SALMO
SALMOS (recomendados a elixir):
Salmo 127 (128). 1-2. 3. 4-5 ac y 6a. / Salmo 144 (145). 8-9. 10 y 15. 17. 18. /
Salmo 148. 1-2. 9-10. 11-13ab. 13c-14a.
Sal 127, 1-2. 3. 4-5
R/. (cf 1): Ditosos os que temen o Señor.
Ou: (4): Así será bendito quen teme o Señor.
Ditosos os que temen o Señor,
os que seguen os seus camiños.
Comerás do traballo das túas mans,
serás ditoso, serás afortunado.
A túa muller coma parra fecunda
no interior da túa casa;
os teus fillos coma gromos de oliveira
arredor da túa mesa.
Así será bendito
o home que teme o Señor.
Que o Señor te bendiga desde Sión,
que goces coa prosperidade de Xerusalén
todos os días da túa vida.
Sal 144, 8-9. 10 e 15. 17-18
R/ (9a): O Señor é agarimoso con todos.
O Señor é clemente e compasivo,
tardo á ira e rico en misericordia.
O Señor é bo para todos,
agarimoso con todas as súas obras.
Que te loen, Señor, as túas obras,
e te bendigan os teus amigos.
Os ollos de todos están postos en ti,
e dáslles o sustento ao seu tempo.
O Señor é xusto en todos os seus camiños,
e santo en todas as súas obras.
O Señor está cerca dos que o chaman,
dos que o chaman con sinceridade.
Sal 148, 1-2. 3-4. 9-10. 11-13. 13c-14a
R/ (13a): Loen o nome do Señor
Ou: Aleluia.
Loade o Señor desde o ceo,
loádeo alá nas alturas.
Loádeo, os seus anxos,
loádeo, os seus exércitos.
Loádeo, sol e mais lúa,
loádeo, lucentes estrelas.
Loádeo, os ceos dos ceos,
e as augas dos espacios celestes.
Montes e todos os outeiros,
árbores froiteiras e mais cedros,
feras e gando todo,
réptiles e paxaros alíxeros,
Os reis e todas as nacións,
os príncipes e os xuíces da terra,
os mozos e mailas doncelas,
os vellos e mailos neniños.
Loen o nome do Señor,
o único nome que é excelso.
A súa maxestade cobre a terra e mailo ceo;
el ergue a cabeza do seu pobo.