Ciclo B

 

SOLEMNIDADE DO SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS- B

 

Primeira Lectura  Oseas 11, lb. 3-4. 8c-9

Vólvese a min o meu corazón

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE OSEAS

 

 Isto di o Señor:

 

11 1Cando Israel era escravo, eu ameino,

e de Exipto chamei ós seus fillos.

 

3Pero eu ensináralle a Efraím a camiñar,

tíñao collido nos meus brazos,

e non quería saber que eu era o seu médico.

 

4Coas cordas das miñas mans acollinos con brazos de amor,

e fun para eles como quen lles levanta o xugo do pescozo,

ligueinos a min e dáballes de comer.

O meu corazón revólvese contra min,

ó mesmo tempo que a miña compaixón se conmove.

 

9Non provocarei o incendio da miña ira,

non volverei a destruír a Efraím,

pois son Deus, e non un home,

o Santo no medio de ti: non te volverei a destruír.

 

Palabra do Señor                                            R/. Grazas a Deus

 

SALMO RESPONSORIAL   Is 12, 2-3. 4bcd. 5-6

R/ (3): Sacaredes auga con gozo das fontes de salvación

 

 

 2Velaí, Deus é a miña salvación, terei confianza, e non medo.

El é a miña forza, por isto louvareino.

Si, o Señor é a miña salvación.

 

3Sacaredes auga con gozo das fontes de salvación.

 4O día aquel diredes: "Dádelle gracias ó Señor, invocade o seu nome.

Dade a coñecer entre os pobos os seus feitos,

facédelle a lembranza de que é grande o seu Nome.

 

5Cantádelle ó Señor. De verdade fixo cousas magníficas,

que serán coñecidas en toda a terra.

6Clamade con gozo e ledicia, habitantes de Sión:

Que grande é no medio de ti o Santo de Israel.

 

 

 

Segunda Lectura  Efesios 3, 8-12. 14-19

Anunciárlles ás xentes as inescrutables riquezas de Cristo

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE S.PAULO

APÓSTOLO ÓS EFESIOS

 

 

 

Irmáns e irmás:

 

8A min, o máis cativo de tódolos crentes, concedéuseme o honor de anunciarlles ós

xentís a inimaxinable riqueza de Cristo 9e amosarlles a todos a realización do misterio

escondido desde sempre en Deus, que creou tódalas cousas. 10Así desde o ceo e por

medio da Igrexa dáselles a coñecer a príncipados e autoridades a variedade de formas

da sabiduría de Deus, 11contidas no proxecto eterno que se levou a cabo por medio de

Cristo Xesús, noso Señor. 12Gracias a El témo-la liberdade de acceso confiado, pola

fe nel.

 

                        Palabra do Señor                                            R/. Grazas a Deus

 

ALELUIA   Mt 11, 29ab

Tomade o meu xugo sobre vós, di o Señor,

e aprendede de min que son manso e humilde de corazón

 

Ou ben 1Xn 4, 10

Eu son o bo pastor, di o Señor,

e coñezo as miñas ovellas e elas coñécenme a min.

 

Evanxeo   Xoán 19, 31-37

Haberá alegría no ceo por un pecador que faga penitencia

 

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

3Entón Xesús contoulles esta parábola:

 

-4¿Quen de vós, se ten cen ovellas e perde unha delas, non deixa as noventa e nove no

descampado, e vai en busca da perdida, a ver se a atopa? 5E cando a atopa, volve todo

contento 6para a casa, con ela no lombo; e, chamando por amigos e veciños, dilles:

"Alegrádevos comigo, que atopei a ovella que perdera. 7Pois asegúrovos unha cousa:

no ceo haberá máis alegría por un pecador que se converta que por noventa e nove

xustos que non precisan conversión.

 

                        Palabra do Señor                                            R/. Loámoste, Cristo