11/06 S.Bernabé Apóstolo

 

PRIMEIRA Feit 11, 21b-26; 13, 1-3

Era un varón xusto, cheo do Espírito Santo e de fe

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

Moitos creron e convertéronse ó Señor.

22Chegaran estas novas ós oídos da Igrexa de Xerusalén, e mandaron a Antioquía a Bernabé. 23Cando chegou e viu a gracia de Deus, encheuse de alegría e animaba a todos a se conservaren unidos ó Señor co corazón firme, 24pois era un home bo, cheo de Espírito Santo e de fe. E foi moita a xente que se uniu ó Señor.

25Daquela, Bernabé foi a Tarso en busca de Saulo 26e, cando o atopou, levouno para Antioquía. Durante un ano enteiro estiveron xuntos naquela Igrexa, adoutrinando a moita xente. Foi en Antioquía onde por primeira vez ós discípulos lles chamaron ''cris-tiáns''.

13 1Había na Igrexa de Antioquía profetas e mestres: Bernabé, Simeón chamado Níxer, Lucio de Cirene, Menahén -compañeiro de infancia do tetrarca Herodes-, e Saulo. 2Estando nunha reunión litúrxica con xexún, dixo o Espírito Santo:

-Apartade a Bernabé e Saulo para a obra á que os teño chamados.

3Entón, logo de xexuaren e oraren, impuxéronlle-las mans e despedíronos.

 

 

SAL. RESP. Sal 97, 1. 2-3ab. 3c-4 5-6

R/ (2b) O Señor revela a súa xustiza ante os pobos

Cantádelle ó Señor un cántico novo,

pois fixo marabillas,

a súa dereita e o seu brazo

déronlle a victoria.

20 Señor dá a coñece-la súa salvación,

revela a súa xustiza ante os pobos.

3Lembra o seu amor e a súa fidelidade

coa casa de Israel.

Os pobos todos verán

 

a salvación do noso Deus.

4Aclama ó Señor, terra enteira,

rompede a cantar e a tocar.

5Tocade para o Señor a cítara,

a cítara e o salterio

6con claríns e con trompetas

aclamade ó Señor, noso rei.

 

 

ALELUIA Mt 28, 19a. 20b

Ide, ensinade a tódalas xentes, di o Señor;

eu estou convosco tódolos días ata a fin do mundo

 

 

EVANXEO Mt 10, 7-13

Gratis recibistes, dade gratis

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Dilles Xesús ós seus discípulos:

7 mentres camiñades proclamade que xa chega o Reino dos Ceos. 8Curade enfermos, resucitade mortos, limpade gafos, botade os demos fóra. E xa que de balde recibistes, dade de balde tamén. 9Non levedes nin ouro, nin prata, nin cobre nas vosas faixas; 10nin alforxa para o camiño, nin dúas túnicas, nin sandalias, nin caxato; porque o traballador ben merece a súa mantenza. 11En calquera vila ou aldea que entredes, informádevos se hai alguén de confianza e permanecede alí ata que marchedes.

12O entrar na casa, saudade. 13Se a casa é digna, veña a ela a vosa paz; pero se non é digna, que a vosa paz volva convosco.