Nós

   Esta páxina xurde dunha necesidade, que supoño será compartida, dun coro parroquial no momento en que intenta buscar cantos en galego para as celebracións de catequese dos domingos, e se atopa con que non hai onde recurrir na rede para conseguir letras, vídeos e acordes. Da necesidade nace o práctico, polo que atoparedes cantos litúrxicos, debuxos, recursos, oracións para nenos, celebracións... todo o que foi xurdindo na parroquia e que queremos compartir con vós.

   Queremos que vos animedes vós tamén a compartir o que teñades, non só connosco senón tamén con todos os que se acheguen a nós, para que esta semente dea froitos e todos poidamos recollelos.

                                       

Os nosos usuarios

Se formas parte dun coro, parroquia, grupo, movemento, colexio ou se ti, catequista, profesor,... simplemente, queres formar parte deste proxecto, es benvido. Estabamos esperándote.

  

 

 

 

Historia do proxecto

Xa contamos como naceu esta páxina, pero é importante suliñar os apoios de cantos tiveron coñecemento deste nacemento. Quedei sorprendida da cantidade de xente que xa vira a necesidade dunha web como esta. Só falta que agora se vexa de verdade esa necesidade de compartir. Ánimo a todos. Teñamos FE.