Venres Santo

             Hoxe non hai Eucaristía, senón unha celebración da Morte do Señor.

Lembramos e facemos presente o misterio da dor e da morte na persoa de Xesús.

                                                       Todo misterio supera, e ante El só cabe contemplar, meditar, facer silencio, e mesmo aceptalo.                                                

O misterio da dor e da morte é o misterio máis tremendo para o ser humano; máis aínda:

a morte do inocente, a morte do que proclamamos Fillo de Deus, autor da Vida.

 

 

Os momentos máis significativos da celebración son:

 

- A postración no chan do sacerdote que preside a celebración:

ante a morte de Cristo só cabe o silencio, baixar a mirada, caer ao chan e preguntarse como é posible mirar a Deus, cravado na cruz, que entrega a súa vida por amor e non sentirse interpelado? Como é posible que Deus siga sendo hoxe crucificado en tantas cruces que nós creamos?

 

- A proclamación da Palabra de Deus:

escoitaremos a Paixón segundo San Xoán. Proclamar é algo máis que contar unha historia. A proclamación é memorial ( = recordo actualizado). A Paixón de Cristo segue sendo unha realidade no noso mundo A Oración Universal: a oración de hoxe quere ter presente a todos, porque a salvación e liberación de Cristo é para todos.

 

- A adoración da Cruz:

é un acto de fe e amor. Adoramos a quen deu a súa vida por amor a comuñón: comulgamos con Cristo.

 

- A Eucaristía que gardamos onte é o signo da presenza de Jesús.

Comulgar hoxe é estar disposto a asumir as cruces da nosa vida.

 

------------------------------------------------------------------------------------------------

 Adoración da Cruz

 

Na capela está colocado o símbolo da cruz cun recipiente aos seus pés.

(Repártese un DINA5 co nome de cada un)

(En función do ambiente, o texto leo un monitor ou por parágrafos os rapaces)

 

 

                                                               Hoxe dalgún xeito morremos. Esta noite debe morrer no noso interior calquera pensamento                                                                                                   ou acción que impida nosa plena felicidade. Xesús no día da súa morte quérenos  axudar a levantarnos,                                                a saír de todas as situacións de morte nas que vivimos moitos dos mozos de hoxe día:

 

 

- Da mentira:

coa que moitas veces nos enganamos a nós mesmos e aos demais.

- Da falta de xenerosidade:

para estar dispostos ao servizo xeneroso e desinteresado aos demais.

- Do orgullo:

que me fai crerme mais que os outros e impídeme achegarme a aquel que me ofendeu.

- Da falta de fe:

pois xa hai moitos falsos deuses que me impiden recoñecer ao único e verdadeiro Deus.

- Da droga,

que nos controla cando cremos que a controlamos. Que nos fai pensar nela mesmo cando non a desexamos. E así nos convertemos, sen aceptalo, nos seus escravos.

- Da impureza:

que me fai menos limpo de corazón.

- Do egoísmo:

que me impide entregarme ao ben dos demais, pois me fai centrarme no meu mesmo e nos meus propios problemas e a procura do meu propio benestar.

- Da desobediencia:

a aquelas persoas que o único que buscan é o meu ben.

- Da pouca oración:

ao estar a pensar en todo esquézome de quen é o todo, e así descoido e abandono a relación persoal con Deus.

- Da pouca aceptación de min mesmo:

De todas aquelas situacións e circunstancias nas que me tocou vivir e non as acepto porque non son como as de todo o mundo.

 

 

Cantas veces tivemos estas actitudes?

Aínda que nos custe crelo, aínda que pensemos que non nos fai falta, necesitamos atoparnos con Deus. Moitas veces crémonos autosuficientes e capaces de todo, hoxe temos que recoñecer que sen Deus as nosas vidas carecen de verdadeiro sentido. E para este encontro persoal con Deus debemos comezar por: Destruír os falsos deuses que existen nas nosas vidas. Aínda que moitas veces cremos que nos afastamos de Deus o que en verdade fixemos é cambialo por outros deuses que nos fabricamos ou que implanta a sociedade de consumo:

 

- Adoramos quizais a cantantes de moda, deportistas, marcas de roupa ou tipos de música, a tonterías que non fan senón prolongar o noso baleiro.

- Adoramos talvez ó deus-diñeiro, ó deus-sexo, ó deus-diversión, ó deus-pracer, ou ó deus-orgullo.

- Adoramos deuses cómodos que nos permiten fuxir, escapar da miña realidade, non atoparme co que eu realmente son. Son deusiños, muletas que a xente usa porque lles mantén nesa vida vexetal fácil, nesa vida de verza humana que non viven, senón que malviven. O tarot, o horóscopo, o adeviño de turno, os políticos guais que seducen aos mozos con discursos manipulados e progres, e eses novos camelos, vestidos co disfrace de fillos de xente normal.

 

É duro pensar que estes son os nosos deuses, verdade? E o triste é que non nos salvan, senón fannos axudarlles a cavar nosa propia fosa. Quizáis non a usemos hoxe, quizáis o día de mañá.

 

Para atoparme con Deus é necesario destruír os falsos deuses que teño, apartarme dos falsos ídolos que hai na miña vida. Todos os que citamos antes. Tamén aí entra destruír as imaxes falsas de Deus que temos e que as herdamos dos nosos pais, da nosa sociedade, ou as aceptamos porque son a que expresa moita xente contraria á Igrexa e aos que non sabemos como contradicir:

 

 

(Silencio)

 

 

Convidámosvos a que a partir deste momento podamos atoparnos co Amor do Pai,                              

pero antes debemos desposuírnos de todas aquelas imaxes falsas que nos fan adquirir                           

unha visión do que Deus non é:

 

 

- O Deus-Policía-Xuíz dedicado a vixiar os meus actos, para ver cando fallo, cando non cumpro a norma e así castigarme. Nun gardián que vive pendente de todo o que facemos ou deixamos de facer.

- O Deus-amnistía ao que lle importa pouco como constrúa a miña vida, pois á fin e ao cabo perdóame sempre sen esixirme nada.

- O Deus-supermercado, tapa buracos, que está aí para concederme todo o que lle pido e...

pobre del se non mo concede!. Deus ao que só acudimos cando estamos necesitados e así terminamos converténdoo nunha especie de cruz vermella, pero co que non existe ningún tipo de relación persoal verdadeira.

- O Deus chupa-sangue que lle impide ao home ser feliz e libre, é a falsa imaxe que teñen 

aqueles que se chaman ateos, pois afirman que o crer só ten como consecuencia o durmir ao home e así a relixión convértena no opio do pobo.

- O Deus das nubes, absoluto, afastado, o que esta lonxe da miña vida, o que non ten ningunha

relación persoal comigo, que é indiferente, ao que hai que manter contento para que non nos pase nada malo.

 

 

Deus é distinto de todas estas falsas imaxes, El é o Deus que nos ama persoalmente e que nos quere felices. Estas non son características do amor de Deus. Todas estas falsas imaxes quedaron desenmascaradas e destruídas pola plena, verdadeira e definitiva revelación que nos fixo alguén que cambio a historia da humanidade.... sabedes de quen estou a falar.

 

 

A nosa tarefa será a de buscar e quizáis máis que o buscar mellor sería deixarnos atopar por Deus; afirmaba San Agustín: buscábache fóra e estabas dentro, así é que en realidade o atópase á espera de que nós teñamos unha cita a soas con el.

 

 

                                                                            (Motivamos o diálogo cun canto ou audiovisual)

 

 

 

----------------------------------------------------------------------------------------------

PARA MEDITAR

 - Pregúntoche: Onde buscas a Deus?

 - Alguén se atreve a dicir se algún dos ídolos de antes pode substituír a Deus?

- Alguén se atreve a dicir se fai do seu egoísmo, da incapacidade para dicirse a verdade, dunha vida de preguiza e sen sentido o seu deus?

 

 

Despois de diálogo facemos o xesto do papel engurrado.

Trátase de ofrecer, de forma sincera, ante a cruz, as nosas cruces, coa esperanza de que                   

Deus pódenos resucitar delas. Cada un que ofreza o seu papel. Sería bo que ao xesto                            

de cada un acompañáselle unha oración.

 

 

Música: 

 

 

(Para rematar comentar brevemente a sobriedade do día.)