Reflexións

 

 

1   Educación Infantil  E 1ª ciclo EP                                  

Reflexión da mañá: FAI ALGO!

 

 

 

DESTINATARIOS

 

Alumnos de Educación Infantil e 1º. Ciclo de Primaria

 

RESPONSABLES

 

Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá.

 

OBXECTIVOS

 

Propoñer reflexións da mañá sobre o lema do curso 2011-2012: Busca a túa luz, es estrela.

 

RECURSOS E MATERIAIS

 

Folla fotocopiada coa reflexión

 

 

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

 

Orientacións para a reflexión:

 

A solidariedade refírese aos lazos que unen aos membros dunha sociedade entre si. Deste xeito, a solidariedade é o valor que consiste en mostrarse unido a outras persoas ou grupos, compartindo os seus intereses e as súas necesidades.

A solidariedade implica afecto: o apoio ao amigo, a axuda cara aos máis necesitados, a axuda cara ás persoas que sofren situacións inxustas... Deste xeito
entendemos que a solidariedade é un deber.

Preséntase aos nenos un inicio de conto e propónselles desenvolvelo e finalizalo. O mestre/a optará por realizar unha produción colectiva co grupo clase, utilizando as ideas dos nenos e as nenas para construír unha historia común ou en pequenos grupos ou de forma individual. Nestes casos compartirán logo as súas historias.

Pódese pedir aos alumnos que recorden situacións nas que teñan necesitado da  axuda dos demais para resolvelas…

 

Como termina a frase?

 

 

Unha vez, unha flor espertou e deuse conta que xa non tiña os seus bonitos pétalos…

 

Un soleado día de verán, o mar quedou sen ondas…

 

Unha noite, o grilo Tomé quixo cantar pero non puido…

 

Esa noite, o vagalume Paquiño quixo saír a pasear pero tiña perdido a súa luz...

 

FAI ALGO!

 

 Cando axudo aos demais,

son estrela.

 

Cando fago que non chore alguén,

son estrela.

 

Cando quero aos demais, son estrela.

 

Cando perdoo a alguén, son estrela.

 

Cando non insultamos,

cando dicimos a verdade,...

 

SOMOS ESTRELA!

 

 

 

 

 

DESTINATARIOS

 

2 Alumnos de Educación Infantil e 1º. Ciclo de Primaria

 

RESPONSABLES

 

Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá.

 

OBXECTIVOS

 

Propoñer reflexións da mañá sobre o lema do curso 2011-2012: Busca a túa luz, es estrela.

 

RECURSOS E MATERIAIS

 

Folla fotocopiada coa reflexión

 

 

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

 

Orientacións para a reflexión:

 

Cando lle pides perdón a alguén significa que te detiveches a pensar en como pode terse sentido esa persoa por algo que ti dixeches ou fixeches. E, se fixeches algo que sabías que estaba mal, é posible que ata te avergoñes diso.

Logo de desculparte, é posible que te sintas un pouco mellor. Cando pidas desculpas a alguén, é posible que esa persoa tamén se desculpe contigo. Por exemplo, pódeche dicir: Eu tamén o sinto. Non debería terme metido contigo". E é posible que logo volvades ser tan amigos como antes.

Pedir perdón cando un debe facelo é o correcto. Desculparse é unha boa cousa. Pero, en si, pode non bastar para que todo volva ser como antes. Ás veces, xunto coa desculpa, a persoa necesita reparar o erro ou dicir que intentará non volvelo facer nunca máis. Ás veces, un "síntoo" sincero arránxao todo inmediatamente. Outras veces, unha persoa pode tardar certo tempo logo de recibir as túas desculpas en sentirse tan preto de ti como antes. Talvez teñas que darlle tempo, pero poderás estar satisfeito por terte desculpado e tomar a decisión de mellorar.

 

¡APRENDEMOS A PERDOARNOS!

 

"Eu non fun!" "Eu non teño a culpa!" "Xa podes pedirme desculpas!"

 

Resúltache familiar? É como moitos nenos que ás veces discuten cos seus amigos?

 

Pedir perdón é o mesmo que desculparse. Ao pedir desculpas, unha persoa está dicindo que sinte ou lle sabe mal o dano que causou, incluso aínda que non o fixese a propósito.

 

Cando un neno ou nena se desculpa, tamén pode engadir que intentará non volva ocorrer outra vez.

 

Ola, Xesús

 

Ola Xesús! Estou aquí cos meu amigos.

Antes de empezar as nosas tarefas

queremos falar un momento contigo.

Nosoutros e nosoutras,

que somos nenos como o fuches ti,

queremos que lle pidas a Deus

que axente se queira moito.

Que se paren as guerras,

que aprendamos a perdoarnos,

que non nos insultemos...

Graciñas, Xesús.

 

 

3   Educación Infantil e 1º ciclo EP                            

Reflexión da mañá:  Por todos os nenos e nenas.

 

 

 

 DESTINATARIOS

 

 

Alumnos de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria

 

RESPONSABLES

 

Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá.

 

OBXECTIVOS

 

Propoñer reflexións da mañá sobre o lema do curso 2011-2012: Busca a túa luz, es estrela.

 

RECURSOS E MATERIAIS

 

Folla fotocopiada coa reflexión

 

 

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

 

Orientacións para a reflexión:

Vivimos á beira de moitas persoas: os nosos papás, irmáns, tíos, curmáns, avós, amigos, mestres, veciños, etc.

 
É moi importante que sexamos amigos e que esteamos con eles de xeito agradable e alegre, desa forma conseguiremos que todos sexamos máis felices.

 
Temos que pensar como nos relacionamos coas persoas e intentar cambiar con aqueles aos que non saudamos, aos que non falamos, aos que non sorrimos, con quen non queremos quedarnos un momentiño, etc.


Seguro que nos sentiremos máis queridos e aprenderemos cousas boas sobre os demais, coñecerémolos mellor e, ao mesmo tempo tamén recibiremos deles, moito agarimo e amor.


Todos os nenos poden saber o que Deus desexa dicirlle, se é capaz de facer un pouquiño de silencio e reflexionar, pensar en por que cousas daría grazas a Deus, en que aspectos lle gustaría mellorar?

 

 

Por todos os nenos e nenas.

 

Xesús, ensíname a rezar.

Ás veces cústame falar contigo.

Non encontro as palabras, non sei que dicir.

Axúdame a rezar.

 

ORACIÓN

POR TODOS OS NENOS E NENAS DO MUNDO

 

Xesús, ensínasnos

que todos temos un mesmo Pai

e formamos unha mesma familia.

 

Quero estar un momentiño en silencio

para que Ti poidas falarme tamén.

Quero contarche o que me pasa e as cousas que fago.

 

Quero cambiar con aqueles amigos aos que non saudamos,                                                                                       aos que non falamos o estamos enfadados.

 

Pídoche que teñan todo o que necesitan para vivir.

 

 

 

 

 

 

4   Educación Infantil e 1º ciclo EP                            

Reflexión da mañá: A MONTAÑA

 

 

 

DESTINATARIOS

Alumnos de Educación Infantil e 1º. Ciclo de Primaria

 

RESPONSABLES

Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá.

 

OBXECTIVOS

Propoñer reflexións da mañá sobre o lema do curso 2011-2012: Busca a túa luz, es estrela.

 

RECURSOS E MATERIAIS

Folla fotocopiada coa reflexión

 

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

 

Orientacións para a reflexión:

 
Relaxámonos. Queremos chegar á idea de que podemos pasalo moi ben aínda que cada un sexamos diferentes e aínda que fagamos cousas diferentes.

 
Imos xogar a que todos se moven menos eu. O xogo consiste en que todo o grupo se move menos un. O que non se move está quedo como a montaña. Os demais son animais que camiñan pola montaña, son árbores que moven as ramas, o vento...

 
Segundo o/a mestre/a vai tocando cun dedo a cada neno. Os nenos teñen que mirar á montaña e quedar quedos e en silencio como ela.

 
Cando estamos todos en silencio como a montaña. Eu era: e cada neno explica que era cando se movía... A continuación o neno ou nena que primeiro estaba quedo e en silencio como a montaña levántase e di en alto:

 
Eu son grande e tranquilo como unha montaña e douche grazas porque podo... que vaian dicindo cousas que podemos facer ben cando estamos tranquilos e en silencio.

 

Graciñas Deus porque podemos facer moitas cousas.

Graciñas Deus porque cada un somos diferentes.

Graciñas Deus porque xuntos pasámolo moi ben.

 

A MONTAÑA

Cada neno/a explicamos que eramos cando nos moviamos...

 

Cando me movía eu era…

 

Eu son grande e tranquilo como unha montaña e douche grazas porque podo...

 

Oración

Graciñas Deus porque podemos facer moitas cousas.

Graciñas Deus porque cada un somos diferentes.

Graciñas Deus porque xuntos pasámolo moi ben.

 

 

 

 

5   Educación Infantil e 1º ciclo EP                                  

Reflexión da mañá:  As mans

 

 

 

 DESTINATARIOS

 

Alumnos de Educación Infantil e 1º. Ciclo de Primaria

 

RESPONSABLES

 

Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá.

 

OBXECTIVOS

 

Propoñer reflexións da mañá sobre o lema dol curso 2011-2012: Busca a túa luz, es estrela.

 

RECURSOS E MATERIAIS

 

Folla fotocopiada coa reflexión

 

 

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

 

Orientacións para a reflexión :

 
O/a mestre/a lerá a seguinte oración e invitará os alumnos a realizar os xestos que nela de detallan:

 

A oración das mans

 
Ola Xesús, amigo. Hoxe quero darche grazas polas miñas mans.

Esas mans coas que podo APLAUDIR cando alguén me fai sentir contento e feliz.

Esas mans coas que podo AXUDAR cando alguén necesita de min.

Esas mans coas que podo SAUDAR ou DESPEDIRME, coas que podo FACER As PACES;

coas que podo DAR e ser xeneroso cos que me rodean; coas que podo PEDIR AXUDA cando o necesito.

Esas mans coas que podo ABRAZAR as persoas que máis quero.
Esas mans coas que podo XOGAR a mil xogos cos meus amigos; coas que podo debuxar mil historias diferentes.

 Cantas cousas boas podo facer coas miñas mans Xesús!

Que ben me sinto Xesús, cando uso as miñas mans deste xeito!

Axúdame para que sempre as use así: para facer cousas boas. E non deixes nunca,

Xesús, que me quede coas miñas mans nos petos,

sen facer nada, cando alguén necesite da miña axuda.

Nin deixes nunca que use as miñas mans para facer dano a ninguén.

 

As mans

 

Cantas cousas boas podo facer coas miñas mans Xesús!

 

 

      APLAUDIR

 

  

 

      AXUDAR

 

 

 

      SAUDAR ou DESPEDIRME,

 

 

 

                      FACER AS PACES;

 

 

 

 

      DAR

 

 

 

      PEDIR AXUDA

 

 

 

 

      ABRAZAR

 

 

 

 

      XOGAR

 

 

 

 

Que ben me sinto Xesús, cando uso as miñas mans desta maneira!

 

 

 

 

Carácter vocacional   E. Infantil e 1º ciclo EP                                

Reflexión da mañá:   FACER BEN AS COUSAS

 

 

 

 DESTINATARIOS

 

Alumnos de Educación Infantil e 1º. Ciclo de Primaria

 

RESPONSABLES

 

Titores/as ou profesor/a da 1ª hora da mañá

 

OBXECTIVOS

 

Propoñer reflexións da mañá sobre o lema do curso 2011-2012:

Busca a túa luz, es estrela.

 

RECURSOS E MATERIAIS

 

Folla fotocopiada coa reflexión

 

 

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

 

Orientacións para a reflexión:

Podemos invitar aos nenos a que digan unha acción boa que podemos facer polos demais con cada unha das partes do noso corpo, tal como aparece no debuxo.

A continuación reflexionamos sobre a importancia de pensar, dicir e facer cousas polos demais. A posibilidade que cada un temos de facer un mundo mellor e, reflexionar, como Xesús quere que vivamos entre nós e todo que podemos facer.

Para terminar o/a mestre/a pode ler a oración ou facer que algún alumno (se é un curso superior) poida lela.

Oración para ler ao final:


Xesús, tes as mans dos teus amigos os nenos para construír un mundo onde haxa paz e amor entre todas as persoas, especialmente entre os que máis o necesitan.

          Xesús, tes os pés dos teus amigos os nenos para pór en marcha todas aquelas cousas que fagan do mundo un lugar máis bonito.
          Xesús, tes os beizos dos teus amigos os nenos para contar a todos as cousas que ti nos ensinas.
          Xesús, coas nosas mans, os nosos pés, os nosos beizos e a nosa cabeza
queremos facer ben todo o que facemos e o que ti nos propós.

                                                          FACER BEN AS COUSAS

 

(Debuxo que sinala: cabeza, corazón, mans e pés)