Semana II

 
 

SEMANA 2ª DO TEMPO ORDINARIO

 

 311 Luns

Ano 1

PRIMEIRA Heb 5, 1-10

 Aprendeu, sufrindo, o que é obedecer

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

 Todo Sumo Sacerdote se escolle sempre entre os homes e se constitúe Sumo Sacerdote

para o ben dos homes nas súas relacións con Deus, a fin de que ofreza oblacións e

sacrificos polos pecados. 2É capaz de tratar con indulxencia ós ignorantes e ós

descarriados, porque tamén el está rodeado de fraquezas. 3Por mor destas fraquezas ten

que ofrecer sacrificios polos pecados, tanto polos pecados do pobo coma polos seus

propios pecados. 4Ora, ninguén pode coller en por si este honor, senón que hai que ser

chamado por Deus, como foi chamado Aharón.

 

5Do mesmo xeito, tampouco Cristo non procurou a súa gloria, facéndose Sumo

Sacerdote, senón que lla procurou o que lle dixo:

 

''Ti e-lo meu Fillo,

hoxe enxendreite Eu''.

6Entendido conforme o que di noutro sitio:

''Ti es sacerdote para sempre,

á maneira de Melquisedec''.

 

7El nos días da súa vida mortal, a fortes gritos e con bágoas, presentou oracións e

súplicas a quen o podía salvar da morte e Deus escoitouno por mor da súa sumisión.

8Aínda que era Fillo, aprendeu sufrindo o que é obedecer; 9e, consumada deste xeito a

súa consagración sacerdotal, converteuse en causa de salvación eterna, para tódolos que

lle obedecen, 10ó mesmo tempo que Deus o proclamou Sacerdote á maneira de

Melquisedec.

 

 

 

 

SAL. RESP. Sal 109, 1. 2. 3. 4

R/ (4bc): Ti es sacerdote para sempre á maneira de  Melquisedec

 

Palabra do Señor ó meu señor:

--"Senta á miña dereita

mentres poño os teus inimigos

por estrado dos teus pés".

 

2O cetro do poder

mándacho o Señor desde Sión:

domina nos teus inimigos.

 

 3--"Es príncipe desde o día que naciches,

tes aura sagrada desde o seo,

desde o albor da túa infancia".

 

4O Señor xurouno, e non se arrepinte:

--"Ti es sacerdote para sempre

conforme ó rito de Melquisédec".

 

 

Ano 2

PRIMEIRA 1 Sam 15, 16-23

 É mellor a obediencia que as víctimas.

 Apartaoute o Señor, para que non sexas rei

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DE SAMUEL

 

 16Samuel díxolle a Xaúl:

Déixame que che anuncie o que esta noite me dixo o Señor. E el díxolle: Fala.

17Samuel dixo: Aínda que te consideres pequeno, ti e-la cabeza das tribus de Israel, pois

o Señor unxiute por rei de Israel. 18O Señor mandoute por este camiño, con esta orde:

Vai e consagra ó anatema ós amalecitas, pecadores; combáteos, ata acabares con eles.

 

19¿Por que non obedeciches ó Señor? ¿Por que retivéche-los despoxos, facendo o que

desagrada ó Señor? 20Xaúl respondeulle a Samuel: ¿Que non obedecín ó Señor? Eu fun

polo camiño que el me sinalou; trouxen a Agag, rei de Amalec, e ós amalecitas

consagreinos ó anatema. 21Se o exército colleu dos despoxos ovellas e bois, a primicia

do consagrado ó anatema, foi para ofrecer sacrificios en Guilgal ó Señor, o teu Deus.

 

22Samuel dixo entón:

¿Quere o Señor holocaustos e sacrificios

ou prefire que o obedezan?

Certamente a obediencia vale máis cós sacrificios,

a docilidade, máis có lardo dos carneiros.

23A rebeldía é coma pecado de feiticeiros,

a teimosía, coma delito de idolatría.

Xa que ti rexeitáche-la orde do Señor,

o Señor rexéitate a ti como rei.

 

 

 

SAL. RESP. Sal 49, 8-9. 16bc-17. 21 e 23

R/ (23b): Ó que vai por bo camiño dareille a salvación de Deus.

 

8Non te reprendo polos teus sacrificios,

pois os teus holocaustos están sempre ante min.

9Eu non aceptarei becerros do teu gando

nin carneiros dos teus rabaños,

 

--"¿Para que recíta-los meus mandatos

e levas na boca a miña alianza,

17ti que despréza-la instrucción

e te viras de costas contra os meus preceptos?

 

21Cando isto fas, ¿terei eu que calar?

¿Pensas que son coma ti?

Repréndote e acúsote á cara".

23O que ofrece louvanza dáme gloria;

ó que vai por bo camiño

dareille a salvación de Deus.

 

 

 

 

ALELUIA Heb 4, 12:

A Palabra de Deus é viva e dinámica;

ela xulga os proxectos e os pensamentos

 

 

 

EVANXEO Mc, 18-22

 O esposo está con eles

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

 18Un día no que os discípulos de Xoán e mailos fariseos gardaban o xexún, viñéronlle

preguntar:

 -¿Como é que mentres os discípulos de Xoán e mailos dos fariseos gardan o xexún, os

teus non o gardan?

 

19Xesús contestoulles:

-¿Pero, logo, poden os convidados á voda xexuar mentres dura a voda? Mentres teñan

consigo o esposo non poden xexuar. 20Xa virá o día no que lles leven o esposo, e

daquela si que xexuarán.

 

21Ninguén lle bota un remendo de pano novo a un vestido vello, porque o novo tiraría

polo vello e a rachadura faríase máis grande. 22Tampouco ninguén bota viño novo en

pelexos vellos, porque o viño rebentaría os pelexos, e perderíanse pelexos e viño. Xa

sabedes: a viño novo, pelexos novos.

 

 

 

 

312 Martes

Ano 1

PRIMEIRA Heb 6, 10-20

 Témola esperanza coma fundamento firme e seguro

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

 Irmáns e irmás:

Deus non é inxusto como para que lle esqueza o voso traballo e o amor que lle

mostrabades cando serviades (e seguides aínda servindo) ó seu pobo santo por mor del.

11Pero, con todo, nós queremos que cada un de vós demostre o mesmo ardor en leva-la

súa esperanza ata a fartura final, 12de xeito que non sexades nugalláns, senón que

imitedes ós que, con fe e paciencia, son herdeiros das promesas.

 

13Porque cando Deus fixo a promesa a Abraham, en vistas de que non tiña outro máis

grande por quen xurar, 14xurou por si dicindo: ''Abofé, heite bendicir con abundancia e

heite aumentar sen taxa''. 15E deste xeito Abraham, agardando con paciencia, conseguiu

a promesa.

 

16Os homes xuran sempre por quen é superior a eles; e o xuramento, por ser unha

garantía, marca a fin de calquera litixio. 17Por iso, xa que Deus lles quería demostrar

ben ás claras ós herdeiros da promesa o inmutable que era a súa decisión,

comprometeuse con xuramento. 18Deste xeito, por dous feitos inmutables de Deus, nos

que é imposible que minta, temos unha forte consolación os que buscamos agarimo en

podermos apreixa-los bens prometidos que esperamos. 19Estes bens son para nós como

unha áncora de salvación, segura e firme, que penetra ata o outro lado do veo: 20ata

onde, para o noso ben, penetrou Xesús, como adiantado, unha vez constituído Sumo

Sacerdote para sempre á maneira de Melquisedec.

 

 

 

SAL. RESP. Sal 110, 1-2. 4-5. 9 10c

R/ (5b): Recordará por sempre a súa Alianza

Ou tamén: Aleluia

 

Louvarei o Señor con todo o corazón

na xuntanza dos xustos, na asemblea.

2Grandes son as obras do Señor,

dignas de estudio para tódolos que as aman

 

4fai prodixios memorables.

5Dá mantenza a quen o teme

e recorda por sempre a súa alianza.

 

9El mándalle a liberación ó seu pobo,

corrobora por sempre a súa alianza;

santo e terrible é o seu nome.

A súa louvanza é eterna.

 

 

 

 Ano 2

PRIMEIRA 1 Sam 16, 1-13

 Samuel unxiu a David no medio dos seus irmáns,

 e o Espírito do Señor dirixiuse a el.

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DE SAMUEL

 

16 1O Señor faloulle a Samuel:

 ¿Ata cando estarás aflixido por Xaúl, sendo que eu o rexeitei como rei de Israel? Enche

o corno de óleo e vaite, de parte miña, onda Ixaí, o de Belén, pois escollín un rei entre os

seus fillos. 2Samuel respondeu: ¿Como farei para ir? Saberao Xaúl e matarame. O

Señor díxolle: Leva contigo unha xuvenca e di que vas ofrecer un sacrificio ó Señor.

3Convida a Ixaí ó sacrificio e eu direiche o que has facer; unxirás a quen eu che diga.

 

4Samuel fixo o que lle mandaba o Señor. O chegar a Belén, os vellos da cidade saíronlle

inquedos ó encontro e preguntáronlle: ¿Vés para ben? 5El respondeulles: Para ben.

 


 

Veño ofrecer un sacrificio ó Señor. Purificádevos e vide comigo ó sacrificio. Logo fixo

que se purificasen Ixaí e os seus fillos e convidounos ó sacrificio.

 

6Cando chegaron e viu a Eliab, pensou: De seguro que o Señor ten diante de si o seu

unxido. 7Pero o Señor díxolle a Samuel: Non te fixes no seu bo ver, nin na súa estatura.

Ese está excluído, pois Deus non olla coma os homes. Os homes ven as aparencias, pero

Deus ve o corazón.

 

8Ixaí chamou entón a Abinadab e fíxoo pasar diante de Samuel. Pero Samuel dixo:

Tampouco a este o escolleu o Señor. 9Ixaí fixo pasar logo a Xamah e Samuel dixo: O

Señor non escolleu tampouco a este. 10Ixaí fixo pasar a sete dos seus fillos á vista de

Samuel e Samuel dixo: Ningún destes é o escollido do Señor.

 

11Samuel preguntoulle a Ixaí: ¿Xa non tes máis rapaces? E el respondeulle: Queda

aínda o pequeno, que está gardando as ovellas. Samuel díxolle: Pois manda que o traian,

xa que non nos sentaremos á mesa ata que el chegue. 12Ixaí mandou que o fosen buscar.

Era loiro, de ollos fermosos e de bo parecer. O Señor dixo a Samuel: Érguete e únxeo,

pois é este.

 

13Samuel colleu o corno do óleo e unxiuno diante dos seus irmáns. Desde aquel intre e

en adiante o espírito do Señor apoderouse de David. Despois Samuel voltou para

Ramah.

 

 

 

SAL: RESP. Sal 88, 20. 21-22. 27-28

R/ (21a): Encontrei a David, o meu servo

 

20Un día falaches así en visión ós teus amigos:

--"Púxenlle a coroa a un valente,

erguín do medio do pobo un elixido;

 

21atopei o meu servo David

e unxino con óleo santo.

22A miña rexa man estará con el,

o meu brazo farao forte.

 

 27El dirame:--Ti es meu pai,

meu Deus, rocha da miña salvación.

28Eu dareille a primoxenitura

a soberanía sobre os reis da terra.

 

 

 

ALELUIA Cf. Ef 1, 17-18:

Que o Pai do noso Señor Xesús Cristo ilumine os ollos do noso corazón,

para sabermos cal é a esperanza da nosa vocación

 

 

 

 EVANXEO Mc 2, 23-28

 O sábado é para o home e non o home para o sábado

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS


 

23Un sábado cadrou que pasaron por uns terreos sementados; os discípulos de Xesús,

mentres ían de camiño, empezaron a arrincar espigas. 24Entón dixéronlle os fariseos:

 -Mira para aí, ¿por que fan o que non lles está permitido facer nun sábado?

 

25El respondeulles:

-¿Seica non sabéde-lo que fixo David, cando el e mailos seus acompañantes se viron

apurados e con fame? 26No tempo do Pontífice Abiatar entrou na casa de Deus e comeu

o pan ofrecido -pan que só podían come-los sacerdotes- e repartiu incluso cos seus

compañeiros.

 

27E concluíu:

-O sábado fíxose para o servicio do home, e non o home para o servicio do sábado. Así

que o Fillo do Home é Señor incluso do sábado.

 

 

 

 

313 Mércores

Ano 1

PRIMEIRA Heb 7, 1-3. 15-17

 Ti es sacerdote para sempre á semellanza de Melquisedec

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

Irmáns e irmás:

Melquisedec, rei de Salén, sacerdote do Deus Supremo saíu ó encontro de Abraham,

cando voltaba de derrotar ós reis, e bendíxoo. 2Abraham con el repartiu a décima parte

de todo. En primeiro lugar, o seu nome quere dicir: ''Rei de xustiza''; logo, o título ''Rei

de Salén'' quere dicir ''Rei de paz''. 3O feito de se nos presentar sen o nome do pai, nin o

da nai, sen xenealoxía, sen a data do comezo dos seus días nin a da fin da súa vida, faino

semellante ó Fillo de Deus e dá a entender que permanece sacerdote para sempre.

 

15Pero aínda é máis claro se surxe outro sacerdote á semellanza de Melquisedec,

16quen non resulta sacerdote por unha Lei que preceptúa acerca da liñaxe, senón por

unha forza que vivifica para sempre, 17pois así o testifica Deus: ''Ti es sacerdote para

sempre, na liña de Melquisedec''.

 

 

 

SAL. RESP. Sal 109, 1. 2. 3. 4

R/ (4bc): Ti es sacerdote para sempre conforme ó rito

 de Melquisedec

 

 Palabra do Señor ó meu señor:

--"Senta á miña dereita

mentres poño os teus inimigos

por estrado dos teus pés".

 

2O cetro do poder

mándacho o Señor desde Sión:

domina nos teus inimigos.

 

3--"Es príncipe desde o día que naciches,

tes aura sagrada desde o seo,

desde o albor da túa infancia".

 

4O Señor xurouno, e non se arrepinte:

--"Ti es sacerdote para sempre

conforme ó rito de Melquisédec".

 

 

Ano 2

PRIMEIRA 1 Sam 17, 32-33. 37. 40-51

 Venceu David ó filisteo coa tirafunda e coa pedra

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DE SAMUEL

 

32David díxolle a Xaúl:

- Ninguén se aflixa por ese. O teu servo irá loitar contra ese filisteo.

 

33Xaúl díxolle a David:

-Non podes loitar contra ese filisteo, pois ti es un rapaz e el é un

guerreiro desde neno.

 

 37E David engadiu:

-O Señor que me librou das gadoupas do león e do oso, hame librar

tamén das mans dese filisteo. Xaúl díxolle: Vai e que o Señor vaia contigo.

 

40Despois colleu o seu caxato, escolleu cinco pelouros do regato e meteunos no seu

foleco; e coa fonda na man chegouse onda o filisteo.

 

41O filisteo, da súa parte, adiantouse tamén cara a David, precedido do seu escudeiro.

42Axiña que o filisteo mirou e viu a David, desprezouno, pois non era máis ca un rapaz,

loiro e fermoso. 43E berroulle:

-¿Seica son eu un can, para que veñas cara a min cunha

caxata? E maldixo a David no nome dos seus deuses.

 

44Despois o filisteo chamou a David:

-Ven acó, que vou bota-la túa carne ós paxaros do

ceo e ás feras do monte.

 

45David respondeulle:

-Ti vés cara a min con espada, con lanza

e con venábulos, mentres eu vou cara a ti no nome do Señor dos exércitos, o Deus das

hostes de Israel, a quen ti aldraxaches. 46Hoxe porate o Señor nas miñas mans e eu

matareite e cortareiche a cabeza. Botaréille-los cadáveres do exército filisteo ós paxaros

do ceo e ás feras da terra e recoñecerá todo o mundo que hai un Deus en Israel. 47Toda

esta xente aprenderá que o Señor non outorga a victoria ás espadas e ás lanzas. O Señor

é dono da guerra e entregaravos nas nosas mans.

 

48O filisteo levantouse e adiantouse cara a David, mentres David saía correndo das

ringleiras ó encontro do filisteo. 49David meteu a man no seu foleco, sacou un pelouro,

disparouno coa fonda e acertoulle na testa ó filisteo. O cantazo cravóuselle na testa e el

caeu de fuciños na terra. 50David derrotou ó filisteo coa fonda e co cantazo. Feriuno e

matouno sen espada. 51Despois David foi correndo, botouse no filisteo, arrincoulle a

espada da vaíña e rematouno, cortándolle con ela a cabeza. Cando viron morto o seu

xefe, os filisteos saíron correndo.

 


 

 

SAL. RESP. Sal 143, 1 . 2 . 9-10

R/ (1a): Bendito o Señor, a micha rocha

 

Bendito o Señor, a miña rocha,

o que entrena as miñas mans para a loita,

os meus dedos para a contenda.

2El é para min defensa e fortaleza,

refuxio, escudo e agarimo,

o que somete para min os pobos.

 

9Eu cantareiche, Deus, un cantar novo,

tocarei para ti a arpa de dez cordas.

10Ti que dá-la victoria ós reis

que libráche-lo teu servo David da crúa espada,

 

 

 

ALELUIA Cf. Mt 4, 23

Xesús predicaba o Evanxeo do reino

e curaba toda doenza no pobo

 

 

 

EVANXEO Mc 3, 1-6

 ¿É lícito salva-la vida en sábado ou perde-la?

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

3 1De novo entrou Xesús na sinagoga; alí atopou a un home que tiña unha man tolleita.

2Todos estaban atentos, a ver se se atrevía a curalo en pleno sábado, para o poderen

acusar. 3Entón díxolle Xesús ó home da man tolleita:

-Érguete e ponte no medio.

 

4E preguntoulles:

 -¿Que está permitido no sábado: face-lo ben, ou face-lo mal; salva-la vida ou matar?

 

Pero ninguén falou palabra. 5E botándolles unha ollada, chea de carraxe e tristura,

debido á dureza dos seus corazóns, díxolle ó enfermo:

-Estende a túa man.

 

El estendeuna, e a man curou. 6E xa ó saíren da sinagoga, os fariseos empezaron a

matinar cos herodianos no xeito de acabaren con el.

 

 

 

 314 Xoves

Ano 1

PRIMEIRA Heb 7, 25 - 8, 6

 Presentou sacrificios, ofrecéndose a sí mesmo

 dunha vez por sempre

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

Irmáns e irmás:

Xesús pode levar á plenitude da salvación para sempre ós que por El se achegan a Deus,

xa que en todo momento vive para interceder por eles.

 

26Pois era xustamente deste xeito o sacerdote que nós precisabamos: santo, sen

ruindade e sen pecado, separado dos pecadores e levantado a unha gloria máis alta có

mesmo ceo. 27Non necesita ofrecer sacrificios cada día, en primeiro lugar polos seus

pecados e logo polos do pobo, coma os outros Sumos Sacerdotes; pois isto fíxoo dunha

vez para sempre, ofrecéndose a si mesmo. 28En síntese, a Lei constitúe Sumos

Sacerdotes a homes débiles, mentres que o xuramento que vén despois da Lei constitúe

Sumo Sacerdote ó Fillo que logrou a salvación plena para sempre.

 

8 1Isto é o máis importante de todo o que imos dicindo: que temos un Sumo Sacerdote

de tal categoría que tomou posesión do seu trono no ceo á dereita do trono da

Maxestade, 2ó mesmo tempo que oficiou como sacerdote no santuario e na tenda

verdadeira, que erixiu o Señor, non un home.

 

3Xa que todo sumo sacerdote se constitúe para ofrecer dons e sacrificos; por iso

cumpría que El tivese algo que poder ofrecer. 4Pois se a súa ofrenda fose terrena, nin

sequera El sería sacerdote, habendo como hai os que lexitimamente ofrendan dons.

5Aínda que estes dan culto a un asomo, a unha sombra das realidades celestes, conforme

ó que se lle revelou a Moisés cando estaba para construí-la tenda-santuario: ''Olla que

has de facer todo, segundo o exemplo que se che mostrou no monte''. 6Pero, de feito, ó

noso Sumo Sacerdote tocoulle unha liturxia tanto máis importante canto máis poderosa

é a alianza da que é mediador, xa que esta alianza está legalmente establecida apoiada

en promesas de máis valía.

 

 

 

 SAL. RESP. Sal 39, 7-8a. 8b-9. 10. 17

R/ (cf 8a e 9a): Aquí veño, Señor,

 para face-la túa vontade

 

7Ti non queres sacrificios e ofrendas

--sobre iso abríchesme o oído--

non pides holocaustos nin víctimas expiatorias.

8Entón digo:--"Aquí veño

co libro escrito para min".

Face-la túa vontade, meu Deus, é o que eu quero;

a túa lei está no fondo de min mesmo.

 

 10Proclamo a túa salvación na asemblea

non pecho os meus labios: ben o sabes, Señor.

 

17Alégrense e folguen contigo

tódolos que te buscan-

que poidan sempre dicir

os que arelan a túa salvación:

 

--"Exaltado sexa o Señor".

 

 

Ano 2

PRIMEIRA 1 Sam 18, 6-9; 19, 1-7

 Meu pai Xaúl busca matarte

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DE SAMUEL

 

6Cando volvían das saídas, despois de que matase David ó filisteo, viñan ó encontro de

Xaúl as mulleres de tódalas cidades de Israel, cantando e danzando, ledas, con pandeiros

e con ferreñas. 7Danzaban, cantando a coro:

Xaúl matou os seus mil,

pero David os seus dez mil.

 

8Xaúl enfadouse moito e pareceulle mal aquela copla. Dicía:

-A David danlle dez mil e a min mil. Xa só lle falta o reino.

 

 9Daquel día en adiante Xaúl mirou con malos ollos a David.

 

19 1Xaúl faloulle ó seu fillo Ionatán e ós seus servidores de matar a David. Pero

Ionatán, fillo de Xaúl, queríalle moito a David 2e avisouno, dicíndolle:

- Meu pai Xaúl trata de matarte. Anda, pois, con moito coidado. Pola mañá procúrate un tobo e acóchate. 3Cando saiamos, eu irei ó lado de meu pai, pola campía onde ti estás, falareille ó meu pai de ti, e, segundo vexa, informareite.

 

4Ionatán faloulle ó seu pai Xaúl en favor de David:

- Que o rei non faga dano ó seu servo David; el non che fixo dano a ti; ó contrario, todo o que fai é sempre no teu proveito. 5Xogou coa súa vida cando matou ó filisteo. Aquilo foi unha grande victoria, que o Señor concedeu a todo Israel. Cando ti o soubeches, aledácheste ben. ¿Por que te queres facer culpable dun sangue inocente matando a David sen motivo?

 

6Xaúl fíxolle caso a Ionatán e xurou:

- Pola vida do Señor que non morrerá.

 

7Ionatán chamou a David e contoulle toda a conversa. Logo levou a David onda Xaúl e David

quedou ó seu servicio, como antes.

 

 

SAL. RESP. Sal 55, 2-3. 9-10ab. 10c-11. 12-13

R/ (5bc): Esperei en Deus; non temerei

 

2Apiádate, Deus, de min, que me asoballan,

que me atacan e me oprimen todo o día;

3asobál1amne o día enteiro os inimigos,

son moitos os que me atacan.

 

9Do meu peregrinar ti levas conta:

recolle as miñas bágoas no teu odre,

¿Non están xa no teu libro?

10Os meus inimigos recuarán

o día en que eu te chame:

eu ben sei que Deus está por min.

 

11En Deus, de quen celebro a promesa,

no Señor, de quen celebro a palabra,

 12en Deus confío e non temo,

¿que poden facerme os homes?

 

13Quero pagar, Deus, os votos que che fixen,

eu cumprirei a acción de gracias.

 

 

 

ALELUIA Cf. 2 Tim 1, 10

O noso Salvador Xesús Cristo destruiu a morte

e iluminou a vida por medio do Evanxeo

 

 

 

EVANXEO Mc 3, 7-12

 Os espíritos inmundos gritaban: Ti e-lo Fillo

 de Deus; el mandáballes que non o descubrisen

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

7Xesús foi cos seus discípulos para a ribeira do mar, seguido por unha grande multitude,

chegada de Galilea e Xudea. 8Tamén de Xerusalén, Idumea, da outra banda do Xordán e

mais da comarca de Tiro e Sidón. Acudiron a el, despois de oíren as cousas que facía.

9El encargoulles ós seus discípulos que lle tivesen preparada unha lanchiña, para que a

xente non se lle botase enriba; 10porque curara a tantos que todos o querían tocar e ficar

así ceibos das súas doenzas. 11Mesmo os malos espíritos, cando o vían, se postraban

ante el, proclamando:

-Ti e-lo Fillo de Deus.

 

12Pero el ameazábaos, para que non o descubrisen.

 

 

 

 

315 Venres

Ano 1

PRIMEIRA Heb 8, 6-13

É mediador dunha mellor Alianza

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

Irmáns e irmás:

Ó noso Sumo Sacerdote tocoulle unha liturxia tanto máis importante canto máis

poderosa é a alianza da que é mediador, xa que esta alianza está legalmente establecida

apoiada en promesas de máis valía.

 

7Pois, se aquela primeira alianza fose sen falla, xa non habería lugar para unha segunda.

8Porque Deus, reprendéndoos, dilles:

''Vede que virán días -di o Señor-

nos que establecerei coa casa de Israel

e coa casa de Xudá unha alianza nova;

9non como a alianza que fixen con seus pais,

cando os collín pola man,

para os sacar de Exipto:

porque eles non permaneceron fieis á miña alianza,

e tamén eu me desentendín deles -di o Señor-

10Pois esta é a alianza que pactarei coa casa de Israel,

cando cheguen aqueles días -di o Señor-,

cando dea as miñas leis, héillelas escribir nos seus corazóns e nas súas mentes.

 Eu serei para eles o seu Deus e eles serán para min o meu pobo.

11Xa ninguén terá que ensinar ó seu veciño

nin ó seu irmán, dicíndolle: ''Recoñece ó Señor'';

porque me han coñecer todos eles,

desde o máis pequeno ó máis grande,

12xa que estarei disposto a perdoárlle-las súas maldades,

e xa non me lembrarei máis dos seus pecados''.

 

13O chamarlle Deus nova a esta alianza, deixou anticuada a primeira; ora, o anticuado e

avellado está próximo a desaparecer.

 

 

 

SAL. RESP. Sal 84, 8 e 10. 11-12. 13-14

R/ (11a): O amor e a fidelidade atoparanse

 

8Móstranos, Señor, o teu amor,

dáno-la túa salvación.

10A salvación está xa preto dos que o temen,

a súa gloria habitará na nosa terra.

 

11O amor e a fidelidade atoparanse,

abrazaranse a xustiza e maila paz.

12Na terra xermolará a fidelidade,

a xustiza ollar desde o ceo.

 

13O mesmo Señor dará os bens,

a nosa terra dará os froitos.

14A xustiza irá dediante del,

guiará os seus pés no camiño.

 

 

Ano 2

PRIMEIRA 1 Sam 24, 3-21

 Non lle poñerei a man enriba, porque é unxido do Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DE SAMUEL

 

Colleu Xaúl tres mil soldados escolleitos de todo Israel e foise en busca de David e dos

seus homes por fronte dos rochedos de Ielim.

 

4Chegaron onda os currais de ovellas que hai á beira do camiño, onde había unha cova,

e Xaúl entrou nela para face-las necesidades, cando David e os seus homes estaban no

fondo da cova. 5Os homes dixéronlle a David:

- Este é o día do que che falou o Señor: Eu poreiche nas mans o teu inimigo.

Fai con el o que mellor che pareza.

 

David ergueuse caladamente e cortoulle a Xaúl un anaco do manto.

 

Despois diso a David latexáballe con forza o corazón por corta-lo anaco do manto de

Xaúl 7e díxolles ós seus homes:

-Deus me libre de facerlle ó meu señor, o unxido de

Deus, unha cousa así, coma pór enriba del a miña man, sendo como é o unxido do

Señor.

 

8Con esas palabras David contivo os seus homes e non deixou que se botasen a

Xaúl.

 

9Logo que Xaúl saíu da cova e colleu o camiño, tamén David saíu da cova detrás del e

berroulle:

-¡Rei, meu señor! Xaúl volveu a vista atrás e viu a David baixando a cabeza e

postrándose polo chan.

 

10David díxolle:

-¿Por que lles dás creto ós que che din: Mira que David busca o teu

mal? 11Cos teus mesmos ollos puideches hoxe ver que o Señor te entregou nas miñas

mans dentro da cova. Dixéronme que te matase, pero eu respeteite pensando: Non

erguerei as miñas mans contra o meu señor; el é o unxido do Señor. 12Olla, meu pai, e

mira aquí na miña man un anaco do teu manto. Se cortei un anaco do teu manto e non te

matei, podes ver que nas miñas mans non hai traidoría nin maldade. Eu non che faltei en

nada e ti andas á caza da miña vida para quitarma.

 

13Sexa o Señor o noso xuíz e que el me vingue de ti. Pero a miña man non se erguerá

contra ti. 14Como di o vello refrán: Dos malvados sae a maldade. Pero a miña man non

se erguerá contra ti. 15¿Tras de quen anda o rei de Israel? ¿A quen está perseguindo? A

un can morto, a unha pulga. 16Que xulgue e decida o Señor entre ti e min; que vexa El e

defenda a miña causa; que El me faga xustiza, librándome da túa man.

 

17Cando acabou David de dicir esas palabras, Xaúl exclamou:

- David, meu fillo, ¿é esa a túa voz? E rompeu en saloucos.

 

18Despois díxolle:

- Ti es máis xusto ca min, pois ti págasme con bens e eu correspóndoche con males. 19Hoxe mostraches ben a túa bondade comigo: o Señor púxome nas túas mans e ti non me mataches. 20Se un se atopa co seu inimigo, ¿deixarao marchar en paz? 21Que o Señor che pague a bondade que hoxe mostraches comigo.

 

 

 

 SAL. RESP. Sal 56, 2. 3-4. 6. e 11

R/ (2a): Apiádate, Deus, apiádate de min

 

2Apiádate, Deus, apiádate de min,

pois en ti busco agarimo;

busco agarimo á sombra das túas ás,

namentres pasa a aflicción.

 

3Eu invoco o Deus Altísimo,

o Deus que cumpre comigo.

 

4Desde o ceo mandarame a salvación,

confundirá ós que me oprimen,

mandará o seu amor e a súa verdade.

 

 6Érguete, Deus, sobre o ceo,

enche a terra da túa gloria.

11O teu amor alcanza ata o ceo,

a túa fidelidade, ata as nubes.

 

 

 

ALELUIA 2 Cor 5, 19

Deus estaba en Cristo reconciliando o mundo consigo

 e puxo en nós unha palabra de reconciliación

 

 

EVANXEO Mc 3, 13-19

 Chamou a sí ós que quixo para que estiveran con El

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

Subindo Xesús ó monte, chamou ós que el quixo, e xuntáronse con el. 14Logo designou

Doce para que o acompañasen, e para envialos a predicar 15con poder de bota-lo demo

fóra.

 

16Estes foron os Doce que designou: Simón, a quen lle puxo de nome Pedro;

17Santiago, o fillo de Zebedeo e mailo seu irmán Xoán, ós que lles puxo de sobrenome

Boanerxes, que quere dicir, fillos do Trebón; 18Andrés e Felipe, Bartolomeu e Mateo,

Tomé e Santiago, o fillo de Alfeo, Tadeo e Simón o Zelota, 19e Xudas Iscariote, o

traidor.

 

 

 

316.- Sábado

Ano 1

PRIMEIRA Heb 9, 2-3. 11-14

 Polo seu sangue entrou de unha vez por todas no Santuario

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

 Irmáns e irmás :

Construíuse unha tenda-santuario, a primeira, onde estaban o candelabro, a mesa e

mailos pans ofrendados; chámase o Santo. 3Despois da segunda cortina está a tenda

chamada Santísimo

 

11Pero ó presentarse Cristo como sumo sacerdote dos auténticos bens, entrando a través

dunha tenda-santuario maior e máis perfecta, non de feitío humano, isto é, non deste

mundo, 12e ofrendando o seu propio sangue, non o sangue de carneiros ou de becerros,

entrou dunha vez para sempre no santuario e, deste xeito, conseguiu unha redención

definitiva. 13Se o sangue de carneiros e de touros e a cinsa dunha xuvenca asperxida

polos impuros conságraos, dándolles unha pureza corporal, 14moito máis o sangue de

Cristo (que movido polo Espírito que animou toda a súa vida, se ofreceu a si mesmo a

Deus, como víctima sen mancha) limpará a nosa conciencia das obras de morte, para así

servirmos ó Deus vivo.

 

 

 

 SAL. RESP. Sal 46, 2-3. 6-7. 8-9

R/ (6): Deus sobe entre aclamacións,

 o Señor, ó son de trompetas.

 

 2Aplaudide, pobos todos,

aclamade a Deus con cancións.

3O Señor é excelso e terrible,

o grande rei de toda a terra.

 

6Deus sobe entre aclamacións,

o Señor, ó son de trompetas.

7Cantádelle a Deus, cantádelle,

cantádelle ó noso rei, cantádelle.

 

8Deus é o rei de toda a terra:

cantádelle con xeito.

9Deus reina sobre as nacións,

sentado no seu trono sagrado.

 

 

Ano 2

PRIMEIRA 2.Sam 1, 1-4. 11-12. 19. 23-27

 ¡Cómo caeron os valentes na batalla!

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO SEGUNDO DE SAMUEL

 

1 1Despois da morte de Xaúl, David, vencedor dos amalecitas, voltara para Siquelag.

2O terceiro día diso, chegou un home do campamento de Xaúl, coa roupa toda rachada e

a cabeza cuberta de po. Presentouse a David e saudouno, postrándose rostro en terra.

 

3David preguntoulle:

-¨De onde vés?

E el respondeulle:

-Escapei do campamento de Israel.

 4David insistiu:

-¨Que foi o que pasou? Cóntamo!

E el dixo:

- Pois que os soldados fuxiron do combate; moitos deles caeron mortos e morreron tamén Xaúl e o seu fillo Ionatán.

 

11David agarrou o seu manto e rachouno; e o mesmo os seus homes todos. 12Fixeron

dó, choraron e xexuaron ata a tarde por Xaúl, polo seu fillo Ionatán, polo pobo do Señor

e pola casa de Israel, que caeran a fío de espada.

 

19Ai, a túa flor, Israel, cadáveres nos teus outeiros!

Como caeron os valentes!

 

23Xaúl e Ionatán, queridos e garimosos,

nin a vida nin a morte os separou,

máis lixeiros cás aguias, máis fortes cós leóns.

24Fillas de Israel, chorade por Xaúl,

o que vos vestía de púrpura preciosa

e adornaba os vosos vestidos con enfeites de ouro.

25Como caeron os heroes no medio do combate!

Ionatán, ferido de morte nos outeiros!

26Dóiome por ti, meu irmán, Ionatán.

Canto te quería!

O teu amor era máis doce para min

có amor das mulleres.

27Como caeron os heroes

e pereceron as armas da guerra!

 

 

 

 SAL. RESP. Sal 79, 2-3. 5-7

R/ (4b): Móstrate, Señor, e seremos salvos.

 

2Escoita, pastor de Israel,

que guía-lo rabaño de Xosé;

ti que sentas sobre os querubíns,

3móstrate ante Efraím, Benxamín e Menaxés,

esperta o teu poder e ven salvarnos.

 

5Señor, Deus dos exércitos,

¿por canto tempo aínda estarás irritado

contra os rogos do teu pobo?

6Décheslle a comer un pan de pranto

e a beber bágoas a grolos.

7Puxéchesnos de rifa entre veciños

e búrlanse de nós os nosos inimigos.

 

 

 

ALELUIA Cf. Act 16, 14b

Abre, Señor, o noso corazón,

para que atendamos ás Palabras do teu Fillo

 

 

 

EVANXEO Mc 3, 20-21

 Dicían para sí: perdeu o sentido

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

Foi Xesús cos seus discípulos para a casa; alí xuntouse de novo tanta xente, que nin

podían comer. 21E cando o souberon os seus parentes, foron buscalo á forza; porque a

xente dicía que perdera o sentido.