Semana IX

 
 

SEMANA 9ª DO TEMPO ORDINARIO

 

 353.- LUNS

 

 ANO 1

PRIMEIRA Tob 1, 3; 2, 1a-8:

Tobit andaba no camiño da verdade

PROCLA,MACIÓN.DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE TOBÍAS

 

3Eu, Tobit, camiñei toda a miña vida con sinceridade e verdade, e repartín moitas

esmolas entre os meus parentes e compatriotas deportados xuntamente comigo en

Nínive de Asiria.

 

2 1Baixo o reinado de Asarhadón, voltei, pois, á miña casa e fóronme devoltos a miña

muller Ana e o meu fillo Tobías.

 

2Trouxéronme á mesa gran cantidade de pratos finos, e eu díxenlle entón ó meu fillo

Tobías:

-"Vai ver, fillo, se atopas entre os nosos irmáns deportados a Nínive algún pobre que se

lembre do Señor con todo o seu corazón e tráemo para que participe do meu xantar;

agardarei ata que veñas".

 

3Tobías saíu en busca dalgún pobre entre os nosos irmáns; pero voltou dicindo:

-"Pai".

 

Eu respondinlle:

-"¿Que pasa, filliño?"

 

El contestou:

-"Papaíño, hai un da nosa nación que foi asasinado e tirado na praza maior, e aínda

segue aí, esganado".

 

4Dei un salto, sen probar bocado, para retira-lo cadáver da praza e metelo nunha

habitación co fin de enterralo á posta do sol. 5Voltei á casa, bañeime e comín o meu pan

con tristura, 6lembrándome da palabra do profeta Amós, proferida contra Betel;

 

As vosas festas tornaranse en loito

e tódolos vosos camiños en lamentacións.

 

E empecei a chorar. 7A posta do sol, saín, cavei unha fosa e enterreino. 8Os meus

veciños burlábanse de min, dicindo:

-"Xa non ten medo. Buscárono para matalo por iso que fai, e tivo que fuxir; e de novo

volve enterra-los mortos".

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 111, 1-2. 3-4. 5-6

R/ (1a): Ditoso o que teme ó Señor

Ou: Aleluia

 

1Aleluia.

Ditoso o que teme ó Señor

e ten gozo nos seus preceptos.

2A súa descendencia será forte na terra,

a liñaxe dos rectos é bendita.

 

3Na súa casa hai bens abondo

e a súa prosperidade é duradeira.

4Nas tebras brilla unha luz para os rectos,

os xustos, os misericordiosos e os clementes.

 

5Benia quen se apiada e presta,

e goberna os seus bens con xustiza.

6Endexamais non perecerá,

pois de eterna lembranza son os rectos.

 

ANO 2

PRIMEIRA 2 Pe 1, 2-7:

Regaláronsenos os máis preciosos bens prometidos, para que por estes bens sexades partícipes da natureza de Deus.

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PEDRO

 

 Benqueridos irmáns e irmás:

2Que vos aumente a gracia e a paz, ó irdes coñecendo mellor a Deus e a Xesús, noso

Señor.

 

3O coñecermos a Aquel, que nos chamou coa súa propia gloria e coa súa forza, o seu

poder divino convidounos con todo canto precisamos para a vida e para a piedade.

 

4Con esa gloria e esa forza tamén nos convidou ós máis preciosos e mellores bens

prometidos, para que por estes bens, fuxindo da podremia que o egoísmo produce no

mundo, sexades partícipes da natureza de Deus. 5Por iso mesmo, con toda a dilixencia,

coidade fomentar coa vosa fe a virtude; coa virtude, o xuízo moral; 6co xuízo moral, o

dominio de vós mesmos; co dominio de vós, a constancia; e coa constancia, a piedade;

7coa piedade, o agarimo de irmáns; e co agarimo, o amor.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 90, 1-2. 14-15ab. 15c-16

R/ (2b): Meu Deus, confío en ti

 

1O que habita ó agarimo do Altísimo

e mora á sombra do Omnipotente,

2dígalle ó Señor: -"Meu refuxio, miña forza,

meu Deus, en quen confío".

 

14Xa que me ten afecto, librareino,

poreino en seguro, xa que coñece o meu nome.

15Chamarame, e respondereille,

estarei con el nos apretos,

 

defendereino e honrareino.

16Dareille días a fartar,

mostrareille a miña salvación.

 

 

ALLELUIA Cf. Ap 1, 5ab:

Xesús cristo, ti es testemuña fiel, primoxénito dos mortos

amáchenos, e laváche-los nosos pecados co teu sangue

 

EVANXEO Mc 12, 1-12:

Agarrando ó fillo predilecto, matárono e tirárono fora da viña

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

12 1Xesús comezou a falarlles en parábolas ós sumos sacerdotes, escribas e anciáns:

-Un home plantou unha viña, rodeouna cun valado, cavou nela un lagar e construíu un

caseto para o garda. Logo arrendóullela a uns viñadores, e marchou para lonxe.

 

2No seu tempo, mandou un criado para cobrárlle-las rendas da viña ós viñadores. 3Pero

eles, botáronse enriba del, zorregáronlle duro, e despedírono coas mans baleiras. 4Vaise

el e mándalles outro criado, pero tamén mallaron nel e aldraxárono. 5Man-doulles outro,

e matárono; e a outros moitos bouraron neles e matáronos.

 

6Pero aínda lle quedaba un a quen mandar, o seu fillo benquerido; e mandóullelo de

último, dicindo para si: "El é fillo meu, e hano respectar". 7Pero os viñadores

comentaron: "¡Oi! Este é o herdeiro: veña, matámolo e ¡herdanza para nós!". 8E

agarrárono, matárono e botárono fóra da viña.

 

9¿Que fará o dono da viña? Voltará, acabará con estes viñadores e darálle-la viña a

outros.

 

10¿Ou seica non lestes aquilo da Escritura:

A pedra que desbotaron os canteiros

é agora o esquinal;

11esa colocouna o Señor;

¡que regalía para nós!?

 

12Decatándose de que a parábola ía por eles, quixérono prender, pero por medo á xente,

deixárono e fóronse.

 

 

354.- MARTES

ANO 1

PRIMEIRA Tob 2, 9-14:

Estaba inútil da vista

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE TOBIAS

 

9Aquela noite de Pentecostés, despois de enterrar un morto, saín ó patio e deiteime onda

o muro, coa cara descuberta pola calor. 10Non sabía que houbese pardais no muro,

enriba de min; e, estando cos ollos abertos, caeume neles o seu excremento quente e

provocou leucomas. Fun ós médicos, pero cantos máis medicamentos me aplicaban

máis cego me poñía, e acabei cego de todo. Estiven sen vista catro anos. Tódolos meus

irmáns estaban consternados por causa miña, e Ahicar remediou as miñas necesidades

durante dous anos, antes da súa marcha para Elimaida.

 

11Por este tempo, a miña muller Ana conseguira traballo de simple xornaleira.

12Ocupábase en favor dos seus amos e estes dábanlle o seu xornal. O sete do mes de

marzo rematou unha peza e entregóullela ós amos, que lle deron a súa paga, xunto cun

cabrito de gratificación para comer. 13O aproximarse a min, o cabrito empezou a berrar;

eu chameina e díxenlle:

 

-"¿De ónde é ese cabritiño? ¿Roubáche-lo, acaso? Volvéllelo ós seus donos. Non témo-

lo dereito de comer o que foi roubado".

 

14Ela replicoume:

-"Que non, que é un regalo que me fixeron, engadido ó que se me debía".

 

Pero eu non acababa de crelo e seguíalle dicindo que llelo devolvese ós donos. E con

este motivo indigneime contra ela, que me volveu replicar:

-"¿Onde están as túas esmolas? ¿Onde as túas obras? Todo canto che ocorre está ben

claro".

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 111, 1-2. 7bc-8. 9

R/ (7c): O corazón do xusto espera no Señor

Ou: Aleluia

 

 1Aleluia.

Ditoso o que teme ó Señor

e ten gozo nos seus preceptos.

2A súa descendencia será forte na terra,

a liñaxe dos rectos é bendita.

 

7Non terá medo de malas noticias,

pois o seu corazón confía no Señor.

8O seu corazón está firme e sen medo,

mentres olla os seus opresores na desfeita.

 

9Dálles xenerosamente ós pobres,

a súa prosperidade é duradeira:

erguerá con honor a súa fronte.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 2 Pe 3, 12-15a. 17-18:

Esperamos uns novos ceos e unha terra nova

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PEDRO

 

Benqueridos irmáns e irmás:

12mentres esperades e suspirades pola chegada do día de Deus! Porque é neste día

cando os ceos incendiados se han disolver e os elementos abrasados de calor se han

derreter. 13Pero nós, conforme á súa promesa, esperamos un ceo novo e unha terra

nova, onde exista a xustiza.

 

14Por iso, meus amigos, mentres agardades isto, collede a peito que El vos atope en paz,

sen tacha nin defecto. 15Tede por seguro que a paciencia do noso Señor é sinal de

salvación

 

17Polo tanto vós, meus amigos, ben avisados, estade en vela, para non perdérde-la vosa

firmeza, arrastrados polo erro de xente sen conciencia. 18Non; vós crecede na gracia e

no coñecemento do noso Señor e Salvador, Xesús Cristo. A el sexa a gloria, agora e

deica o día eterno. Amén.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 89, 2 . 3-4. 10. 14 e 16

R/ (1): Señor, ti e-lo noso refuxio de xeración en xeración

 

 2Primeiro que os montes xurdisen,

e que fosen formados a terra e o mundo,

desde sempre e por sempre es ti Deus.

 

3Ti podes volver en po os mortais,

con dicirlles:- "Fóra, homes".

4Mil anos ante ti

son coma o onte que pasou

e coma unha vixilia da noite.

 

10A nosa vida é de setenta anos,

de oitenta a dos máis fortes;

e os máis deles son de traballos e miserias:

esvaecen de présa, e nós voamos.

 

14Dános axiña a fartura da túa misericordia,

para que a nosa vida teña felicidade e ledicia.

16Que se vexa a túa obra nos teus servos

e a túa gloria nos teus fillos.

 

 

ALLELUIA Cf. Ef 1, 17-18:

O Pai do noso señor Xesús Cristo

ilumine o noso corazón,

para que saibamos cal é a esperanza da nosa vocación

 

 

EVANXEO Mc 12, 13-17:

O que é do césar dádello ó cesar, e a Deus o que é de Deus

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

 13Mandáronlle a Xesús algúns fariseos e herodianos, para o pillaren nalgunha pregunta.

14O que chegaron onda el, preguntáronlle:

-Mestre, sabemos que es sincero, e non andas con miramentos, porque ti non te deixas

levar polos respectos humanos, senón que ensína-lo verdadeiro camiño de Deus. ¿Está

permitido pagarlle a contribución ó Cesar, ou non? ¿Pagámoslla ou non lla pagamos?

 

15Xesús, decatándose da súa hipocresía, contestoulles:

-¿E por que me queredes comprometer? A ver, traédeme un denario para que o vexa.

 

16Eles leváronllo, e el preguntoulles:

-¿De quen é esta imaxe e de quen fala esta inscrición?

 

Contestáronlle:

-É do César.

 

17Xesús replicoulles:

-Pois logo dádelle ó César o do César, e a Deus o de Deus.

 

E ficaron pasmados.

 

 

 

 

355.- MÉRCORES

 

ANO 1

PRIMEIRA Tob 3, 1-11a. 16-17a:

Foi escoitada a oración dos dous na esplendorosa presencia de Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE TOBÍAS

 

3 1Embargada a alma por unha gran tristura, enchinme de salaiar e chorar, e entre laios

comecei a suplicar:

2-"Ti es xusto, Señor,

e tódalas túas obras son xustas.

Tódolos teus camiños son fidelidade e verdade,

e es ti quen xúlga-lo mundo.

3Lémbrate, polo tanto, de min,

olla e non me castigues polos meus pecados

nin polas miñas iniquidades,

nin por canto meus pais faltaron diante de ti.

4Desobedeceron os teus mandamentos,

por iso fomos entregados á pillaxe,

á deportación e á morte,

obxecto de escarnio para tódalas nacións,

entre as que nos vemos esparexidos.

5Si, tódolos teus xuízos son verdadeiros,

cando me tratas así polos meus pecados e os de meus pais,

porque non cumprímo-los teus preceptos

nin camiñamos pola verea da verdade diante de ti.

 

6Agora, pois, trátame como queiras,

manda que me priven do meu alento,

que desapareza da face da terra

e que volva ser terra.

Mellor me é morrer que vivir,

despois de oír tales ultraxes

e verme invadido pola pena.

Ordena, Señor, que me vexa libre desta angustia,

déixame partir para a eterna morada

e non apartes de min o teu rostro, Señor.

 

Si, máis me vale morrer

que ter que escoitar toda a vida tales aldraxes".

 

7Aquel mesmo día ocorreu que Sárah, a filla de Reuel de Ecbátana en Media, foi tamén

insultada por unha das servas de seu pai. 8A razón era que ata sete veces estivera

casada, e Axmodeo, o demo malvado, matara un por un tódolos seus maridos antes de

que se unisen con ela, segundo o debido cunha esposa. A criada dicíalle:

-"Es ti a que máta-los maridos. Xa fuches entregada a sete, e non leváche-lo nome de

ningún. 9¿Por que nos atormentas co pretexto da morte dos maridos? Vaite xuntar con

eles, e que non proceda de ti nin fillo nin filla".

 

10Ese día, chea de tristura, botouse a chorar e subiu ata a cámara alta de seu pai coa

intención de se aforcar. Pero reflexionou e díxose: -"Non vaian insultar a meu pai,

dicíndolle: Só tiñas unha filla querida, e viuse forzada a aforcarse a causa das súas

desgracias. Faría baixa-la vellez de meu pai á morada dos mortos pola tristura. É mellor

que non me colgue e que suplique ó Señor que me faga morrer para non oír insultos toda

a vida".

 

11No mesmo momento, levantou as mans do lado da fiestra e rezou

 

16Nese mesmo momento, a pregaria dos dous foi oída na presencia da gloria de Deus

17e Rafael foi enviado para curalos ós dous

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 24, 2-4a. 4b-5ab. 6-7bc. 8-9

R/ (1b): A ti, Señor, levanto a miña alma

 

2en ti, meu Deus, confío.

Que non se rían de min os inimigos.

3Ninguén que en ti espere quedará defraudado,

mentres se avergonzarán os traidores sen razón.

 

4Móstrame, Señor, os teus camiños,

ensíname os teus sendeiros,

5diríxeme na túa verdade, apréndeme,

pois ti es, Deus, o meu salvador

 

6Lémbrate, Señor, da túa compaixón e do teu amor,

pois existen desde sempre.

7acórdate de min segundo o teu amor,

Señor, pola túa bondade.

 

 8O Señor é bo e recto:

por iso ensínalle-lo camiño ós extraviados,

9dirixe ós xustos no xuízo

e móstralles ós humildes o vieiro.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 2 Tim 1, 1-3. 6-12:

Revive o don de Deus que tes pola imposición das miñas mans

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

 

 1 1Paulo, apóstolo de Cristo Xesús por vontade de Deus para anuncia-la promesa da

vida que hai en Cristo Xesús, 2a Timoteo, fillo querido: deséxoche a gracia, a

misericordia e a paz de Deus e de Cristo Xesús noso Señor.

 

3Doulle gracias a Deus, a quen sirvo desde o nacemento con conciencia limpa, porque

decote me lembro de ti nas miñas oracións, noite e día.

 

6Por esta mesma causa recórdoche que reavíve-lo carisma de Deus, que hai en ti pola

imposición das miñas mans. 7Porque Deus non nos deu un espírito feble senón forte, de

amor e de sobriedade. 8Non teñas vergonza de noso Señor, nin de min, preso por el; ó

contrario, faite partícipe dos meus sufrimentos polo Evanxeo, contando co poder de

Deus. 9El vivificounos e chamounos cunha vocación santa, non polas nosas obras,

senón polo seu designio e pola gracia que nos deu en Cristo Xesús antes de tódolos

tempos, 10e que se manifestou agora pola aparición do noso Salvador, Cristo Xesús. El

destruíu a morte e alumeou a vida e a inmor-talidade por medio do Evanxeo. 11Deste

Evanxeo constituíronme a min pregoeiro, apóstolo e mestre.

 

12Por esta causa precisamente padezo estas cousas. Pero non me importa, porque sei de

quen me fiei, e estou certo que é podente para custodiar ata aquel día o depósito que me

confiou.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 122, 1-2a. 2bcd

R/ (1a): Cara a ti alzo, Señor, os meus ollos

 

Cara a ti alzo os meus ollos,

cara a ti que moras no ceo.

2Coma os ollos do servo no seu señor,

coma os ollos da serva na súa señora,

así están os nosos ollos en ti, Señor, noso Deus,

en tanto El non se apiade de nós.

 

 

ALE LUIA Xn 11, 25a. 26:

Eu son a resurrección e a vida, di o Señor;

quen cre en min non morrerá endexamais

 

 

EVANXEO Mc 12, 18-27:

Non é Deus de mortos senón de vivos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

18Chegaron uns saduceos -deses que negan que haxa resurrección-, e preguntáronlle a

Xesús:

19-Mestre, Moisés deixou escrito: Se lle morre a alguén o seu irmán, deixando muller

sen fillos, case coa viúva de seu irmán, para lle dar descendencia. 20Pois dunha vez

había sete irmáns. O primeiro casou, e morreu sen fillos; 21o segundo casou coa viúva e

morreu tamén sen deixar fillos; o mesmo lle pasou ó terceiro; 22e ningún dos sete

deixou descendencia. O cabo, morreu tamén a muller. 23Ora, cando resuciten, ¿de cal

deles vai se-la muller, se ela estivo casada cos sete?

 

24Xesús contestoulles:

-¿Non será que andades descamiñados precisamente porque non comprendedes nin a

Escritura nin o poder de Deus? 25Pois cando resuciten nin casarán eles nin elas, porque

serán coma anxos do ceo. 26E volvendo á resurrección dos mortos, ¿non tedes lido no

Libro de Moisés, no episodio da silveira, como lle falou Deus dicindo: Eu son o Deus de

Abraham, o Deus de Isaac e o Deus de Xacob? 27Ben, pois El non é Deus de mortos,

senón dos vivos. Así que ides moi descamiñados.

 

 

 

 356.- XOVES

 

ANO 1

 

PRIMEIRA Tob 6, 10-11; 7, 1. 9-17; 8, 4-9a:

Ordena que se nos outorgue misericordia tanto a ela como a min,

e que cheguemos xuntos á vellez

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE TOBÍAS

 

 10Chegados á Media, acercábanse xa a Ecbátana 11cando Rafael lle dixo a Tobías:

-"Amigo Tobías".

 

El respondeulle:

-"¿Que?"

 

O anxo dixo:

-"Hoxe imos facer noite na casa de Reuel. É o teu parente e ten unha filla chamada Sárah.

 

7 1O entraren en Ecbátana, dixo Tobías:

-"Azarías, meu irmán, lévame dereitiño á casa do noso irmán Reuel".

 

O anxo conduciuno á casa de Reuel. Encontrárono sentado diante da porta do patio e

adiantáronse a saudalo. El díxolles:

-"Saúde, irmáns, sexades benvidos".

 

E fíxoos entrar na súa casa.

 

9Lavados xa e bañados, cando se foron sentar á mesa, Tobías dixo a Rafael:

-"Irmán Azarías, pregúntalle a Reuel se me dá a miña irmá, Sárah".

 

10Reuel oíu isto e díxolle ó mozo:

-"Come, bebe e aproveita a tarde, pois non lle corresponde a ninguén máis ca a ti, irmán,

casar coa miña filla, Sárah, nin eu podo darlla a outro que non sexas ti, pois e-lo parente

máis próximo. Sen embargo, meu fillo, vouche dicir toda a verdade. 11Xa llela dei a

sete homes de entre os nosos parentes, e todos morreron a noite mesma que ían con ela.

Pero agora come, fillo, e bebe e o Señor intervirá no teu favor". Mais Tobías dixo:

 

-"Non comerei bocado nin beberei aquí cousa ningunha mentres non resolvas este

asunto".

 

Reuel díxolle:

-"Moi ben, vouno facer. Xa que ela che pertence segundo a decisión do libro de Moisés;

é o ceo quen decide que cha dea. Recibe, pois, a túa irmá. A partir deste momento, ti e-

lo seu irmán e ela a túa irmá. Entrégocha a partir de hoxe e para sempre. O Señor do ceo

fará que esta noite sexa boa para ámbolos dous, fillo. Que vos manifeste a súa

misericordia e a súa paz".

 

12Reuel chamou entón a Sárah, ela veu onda el. Tomándoa pola man, entregoulla a

Tobías dicindo:

-"Recíbea segundo a Lei e segundo a decisión consignada no libro de Moisés, que cha

dá por muller. Tómaa e lévaa sen medo a teu pai. Que o Deus do ceo vos conduza en

paz".

 

13Despois chamou á nai de Sárah e mandoulle traer con que escribir. E redactou o

documento do contrato de matrimonio, no que se consignaba que lla daba por muller

segundo a decisión da Lei de Moisés. 14Só entón comezaron a comer e beber.

 

15Reuel chamou á súa muller Édnah e díxolle:

-"Irmá miña, prepara a outra habitación e leva a ela a Sárah".

 

16Édnah foi preparar un leito na habitación, como el lle mandara. Levouna e botouse a

chorar por ela; despois limpou as bágoas e díxolle:

17-"Moito ánimo, filla, que o Deus do ceo cambie en ledicia o teu pesar". E saíu.

 

4Despois deixou a Tobías e pecharon a porta da habitación. El ergueuse do leito e

díxolle á moza:

-"Érguete, irmá, recemos, e supliquemos ó Señor para que nos conceda a súa

misericordia e saúde".

 

5Ela ergueuse e puxéronse a rezar e a suplicar, para que se lles concedese a saúde. E el

dixo:

-"Bendito sexas, ti, Deus de nosos pais.

Bendito o teu nome en tódalas xeracións do futuro.

Que te louven os ceos e toda a creación en tódolos séculos.

6Ti creaches a Adam,

e fuches ti quen lle deches unha axuda e sostén, a súa muller Eva,

e de ambos naceu a raza dos homes.

Fuches ti quen dixeches:

Non está ben que o home viva só:

fagámoslle unha axuda semellante a el.

7Agora, pois, non é desexo ilexítimo o que me move a tomar

por esposa esta irmá que teño aquí; senón o amor de verdade.

Ordena que se nos outorgue misericordia tanto a ela como a min,

e que cheguemos xuntos á vellez".

 

8Despois dixeron á vez:

-"Amén, amén".

 

9E deitáronse para pasa-la noite.

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 127, 1-2. 3- 4-5

R/ (cf 1a): Ditosos os que temen ó Señor

 

Ditosos os que temen ó Señor

e van polos seus camiños.

2Cando comes do froito das túas mans,

ditoso ti e afortunado.

 

3A túa muller é coma parra fecunda

no medio da túa casa.

Os teus fillos coma gromos de oliveira

arredor da túa mesa.

 

 4Así é bendito

quen teme ó Señor.

5Bendígate o Señor desde Sión,

que vexas na prosperidade a Xerusalén

tódolos días da túa vida,

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 2 Tim 2, 8-15:

A Palabra de Deus nos está encadeada. Se conmorremos, tamén conviviremos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

 

Benquerido irmán:

8Lémbrate de Xesús Cristo, resucitado dos mortos, da semente de David. Este é o meu

Evanxeo, 9polo que padezo ata estar preso coma un vulgar criminal. Pero a palabra de

Deus non está encadeada. 10Por iso soporto tódalas cousas por mor dos escolleitos, para

que tamén a eles lles toque en sorte a salvación que vén de Cristo Xesús, coa gloria

eterna. 11Esta é unha gran verdade:

 

Se morremos con el, tamén viviremos con el.

12Se padecemos con el, tamén reinaremos con el.

Se arrenegamos del, tamén el arrenegará de nós.

13Pero se fallamos na fe, el permanece fiel,

porque non pode arrenegar de si mesmo.

 

14Failles diario o acordo disto, amoestándoos diante de Deus, para que non discutan

sobre palabras: que iso non vale para nada máis que para botar a perder ós que escoitan.

15Esfórzate por presentarte grato a Deus: coma un traballador que non ten de que se

avergonzar, xa que reparte a palabra da verdade.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 24, 4bc-5ab. 8-9. 10 e 14

R/ (4a): Móstrame, Señor, os teus camiños

 

4Móstrame, Señor, os teus camiños,

ensíname os teus sendeiros,

5diríxeme na túa verdade, apréndeme,

pois ti es, Deus, o meu salvador

 

8O Señor é bo e recto:

por iso ensínalle-lo camiño ós extraviados,

9dirixe ós xustos no xuízo

e móstralles ós humildes o vieiro.

 

10Os camiños do Señor son todos amor e lealdade,

para os que gardan a súa alianza e as súas instruccións.

14O segredo do Señor é para os que o temen,

e instrúeos coa súa alianza.

 

 

ALELUIA Cf. 2 Tim 1, 10:

O noso Salvador Xesús Cristo destruiu a morte,

e iluminou a vida por medio do Evanxeo

 

 

EVANXEO Mc 12, 28b-34

Non hai mandamento máis importante ca estes

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

 28Un letrado acercouse a Xesús e preguntoulle:

-¿Cal é o mais importante de tódolos mandamentos?

 

29Xesús respondeulle:

-O primeiro é: Escoita, Israel: o Señor é o noso Deus, o Señor é único, 30e amara-lo

Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma, con todo o teu

entendemento e con tódalas túas forzas. 31O segundo é: Amara-lo teu próximo coma a

ti mesmo. Non hai mandamentos máis importantes ca estes.

 

32O letrado replicou:

-Moi ben, Mestre, estás no certo cando dis que El é único e non hai outro fóra del; 33e

que amalo con todo o corazón, con todo o entendemento e con tódalas forzas, e o

próximo coma a un mesmo, é mais importante do que tódolos sacrificios e holocaustos.

 

34Xesús, vendo que respondera con moito tino, díxolle:

-Non estás lonxe do Reino de Deus.

 

E ninguén se atreveu a facerlle máis preguntas.

 

 

 

357.- VENRES

 

ANO 1

PRIMEIRA Tob 11, 5-17:

O mesmo Deus mortificoume e velaí eu vexo ó meu fillo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE TOBÍAS

 

5Ana estaba sentada, ollando o camiño por onde tiña que vir seu fillo. 6Viuno vir ó

lonxe e díxolle ó pai:

-"Alí vén o teu fillo co seu compañeiro".

 

7Rafael dixo a Tobías antes de que chegase onda o pai:

-"Eu sei que os ollos de teu pai se abrirán. 8Aplícalle o fel do peixe sobre eles: o

remedio fará que as nubes que ten salten, e desaparezan os leucomas; entón teu pai

recobrará a vista e verá a luz".

 

9Ana correu para abrazarse no fillo e díxolle:

-"Vólvote ver, meu fillo. Agora xa podo morrer".

 

E empezou a chorar. 10Tobit levantouse e, cambaleando, saíu pola porta do patio.

11Tobías correu ó seu encontro, co fel do peixe na man, soproulle nos ollos e,

apreixándoo, díxolle:

-"Bo ánimo, papá".

 

12Despois coas dúas mans fíxolle salta-los leucomas dos ollos. 13Entón Tobit botouse ó

seu pescozo chorando, e díxolle: -"Vólvote ver, fillo, luz dos meus ollos". 14Logo dixo:

-"Bendito sexa Deus.

Bendito o seu nome grande.

Benditos sexan tódolos seus anxos.

Que o seu nome grande sexa sobre nós.

Benditos sexan tódolos seus anxos en tódolos séculos.

Pois o Señor, que me ferira,

permíteme agora ve-lo meu fillo Tobías".

 

15Tobías entrou na casa moi feliz; bendicindo a Deus en alta voz. Explicoulle ó seu pai

o gran éxito da súa viaxe, como traía tóda a prata e tamén como casara con Sárah, a filla

de Reuel, próxima a chegar, pois xa se encontra ás portas de Nínive.

 

16Tobit, contento e louvando a Deus, saíu ó encontro da súa nora cara ás portas de

Nínive. Cando as xentes de Nínive o viron marchar e dar voltas con plena saúde, sen

que ninguén o guiase, marabilláronse. Tobit pregoou diante deles que Deus tivera

lástima del, abríndolle de novo os ollos. 17Che-gado xunto a Sárah, a muller de seu

fillo, Tobías, bendíciuna nestes termos:

-"Sexas benvida, filla. Bendito sexa o teu Deus, que te trouxo onda nós, filla. Bendito

sexa o teu pai. Bendito sexa o meu fillo, Tobías, e bendita ti, filla. Entra na túa casa;

sexas moi benvida, para ti a bendición e a ledicia; entra, filla".

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 145, 2abc. 7. 8-9a. 9bc-10

R/ (1b): Louva, alma miña, ó Señor

Ou: Aleluia

 

2Louvarei o Señor, mentres viva,

cantareille ó meu Deus, mentres exista.

 

7El garda por sempre a súa fidelidade:

failles xustiza ós oprimidos

e dálles pan ós famentos.

O Señor libra os cativos,

 

8o Señor abre os ollos dos cegos,

o Señor endereita os dobrados,

o Señor ama os xustos.

9O Señor protexe os forasteiros,

sostén os orfos e as viúvas,

extravía os camiños dos malvados.

10Reine o Señor por sempre,

o teu Deus, Sión, polas xeracións.

Aleluia.

ANO 2

 

PRIMEIRA 2 Tim 3, 10-17:

Os que queiran vivir piadosamente en Cristo, padecerán persecución

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

 

Benquerido irmán:

10Ti seguíchesme a min na doutrina, no xeito de vida, nos meus plans, na fe, na

paciencia, na caridade, na resistencia 11ás persecucións e ós sufrimentos (como os que

aturei en Antioquía, en Iconio, en Listra). ¡Que grandes persecucións soportei e de todas

me librou o Señor! 12E tódolos que queiran vivir coma bos cristiáns padecerán

persecución.

 

13Homes ruíns e seductores irán de mal en peor, enganadores e enganados. 14Ti

mantente no que aprendiches e no que criches, e que non che esqueza quen cho

aprendeu. 15Porque xa desde neno coñéce-las letras santas, que son podentes para che

facer sabe-lo camiño da salvación pola fe en Cristo Xesús.

 

16Toda a Escritura está inspirada por Deus e é útil para ensinar, para corrixir, para

enmendar, para educar na xustiza. 17Dese xeito, o home de Deus tórnase perfecto e

competente para toda obra boa.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 118, 157. 160. 161. 165. 166. 168

R/ (165a): Para os que aman a túa lei é todo paz

 

157Moitos son os meus perseguidores e opresores,

mais da túa revelación non me arredo.

 

160O principio da túa palabra é a verdade,

as túas xustas decisións son eternas.

 

161Os poderosos perséguenme sen causa,

pero o meu corazón respecta a túa palabra.

 

165Para os que aman a túa lei é todo paz,

non hai para eles tropezo.

 

166Eu agardo, Señor, o teu socorro,

mentres cumpro os teus mandatos.

 

168Gardo as túas normas e a túa revelación,

tódolos meus camiños están diante de ti.

 

 

 

ALLELUIA Xn 14, 23:

O que me ama, gardará a miña Palabra, di o Señor,

e o meu Pai amarao e viremos a el

 

 

EVANXEO Mc 12, 35-37:

¿Cómo din que o Cristo é fillo de David?

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

35Ensinando no templo, preguntou Xesús:

-¿Como din os letrados que o Mesías é fillo de David? 36O mesmo David dixo,

inspirado polo Espírito Santo:

 

Díxolle o Señor ó meu Señor:

senta á miña dereita,

que vou poñe-los teus inimigos

coma estrado dos teus pés.

 

37Ora, se David o chama Señor, ¿como vai se-lo seu fillo?

E a numerosa multitude escoitaba engaiolada a Xesús.

 

 

 

 358.- SÁBADO

 

ANO 1

PRIMEIRA Tob 12, 1. 5-15. 20:

E agora, bendicide ó Señor; velaí eu ascendo a Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE TOBÍAS

 

 12 1Rematados os festexos da voda, Tobit chamou polo seu fillo Tobías e díxolle:

-"Fillo querido, disponte a paga-lo salario do teu compañeiro de rota, engadindo algunha

cousa".

 

5Tobías chamouno e díxolle:

-"Colle como salario a metade de todo o que trouxeches e vai en paz".

 

6Entón Rafael tomounos ós dous á parte e manifestoulles:

-"Bendicide a Deus e celebrádeo diante de tódolos viventes polo que fixo convosco. É

bo bendicir e canta-lo seu nome. Facede coñecer a tódolos homes as marabillas de Deus,

como se merece. Non sexades neglixentes en cantalas. 7É bo ter oculto o segredo do rei,

mais as obras de Deus é bo pregoalas e revelalas. Celebrádeas, pois, como elas merecen.

 

Facede o ben e non vos atinxirá a desgracia. 8Máis vale a oración con verdade e a

esmola xusta cá riqueza con inxustiza. Máis vale facer esmola que amontoar ouro. 9A

esmola libra das tebras da morte e limpa de todo pecado e da inxustiza. Os que fan

esmola veranse saciados de vida; 10os que cometen pecado e inxustiza son inimigos de

si mesmos.

 

11Agora vouvos dicir toda a verdade sen nada calar. Acabo de vos dicir: É bo esconde-

lo segredo do rei e revelar con toda claridade as obras de Deus. 12Pois ben, cando ti

rezabas, o mesmo ca Sárah, era eu quen presentaba as vosas oracións diante da gloria do

Señor, e da mesma maneira cando ti enterrába-los mortos. 13Cando non dubidabas en

erguerte e deixa-la comida para ires enterra-lo morto, foi entón cando fun enviado onda

ti para te poñer á proba. 14Mais ó mesmo tempo envioume Deus para curarte, o mesmo

ca á túa nora, Sárah. 15Eu son Rafael, un dos sete anxos que están diante da gloria de

Deus e penetran na súa presencia".

 

20Bendicide, pois, ó Señor neste mundo e celebrade a Deus. Eu torno agora ó que me

enviou. Escribide todo canto vos ocorreu".

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Tob 13, 2. 6. 7. 8

R/ (2a): Bendito o Señor que vive eternamente

 

2El é o que castiga e ten misericordia.

El fai baixar ata a morada dos mortos,

nas profundidades da terra,

e despois levanta de novo da gran perdición.

 

Ninguén pode escapar da súa man.

6O día en que volvades a El,

con todo o voso corazón e todo o voso ser

para obrardes segundo a verdade diante del,

entón El volverá a vós e non vos ocultará o seu rostro.

 

7E agora pensade o que fixo por vós

e celebrádeo a plena voz.

Bendicide ó Señor da xustiza

e exaltade ó Rei dos séculos.

 

8Pola miña parte, eu celébroo na terra

á que fun deportado.

Anuncio a súa grandeza e o seu poder

a unha nación pecadora.

Convertédevos, pecadores, obrade rectamente na súa presencia.

Poida que teña compaixón e vos acolla con misericordia.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 2 Tim 4, 1-8:

Traballa de evanxelista. Eu xa remato e o Señor darame a coroa de xustiza

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

 

Benquerido irmán:

4 1Pídoche por favor unha cousa diante de Deus e de Cristo Xesús, que ha vir xulgar a

vivos e mortos, pola súa vinda gloriosa e polo seu reinado: 2pregoa a palabra, insiste a

tempo e a destempo, corrixe, reprende, aconsella con toda a paciencia que require a

doutrina.

 

3Porque virán tempos nos que non escoitarán a verdadeira doutrina, senón que,

conforme os seus caprichos, amorearán mestres que lles agarimen os oídos.

4Afastaranse de escoita-la verdade e extraviaranse polo terreo dos mitos.

 

5Ti, en troques, mantente sobrio en todo, soporta o mal, fai obra de evanxelista, cumpre

ben o teu servicio. 6Porque a min xa me falta pouco para derrama-lo meu sangue, e o

meu pasamento está a chegar. 7Combatín unha loita brillante, rematei a miña carreira,

gardei a fe. 8O que me resta é a coroa da xustiza que me está reservada. E o Señor, que é

xuíz xusto, hama entregar aquel Día.

 

E non só a min senón a tódolos que arelan a súa Vinda gloriosa.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 70, 8-9. 14-15ab. 16-17. 22

R/ (cf 15a): A miña boca anunciará a túa salvación, Señor

 

8Da túa louvanza está chea a miña boca,

e da túa glorificación, o día enteiro.

9Non me rexeites na vellez,

non me abandones cando me faltan as forzas,

 

14Eu sigo sempre esperando,

engadindo louvanza á túa louvanza.

15A miña boca pregoa a túa xustiza,

a túa salvación, o día enteiro.

 

16falarei das fazañas do Señor:

de ti, só de ti, cantarei a xustiza.

17Desde a mocidade ensínasme ti, Deus,

e aínda hoxe eu canto os teus prodixios.

 

22Eu dareiche as gracias coa harpa,

meu Deus, pola túa fidelidade;

tocarei para ti a cítola,

Santo de Israel.

 

 

 

ALLELUIA Mt 5, 3:

Ditosos os pobres de espírito

porque deles é o reino dos ceos

 

 

EVANXEO Mc 12, 38-44:

Esta pobre viúva deu máis ca todos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

Xesús dille á xente:

-¡Coidado cos letrados! Gustan moito de se pasearen con vestidos fachendosos, e que

lles fagan reverencias polas rúas; 39buscan os primeiros postos nas sinagogas e mais nos

banquetes. 40E acábanlles cos bens ás viúvas, facéndose os piadosos. Pero serán

xulgados como lles cómpre.

 

41Sentado fronte por fronte da sala do tesouro, ollaba para a xente que botaba cartos no

peto. E moitos ricos botaban con fartura. 42E nisto viu unha viúva pobriña botar uns

céntimos nada máis, unha miseria coma quen di. 43Entón chamou ós seus discípulos, é

díxolles:

 

-Asegúrovos que esa pobre viúva botou máis cós ricos todos. 44Pois eles botaron o que

lles sobraba, pero ela na súa pobreza, botou todo canto tiña para vivir.