Semana VI

 
 

SEMANA 6ª DA PASCUA

 

291.- LUNS

PRIMEIRA Feit 16, 11-15:

Abriulle Deus o corazón para que comprendera o que Pulo dicía

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

 

11Embarcamos en Tróade, dereitos a Samotracia; para o outro día a Neápolis, 12e de alí

a Filipos, que era das principais cidades da rexión de Macedonia. Alí aínda botamos uns

días.

 

13O día de sábado saímos fóra da porta cara á beira dun río, onde supoñiamos que había

un lugar de oración; sentámonos, e comezamos a falar coas mulleres que se xuntaban

alá. 14Unha delas, que se chamaba Lidia, tratante en púrpura, da cidade de Tiatira, que

seguía o xudaísmo, púxose a escoitar, e o Señor abriulle o corazón, para que fixese caso

do que dicía Paulo. 15Despois de se bautizar cos seus, rogábanos así: "se me tedes por

unha fiel do Señor, vide parar na miña casa". E obrigounos.

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Sal 149, 1-2. 3-4. 5-6a e 9b

R/ (4a): O Señor ama ó seu pobo

Ou: Aleluia

 

 Cantádelle ó Señor un cántico novo,

louvádeo na asemblea dos xustos.

2Alégrese Israel co seu facedor

e os fillos de Sión relouquen co seu rei.

 

3Festexen coa danza o seu nome,

cántenlle con pandeiros e harpas,

4porque o Señor ama o seu pobo

e coroa os humildes coa victoria.

 

5Exulten os xustos no triunfo

e canten xubilosos nos seus postos,

6coa louvanza de Deus nas gargantas

e a espada de dobre fío na súa man.

será un honor para os seus amigos.

 

Aleluia.

 

ALELUIA Xn 15, 26b. 27a:

O Espírito da verdade dará testemuño de min, di o Señor;

e vós tamén daredes testemuño

 

 

EVANXEO Xn 15, 26 - 16, 4a:

O Espírito da verdade dará testemuño de min

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

Dilles Xesús ós seus discípulos:

26Cando veña o Paráclito que eu vos hei de mandar de onda o Pai, o Espírito da

Verdade que vén do Pai, dará testemuño acerca de min; 27e tamén vós daredes

testemuño, pois levades comigo desde o comezo.

 

16 1Díxenvos estas cousas para que non vos escandalicedes.

 

2Hanvos expulsar das sinagogas; e mesmo chega a hora en que todo aquel que vos mate,

coide que está dando culto a Deus. 3E farán iso, porque non coñeceron nin ó Pai nin a

min. 4Mais díxenvos isto, para que, cando chegue a hora, recordedes que xa eu volo tiña

dito.

 

 

 

 292.- MARTES

PRIMEIRA Feit 16, 22-34:

Cre no Señor Xesús e salvaraste ti e maila túa casa

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

 

22A xente de Filipos arrepúxose en contra de Paulo e mais de Silas; e os pretores,

despois de facer que os espisen, mandáronos azoutar con vergallos. 23Cando xa lles

deran moitos vergallazos, metéronos na prisión, ordenándolle ó carcereiro que os

gardase con moito tino. 24El, ó recibir tal orde, meteunos na cela de castigo e

prendéulle--los pés co cepo.

 

25Pola media noite, Paulo e Silas oraban, cantando louvanzas a Deus. Os outros presos

escoitaban. 26De súpeto veu un terremoto tan grande que abalaron os alicerces da

prisión; de golpe abríronse as portas todas e desprendéronse as cadeas de todos eles.

 

27Cando acordou o carcereiro e viu abertas as portas da prisión quitou a espada para se

matar, coidando que os presos xa fuxiran; 28pero Paulo berroulle: "non te firas, que

estamos todos aquí". 29El pediu unha luz, entrou dentro e, tremendo, botouse ós pés de

Paulo e de Silas, 30levounos para fóra e díxolles:

-Señores, ¿que teño que facer para me salvar?

 

31Respondéronlle:

-Cre no Señor Xesús e salvaraste ti e mailos da túa casa.

 

32E anunciáronlle a palabra do Señor, a el e mais a tódolos da súa casa. 33E naquela

mesma hora da noite levounos consigo, lavóulle-las feridas e seguidamente bautizouse

el e tódolos seus. 34Despois fíxoos subir á súa casa, preparóulle-la mesa, e celebraron

unha festa por crer en Deus con tódolos da súa casa.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 137, 1-2a. 2bc-3. 7c-8

R/ (7c): A túa dereita libérame, Señor

Ou: Aleluia

 

Douche as gracias, Señor, de todo corazón,

cántoche diante dos anxos;

2póstrome cara ó teu templo

e bendigo o teu nome,

polo teu amor e a túa fidelidade.

 

Mesmo máis grande cá túa sona

fixéche-la túa promesa.

 

3Cando te chamo, ti respóndesme

e acrecénta-las miñas forzas.

 

Esténde-la túa man,

a túa dereita libérame:

8o Señor leva ata o final a miña causa.

O teu amor, Señor, é eterno;

non abandóne-las obras das túas mans.

 

 

ALELUIA Cf. Xn 16, 7. 13:

Mandaréivo-lo Espírito da verdade, di o Señor;

El havos conducir á verdade plena

 

 

EVANXEO Xn 16, 5-11:

Se eu non me vou, o Espírito non virá sobre vós

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

 Dilles Xesús ós seus discípulos:

5Agora voume onda o que me mandou e ningún de vós me pregunta: "¿Onde vas?" 6O

contrario porque vos dixen estas cousas, a tristura encheu os vosos corazóns.

 

7Pero eu dígovo-la verdade: convenvos que eu me vaia; pois, se eu non me vou, non

virá a vós o Paráclito; en cambio, se eu me vou, mandareino onda vós.

 

8E cando veña culpará ó mundo de pecado, xustiza e condena: 9pecado, porque non

cren en min; 10xustiza, porque vou onda o Pai e xa non me veredes; 11condena, porque

o príncipe deste mundo xa resultou condenado.

 

 

 

 293.- MÉRCORES

PRIMEIRA Feit 17, 15. 22 - 18, 1:

A quen adorades descoñecéndoo, a ese vos anuncio eu

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

 

15Os que conducían a Paulo levárono a Atenas e volveron coa encomenda de que Silas

e Timoteo fosen con todo o apuro onda el. 22Entón Paulo, de pé no medio do Areópago,

dixo:

 

-Atenienses, vexo en todo que sodes moi relixiosos, 23pois andando por aí e mirando

para os vosos monumentos de culto, incluso atopei un altar con esta inscrición: "O deus

descoñecido". Ben, pois o que venerades sen o coñecer, é o que eu vos anuncio: 24o

Deus que fixo o mundo e todo o que nel hai, o Señor do ceo e mais da terra, non habita

en santuarios feitos pola man dos homes, 25nin o serven mans humanas, coma se

precisase de cousa ningunha El, que a todos dá vida e alento. 26Dun só home quitou a

raza humana, para que habitasen toda a terra, e estableceu os lindeiros dos seus tempos e

mais dos seus territorios, 27para que o buscasen a El e o encontrasen, aínda que fose

atoutiñando. En realidade non está lonxe de cada un de nós, 28posto que nel vivimos,

nos movemos e existimos, como algúns dos vosos poetas dixeron: "porque somos

incluso da súa caste". 29Así que, sendo da liñaxe de Deus, non debemos pensar que a

divinidade sexa semellante ó ouro, á prata ou á pedra, traballados pola maña e a

imaxinación do home. 30Ora ben, pasando por alto os tempos de ignorancia, agora

manda Deus ós homes que todos en todas partes se arrepintan. 31Porque estableceu un

día no que ha xulga-lo mundo con xustiza por medio do home que El determinou,

dándonos a todos a garantía disto, resucitándoo de entre os mortos.

 

32O sentiren falar de "resurrección de mortos", uns burlábanse e outros dicíanlle:

-Ben, home, ben. Diso xa te escoitaremos noutra ocasión.

 

33Con estas, Paulo marchou do medio deles. 34Mesmo así, xuntáronselle algúns homes

e creron, entre eles Dionisio Areopaxita, unha muller chamada Dámaris e outros.

 

18 1Despois disto Paulo deixou Atenas e foise para Corinto. 2Alí atopou un xudeu

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 148, 1-2. 11-12ab. 12c-14a. 14bcd

R/ O ceo e maila terra está cheos da túa gloria

Ou: Aleluia

 

Louvade o Señor desde o ceo,

louvádeo alá nas alturas.

2Louvádeo os seus anxos,

louvádeo os seus exércitos.

 

11os reis e tódalas nacións,

os príncipes e os xuíces da terra,

12os mozos e mailas doncelas,

os vellos e mailos neniños.

 

13Louven o nome do Señor,

pois só o seu nome é excelso,

a súa maxestade cobre a terra e mailo ceo.

14El ergue a cabeza do seu pobo,

 

louvanza de tódolos xustos,

dos fillos de Israel, os seus achegados.

Aleluia.

 

 

 

 

ALELUIA Xn 14, 16:

Pedireillo ó Pai e havos dar outro Defensor,

para que permaneza con vós para sempre

 

 

EVANXEO Xn 16, 12-15:

O Espírito da verdade havos conducir á verdade plena

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

Dilles Xesús ós seus discípulos:

12Aínda teño moitas cousas que vos dicir, pero non podedes con elas agora. 13Cando

veña El, o Espírito da Verdade, havos encamiñar á verdade plena, pois non vos falará

pola súa conta, senón que vos dirá o que escoitou e anunciarávo-lo que ha de pasar. 14El

hame glorificar, pois recibirá do meu e interpretarávolo. 15Todo o que ten o Pai é meu,

por iso díxenvos que recibirá do meu e volo interpretará a vós.

 

 

 

294.- XOVES

PRIMEIRA Feit 18, 1-8:

Permanecía onda eles e traballaba e discutía na sinagoga

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

 

18 1Paulo deixou Atenas e foise para Corinto. 2Alí atopou un xudeu chamado Aquila,

natural do Ponto, que acababa de chegar de Italia con Priscila, a súa muller, por cousa

dun edicto de Claudio, que mandaba que tódolos xudeus marchasen de Roma. Xuntouse

con eles, 3e como eran do mesmo oficio, quedou a traballar na casa deles (eran

tecedores de lonas).

 

4Cada sábado discutía na sinagoga, tratando de convencer a xudeus e a gregos. 5Cando

Silas e Timoteo chegaron de Macedonia, Paulo dedicouse de cheo á palabra, atestando

perante os xudeus que Xesús é o Mesías. 6Pero como eles se lle repoñían xurando,

díxolles, sacudindo a roupa:

-Que o voso sangue veña sobre a vosa cabeza; eu non teño culpa. De agora en diante

voume ós pagáns.

 

7E marchando de alí, foi á casa dun tal Ticio Xusto, seguidor do xudaísmo, que vivía a

carón da sinagoga. 8Crispo, o xefe da sinagoga, creu no Señor con toda a súa familia, e

moitos corintios que escoitaban a Paulo abrazaron a fe e bautizáronse.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 97, 1. 2-3ab. 3cd-4

R/ (2b): O Señor revela a súa xustiza ante os pobos.

Ou: Aleluia

 

Cantádelle ó Señor un cántico novo,

pois fixo marabillas,

a súa dereita e o seu brazo

déronlle a victoria.

 

2O Señor dá a coñece-la súa salvación,

revela a súa xustiza ante os pobos.

3Lembra o seu amor e a súa fidelidade

coa casa de Israel.

 

Os pobos todos verán

a salvación do noso Deus.

4Aclama ó Señor, terra enteira,

rompede a cantar e a tocar.

 

 

 

ALELUIA Cf. Xn 14, 18:

Non vos deixarei orfos, di o Señor;

voume e veño onda vós, e alegrarase o voso corazón

 

 

 

EVANXEO Xn 16, 16-20:

Entristeceredesvos, mais a vosa tristura volverase alegría

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

Dilles Xesús ós seus discípulos:

16Un pouquiño e xa non me veredes; e outro pouquiño, e volverédesme ver.

 

17Comentaron entón algúns dos seus discípulos: "¿Que é isto que nos di un pouquiño e

xa non me veredes; e outro pouquiño, e volverédesme ver? ¿E iso de porque vou onda o

Pai?". 18E dicían: "¿Que é ese un pouquiño? Non sabémo-lo que quere dicir".

 

19Coñeceu Xesús que lle querían preguntar e díxolles:

-¿Matinades entre vós acerca disto que vos dixen, "un pouquiño e xa non me veredes, e

outro pouquiño e volverédesme ver"? 20Con toda verdade volo aseguro: choraredes e

lamentarédesvos, mentres que o mundo se alegrará. Vós estaredes tristes, mais a vosa

tristura volverase alegría.

 

 

 

295.- VENRES

PRIMEIRA Feit 18, 9-18:

É amplia a multitude que me recoñece nesta cidade

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

 

Estando Paulo en Corinto, nha noite, en visión, díxolle o Señor: "non recees, sigue

falando e non cales; 10que eu estou contigo e ninguén arremeterá contra ti, que teño un

pobo numeroso nesta cidade". 11Entón botou alí ano e medio, ensinándolle-la palabra

de Deus.

 

12Sendo Galión procónsul de Acaia, os xudeus todos á xunta foron contra Paulo e

levárono diante do tribunal, 13dicindo:

-Este home anda a convencer na xente para que dean culto a Deus dun xeito contrario á

Lei.

 

14Aínda Paulo non abrira a boca e Galión díxolles ós xudeus:

-Se se tratase dalgunha inxustiza ou delito grave, sería de razón atendervos con

paciencia; 15pero como é cuestión de palabras, de nomes e da vosa Lei, amañádevos

vós. Eu non quero ser xuíz desas cousas.

 

16E mandounos saír do tribunal. 17Entón, botaron man de Sóstenes, o xefe da sinagoga,

e déronlle unha malleira diante do tribunal, pero Galión non quixo saber nada.

 

18Paulo aínda botou alí ben días. Despois despediuse dos irmáns e embarcou para Siria

en compaña de Priscila e Aquila. En Céncreas rapou a cabeza, porque se ofrecera.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 46, 2-3. 4-5. 6-7

R/ (8a): Deus é o rei de toda a terra

Ou: Aleluia

 

2Aplaudide, pobos todos,

aclamade a Deus con cancións.

3O Señor é excelso e terrible,

o grande rei de toda a terra.

 

4El subxuga os pobos para nós,

pon debaixo nosa as nacións.

5Escolle para nós a nosa herdade,

orgullo de Xacob, o seu amado.

 

6Deus sobe entre aclamacións,

o Señor, ó son de trompetas.

7Cantádelle a Deus, cantádelle,

cantádelle ó noso rei, cantádelle.

 

 

ALELUIA Cf. Lc 24, 46. 26:

Era preciso que Cristo padecera e resucitara de entre os mortos;

e así entrar na súa gloria

 

 

EVANXEO Xn 16, 20-23a:

Ninguén vos ripa a vosa alegría

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

 Dilles Xesús ós seus discípulos:

20Con toda verdade volo aseguro: choraredes e lamentarédesvos, mentres que o mundo

se alegrará. Vós estaredes tristes, mais a vosa tristura volverase alegría. 21A muller,

cando vai dar á luz, ten tristura, pois chegou a súa hora; pero cando deu á luz o neno, xa

non lle acorda o apuro, pola alegría de que naceu un home para o mundo. 22Así, tamén

vós tedes agora tristura; pero heivos de ver de novo e o voso corazón alegrarase, e a

vosa alegría ninguén vola poderá quitar. 23E aquel día xa non me preguntaredes nada.

 

 

 

 296.- SÁBADO

PRIMEIRA Feit 18, 23-28:

Apolo mostraba polas Escrituras que Xesús é o Mesías

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

 

23Pasado algún tempo, Paulo marchou e percorreu sucesivamente o país gálata e a

Frixia, enfortecendo a tódolos discípulos.

 

24Chegou a Éfeso un xudeu chamado Apolo, natural de Alexandría, que falaba moi ben

e dominaba as Escrituras. 25Ins-truírase no camiño do Señor e con espírito afouto

predicaba e ensinaba con exactitude no tocante a Xesús, aínda que só coñecía o

bautismo de Xoán.

 

26Púxose a falar barilmente na sinagoga. Priscila e Aquila, que o sentiran, levárono

consigo e expuxéronlle con máis precisión o camiño de Deus. 27Como el quería ir para

Acaia, os irmáns animárono e escribíronlles ós discípulos, para que o acollesen. De

chegado, foilles de gran axuda ós que pola gracia abrazaran a fe, 28pois con forza

refutaba en público ós xudeus, demostrando polas Escrituras que Xesús era o Mesías.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 46, 2-3. 8-9. 10

R/ (8a): Deus é o rei de toda a terra

Ou: Aleluia

 

2Aplaudide, pobos todos,

aclamade a Deus con cancións.

3O Señor é excelso e terrible,

o grande rei de toda a terra.

 

8Deus é o rei de toda a terra:

cantádelle con xeito.

9Deus reina sobre as nacións,

sentado no seu trono sagrado.

 

10Os nobres dos pobos xúntanse

co pobo de Deus de Abraham,

pois de Deus son os grandes da terra:

e El, o máis excelso.

 

 

ALELUIA Xn 16, 28:

Saín do Pai e vin ó mundo;

de novo deixo o mundo e voume ó Pai

 

 

 

EVANXEO Xn 16, 23b-28:

O Pai ámavos porque me amastes e crestes

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

 Dilles Xesús ós seus discípulos:

Con toda verdade volo aseguro: o que lle pidades ó Pai no meu nome, El hávolo dar.

24Ata agora non pedistes nada no meu nome. Pedide e recibiredes, de xeito que a vosa

alegría sexa plena.

 

25Díxenvos estas cousas en comparanzas. Vai chega-la hora en que xa non vos falarei

en comparanzas, senón que vos falarei do Pai abertamente. 26Naquel día pediredes no

meu nome. E non vos digo que eu rogarei por vós ó Pai, 27xa que o propio Pai vos ama,

pois vós amástesme a min, e crestes que eu saín de Deus. 28Saín do Pai e vin ó mundo;

de novo deixo o mundo e vou onda o Pai.