Oracións en texto

 

ORACIÓNS ORIXINAIS DESTA PÁXINA WEB

 

ORACIÓN Á VIRXE MARÍA

  Á Virxe María, quérolle pedir,

que coide este día dos que están aquí.

Á miña Naiciña, quérolle pedir

que garde á familia que prega por Ti.                                                                                                                                                              

 

ANXIÑO DO CEO

  Anxiño do ceo  que nos vés gardar, 

garda a este/a  neniño/a que che vén rezar

de bágoas, tristuras e malos temores

e dálle ledicia e tenros amores.

 

XESÚS MEU NENIÑO

  Xesús, meu Neniño, Xesús, meu amor, 

escoita a estes nenos no teu corazón.

Ós nenos cativos ós que fas sorrir.

ós nenos pequechos que saben de Ti.

 

BENDICIÓN DA MESA

Bendí Ti, bo Deus, o pan que nos dás. 

Bendí esta comida e as nosas mans.

Bendí ós que teñen e ós que poden dar

e tamén ós pobres que non teñen pan.

 

 

ORACIÓNS CLÁSICAS

 

AO SANTO ANXO DA GARDA

Santo Anxo do Señor, meu celoso guardador, 

se a ti me confiou a piedade divina,

sempre me rexe, me garda, 

me goberna, me ilumina.

 

CATRO ESQUINIÑAS

Cuatro esquiniñas
na miña cama,
e catro os anxiños
que me acompañan.

 

SANTO ANTONIO

Santo Antonio bendito,
bendito es ti,
bendito é o Neno
que nos teus brazos tes.
Misericordia,
ampárame, meu Deus,
e dáme a gloria. Amén.

 

ANXELUS

 O anxo do Señor anunciouno a María. 

E concebiu por obra e gracia do Espírito Santo.

He aquí a escrava do Señor.

Fágase en min segundo a túa palabra.

E o Verbo de Deus fíxose carne.

E habitou entre nós.

Prega por nós, Santa Nai de Deus,

para que sexamos dignos de alcanzar

as promesas do noso Señor Xesucristo.

 

AVEMARÍA

Ave María, chea de gracia

O Señor é contigo

Bendita ti es entre tódalas mulleres

e bendito é o froito do teu ventre, Xesús.

 

Santa María, Nai de Deus,

prega por nós, pecadores,

agora e na hora da nosa morte. Amén

 

BENDITA SEXA A LUZ

Bendita sexa a luz do día
e o Señor que nos a envía.
Bendito o Neno Xesús,
bendita Santa María!

 

CON DEUS ME DEITO

Con Deus me deito,
con Deus me levanto,
coa Virxe María
e o Espírito Santo.

 

CREDO

Creo en Deus, Pai Todopoderoso.

Creo en Xesucristo,

o seu único Fillo, o noso Señor

que foi concebido por obra  e gracia

do Espíritu Santo,

naceu de Santa María a Virxe.

Padeceu baixo o poder de Poncio Pilato.

Foi crucificado, morto e sepultado.

Descendeu ós infernos,

ó terceiro día resucitou de entre os mortos.

Ascendeu ós ceos

e está sentado á dereita de Deus,

Pai Todopoderoso.

Dende alí virá a xulgar a vivos e mortos.

Creo no Espíritu Santo, a Santa Igrexa Católica,

a comunión  dos Santos,

o perdón dos pecados, e a vida eterna. Amén.

 

GLORIA

Gloria ó Pai,
gloria ó Fillo,
e gloria ó Espírito Santo.
Como era no principio,
agora e sempre,
por sempre, eternamente. Amén.

 

MAGNIFICAT

 

Proclama a miña alma 
a grandeza do Señor,
alédase o meu espíritu en Deus, 
o meu Salvador;
porque mirou a humillación 
da súa escrava.                                                                                                

 

Desde agora me felicitarán 
todas as xeracións,
porque o Poderoso fixo
obras grandes por min:
o seu nome é santo,
e a súa misericordia chega ós seus fieis
de xeración en xeración.

El fai proezas co seu brazo:
dispersa aos soberbios de corazón,
derriba do trono ós poderosos
e enaltece ós humildes,
ós famentos cólmaos de bens
e ós ricos despide baleiros.

Auxilia a Israel, o seu servo,
acordándose da misericordia
–como prometera ós nosos pais–
en favor de Abrahán 
e a súa descendencia por sempre.

 

ACTO DE CONTRICCIÓN

 Meu Señor, Xesucristo, Deus e home verdadeiro, 

Creador, Pai e Redentor meu. 

 Por ser Ti quen es, Bondade infinita, 

e porque te amo sobre todas as cousas,

pésame de todo corazón terche ofendido.

Tamén me pesa que podas castigarme 

coas penas do inferno. 


 Axudado da túa divina gracia propoño firmemente 

nunca máis pecar, confesarme

e cumpli-la penitencia que me fora imposta. Amén.

 

NOSO PAI

Noso Pai que estás no ceo,

santificado sexa o teu nome.

Veña o teu Reino

e fágase a túa vontade

aquí na terra coma no ceo.

Danos hoxe o noso pan de cada día;

perdoa as nosas ofensas,

como tamén perdoamos nós

a quen nos ten ofendido;

e non nos deixes caer na tentación,

e líbranos do mal.

  

ORACIÓN DE S.FRANCISCO

Señor, fai de min un instrumento da túa paz.

 Onde hai odio, que eu leve o amor.
 Onde hai ofensa, que eu leve o perdón.
 Onde hai discordia, que eu leve a unión.
 Onde hai erro, que eu leve a verdade. 

Onde hai dúbida, que eu leve fe.
 Onde hai desesperación, que eu leve a esperanza.
 Onde hai escuridade, que eu leve luz.
 Onde hai tristeza, alegría.

Señor, que non busque tanto
 ser consolado como consolar,
 ser comprendido, comprender,
 ser amado como amar.

Porque: é dando como se recibe;
 é perdoando que se está perdoado;
 é morrendo que se nace
 á vida eterna. Amén.

  

SALVE RAÍÑA

 Deus te salve, Raíña 
 e Nai de misericordia,
 vida, dozura e esperanza nosa;
 Deus te salve.
 A ti chamamos 
 os desterrados fillos de Eva;
 a ti suspiramos, xemendo e chorando
 neste val de bágoas.
 Ea, pois, Señora, avogada nosa,
 volve a nós eses os teus ollos 
 misericordiosos;
 e despois deste desterro, 
 amósanos a Xesús,
 froito bendito do teu ventre. 

Oh, clementísima, oh piadosa,

oh, dóce Virxe María!

Prega por nós, Santa Nai de Deus,

para seren dignos de alcanzar

as promesas do noso Señor Xesucristo.

Amén.

 

SANTO

Santo, Santo,

Santo es ti, Señor,

Deus do universo.

Enche-lo ceo e maila terra

coa tua gloria

Hosanna no ceo!

Bendito o que vén

no nome do Señor

Hosanna no ceo!