) 
 
 
 
 
 
602 
 
Día 21 de xullo 
 
San Lourenzo de Bríndisi, presbítero e doutor da Igrexa 
 
Do común dso pastores ou dos doutores da Igrexa 
 
PRIMEIRA 2 Cor 4, 1-2. 5-7 ... n. 722, 6 
 
SAL. RESP. Sal 39, 2 e 4ab. 7-8a. 8b-9. 10 ... n. 721,3 
 
ALELUIA n. 729, 8 
 
EVANXEO Mc 4, 1-10. 13-20 ... n. 730, 5 
 
 
 
 
 
603 
 
Día 22 de xullo 
 
Santa María Madalena 
 
Memoria 
 
O Evanxeo desta memoria é propio 
 
 
 
PRIMEIRA Cant 3, 1-4a 
 
 Encontrei ó amado da miña alma 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO CANTAR DOS CANTARES 
 
 
 
Di a esposa: 
 
3 1-Sobre o leito, de noite, 
 
busquei a quen ben quería. 
 
Busqueino e non o atopei. 
 
2"¡Heime erguer e ronda-la vila, 
 
polas rúas, polas prazas, 
 
buscar hei a quen ben quería!". 
 
¡Busqueino e non o atopei! 
 
3Encontráronme a min os gardas, 
 
os que rondan a vila: 
 
"¿Vistes a quen ben quería?". 
 
4Apenas eu os deixara 
 
e encontrei a quen ben quería 
 
 
 
Ou: 2 Cor 5, 14-17 
 
 Agora xa non coñecemos a Cristo segundo a carne 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO 
APÓSTOLO ÓS CORINTIOS 
 
 
 
Irmáns e irmás: 
 
14É o amor de Cristo o que nos preme, cando pensamos que, ó morrer un por todos, 
morreron todos; 15El morreu por todos, a fin de que os que viven xa non vivan para si, 
senón para o que morreu e resucitou por eles. 
 
16Por iso, nós xa non aprezamos a ninguén conforme a criterios mundanos; aínda que 
teñamos coñecido a Cristo conforme a eses criterios, agora xa non o coñecemos así. 
17Polo tanto, quen estea en Cristo, é unha criatura nova: o que era vello, pasou. ¿Vedes? 
Hai unha realidade nova. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 62, 2. 3-4. 5-6. 8-9 
 
R/ (2b) De ti ten sede a miña alma, meu Deus 
 
 
 
2Deus, meu Deus, por ti madrugo, 
 
de ti ten sede a miña alma- 
 
por ti devece o meu corpo, 
 
en terra reseca, sedento e sen auga. 
 
 
 
3Miro cara a ti no santuario, 
 
para ve-lo teu poder e a túa gloria. 
 
4O teu amor é mellor cá vida 
 
lóuvante os meus labios; 
 
5toda a miña vida te bendigo 
 
e levanto no teu nome as miñas mans. 
 
 
 
6Como de graxa e manteiga, estou satisfeito, 
 
con labios alegres lóuvate a miña boca. 
 
 
 
8Ti e-lo meu auxilio, 
 
á sombra das túas ás estou contento; 
 
9a ti está unida a miña alma, 
 
a túa dereita é o meu apoio. 
 
 
 
ALELUIA 
 
 Dinos, María, ¿qué viches no camiño? 
 
 O sepulcro vin de Cristo vivo, 
 
 a gloria vin do resucitado 
 
 
 
EVANXEO Xn 20, 1-2. 11-18 
 
 Muller, ¿por qué choras? ¿A quén buscas? 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
 
 
 
20 1O día primeiro da semana María a Magdalena foi ó sepulcro moi cedo, cando aínda 
era escuro, e viu que a pedra do sepulcro estaba quitada. 2Botou a correr e, chegando 
onda Simón Pedro e onda o outro discípulo a quen amaba Xesús, díxolles: 
 
 -Colleron do sepulcro ó Señor, e non sabemos onde o puxeron. 
 
11Mentres tanto, María quedara ó pé do sepulcro, na parte de fóra, chorando. Sen deixar 
de chorar, abaixouse a ollar no sepulcro. 12Viu dous anxos de branco, sentados, un á 
cabeceira e outro ós pés do sitio onde xacera o corpo de Xesús. 
 
13Eles preguntáronlle: 
 
-Muller, ¿por que choras? 
 
Ela respondeulles: 
 
-Porque colleron ó meu Señor e non sei onde o puxeron. 
 
14Dito isto, virouse cara atrás e viu a Xesús alí de pé, pero sen se decatar de que era 
Xesús. 15Xesús preguntoulle: 
 
-Muller, ¿por que choras? ¿A quen buscas? 
 
Ela, coidando que era o xardineiro, díxolle: 
 
 -Señor, se o levaches ti, dime onde o puxeches, que eu o collerei. 
 
16Xesús díxolle: 
 
-¡María! 
 
Ela, virándose, exclamou en hebreo: 
 
-''¡Rabbuni!'' (que quere dicir ''Mes-tre''). 
 
17Xesús díxolle: 
 
-Sóltame, que aínda non subín onda o Pai; máis ben, vai onda os meus irmáns e dilles: 
''Subo onda meu Pai e voso Pai, o meu Deus e o voso Deus''. 
 
 18María Magdalena foilles contar ós discípulos que vira o Señor, e que lle dixera estas 
cousas. 
 
 
 
 
 
604 
 
Día 23 de xullo 
 
Santa Bríxida, relixiosa 
 
Do común das santas (relixiosas) 
 
PRIMEIRA Gal 2, 19-20 ... n. 740, 5 
 
SAL. RESP. Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9. 10-11 n. 739, 5 
 
ALELUIA Xn 15, 9b. 5b ... n. 741, 13 
 
EVANXEO Xn 15, 1-18 ... n. 742, 24 
 
 
 
 
 
605 
 
Día 25 de xullo 
 
SANTIAGO, APÓSTOLO, PATRONO DE ESPAÑA 
 
Solemnidade 
 
 
 
PRIMEIRA 2 Cor 4, 7-15 
 
 Sempre levamos no noso corpo a pasión de Cristo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO 
APÓSTOLO ÓS CORINTIOS 
 
 
 
Irmáns e irmás: 
 
7levamos ese tesouro en vasos de barro. E así esa forza tan extraordinaria aparece como 
forza de Deus, e non nosa. 8Aprétannos por todas partes, mais non nos esmagan; 
andamos en apuros mais non desesperados; 9andamos perseguidos pero non 
abandonados; derrúbannos pero non nos rematan. 10Por todas partes levamos no noso 
corpo a morte de Xesús, para que a vida de Xesús se manifeste tamén no noso corpo. 
11Porque a nós, estando vivos, entrégannos decote á morte por causa de Xesús, para que 
tamén a vida de Xesús se manifeste na nosa carne mortal. 12E así a morte actúa en nós, 
e a vida en vós. 
 
13Mantendo, sen embargo, o mesmo espírito de fe, segundo o que está escrito ''creo e 
por iso falo'', tamén nós cremos e por iso falamos. 14Porque sabemos que Aquel que 
resucitou a Xesús nos ha resucitar tamén a nós con Xesús e nos ha colocar convosco 
onda El. 15Todo isto acontece por causa vosa, de modo que, ó estenderse a gracia, se 
multiplique o número dos agradecidos, para gloria de Deus. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 125, 1-2ab. 2cd-3. 4-5. 6 
 
R/ (5): Os que entre bágoas sementan, 
 
entre cantares recollen. 
 
 
 
Cando vire o Señor a sorte de Sión, 
 
estaremos coma en soños. 
 
2Terémo-la boca chea de risos 
 
e a lingua de cantares. 
 
 
 
3Os pagáns dirán entón: 
 
--"O Señor fai con eles cousas grandes". 
 
O Señor fai connosco cousas grandes, 
 
estamos cheos de alegría. 
 
 
 
4Vira, Señor, a nosa sorte, 
 
coma os regatos no deserto. 
 
 
 
5Os que entre bágoas sementan, 
 
entre cantares recollen. 
 
 
 
6Cando van, van chorando 
 
os que levan a semente. 
 
Ó viren, veñen cantando 
 
os que traen os monllos. 
 
 
 
ALELUIA Cf Xn 15, 16 
 
 Eu escollinvos para que vaiades e levedes 
 
 froito e o voso froito permaneza, di o Señor 
 
 
 
EVANXEO Mt 20, 20-28 
 
 O meu caliz habédelo beber 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
 20Achegóuselle a Xesús a nai dos fillos do Zebedeo cos seus fillos, postrándose para 
pedirlle algo. 21El preguntoulle: 
 
-¿Que queres? 
 
Respondeulle: 
 
-Manda que estes dous fillos meus senten un á túa dereita e outro á túa esquerda no teu 
Reino. 
 
22Respondeulle Xesús: 
 
-Non sabéde-lo que pedides. ¿Poderedes bebe-lo cáliz que eu teño que beber? 
 
Respondéronlle: 
 
-Podemos. 
 
23Xesús replicou: 
 
-O meu cáliz beberédelo; pero o sentar á miña dereita ou á miña esquerda, iso non 
depende de min concedelo: é para quen o meu Pai o ten preparado. 
 
24O escoitaren isto os outros dez, anoxáronse todos cos dous irmáns. 25Entón Xesús 
chamou por eles e díxolles: 
 
-Xa sabedes que os xefes dos pobos os tiranizan, e os poderosos os asoballan. 26Pero 
entre vós non pode ser así. Nin moito menos: quen queira ser importante, que sirva ós 
demais; 27e quen queira se-lo primeiro, que sexa o máis servicial; 28porque o Fillo do 
Home non veu a que o sirvan, senón a servir e a entrega-la súa vida en rescate por todos. 
 
 
 
 
 
606 
 
Día 26 de xullo 
 
Santos Xoaquín e Ana, pais da Virxe María 
 
Memoria 
 
 
 
PRIMEIRA Sir 44, 1. 10-15 
 
 O seu nome perdura por xeracións de xeración 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIÁSTICO 
 
 
 
44 1Farei louvanza dos homes de ben, 
 
dos nosos devanceiros, pola súa orde; 
 
10Mais estes foron homes virtuosos 
 
e a súa esperanza non tivo fin; 
 
11na súa prole mantense a felicidade 
 
e a súa herdanza chega ata ós seus netos; 
 
12os descendentes manteñen os seus compromisos 
 
e, polo medio deles, tamén os netos; 
 
13a súa lembranza permanece eternamente, 
 
non se borrará a súa caridade; 
 
14o seu corpo foi enterrado en paz, 
 
a súa sona vive por idades sen término; 
 
15a súa Sabiduría cóntaa a comunidade, 
 
o seu louvor repíteo a asemblea. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 131, 11. 13-14. 17-18 
 
R/ (Lc 1, 32a) O Señor Deus daralle a sé de David seu pai 
 
 
 
11O Señor xuroulle a David 
 
--promesa da que non renega--: 
 
--"Prole da túa liñaxe 
 
porei sobre o teu trono. 
 
 
 
13O Señor elixiu a Sión 
 
e quíxoa por morada: 
 
14--"Esta será para sempre a miña casa, 
 
habitarei nela, porque a quero. 
 
 
 
17Alí farei florece-lo vigor de David, 
 
acendereille ó meu unxido unha lámpada. 
 
18Cubrirei de confusión os inimigos, 
 
mentres brilla sobre el a diadema". 
 
 
 
ALELUIA Cf Lc 2, 25c 
 
 Esperaban a consolación de Israel 
 
 e o Espírito Santo estaba neles 
 
 
 
EVANXEO Mt 13, 16-17 
 
 Moitos profetas e xustos quixeron ve-lo que vós vedes 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
Dilles Xesús ós seus discípulos: 
 
16¡Ditosos os vosos ollos, porque ven; e mailos vosos oídos, porque oen! 17Pois 
asegúrovos que moitos profetas e xustos arelaron ve-lo que vós vedes, e non o viron; oí-
lo que vos oídes, e non o oíron. 
 
 
 
 
 
607 
 
Día 29 de xullo 
 
Santa Marta 
 
Memoria 
 
O Evanxeo desta memoria é propio 
 
Do común das santas 
 
PRIMEIRA 1 Xn 4, 7-16 ... n. 740, 17 
 
SAL. RESP. Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9. 10-11 n. 739, 5 
 
ALELUIA Xn 8, 12 ... n. 741, 8 
 
 
 
EVANXEO Xn 11, 19-27 
 
 Eu creo que ti e-lo Cristo Fillo de Deus 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
 
 
 
Moitos dos xudeus foran onda Marta e María para lles daren o pésame polo irmán. 
20Cando oíu Marta que Xesús estaba chegando, saíulle ó encontro. María, en cambio, 
quedou na casa. 21Díxolle entón Marta a Xesús: 
 
 -Señor, se ti estiveses aquí, meu irmán non morrería; 22pero eu sei que, aínda agora, 
Deus che concederá calquera cousa que lle pidas. 
 
23Xesús díxolle: 
 
-Teu irmán resucitará. 
 
24Marta respondeulle: 
 
-Ben sei que resucitará na resurrección, no día derradeiro. 
 
25Díxolle Xesús: 
 
-Eu son a resurrección e a vida. Quen cre en min, anque morra, vivirá; 26e todo o que 
vive e cre en min, non morrerá endexamais ¿Cres ti isto? 
 
27Ela respondeu: 
 
 -Si, Señor: eu creo que ti e-lo Cristo, o Fillo de Deus, que había de vir ó mundo. 
 
 
 
Ou: Lc 10, 38-42 
 
 Marta, Marta, moi preocupada andas por demasiadas cousas 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
Xesús entrou en certa aldea, e unha muller chamada Marta acolleuno na súa casa. 
39Esta tiña unha irmá chamada María, que sentada ós pés do Señor, escoitaba as súas 
palabras. 40Marta, en troques, estaba moi apurada co labor da casa; e achegándose a el, 
díxolle: 
 
 -Señor, ¿non che importa que a miña irmá me deixe a min o traballo? Dille que me bote 
unha man. 
 
41Pero o Señor respondeulle: 
 
-Marta, Marta, preocúpaste e desacóugaste con tantas cousas, 42pero soamente unha é a 
necesaria. María escolleu a mellor parte, e esa nunca se lle vai quitar. 
 
 
 
 
 
608 
 
San Pedro Crisólogo, bispo e doutor da Igrexa 
 
Do común dos pastores ou doutores da Igrexa 
 
PRIMEIRA Ef 3, 8-12 ... n. 728, 4 
 
SAL. RESP. Sal 118, 9. 10. 11. 12. 13. 14 ... n. 727, 3 
 
ALELUIA Xn 15, 5 ... n. 729, 4 
 
EVANXEO Lc 6, 43-45 ... n. 730, 6 
 
 
 
 
 
609 
 
Día 31 de xullo 
 
San Ignacio de Loiola, presbítero 
 
Memoria 
 
Do común dos pastores, ou dos santos (relixiosos) 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Cor 10, 31 - 11, 1 
 
 Facede todo para gloria de Deus 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO 
APÓSTOLO ÓS CORINTIOS 
 
 
 
Irmáns e irmás: 
 
Tanto que comades, coma que bebades, coma calquera cousa que fagades, facédeo todo 
para gloria de Deus. 32Non sexades tropezo nin para os xudeus, nin para os gregos, nin 
para a Igrexa de Deus. 
 
33Así tamén eu procuro agradar a todos en todo, non buscando a miña comenencia, 
senón a da maioría, para que se salven. 
 
11 1Procurade imitarme a min, como eu imito a Cristo. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9. 10-11 n. 739, 5 
 
ALELUIA Mt 5, 3 ... n. 741, 1 
 
EVANXEO Lc 14, 25-33 ... n. 742, 23