Comezo de curso

 

 

PREGARIA EUCARÍSTICA  COMEZO DO CURSO

 

(Cada profesor/a pode ler en alto cada parágrafo ou dialogado)

 

S.-       Ti estás sempre presente nas nosas vidas, pero reunirnos no teu nome faino máis consciente. Tamén somos comunidade cando estamos dispersos, pero a reunión expresa, celebra e alimenta a fraternidade que profesamos. Por iso celebramos o reencontro con ledicia e acción de grazas, e expresámolo loándote: SANTO ...

 

T.-       Ao inicio deste novo curso, trala paréntese estival, máis ou menos ocasión para ou descanso e unha convivencia diferente, dámosche grazas por volver estar aquí, co ánimo renovado para seguir facendo camiño en comunidade.

 

S.-       Invocamos o teu Espírito para que sexa El quen nos guíe, quen nos acompañe nos nosos compromisos persoais, quen nos aglutine como comunidade, máis cá nosa amizade ou intereses. Quen nos ilumine para atinar nos pasos que sexan máis fieis á nosa fe, e quen nos dea forza para ser coherentes a pesar das nosas debilidades.

 

T.-       Ao celebrar hoxe a Eucaristía, queremos que sexa ela o centro da nosa comunidade: a memoria viva da entrega de Xesús feita realidade na nosa entrega, no noso compartir e no noso compromiso polo Reino.

 

S.-       Os seus xestos e palabras son o sacramento da súa presenza viva entre nós. Cos seus discípulos na última Cea e hoxe connosco, tomou ou pan, e dándoche grazas, partiuno e compartiuno dicindo:

Tomade e comede todos del, pois isto é o meu corpo que se vai entregar por vós.

            De igual modo, ao final da cea, tomou tamén este cáliz glorioso nas súas santas e venerables mans, deuche grazas de novo, rezou a bendición, e pasóullelo aos seus discípulos, mentres dicía:

            Tomade e bebede todos del, pois este é o cáliz do meu sangue, o sangue da nova e eterna alianza, que se vai verter por vós e por todos os homes para o perdóns dos pecados. Facede isto en memoria de min.

            Velaquí o misterio da nosa fe.

 

T.-     Anunciamos a túa morte, proclamamos a túa resurrección, ven Señor Xesús.

 

S.-       Ao celebrar este sacramento non só facemos memoria de Xesús; tamén proclamamos a nosa fe nun futuro de plenitude que imos construíndo paso a paso. Ese camiño dá sentido ás nosas vidas. Queremos facer camiño xunto con outras persoas, con outras comunidades e con toda a Igrexa, comunidade de crentes en Xesús, esperando ser signos e testemuñas de quen é o Camiño e a Luz.

 

T.-       Nese camiñar sentímonos orientados cara a esperanza dun mundo novo, diferente, que cremos necesario e posible. Por el brindamos, por el apostamos e por el comprometémonos como crentes e como comunidade.

 

S.-       Como Xesús, proclamamos a utopía do Reino de Deus, como unha festa de liberación, de fraternidade e comuñón, onde os últimos deste mundo serán vos primeiros. Con esa utopía atrevémonos a soñar e comprometémonos a camiñar.

 

S+T.-   Por Cristo, con El e Nel, a ti, Deus Pai omnipotente, na unidade do Espírito Santo, todo honor e toda gloria, por sempre eternamente. Amén.