Semana 1

 
 

SEMANA 1ª DO ADVENTO 

 
 
 
175.- LUNS 
 
 
 
PRIMEIRA Is 2, 1-5: 
 
Congrega o Señor a tódalas nacións para paz eterna do reino de Deus 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS 
 
 
 
2 1Palabras que en visión profética recibiu Isaías, fillo de Amós, acerca de Xudá e 
Xerusalén: 
 
2Vede: á fin dos días será creado o monte da Casa do Señor. 
 
Vede: será levantado por enriba dos montes e máis cós petoutos, 
 
xuntaranse nel tódalas xentes. 
 
3Irán a el pobos numerosos que dirán: 
 
"Vinde, subamos ó monte do Señor, á casa do Deus de Xacob, 
 
para que nos mostre os seus camiños, e camiñemos polos seus vieiros. 
 
Vede: de Sión sairá a Lei, a Palabra do Señor sairá de Xerusalén". 
 
4Xulgará os preitos entre as xentes, decidirá o que é xusto entre os pobos. 
 
Coas espadas forxarán arados; coas lanzas, podadeiras. 
 
Non levantará un pobo contra outro a espada, 
 
nin aprenderán de novo a face-la guerra. 
 
5¡Casa de Xacob, ven; vaiamos 
 
e camiñemos á luz do Señor! 
 
 
 
 
 
Ou, ad libitum, cando no ano A ésta se proclama no 1º domingo de advento: Is 4, 2-6 
 
Exultarán de alegría cantos sean salvados 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS 
 
 
 
2O día aquel o retoño do Señor servirá de honra e gloria; 
 
e o froito da terra será o orgullo e honor dos escapados de Israel. 
 
3Entón o que quede en Sión, e o resto de Xerusalén chamarase santo. 
 
Si, todo el será inscrito en Xerusalén no libro da vida. 
 
4Cando o Señor limpe a sucidade das fillas de Sión, 
 
e cando lave do medio de Xerusalén o seu sangue, 
 
cun vento de xuízo e cun vento de desolación. 
 
5Entón o Señor sobre o templo do monte de Sión 
 
e sobre a súa xuntanza creará de día unha nube; 
 
e de noite, fume e labarada esplendente 
 
coma un dosel sobre a Gloria do Santuario. 
 
6Unha tenda que será sombra para o día contra a seca 
 
e refuxio e cuberto contra o trebón e maila chuvia. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 121, 1-2. 3-4a- (4b-5. 6-7.) 8-9 
 
 
R/ (cf 1): Imos alegres para a casa do Señor. 
 
 
 
Alegreime, cando me dixeron: 
 
imos para a casa do Señor. 
 
2Xa están os nosos pés 
 
ás túas portas, Xerusalén, 
 
 
 
3Xerusalén, cidade ben feita, 
 
de compacta harmonía. 
 
4Alá soben as tribos, as tribos do Señor, 
 
 
 
conforme o costume de Israel, 
 
para festexa-lo nome do Señor. 
 
5Alí están os tribunais da xustiza, 
 
a sede da casa de David. 
 
 
 
6Saudade así a Xerusalén: 
 
-"Teñan prosperidade os que te queren, 
 
7que haxa paz nos teus muros 
 
e contento nos teus pazos". 
 
 
 
8Por mor de meus irmáns e compañeiros 
 
direi eu: -"A paz contigo". 
 
9Por mor da casa do Señor, o noso Deus, 
 
deséxoche todo ben. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Cf. Sal 79, 4: 
 
Vén a liberarnos, Señor noso Deus; 
 
móstrano-lo teu rostro, e salvarémonos 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mt 8, 5-11 
 
Chegarán moitos de oriente e occidente para entrar no reino dos ceos 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
5O entrar Xesús en Cafarnaúm achegóuselle un centurión que lle suplicou 6dicindo: 
 
-Señor, o meu criado xace tolleito na casa e padece moito. 
 
7Díxolle Xesús: 
 
-Eu irei e curareino. 
 
8Replicoulle o centurión: 
 
-Señor, non son merecente de que entres baixo o meu teito, abonda cunha palabra túa 
para que o meu criado cure. 9Que eu, anque son un subordinado, tamén teño homes 
baixo as miñas ordes; e dígolle a este: "vai", e vai; a aqueloutro: "ven", e vén; e ó meu 
criado: "fai isto", e faino. 
 
10A Xesús chamoulle moito a atención oír aquilo, e díxolles ós que o seguían: 
 
 
-Asegúrovos que non atopei a ninguén cunha fe tan grande en todo Israel. 11E dígovos 
que moitos de oriente e mais de occidente virán sentar na mesa de Abraham, Isaac e 
Xacob, no Reino dos Ceos. 
 
 
 
 
 
176.- MARTES 
 
 
 
PRIMEIRA Is 11, 1-10 
 
Descansará sobre el o Espírito do Señor 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS 
 
 
 
11 1Sairá un retoño do pé da árbore de Ixaí 
 
e un gromo brotará da súa raíz. 
 
2Descansará sobre el o Espírito do Señor, 
 
espírito de sabedoría e discernimento, 
 
espírito de consello e fortaleza, 
 
espírito de ciencia e temor do Señor. 
 
3Sentirá a súa compracencia no temor do Señor. 
 
Non xulgará conforme a aparencia dos seus ollos, 
 
nin sentenciará conforme as faladurías dos seus oídos. 
 
4Xulgará ó pobre conforme a xustiza, 
 
e sentenciará con rectitude ós oprimidos da nación. 
 
Castigará ó violento coa vara da súa boca, 
 
e co espírito dos seus labios matará ó malvado. 
 
5Será a xustiza o cinguidor da súa cintura 
 
e a fidelidade o cinguidor do seu lombo. 
 
6O lobo habitará co carneiro 
 
e o leopardo deitarase co cabrito; 
 
o becerro e o leonciño pacerán xuntos: 
 
un meniño pequeno sacaraos ó pasto. 
 
7A vaca e a osa pacerán xuntas, xuntas deitaranse as súas crías; 
 
o león, o mesmo có boi, comerá palla. 
 
8Un meniño de leite xogará no tobo da cobra, 
 
e un neno destetado collerá a víbora coa súa man. 
 
9Ningún será malvado nin fará o mal en todo o meu monte santo: 
 
o país estará cheo de coñecemento do Señor, 
 
o mesmo que as augas enchen o mar. 
 
10Sucederá o día aquel que a raiz de Ixaí estará ergueita de bandeira das nacións,os 
pobos procurarana, e a gloria será o seu lugar de descanso. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 71, 2 . 7-8. 12-13. 17 
 
R/ (cf 7): Florecerá a xustiza nos seus días, 
 
e unha paz abundante para sempre 
 
 
 
2Que rexa ó teu pobo rectamente 
 
 
e ós teus pobres con equidade. 
 
 
 
7Florecerá a xustiza nos seus días, 
 
unha prosperidade duradeira como a lúa. 
 
8Dominará de mar a mar, 
 
desde o gran río ata o cabo da terra. 
 
 
 
12El librará ó pobre que suplica, 
 
ó aflixido que está sen axuda. 
 
13Terá piedade dos febles e indixentes, 
 
salvará a vida dos pobres; 
 
 
 
17Que o seu nome dure por sempre 
 
e a súa sona igual có sol. 
 
Que se bendigan nel tódolos pobos 
 
e que o proclamen ditoso. 
 
 
 
 
 
ALELUIA: 
 
Velaí que o noso Señor virá con poder, 
 
e iluminará os ollos dos seus servos 
 
 
 
 
 
EVANXEO Lc 10, 21-24 
 
Exulta Xesús co gozo do Espírito Santo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
21Xesús exclamou cheo de gozo do Espírito Santo: 
 
-Bendito sexas, Pai, Señor do ceo e mais da terra, porque lles agachaches estas cousas ós 
sabios e prudentes, e llas revelaches á xente humilde. Si, meu Pai, bendito sexas por che 
agradar iso así. 
 
22Meu Pai ensinoume tódalas cousas, e ninguén coñece ó Fillo a non se-lo Pai, nin 
coñece ó Pai a non se-lo Fillo, e aquel a quen o Fillo llo queira revelar. 
 
23E volvéndose ós discípulos, díxolles á parte: 
 
-Benia os ollos que ven o que vós vedes. 24Porque é ben certo que moitos profetas e reis 
arelaron ve-lo que vós vedes, e non o viron; e oí-lo que vós oídes, e non o oíron. 
 
 
 
 
 
177.- MÉRCORES 
 
 
 
PRIMEIRA Is 25, 6-10a 
 
O Señor convida ós seu convite e enxuga as bágoas de tódolos rostros 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS 
 
 
 
6Nesta montaña o Señor dos Exércitos ofreceralles a tódolos pobos 
 
 
un banquete de boas talladas, de viños anellos, 
 
carnes ben condimentadas, viños refinados. 
 
7Destruirá nesta montaña o veo que tapa a tódolos pobos, a cuberta que cobre a tódalas 
nacións. 
 
8O meu Señor, Deus dos Exércitos, destruirá a morte para sempre, 
 
enxugará as bágoas de tódalas caras, 
 
afastará de todo o país a vergonza do seu pobo. 
 
Si, díxoo o Señor. 
 
9No día aquel dirase: 
 
"Ollade, este é o noso Deus, esperamos nel: El hanos salvar. 
 
Este é o Señor, esperamos nel, gozaremos e alegrarémonos coa súa salvación". 
 
10Si, a man do Señor descansa sobre esta montaña 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 22, 1-3a. 3b-4. 5. 6 
 
R/ (6cd): Eu habitarei na casa do Señor 
 
ó longo dos meus días. 
 
 
 
O Señor é o meu pastor: nada me falta. 
 
2Os pastos verdecentes lévame a repousar, 
 
lévame a beber ás augas tranquilas: 
 
3El repón as miñas forzas. 
 
 
 
Guíame por vereas rectas, 
 
por mor do seu nome. 
 
4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas, 
 
ningún mal temería, pois ti vas comigo: 
 
o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego. 
 
 
 
5Ti pos para min a mesa, 
 
á cara dos meus inimigos; 
 
únxesme con perfume a cabeza, 
 
e a miña copa reborda. 
 
 
 
6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo 
 
tódolos días da vida. 
 
Eu habitarei na casa do Señor 
 
ó longo dos meus días. 
 
 
 
 
 
ALELUIA: 
 
Velaí vén o Señor para salva-lo seu pobo, 
 
ditosos os que están preparados para saírlle ó encontro 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mt 15, 29-37: 
 
Xesús sana a moitos e multiplica os pans 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
 
29Marchou Xesús e chegou onda o mar de Galilea. Subiu a un monte e sentou alí. 30E 
veu a pé del un mundo de xente, traendo consigo coxos, cegos, eivados, xordos e outros 
moitos; botábanos ós pés de Xesús e el curábaos a todos. 31De xeito que a xente ficaba 
pasmada vendo os mudos falar, curados os eivados, os coxos andar e os cegos ver; e 
glorificaban ó Deus de Israel. 
 
32Chamou Xesús polos seus discípulos e díxolles: 
 
-Dáme pena esta xente: hai tres días que veñen tras miña e non teñen que levar á boca. 
Non os quero despedir sen tomaren nada, porque poderían esmorecer polo camiño. 
 
33Dixéronlle os discípulos: 
 
-¿E de onde imos sacar, nun lugar deserto, pan abondo para fartar tanta xente? 
 
34Pero el preguntoulles: 
 
-¿E logo, cantos pans tedes? 
 
Eles responderon: 
 
-Sete e mais algúns peixes. 
 
35Mandou que a xente sentase no chan; 36despois colleu os sete bolos e mailos peixes, 
rezou a acción de gracias, partiunos e déullelos ós seus discípulos; e os discípulos 
dábanllos á xente. 37Comeu a xente a se fartar, e cos anacos que sobraron encheron sete 
cestas. 38Os que comeron eran uns catro mil homes, sen 
 
 
 
 
 
178.- XOVES 
 
 
 
PRIMEIRA Is 26, 1-6 
 
Que entren os xustos que gardan a fe 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS 
 
 
 
26 1No día aquel cantarase este cantar no país de Xudá: 
 
"Temos unha vila forte, El ponlle de defensa parede e muralla. 
 
2Abride as portas e que entre un pobo xusto, que garde a fidelidade. 
 
3Con plan firme ti créa-la felicidade dos que confían en ti. 
 
4Confían no Señor para sempre, si, no Señor; 
 
o Señor é Rocha para sempre. 
 
5Pois abate os habitantes da altura, á cidade alta faina abaixar, 
 
faina abaixar ata a terra, déixaa estrada no po. 
 
6Pisarana os pés; os pés do oprimido, as pisadas do pobre". 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL SaL 117, 1 e 8-9. 19-21. 25-27a 
 
R/ (26a): Bendito o que vén no nome do Señor 
 
Ou: Aleluia 
 
 
 
1Louvade o Señor porque é bo, 
 
porque o seu amor é eterno. 
 
8Mellor é acollerse ó Señor 
 
que fiarse dos homes. 
 
 
9Mellor é acollerse ó Señor 
 
que fiarse dos grandes. 
 
 
 
19Abrídeme as portas da victoria: 
 
quero cantar e dar gracias ó Señor. 
 
20Esta é a porta do Señor: 
 
os xustos entran por ela. 
 
21Douche as gracias porque me escoitas: 
 
ti e-la miña salvación. 
 
 
 
25¡Ai, Señor, dáno-la salvación! 
 
¡Ai, Señor, dános prosperidade! 
 
26Benditos os que veñen no nome do Señor: 
 
bendicímosvos desde a casa do Señor. 
 
27O Señor é Deus: El dáno-la luz. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Is 55, 6: 
 
Buscade ó Señor, mentres podedes encontralo, 
 
invocádeo, mentres está cerca 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mt 7, 21. 24-27: 
 
Quen fai a vontade do Pai entrará no reino dos ceos 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
Dilles Xesús ós seus discípulos: 
 
21Non todo o que me di: "¡Señor! ¡Señor!" entrará no Reino dos Ceos, senón o que fai a 
vontade do meu Pai celestial. 
 
24Así pois, todo aquel que escoita as miñas palabras e as pon en práctica será coma o 
home asisado que edificou a súa casa sobre rocha. 25Caeu a chuvia, veu a riada, bruou o 
vendaval batendo na casa; pero non se derrubou porque estaba asentada na rocha. 
26Mais todo o que escoita as miñas palabras e non as leva á práctica, pórtase coma un 
tolambán que edificou a súa casa sobre area. 27Caeu a chuvia, veu a riada, bruou o 
vendaval, e batendo na casa derrubouna, sendo grande a desfeita. 
 
 
 
 
 
179.- VENRES 
 
 
 
PRIMEIRA Is 29, 17-24: 
 
Entón verán os cegos 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS 
 
 
 
Di o Señor: 
 
17Velaí: dentro dun pouco, ben pouquiño, 
 
 
o Líbano converterase nun verxel 
 
e o Carmelo será considerado un bosque. 
 
18No día aquel os xordos oirán a lectura dun rolo 
 
e desde a escuridade e as tebras os ollos dos cegos verán. 
 
19Entón os pobres aínda se alegrarán máis no Señor, 
 
e os campesiños miserables brincarán de gozo polo Santo de Israel, 
 
20porque se acabará o tirano, desaparecerá o burlón, 
 
e tódolos que intentan face-la iniquidade serán exterminados: 
 
21os que declaran culpable a un home con calumnia, 
 
e poñen lazos ós que deciden nas portas da cidade 
 
para botaren o inocente ó deserto. 
 
22Por isto así fala acerca da casa de Xacob 
 
o Señor Deus, o que redimiu a Abraham: 
 
"xa non se avergonzará Xacob, xa non virará branca a súa cara, 
 
23porque cando vexa no medio del os seus fillos, froito das súas entrañas, 
 
eles santificarán o meu Nome". 
 
Santificarán o Santo de Xacob e revenciarán o Deus de Israel. 
 
24Entón os de espírito extraviado coñecerán o que é ter siso, 
 
e os murmuradores aprenderán a instrucción que se lles dá. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 26, 1 . 4. 13-14 
 
R/ (1a): O Señor é a miña luz e salvación 
 
 
 
O Señor é a miña luz e salvación, 
 
¿a quen hei de temer? 
 
O Señor é o meu castelo, 
 
¿ante quen hei de tremer? 
 
 
 
4Unha cousa pídolle ó Señor, 
 
unha cousa procuro: 
 
habitar na casa do Señor, 
 
tódolos días da vida, 
 
para gozar da dozura do Señor, 
 
visitando o seu templo. 
 
 
 
13Eu espero gozar dos bens do Señor 
 
na terra da vida. 
 
14Espera no Señor; 
 
ten corazón forte e valente 
 
e espera no Señor. 
 
 
 
 
 
ALELUIA: 
 
Velaí vén o noso Señor con poder, 
 
e iluminará os ollos dos seus servos 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mt 9, 27-31: 
 
 
Por creren en Xesús dous cegos son curados 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
27Cando saíu Xesús, fórono seguindo dous cegos que berraban: 
 
-Fillo de David, ten dó de nós. 
 
28E ó entrar na súa casa, os cegos achegáronselle. Preguntoulles Xesús: 
 
-¿E vós credes que eu podo facer iso? 
 
Responderon: 
 
-Cremos. 
 
29Entón tocóulle-los ollos, dicindo: 
 
-Fágase conforme a vosa fe. 
 
30E abríronselle-los ollos. Logo avisounos moi serio: 
 
-¡Mirade que non o saiba ninguén! 
 
31Pero, mal se foron, déronlle unha grande sona por toda aquela terra. 
 
 
 
 
 
180.- SÁBADO 
 
 
 
PRIMEIRA Is 30, 19-21. 23-26 
 
Con misericordia apiadareime de ti, cando clames amin 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS 
 
 
 
Di o Señor, Deus Santo de Israel: 
 
19Ai, pobo de Sión, que habitas en Xerusalén, non chores máis: 
 
o seu favor acollerá o teu berro de auxilio; 
 
cando El o escoite, responderache; 
 
20o Señor darache o pan na hora da angustia e auga na hora do asedio; 
 
e o que che dá a chuvia non volverá a marchar, 
 
os teus ollos volverano a ver, 
 
21os teus oídos escoitarán unha palabra: 
 
"Este é o vieiro, camiñade por el", 
 
cando vos desviedes para a dereita e cando vos desviedes para a esquerda. 
 
23Entón daralle a chuvia para a sementeira que sementaches na túa terra, 
 
e o gran, producto da túa terra, será abundante e gordo. 
 
No día aquel o teu rabaño pacerá en pasteiros anchos, 
 
24e os bois e os burros que aren a túa terra, 
 
comerán forraxe ben sazonada, aventada coa galleta e a forquita. 
 
25Sobre todo monte alto e todo outeiro erguido 
 
haberá auga, correrá a regos, 
 
no día da grande matanza, cando caian as torres. 
 
26Entón a luz da lúa será coma a luz do sol 
 
e a luz do sol será sete veces maior, 
 
cando o Señor sande a ferida do seu pobo 
 
e cure a chaga do seu castigo. 
 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 146, 1-2. 3-4. 5-6 
 
R/ (Is 30, 18): Ditosos todos cantos esperan ó Señor 
 
 
 
1Louvade o Señor, 
 
pois é bo cantarlle ó noso Deus; 
 
a louvanza élle debida. 
 
2O Señor reconstrúe Xerusalén 
 
e reúne os dispersos de Israel. 
 
 
 
3Sana os corazóns quebrados 
 
e venda as súas feridas. 
 
4Conta as estrelas sen número 
 
e chama a cada unha polo nome. 
 
 
 
5O noso Señor é grande e poderoso, 
 
para a súa sabedoría non hai medida. 
 
6O Señor ergue os humildes 
 
e abaixa no chan os malvados. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Is 33, 22: 
 
O Señor noso xuiz, noso lexislador, noso rei: 
 
el hanos salvar 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mt 9, 35 - 10, 1. 6-8 
 
Vendo á xente, tivo compaixón dela 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
35Xesús percorría tódalas vilas e aldeas ensinando nas sinagogas, anunciando a Boa 
Nova do Reino e curando toda enfermidade e doenza. 36Pero, vendo a multitude, sentiu 
unha fonda compaixón por ela, porque estaban todos derreados e esmorecidos coma 
ovellas sen pastor. 37Entón díxolles ós discípulos: 
 
-A anada é ben boa, pero os xornaleiros son poucos; 38así que rogádelle ó dono da 
colleita que mande xornaleiros á súa ceifa. 
 
10 1E chamando ós doce discípulos, deulles poder para botaren os espíritos malos e 
curaren toda enfermidade e doenza. 
 
6Ide máis ben ás ovellas perdidas da casa de Israel. 7E mentres camiñades proclamade 
que xa chega o Reino dos Ceos. 8Curade enfermos, resucitade mortos, limpade gafos, 
botade os demos fóra. E xa que de balde recibistes, dade de balde tamén.