Misa do amencer

 

MISA DO AMENCER

 

Primeira Lectura   Is 62, 11-12

Velaí vén a túa salvación

 

LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS

 

                Velaí o Señor que se fai oír ata o cabo do mundo.

Dicídelle á filla de Sión:

                Velaí chega o teu Salvador.

Velaí a súa paga con El,

e a súa recompensa diante del.

                Entón chamaráselles “pobo santo”,

“os redimidos do Señor”,

e a ti chamaráseche “buscada”,

“cidade non abandonada”.

                                              

 Palabra do Señor                                              R.: Grazas a Deus

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL            Sal 96, 1 e 6. 11-12

 

R.:Unha luz resplandeceu hoxe sobre nós, porque nos naceu o Señor.

 

O Señor reina, alégrese a terra,

exulten todas as illas.

Os ceos pregoan a súa rectitude,

e todos ospobos contemplan a súa gloria.

 

A luz despunta para os xustos

e para os rectos de corazón a ledicia.

Alegrádevos, xustos, no Señor,

loade o seu nome santo.

 

 

 

Segunda Lectura   Tit 3, 4-7

Salvounos segundo a súa misericordia

 

LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO A TITO

 

                Benquerido irmán:

                Cando apareceu a bondade de Deus, noso Salvador, e se manifestou o seu agarimo, salvounos non polas obras boas que nós fixeramos, senón pola súa misericordia, por medio do baño do novo nacemento e polo poder renovador do Espírito Santo.

                Ese Espírito que verteu sobre nós con abundancia, por Xesús Cristo, noso Salvador, a fin de que, xustificados pola súa graza, chegásemos a ser en esperanza herdeiros da vida eterna.

 

          Palabra do Señor                    R.: Grazas a Deus

 

 

 

ALELUIA            Lc 2, 14

Se non se canta, pódese omitir.

 

Aleluia, aleluia.

Gloria a Deus nas alturas,

e sobre a terra paz para os homes de boa vontade.

Aleluia.

 

 

 

Evanxeo               Lc 2, 15-20

Os pastores encontraron a María e a Xosé e o neno

 

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

                Naquel día, os pastores dicíanse uns a outros:

                — Vaiamos a Belén ver o que sucedeu e que o Señor nos ma­nifestou.

                Foron correndo, e atoparon a María e mais a Xosé, e o neno deitado na manxadoira. Ao que o viron, contaron todo o que lles dixeran do meniño aquel.

                E cantos o oíronquedaron pasmados do que os pastores lles dixeron.

                María, que trataba de comprender, conservaba todas estas cousas no seu corazón.

                Os pastores volveron, glorificando e loando a Deus por canto viran e oíran, tal como lles fora anunciado.

 

      Palabra do Señor                                           R.: Loámoste, Cristo