27/12 S.Xoán, Apóstolo e Evanxelista
PRIMEIRA 1 Xn 1, 1-4
O que oímos e vimos anunciámosvolo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN XOÁN
Benqueridos irmáns e irmás:
1 1 O que pasou desde o comezo,
o que temos oído,
o que teñen visto os nosos ollos,
o que contemplamos nós e palparon as nosas mans,
a saber, a Palabra que é a vida
2(porque a vida manifestouse
é nós vímola e damos testemuño dela,
e anunciámosvola a vós: a vida eterna,
que estaba na intimidade do Pai
e que se nos amosou a nós):
3iso que temos visto e oído
agora tamén volo anunciamos a vós,
para que tamén vós teñades parte connosco;
pois compartir connosco
é compartir co Pai e co seu Fillo Xesús Cristo.
4Escribímosvos isto
para que a nosa alegría sexa ben cumprida.
SAL. RESP. Sal 96, 1-2. 5-6. 11-12
R/ (12a) Alegrádevos, xustos, no Señor
1O Señor reina, alégrese a terra,
exulten tódalas illas.
2Rodéano nubes e néboa,
xustiza e rectitude sosteñen o seu trono.
5Os montes derrétense coma cera,
diante do Señor, dono do mundo.
6Os ceos pregoan a súa rectitude
e tódolos pobos contemplan a súa gloria.
11 A luz despunta para os xustos
e para os rectos a ledicia.
12AIegrádevos, xustos, no Señor,
louvade o seu nome santo.
ALELUIA
A ti, Deus louvámoste, a ti, Señor, proclamámoste;
A ti lóvate, Señor, o glorioso coro dos apóstolos
EVANXEO Xn 20, 2-8
Aquel outro discípulo correu máis rápido ca
Pedro e chegou primeiro ó sepulco
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
O primeiro día da semana correu María Madalena e, chegando onda Simón Pedro e onda o outro discípulo a quen amaba Xesús, díxolles:
-Colleron do sepulcro ó Señor, e non sabemos onde o puxeron.
3Pedro e mailo outro discípulo saíron correndo cara ó sepulcro. 4Corrían os dous á par. Pero o outro discípulo correu máis lixeiro ca Pedro, e chegou primeiro ó sepulcro. 5Abaixándose, viu que estaban os lenzos, pero non entrou. 6Entón chegou tamén Simón Pedro, que o seguía, e entrou no sepulcro. Viu os lenzos pousados alí. 7Pero o sudario que envolvera a súa cabeza, non estaba cos panos, senón á parte, enrolado noutro lugar. 8Entón entrou tamén o outro discípulo, que chegara primeiro, ó sepulcro; viu e creu.