Texto de voda

 

TEXTO DE VODA

 

   Cando unha parella decide unir as súas vidas e compartir a alegría deste paso cos que máis queren, convídannos a celebrar con eles un dos días máis especiais das súas vidas. 

 

   Cando nos entregan a invitación alegrámonos, facemos contas, poñémonos guapos, e esperamos ese día con ilusión e esperanza. Coas mellores intencións mirámoslles traspasar a porta do futuro.

 

   Os que aínda non o viviron miran aos noivos con curiosidade e alegría, os que xa teñen experiencia do matrimonio lembran con nostalxia eses mesmos momentos e se miran como entón... e tamén como agora.

 

   Sobre todo a familia pensa, entre os bos desexos e a incerteza, que vai pasar agora. Pero todos, até os máis pequenos, resérvanse este día para desexarlles o mellor nos bos e nos malos momentos, para saber gozar de uns e poder aprender dos outros.

 

   Queremos deixar a ____________ e ______________ un recordo que non vai aparecer nas fotos, a parte deste día que se ve co corazón e enviarlles un gran ramo de flores, o mellor, o que dura para sempre. Nel pomos as nosas ilusións e con el pedimos ao  futuro que as garde para sempre.

 

 

(Cada membro das dúas familias entrega unha flor ata formar un ramo,

cada flor representa un desexo, e cada un le o seu ou un lector le o de todos)

 

 

Por iso desexámosvos:

 

 -           Por encima de todo AMOR  ( que, aínda que se lles supón, ten que durarlles moito tempo, tanto amor polo menos como o que se teñen agora)

 -           Desexámosvos tamén SINCERIDADE, que sexades capaces de compartilo todo sen ocultarvos nada.

 -           Desexámosvos por iso CONFIANZA,  desde agora sodes os vosos mellores amigos.

 -           Algo moi necesario: a PACIENCIA, porque todos sabemos o difícil que é convivir.

-           Un pouco de CONSTANCIA, a convivencia constrúese aos poucos.

-           HARMONÍA, que aprendades a complementarvos ata chegar ao equilibrio.

-           Un toque de TENRURA, porque todos queremos sentirnos arroupados cando as cousas non van tan ben como esperabamos.

-           Non hai que esquecerse da FECUNDIDADE, unha parella debe dar froito en tódolos sentidos... si, nese que todos pensamos tamén.

-           Un pouco de PAIXÓN, que tamén hai que saber gozar da vida,

-           e  ALEGRÍA , chegar a ver sempre a vida desde o lado positivo.

 

 

   Esperamos que cos  nosos mellores desexos lembredes que o mellor non é hoxe, o mellor empeza agora e será o que vós queirades que sexa, que vos escollestes o un ao outro e que ides formar unha familia (esa cousa onde os pais son uns pesados, os irmáns non te deixan en paz, os nenos vólvenche a cabeza tola, non chegamos a fin de mes e aínda non pagamos a hipoteca...), pero tamén onde a alegría dun é a de todos e onde ides atopar todo o que é de verdade importante.

 

 

 

HOXE É O voso DÍA, GOZÁDEO de verdade.