REFLEXIÓNS DE NADAL

21.12.2010 10:25

Non quero deixar pasar estas festas sen felicitarvos a todos e da-las gracias a todos os que me apoiaron neste paso. Gracias polos ofrecementos de axuda, gracias polas ideas, gracias polos sorrisos e polo empuxe que me estades dando. Quedan en pé os proxectos para o ano novo: completar as lecturas do domingo, amplia-los cantos, facer os vídeos, contactar cos irmáns portugueses, comunicar cos colexios... e todo, todo desde o corazón.

 

A última sorpresa foi a resposta rápida e alegre da FERE, inda que teño que dicir que as miñas experiencias de traballo nos concertados, non foron de moita axuda para o galego, por iso gustoume todavía máis, polo menos hai a intención. É curioso pero ás veces tamén sinto, ata na Igrexa, que se falas en galego es sospeitosa de nacionalista, como non entendo moi ben as imposicións dun e doutro lado, eu, que non son galego-falante, pero si de corazón, penso que teño que estar do lado dos que sofren e dos pobres, en especial no Nadal (polo menos así mo dixeron e así o crin), e a medida que profundizo neste traballo o lugar onde teño que estar é este, onde Deus me levou (El saberá porque).

Unha enorme e agarimosa aperta de Nadal a todos, que xa chega o Neno!!

 

Nuria Mª Núñez E.

Volver