25/04 San Marcos

 

Festa

 

PRIMEIRA 1 Pe 5, 5b-14

Saúdavos Marco, o meu fillo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PEDRO APÓSTOLO

Benqueridos irmáns e irmás:

Revestídevos todos vós dun pensar humilde, porque

"Deus oponse ós soberbios,

pero concédelle-la gracia ós humildes"

6Por iso vós facédevos humildes,

para estardes baixo a man poderosa de Deus,

de xeito que El vos levante no intre oportuno;

7botade sobre Deus tódalas vosas ansias,

que El coida de vós.

8Pero comede e bebede con regra. ¡Alerta!

Que o voso inimigo, o demo, bruando coma un león, anda ó arredor á procura de quen engulir.

9Resistídelle firmes na fe,

sabendo que os mesmos sufrimentos lles están reservados ós vosos irmáns en todo o mundo.

10Pois Deus, de quen vén toda a gracia e que vos chamou por medio de Cristo á súa gloria eterna, despois dun pouco de sufrimento, El mesmo vos porá en forma, vos volverá firmes, fortes e vos dará estabilidade. 11El ten poder polos séculos dos séculos. Amén.

12Do puño de Silvano, irmán fiel -así o considero-, escribinvos esta pequena carta, para vos exhortar e asegurar que esta é a verdadeira gracia de Deus. Afincádevos ben nela.

13A comunidade escollida coma vós, que vive en Babilonia, mándavos saúdos e tamén o meu fillo Marcos. 14Saudádevos uns ós outros cun bico de irmáns. Paz a todos vós, os cristiáns.

 

 

SAL. RESP. Sal 88, 2-3. 6-7. 16-17

R/ (cf 2a): Quero cantar por sempre o amor do Señor

Ou: Aleluia

2Quero cantar por sempre o amor do Señor,

pregoar polas xeracións a súa fidelidade:

 

3--"Penso que o teu amor est fundado co mundo,

a túa fidelidade asentada cos ceos".

6Os ceos proclaman, Señor, as túas marabillas,

a asemblea dos santos, a túa fidelidade.

7¿Quen, sobre as nubes, se compararía co Señor?

¿Quen lle semella entre os seres divinos?

16Feliz o pobo que sabe aclamarte

e camiñar, Señor, na luz da túa presencia.

17O teu nome fai a súa ledicia o día enteiro,

a túa xustiza é a súa gloria.

 

 

ALELUIA 1 Cor 1, 23a-24b:

Nós predicamos a Cristo crucificado

poder e sabedoría de Deus

 

 

EVANXEO Mc 16, 15-20

Predicade o Evanxeo a toda criatura

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVAXEO SEGUNDO MARCOS

Aparecéndose Xesús ós Once, díxolles:

--Ide polo mundo enteiro, anunciando a Boa Nova a toda a creación. 16Quen crea e se bautice, salvarase; quen non crea, condenarase. 170s que crean irán acompañados destes sinais: no meu nome botarán demos, falarán linguas novas; 18col1erán serpes coas mans, e se chegan a beber algún veleno, non lles fará mal ningún; imporánlle-las mans ós enfermos, e estes curarán.

O Señor, despois de lles falar asi, elevouse ó ceo, e sentou á dereita de Deus. 20Eles sairon a predicar por todas partes, contando coa colaboración do Señor, que confirmaba a súa palabra cos sinais que os acompañaban.