Titorías

 

 

PROGRAMACIÓN DE TITORÍA.

 

Curso: 1º Ciclo EP

 

 

Actividade: TITORÍA I: DESCUBRIMOS que é o CORAZÓN

 

Obxectivos:

 

1.-     Recoñecer o corazón como órgano vital e como baúl dos sentimentos.

 

 

Desenvolvemento da sesión/actividade:

 

·       Chuvia de sentimentos no encerado, para descubrir de onde veñen: do corazón.

 

·       Cada neno ou nena elixe un sentimento e escríbeo nun papel en forma de corazón (ver anexo corazóns).
 

·       Por grupos ou grupo clase, realízase a silueta dun neno ou nena encima do papel continuo. Logo colócanse os sentimentos pola beira do corpo. A continuación reflexionan de onde saen os sentimentos. Descobren que é do corazón e debúxase o corazón no corpo. Para acabar debuxan frechas desde o corazón a cada sentimento (se é por grupos, poden pegar os sentimentos dentro do corazón da silueta).

 

 

Material:

 

·       Fotocopia dos corazóns (ver anexo.corazóns).

·       Papel continúo para realizar a silueta do neno ou nena.

·       Lapis, gomas, pinturiñas, rotuladores e cola de barra.

 

Avaliación (da consecución dos obxectivos, do desenvolvemento da actividade, da adecuación aos alumnos ...):

 

 

 

 

 

PROGRAMACIÓN DE TITORÍA

 

Curso: 1º Ciclo EP

 

  

Actividade: TITORÍA II: DESCUBRIMOS o noso CORAZÓN

  

 

Obxectivos:

 

1.-     Recoñecer os nosos propios sentimentos e emocións.

 

 

Desenvolvemento da sesión/actividade:

 

·       Elaboración dun corazón de plastilina (encima dunha base de papel ou cartolina para poder transportalo) por alumno.

·       Cada alumno escribirá o sentimento que o defina máis nese momento. Nunha tira de cartolina por diante e por detrás, e engancharao cun clip ao corazón de plastilina (en forma de portafotos, en vertical).

 

 

Material:

 

·       Plastilina (e unha base de papel ou cartolina para poder transportalo).

·       1 Clip por alumno.

·       1 tira de cartolina por alumno.

·       Lapis, goma, rotuladores.

 

 

Avaliación (de consecución de obxectivos, do desenvolvemento da actividade, da adecuación aos alumnos ...):

 

 

 

 


 
 

 

 

 

PROGRAMACIÓN DE TITORÍA.

 

Curso: 1º Ciclo EP

 

    

Actividade: TITORÍA III: DESCUBRIMOS O corazón dos demáis

 

 

Obxectivos:

 

1.-     Aprender a identificar as emocións dos demais a través da narración dun conto.

 

 

Desenvolvemento da sesión/actividade:

 

·       Lectura do conto: O CONTO DAS EMOCIÓNS:

      “Érase unha vez dous irmanciños, Sara e Pedro, que se querían moito e pasaban todo o día xuntos. Sara tiña tres anos e Pedro catro. Achegábase o aniversario de Sara e entre todos
empezaron a preparan unha gran festa para celebralo.

     Os pais de Sara e Pedro prepararon invitacións para os amiguiños de Sara. Ían ir moitos nenos porque Sara era moi simpática e agradable con todo o mundo e tiña moitos amigos:
todos os nenos da súa clase e todos os veciños da súa idade.

     Todo o mundo axudaba en algo para a festa, e Pedro empezaba a estar un pouco canso porque non se falaba doutra cousa durante todo o día e non lle facían moito caso a el.

     Ademais, esa non era a súa festa.

     O día do aniversario de Sara, os seus pais erguéronse cedo para decorar toda a casa. Había un gran cartel que puña: “Moitas felicidades, Sara”. Cando chegou a hora de erguer os nenos, os pais de Pedro e Sara foron á habitación de Sara para espertala e
felicitala. Sara estaba contentísima, porque ademais lle levaron un gran agasallo envolvido nun papel de moitas cores e cunha gran cinta vermella ao redor. Desenvolveuno con coidado: Era un oso de peluche enorme! Estaba moi alegre e non paraba de dar as
grazas aos seus pais por ese agasallo tan bonito.

     Sara preguntou por Pedro, que se tiña que espertar con todo o ruído, pero non fora a felicitala aínda. Así era, Pedro estábao escoitando todo, pero el tamén quería agasallos e non lle apetecía ir darlle a Sara o seu, pero foron os seus pais a espertalo e a dicirlle que debía ir felicitar á súa irmá. Así o fixo, pero Sara, aínda que non dixo nada, deuse conta de que non o facía de corazón como adoitaba facelo. Almorzaron todos xuntos, aínda que Pedro non estaba alegre como adoitaba estar o resto das mañás.

    Fóronse ao colexio. Todo o mundo felicitaba a Sara e na súa clase e cantáronlle “Parabéns para ti”. Logo das clases da tarde, á saída do colexio, todos os compañeiros de Sara acompañárona á súa casa. Pouco tempo despois foron chegando todos os seus veciños. Foi unha festa xenial, pero Pedro estaba enfadado porque ninguén lle facía caso.

     Todo o mundo estaba pendente de Sara, dábanlle moitos agasallos e estaba tan contenta e ocupada con todos os seus amigos que non lle facía caso. Estaba tan enfadado que marchou a outra habitación. Pero Sara si que estaba pendente do seu irmán e púxose moi triste de velo
enfadado con ela. Xa non lle importaban os agasallos, nin a torta coas velas, nin as cancións nin nada, porque ela quería moito a seu irmanciño e el estaba enfadado con ela. Entón decidiu ir falar con el. Ao principio Pedro facía coma se non a escoitase, pero en realidade estaba moi contento de que Sara fose a falar con el.

 
    Sara díxolle que non se enfadase, que lle daba todo o que lle regalaron con tal de que estivese el contento. Nese momento Pedro deuse conta do boa que era a súa irmanciña e do que lle quería.

     El non tiña ningún motivo para enfadarse, era o aniversario da súa irmá e tiñan que estar todos contentos por ela. Así que lle pediu desculpas polo seu comportamento e foron os dous xuntos, co resto dos seus amigos, para apagar as velas da torta.

 

 

·      Preguntas: Por que estaba contenta Sara? Por que motivos se enfadou Pedro? Por que se puxo triste Sara?

 

 

Material:

 

·      O conto.

 

 

Avaliación (da consecución dos obxectivos, do desenvolvemento da actividade, da adecuación aos alumnos ...):