Titorías
PROGRAMACIÓN DE TITORÍAS 2º CICLO.
TITORÍA 1
Curso: 2º Ciclo EP |
|
|
|
Actividade: O espello |
|
|
||
Obxectivos:
Valorar as posibilidades de cada alumno para aumentar a súa autoestima.
|
||
Desenvolvemento da sesión/actividade:
É unha actividade que se realiza na aula:
Os alumnos sentan en círculo. Unha vez colocados, o profesor sitúase no centro do círculo cunha caixa nas mans (o espello debe estar no interior da mesma). Nese instante, o profesor empeza a realizar a dinámica dicindo:
”Que teño nas miñas mans? Que credes que hai no seu interior?”- logo de cada pregunta déixase tempo para que os alumnos respondan. Despois de canalizar as respostas ata chegar ao momento que desexe o profesor, séguese a dinámica dicindo:
“No interior da caixa hai algo moi importante non só para vós, senón tamén para a xente que vos rodea e vos coñece. É algo especial e único. Vóuvola pasar para que miredes no seu interior, de un en un, durante uns instantes, e vaiades pensando o por que o que hai no seu interior é tan importante. Unha vez miredes dentro, pechades a caixa e pasádela ao compañeiro da beira sen facer ningún comentario.”
Unha vez todos os alumnos miraron no seu interior, empeza a parte de reflexión. Cabe sinalar que cada alumno vería a súa propia cara no espello. A reflexión debe encamiñarse a potenciar a autoestima e a que cada alumno se valore a si mesmo. O profesor vai preguntando a cada alumno qué viu na caixa, por que cre que é importante o que viu, para quen é importante, que destacaría do que viu. O obxectivo é que cada alumno se vaia auto describindo sen dicir que o que viu é o reflexo da súa imaxe.
|
||
Material: - Unha caixa de cartón. - Un espello - Música de ambiente (opcional, ver anexo.interioridade I)
|
TITORÍA 2
Curso: 2º Ciclo EP |
|
|
|
Actividade: Relaxación |
|
|
||
Obxectivos:
Posibilitar momentos de silencio para que os alumnos desenvolvan unha actitude serena ante os problemas da vida.
|
||
Desenvolvemento da sesión/actividade:
Esta actividade faríase na clase e cada alumno na súa cadeira (tamén se podería facer, se existe a posibilidade, nun polideportivo tombados no chan ou sobre colchóns)
- Podemos utilizar esta estratexia na nosa vida diaria?
|
||
Material:
Música instrumental (anexo.interioridade II) |
TITORÍA 3
Curso: 2º Ciclo EP |
|
|
|
Actividade: Empatía |
|
|
||
Obxectivos:
1.- Propoñer situacións aos alumnos para “poñerse nos zapatos doutra persoa”.
|
||
Desenvolvemento da sesión/actividade:
Os alumnos divídense en 6 grupos. Cada un deberá realizar un rol-playing coa situación que se lle propón. Dentro de cada grupo debe haber uns alumnos que defendan a situación e outros que non estean de acordo co que pasa.
Diferentes situacións: a) Cando realizamos unha asemblea en clase Alberte sempre quere ter a palabra e convencer á maioría cos seus argumentos sen respectar ao resto do grupo. b) Cada vez que o profesor pide algo Sofía responde gritando e sen levantar a man. Ademais, logo de intervir dille en voz baixa a Marta, a súa compañeira de pupitre: Ti non sabes contestar nada ben. Aprende de min.” c) Soa o timbre para saír ao patio. Os alumnos saen a xogar pero case sempre Adrián sae tan rápido que tira cousas de encima dos pupitres dos demais e non as recolle. d) Sen querer escoitas que Álvaro lle di a Daniel: “Se hoxe non me votas para que sexa delegado de clase, xa non serei máis o teu amigo. E esquece que che deixe máis a bici!” colexio ten que escoitar aos seus compañeiros dicir: “¡Enchufado, chapón! Pasas todo día estudando.” f) Todo o teu grupo de amigos pensa copiar no exame de Coñecemento do Medio. No patio planean a estratexia que seguirán para que todo saia ben. Ti dislles que non queres facelo e cando lles explicas o que che pasa rinse de ti.
PARA RESOLVER ALGÚNS CONFLITOS?
|
||
Material:
NP
|
PROGRAMACIÓN DE TITORIAS 3º CICLO.
TITORÍA 1
Curso: Terceiro Ciclo |
|
|
|
Actividade: CALIDADES PERSOAIS |
|
|
||
Obxectivos:
|
||
Desenvolvemento da sesión:
1- Presentar o vocabulario relacionado coas calidades persoais. - Preparar cartóns co vocabulario que consideramos necesario para desenvolver a actividade (afectuoso, traballador, egoísta, simpático...). Poden estar xa feitas polo profesor ou que os alumnos as elaboren, tendo en conta que iso levará máis dunha sesión. - Colgalas pola clase e ir comentando cos alumnos aquelas que non entendan.
2- Unha vez que coñecen este vocabulario darémoslles un tempo persoal para reflexionar e elixir aquelas calidades que máis nos definen persoalmente.
|
||
Material:
|
||
Avaliación (de consecución de obxectivos, do desenvolvemento da actividade, da adecuación aos alumnos ...):
|
TITORÍA 2
Curso: Terceiro Ciclo |
|
|
|
Actividade: DNI |
|
|
||
Obxectivos:
1. Recoñecer e expresar os trazos positivos dos demais. 2. Favorecer a expresión dos sentimentos. 3. Favorecer o benestar persoal e o crecemento moral.
|
||
Desenvolvemento da actividade:
PRIMEIRA PARTE
· Entrégase a cada alumno un modelo que simula o seu DNI, o cal cumprimentará cos seus datos persoais. · Os alumnos estarán dispostos en círculo e iranse pasando o DNI para que cada un escriba dous trazos positivos do dono do DNI. · O DNI irá pasando por todos os alumnos ata que chegue de novo ao dono.
SEGUNDA PARTE
· Dáse un tempo para que cada un lea o seu DNI de forma individual e interiorice o que pon. · Unha vez pasado ese tempo, volvémonos xuntar para que de xeito voluntario, os alumnos expresen en voz alta como se sentiron ao ler o seu DNI. Sería tamén interesante deixar un tempo para que quen queira xustifique a súa achega.
|
||
Material
Modelo DNI (ver anexo 2).
|
||
Avaliación (de consecución de obxectivos, do desenvolvemento da actividade, da adecuación aos alumnos ...):
|
TITORÍA 3
Curso: 3º Ciclo EP |
Curso escolar: 2011/12 |
|||||
Nº de sesión: |
Actividade: Interiorización |
|||||
Data: |
||||||
Obxectivos:
- Posibilitar momentos de silencio para que os alumnos desenvolvan unha actitude serena ante os problemas da vida.
|
||||||
Desenvolvemento da sesión/actividade:
|
||||||
Material:
Aparato de música Música instrumental
|