Evanxeo

 

EVANXEOS

 

1. Mt 5, 1-12a

 Alegrádevos e exultade, porque a vosa recompensa será grande no ceo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

5 1Vendo Xesús a multitude, subiu ó monte e sentou. Achegáronselle os seus

discípulos, 2e el, tomando a palabra, ensinábaos dicindo:

-3Ditosos os que teñen espírito de pobres,

porque deles é o Reino dos Ceos.

4Ditosos os que choran,

porque eles serán consolados.

5Ditosos os non violentos,

porque eles herdarán a terra.

6Ditosos os famentos e sedentos de xustiza,

porque eles ficarán fartos.

7Ditosos os misericordiosos,

porque eles acadarán a misericordia.

8Ditosos os de corazón limpo,

porque eles verán a Deus.

9Ditosos os que traballan pola paz

porque eles serán chamados fillos de Deus.

10Ditosos os perseguidos por causa da xustiza,

porque deles é o Reino do Ceo.

 

11Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña

causa: 12alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos

 

 

2. Mt 11, 25-30

 Vide onda min... e eu aliviareivos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

25Naquel tempo dixo Xesús:

 

-Bendito sexas, meu Pai, Señor do Ceo e mais da terra, porque lles escondiches estas

cousas ós sabios e ós prudentes e llas revelaches á xente humilde. 26Si, meu Pai,

bendito sexas por che agradar iso así. 27Meu Pai ensinoume tódalas cousas e ninguén

coñece ó Fillo agás o Pai, nin coñece ó Pai agás o Fillo e aquel a quen o Fillo llo

queira revelar.

 

28Achegádevos a min tódolos que estades cansos e oprimidos, que eu vos aliviarei.

29Cargade co meu xugo e aprendede de min, que son bo e humilde de corazón e

atoparedes acougo para as vosas almas; porque o meu xugo é levadeiro e a miña carga

leviá.

 

 

 

3. Mt 25, 1-13

 Velaquí o esposo: saíde ó seu encontro

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

 Dilles Xesús ós seus discípulos esta parábola:

 

O Reino do Ceo parecerase a dez mociñas que, collendo os seus candís, saíron recibi-

lo noivo. 2Cinco eran parvas e cinco asisadas. 3As parvas colleron os candís pero non

os encheron de aceite; 4as asisadas, en troques, cos candís levaron tamén as aceiteiras

cheas. 5Como o noivo tardaba, pegóulle-lo sono, e botaron unha durmidela.

 

6Alá pola media noite oíuse berrar: "¡Veña, que chega o noivo, ídeo recibir!".

 

7Erguéronse todas aquelas mociñas e prepararon os candís.

 

8Entón dixéronlle-las parvas ás asisadas: "Dádenos un chisco de aceite, que os nosos

candís esmorecen". 9Responderon as asisadas: "Non vaia ser que non chegue para vós

e para nós; mellor será que vaiades á tenda e que o merquedes".

 

10No intre que elas ían mercalo, chegou o noivo, e as que estaban preparadas entraron

con el no banquete de vodas, e pechouse a porta. 11Máis tarde chegaron as demais

mociñas chamando: "¡Señor, Señor, ábrenos!". 12Pero el respondeulles: "Asegúrovos

que non vos coñezo".

 

13Vixiade, logo, xa que non sabedes nin o día nin a hora.

 

 

4. Mt 25, 31-46

 Vide, benditos do meu Pai

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

 Dilles Xesús ós seus discípulos:

 

31Cando veña o Fillo do Home na súa gloria e tódolos anxos con el, sentarase no seu

trono glorioso. 32Diante del xuntaranse tódalas nacións; e separará uns dos outros,

como xebra o pastor as ovellas das cabras. 33E poñerá as ovellas á súa dereita e as

cabras á súa esquerda. 34Entón dirá o Rei ós da súa dereita:

 

-Vinde, benditos do meu Pai; recibide a herencia do Reino preparado para vós desde a

creación do mundo. 35Porque tiven fame e déstesme de comer; tiven sede e déstesme

de beber; fun forasteiro e acolléstesme; 36estiven espido e vestístesme; enfermo e

visitástesme; estiven na cadea e viñéstesme ver.

 

37Entón preguntaranlle os xustos:

-Señor, ¿cando te vimos famento e che demos de comer; ou sedento e che demos de

beber? 38¿Cando te vimos forasteiro e te acollemos; ou en coiro e te vestimos?

39¿Cando te vimos enfermo ou na cadea e te visitamos?

 

40O rei contestaralles:

-Asegúrovos que canto fixestes cun destes irmáns meus máis pequenos fixéstelo

comigo.

 

41E diralles logo ós da súa esquerda:

-Arredade de min, malditos; ide para o lume eterno preparado para o satán e para os

seus anxos. 42Porque tiven fame e non me destes de comer; tiven sede, e non me

destes de beber; 43fun forasteiro e non me acollestes; estiven espido e non me

vestistes; enfermo e na cadea e non me visitastes.

 

44Eles replicaranlle:

-Señor, ¿cando te vimos famento ou sedento, forasteiro ou espido, enfermo ou na

cadea e non che acudimos?

 

45El responderalles:

-Asegúrovos que canto deixastes de facerlle a un destes máis pequenos, deixastes de

mo facer a min.

 

46Daquela irán estes ó castigo eterno, e os xustos á vida eterna.

 

 

 

5. Mc 15, 33-39; 16, 1-6 (longo) vel 15, 33-39 (breve)

 Xesús berrou moi forte, e expirou

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

33Chegado o mediodía, a escuridade cubriu aquela terra, ata as dúas e pico da tarde.

34E nesa hora, Xesús berrou moi forte:

 -"Eloí, Eloí, lamá sabactaní" (que quere dicir: "Meu Deus, meu Deus, por que me

abandonaches").

 

35Oíndo aquilo, algúns dos presentes comentaban:

-¿Oístes? Está chamando por Elías.

 

36E un deles, botando a correr, empapou unha esponxa en vinagre, espetouna nunha

canivela, deulle de beber, dicindo:

-Deixade, a ver logo se vén Elías baixalo.

 

37Pero Xesús, dando un berro moi alto, expirou.

 

38O veo do templo rachou en dous de arriba abaixo. 39O centurión, que estaba diante,

oíndo o grito que deu ó morrer, dixo:

-Verdadeiramente este home era Fillo de Deus.

 

16 1Pasado o sábado, María Magdalena, María de Santiago e mais Salomé mercaron

perfumes para iren embalsamalo. 2E moi cedo, no primeiro día da semana, despois da

alborada, foron ó sepulcro. 3Ian comentando entre elas:

-¿Quen nos vai arreda-la lousa da entrada do sepulcro?

 

 4Pero, erguendo a vista, descubriron que a lousa estaba arredada; iso que era moi

grande.

 

5Entrando no sepulcro, viron un mozo vestido de branco, sentado no lado dereito, e

quedaron espantadas. 6Pero el díxolles:

-Non vos espantedes. ¿Buscades a Xesús Nazareno, o crucificado? Non está aquí,

resucitou. Mirade o lugar onde o puxeron.

 

 

 

6. Lc 7, 11-17

 Xoven, falo contigo: érguete!

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

Foi Xesús a unha vila, chamada Naín, acompañado dos seus discípulos e outra moita

xente. 12Cando estaba chegando á entrada da vila, sacaban a enterrar a un morto, fillo

único da súa nai, que era viúva; ía acompañada por moita xente da vila. 13O vela, o

Señor compadeceuse e díxolle:

-Non chores.

 

 14E achegándose, tocou o cadaleito -os que o levaban pararon-, e el mandou:

-Rapaz, falo contigo: ¡érguete!

 

15O morto incorporouse e empezou a falar; e Xesús entregoullo á súa nai. 16Todos

quedaron impresionados e louvaban a Deus, dicindo:

-Un gran profeta xurdiu entre nós. Deus visitou ó seu pobo.

 

 17E por toda a Xudea e a súa comarca correron estes comentarios.

 

 

 

 7. Lc 12, 35-40

 Estade preparados

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

 Dilles Xesús ós seus discípulos:

 

35Tede posta a roupa de traballo e as lámpadas acesas; 36sédeme coma os que

agardan que volva o seu amo da voda, para que, cando chegue e chame, lle poidan

abrir. 37Ditosos os criados a quen o amo atope agardando cando chega. Tede por

certo que poñerá a roupa de traballo, sentaraos na mesa e serviraos un por un. 38Sexa

pola anoitecida ou sexa pola alborada, se os atopa así, felices eles. 39Entendede ben:

se o dono da casa soubese a que hora vai chega-lo ladrón, non permitiría que lle

asaltasen a casa. 40Así tamén: estade vós preparados, porque á hora menos pensada

ha vi-lo Fillo do Home.

 

 

 

 8. Lc 23, 33. 39-43

 Hoxe estarás comigo no paraíso

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

 33E cando chegaron ó lugar chamado "A Caveira", crucificárono alí; e con el ós dous

bandidos: un á dereita e outro á esquerda del.

 

 39Un dos bandidos que estaban crucificados, insultábao tamén:

-¿Non es ti o Mesías? Pois sálvate ti e sálvanos a nós.

 

40Pero contestoulle o outro, reprendéndoo:

-¿Seica non temes a Deus, ti que sófre-la mesma condena ca el? 41Nós, polo menos,

recibímo-lo que merecemos, pero este non fixo mal ningún.

 

42E dicíalle:

-Xesús, lémbrate de min cando volvas coma rei.

 

43Xesús respondeulle:

-Asegúroche que hoxe estarás comigo no paraíso.

 

 

 

9. Lc 23, 44-46. 50. 52-53; 24, 1-6a (longo) ou 23, 44-46. 50. 52-53 (breve):

 Meu Pai, nas túas mans entrego o meu espírito

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

 44Chegado o mediodía, a escuridade cubriu a terra ata a media tarde. 45Pois houbo

unha eclipse de sol. E o veo do Santuario rachou polo medio. 46Entón Xesús, pegou

un berro moi alto e dixo:

-¡Meu Pai! Nas túas mans entrego o meu espírito.

 

E dicindo isto, morreu.

 

50Un home bo e honrado, chamado Xosé, que era conselleiro 52presentouse a Pilato e

pediulle o corpo de Xesús. 53Logo, despois de o baixar, envolveuno nunha saba e

púxoo nun sepulcro cavado na rocha, que estaba sen estrear.

 

24 1A madrugada do primeiro día da semana foron ó sepulcro, levando os perfumes

que tiñan preparados. 2Pero atoparon quitada a lousa, arredada do sepulcro.

3Entraron, e viron que o corpo do Señor non estaba alí. 4Entón, mentres estaban todas

perplexas por aquilo, apareceron dous homes con vestidos resplandecentes. 5Cheas de

medo, miraban para o chan; pero eles preguntaron:

-¿Por que buscades entre os mortos a quen está vivo? 6Non está aquí; resucitou.

 

 

 

10. Lc 24, 13-35 (longo) ou 13-16. 28-35 (breve):

 ¿Non era necesario que Cristo padecera todo isto e que entrara na súa gloria?

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

Dous dos discípulos de Xesús ían camiño de Emaús, unha aldea que está a uns dez

quilómetros de Xerusalén. 14Ian falando de canto pasara. 15E resulta que mentres

parolaban e discutían, Xesús en persoa, achegouse e camiñaba canda eles. 16Pero os

seus ollos estaban incapacitados para o recoñeceren. 17Entón preguntoulles:

-¿De que ides falando polo camiño?

 

 Eles pararon cun aspecto moi tristeiro, 18e Cleofás, un deles, respondeulle:

 -¿Seica es ti o único forasteiro en Xerusalén, que non sabe nada do que pasou alí

durante estes días?

 

19El preguntou:

-¿De que, logo?

 

Eles contestaron:

-Do asunto de Xesús o Nazareno, que foi un profeta poderoso en obras e palabras,

ante Deus e ante o pobo todo; 20de como os nosos sumos sacerdotes e demais xefes o

condenaron á morte e o crucificaron. 21Nós esperabamos que el fose quen liberase a

Israel; pero xa van alá tres días desde que pasaron estas cousas. 22Claro que algunhas

mulleres das nosas déronnos un susto, porque foron ó risca-lo día ó sepulcro. 23E, ó

non atoparen o corpo, volveron falando dunha visión de anxos, que lles aseguraron

que el vive. 24E algúns dos nosos alá foron ó sepulcro, atopando todo como as

mulleres dixeran; pero a el non o viron.

 

25Entón díxolles:

-¡Que parvos e lentos sodes para crer todo o que anunciaron os profetas! 26E logo

¿non cumpría que o Cristo padecese todo isto, antes de entrar na súa gloria?

 

 27E comezando por Moisés e tódolos profetas, foilles interpretando o que as

Escrituras falaban del.

 

 28O entraren na aldea onde ían fixo coma quen quería seguir para adiante. 29Pero

eles porfiáronlle, dicindo:

 -Quédate connosco, porque se fai tarde, e a noite bótase enriba.

 

Quedou con eles. 30E mentres estaban na mesa, colleu o pan, bendíxoo e partiuno e

déullelo. 31Entón abríronselle-los ollos e recoñecérono; pero el desapareceu. 32E

dixeron:

 -¿Non ardía o noso corazón, cando nos falaba polo camiño, interpretándono-las

Escrituras?

 

33E levantándose no intre, volveron a Xerusalén. Alí atoparon ós Once reunidos cos

seus acompañantes, 34que dicían:

-É certo, o Señor resucitou e aparecéuselle a Simón.

 

 35Eles tamén contaron o que lles pasara polo camiño, e como o recoñeceran no parti-

lo pan.

 

 

11. Xn 5, 24-29

 Quen escoita e cre a miña Palabra, pasa da morte á vida

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

 Dilles Xesús ós xudeus:

 

24Dígovo-la verdade: quen escoita a miña palabra e cre no que me mandou, ten vida

eterna e non comparecerá a xuízo, senón que pasará da morte á vida.

 

25Con toda verdade volo aseguro: chega a hora ou, mellor dito, xa é esta a hora en

que os mortos escoitarán a voz do Fillo de Deus e os que a escoiten, vivirán. 26Pois

así coma o Pai ten vida en si mesmo así tamén lle deu ó Fillo ter vida en si mesmo;

27e deulle tamén poder para xulgar, pois é o Fillo do Home. 28Non vos pasme isto,

porque chega o intre en que tódolos que están nos sepulcros escoitarán a súa voz; 29e

sairán os que fixeron o ben a unha resurrección de vida; e os que obraron o mal a unha

resurrección de condena.

 

 

 

12. Xn 6, 37-40

 Quen cre no Fillo ten vida eterna, e eu resucitareino no derradeiro dia

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

 

Dille Xesús á xente:

 

37Tódolos que o Pai me entregou, virán onda min. E a quen vén onda min, non o

botarei fóra. 38Pois eu baixei do ceo non para face-la miña vontade, senón a vontade

daquel que me mandou. 39Esta é a vontade daquel que me mandou: que non perda a

ningún dos que me entregou, senón que os resucite no derradeiro día. 40Esta é, polo

tanto, a vontade do meu Pai: que todo aquel que ve ó Fillo e cre nel, teña vida eterna e

eu resucitareino no derradeiro día.

 

 

 

 13. Xn 6, 51-58

 Quen coma deste pan ten vida eterna, e eu resucitareino no derradeiro día

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

Dille Xesús á xente:

51Eu son o pan vivo que baixou do ceo: se alguén come deste pan, vivirá para

sempre; e o pan que eu darei, é a miña carne, para a vida do mundo.

 

52Discutían entón entre eles os xudeus:

-¿Como pode este darnos a come-la súa carne?

 

53Díxolles entón Xesús:

-Con toda verdade volo aseguro: se non coméde-la carne do Fillo do Home e non

bebéde-lo seu sangue, non teredes vida en vós. 54Quen come a miña carne e bebe o

meu sangue, ten vida eterna e eu resucitareino no derradeiro día. 55Pois a miña carne

é verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida. 56Quen come a miña carne

e bebe o meu sangue, permanece en min e eu nel. 57Así como o Pai, que me mandou,

vive e eu vivo polo Pai, así tamén quen me coma vivirá por min. 58Este é o pan que

baixou do ceo; non coma o que comeron os Pais que mesmo así morreron: quen come

este pan, vivirá para sempre.

 

 

 

 14. Xn 11, 17-27 (longa) ou 21 -27 (breve):

 Eu son a resurrección e a vida

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

 

17Cando chegou Xesús a Betania, atopouse con que Lázaro xa levaba catro días no

sepulcro. 18Betania estaba preto de Xerusalén, a uns tres quilómetros: 19moitos dos

xudeus foran onda Marta e María para lles daren o pésame polo irmán. 20Cando oíu

Marta que Xesús estaba chegando, saíulle ó encontro. María, en cambio, quedou na

casa. 21Díxolle entón Marta a Xesús:

 -Señor, se ti estiveses aquí, meu irmán non morría; 22pero eu sei que, aínda agora,

Deus che concederá calquera cousa que lle pidas.

 

23Xesús díxolle:

-Teu irmán resucitará.

 

24Marta respondeulle:

-Ben sei que resucitará na resurrección, no día derradeiro.

 

25Díxolle Xesús:

-Eu son a resurrección e a vida. Quen cre en min, anque morra, vivirá; 26e todo o que

vive e cre en min, non morrerá endexamais ¿Cres ti isto?

 

27Ela respondeu:

 -Si, Señor: eu creo que ti e-lo Cristo, o Fillo de Deus, que había de vir ó mundo.

 

 

 

15. Xn 11, 32-45

 Lázaro, ven para fora

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

 

 32María, a irmá de Lázaro, chegou onde estaba Xesús e, ó velo, caeu ós seus pés,

dicíndolle:

-Señor, se ti estiveses aquí, non morría meu irmán.

 

33O ver Xesús que ela estaba chorando, e tamén os xudeus que viñeran con ela,

apretóuselle o corazón e, profundamente conmovido, 34preguntou:

-¿Onde o puxestes?

 

Contestáronlle:

-Señor, ven ver.

 

35E Xesús botouse a chorar.

 

 36Entón comentaban os xudeus: ''¡Ai que ver como o quería!''.

 

 37Pero algúns deles dixeron: ''E logo este, que deu vista ós ollos dun cego, ¿non

podía facer que non morrese?''.

 

 38Xesús estremecéndose de novo, chegou á sepultura. Era unha cova, e tiña unha

pedra por riba.

 

39Xesús ordenou:

-Arredade a pedra.

 

Marta, a irmá do finado, díxolle:

-Señor, xa cheira, que leva catro días.

 

40Xesús contestoulle:

-¿Non che dixen que se cres, vera-la gloria de Deus?

 

41Arredaron entón a pedra. Xesús ergueu os ollos e dixo:

-Meu Pai, douche gracias porque me escoitaches. 42Eu ben sabía que ti sempre me

escoitas, pero díxeno pola xente que está aquí, para que crean que ti me mandaches.

 

43E dito isto, gritou con voz forte:

-¡Lázaro, ven para fóra!

 

 44Saíu o morto; tiña os pés e as mans atados con vendas e a cara envolta nun sudario.

Xesús ordenoulles:

-Desenleádeo e deixádeo ir.

 

45Entón, moitos dos xudeus que viñeran onda María, vendo o que fixo, creron nel.

 

 

16. Xn 12, 23-28 (longo) ou 23-26 (breve)

 Se o gran de trigo morre, dará moito froito

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

 Dilles Xesús ós seus discípulos:

 

-Chegou a hora de que se manifeste a gloria do Fillo do Home. 24Éche ben certo: se o

gran de trigo cae na terra pero non morre, quedará el só; pero se morre, dará froito

abondoso. 25Quen ama a súa vida, pérdea; mais quen aborrece a súa vida neste

mundo, poñeraa a salvo para unha vida eterna. 26Se algún quere servirme, que me

siga; e alí onde estou eu, estará tamén o meu servidor. Se alguén me serve, hao honra-

lo Pai. 27Agora o meu espírito está turbado. ¿E que hei de decir: Pai, sálvame desta

hora? ¡Pero se para iso cheguei a esta hora! 28Pai, glorifica o teu Nome.

 

Chegou entón unha voz do ceo:

-Xa o glorifiquei, e glorificareino aínda de novo.

 

 

 

17. Xn 14, 1-6

Na casa do meu Pai hai moitas moradas

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

 Dilles Xesús ós seus discípulos:

 

14 1Non vos agoniedes: crede en Deus e mais crede en min. 2Na casa do meu Pai hai

moitas moradas; doutro xeito, ¿teríavos dito que vos ía arranxar un lugar? 3E cando

vaia e vos arranxe un lugar, voltarei e collereivos comigo, para que, onde estea eu,

esteades vós tamén. 4E a onde eu vou, vós ben sabéde-lo camiño.

 

5Díxolle Tomé:

-Señor, se non sabemos onde vas, ¿como imos sabe-lo camiño?

 

6Xesús respondeulle:

-Eu son o camiño, a verdade e a vida: ninguén chega onda o Pai máis ca por min.

 

 

 

18. Xn 17, 24-26

 Quero que onde estea eu, alí estean eles comigo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

Levantando os ollos ó ceo, orou Xesús dicindo:

 

24Pai, os que me deches, quero que, onde estou eu, estean tamén eles comigo, para

que contemplen a miña gloria, a que ti me concediches, porque me amabas xa antes

da fundación do mundo. 25Pai xusto, o mundo non te coñeceu, pero eu coñecinte, e

estes coñeceron que ti me mandaches. 26Eu manifestéille--lo teu nome e llelo seguirei

manifestando, para que o amor co que me amaches estea neles, e tamén eu estea neles.

 

 

 

19. Xn 19, 17-18. 25-39

 Inclinou a cabeza e entregou o espírito

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

 

 17Cargando Xesús mesmo coa cruz, saíu para o lugar chamado da Caveira, que se di

Gólgota en hebreo. 18Alí crucificárono, xunto con outros dous, un a cada lado, e

Xesús no medio.

 

25O pe da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e

mais María a Magdalena. 26Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen

amaba, díxolle á nai:

-Muller, velaí o teu fillo.

 

27Despois díxolle ó discípulo:

-Velaí a túa nai.

 

Desde aquela hora o discípulo acolleuna con el.

 

28Despois disto, Xesús, sabendo que xa todo estaba acabado, para que se cumprise

plenamente a Escritura, dixo: ''Teño sede''. 29Había alí un xerro cheo de vinagre.

Entón, atando unha esponxa empapada de vinagre a unha cana de hisopo,

achegáronlla á boca. 30Cando probou Xesús o vinagre dixo: ''Está cumprido''. E,

inclinando a cabeza, entregou o espírito.

 

31Entón os xudeus, como era o Día da Preparación, para que non permanecesen os

corpos na cruz durante o sábado -pois era grande aquel día de sábado-, rogáronlle a

Pilato que lles rompesen as pernas e os retirasen.

 

32Viñeron, logo, os soldados, e rompéronlle-las pernas ó primeiro e mais ó outro que

crucificaran con el. 33Pero ó chegaren onda Xesús, como o viron xa morto, non lle

romperon as pernas, 34senón que un dos soldados traspasoulle o costado cunha lanza;

e no instante saíu sangue e auga.

 

35Quen o viu, dá testemuño e o seu testemuño é verdadeiro; el sabe que di a verdade,

para que tamén vós creades. 36Porque isto aconteceu para que se cumprise a

Escritura: ''Non lle crebarán óso ningún''. 37E noutro lugar di: ''Han mirar para quen

traspasaron''.

 

38Despois disto, Xosé o de Arimatea, que era discípulo de Xesús -anque ás

agachadas, por medo ós xudeus-, rogoulle a Pilato que lle deixase retira-lo corpo de

Xesús. Pilato accedeu. Foi e retirou o corpo. 39Foi tamén Nicodemo -aquel que

primeiramente viñera onda Xesús de noite-, levando unha mixtura de mirra e áloe de

case cen libras.