Semana VIII

 
 

SEMANA 8ª DO TEMPO ORDINARIO

 

 

347.- LUNS

ANO 1

PRIMEIRA Sir 17, 20-28 (gr. 24-29):

Volve ó Altísimo e recoñece os seus xuizos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIÁSTICO

 

24Os que se arrepintan permitiralles volver

e dará consolo ós que perdan a esperanza.

25Volve ó Señor e deixa os pecados

prega diante del e reduce as caídas;

26torna para o Altísimo e afástate da inxustiza,

refuga con forte pulo a iniquidade;

27pois ¿quen vai louva-lo Altísimo no Hades

igual que o fan os que viven confesándoo?

28Para un morto que xa non existe rematou a louvanza;

é o vivo e quen ten saúde quen louva ó Señor.

29¡Que grande é a piedade do Señor

e o perdón para os que voltan cara El!

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Sal 31, 1-2. 5- 6 7

R/ (11a): Alegrádevos no Señor e exultade, xustos

 

Feliz o que ten perdoada a súa culpa,

encuberto o seu pecado.

2Feliz aquel a quen o Señor

non lle ten en conta o seu pecado

e non leva fraude no espírito.

 

5Confeseiche o meu pecado,

non che escondín o meu delito;

dixen para min: -"Confesarei os erros ó Señor",

e ti perdoáche-la miña culpa.

 

6Por isto implorarante tódolos xustos,

na hora da súa angustia

e a enxurrada das augas

non os tocará.

 

7Ti e-lo meu agarimo: gárdasme dos perigos

e cínguesme co gozo do rescate.

 

 ANO 2

PRIMEIRA 1 Pe 1, 3-9:

A Cristo amádelo sen o verdes, e o crer alegrádesvos con ledicia inenarrable

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PEDRO APÓSTOLO

 

3¡Louvado sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo!

Que pola súa grande compaixón,

resucitou a Xesús Cristo da morte

e nos fixo renacer a unha vida que se nos dá en esperanza,

4a unha herdanza que non se corrompe

nin se afea

nin murcha,

predestinada por Deus para vós;

5gracias á fe que vós tedes,

estades protexidos polo poder de Deus

en vistas á salvación

que está para se manifestar, no intre final.

 

6Por iso brincades de alegría, anque agora, se fai falta, teñades que sufrir por un pouco

tempo diferentes probas. 7Deste xeito, o xenuíno da vosa fe ten máis valía do que o

ouro -que, a pesar de ser pasadío, se aquilata no lume- e considérase merecente de

louvanza, gloria e honra cando se revele Xesús Cristo. 8A quen amades sen o terdes

visto; en quen credes, aínda sen o ver; e brincades, cheos dunha alegría indicible e

gloriosa, 9porque conseguíste-lo froito da vosa fe, a vosa salvación persoal.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 110, 1-2, 5-6, 9 e 10c

R/ (5b): O Señor recorda por sempre a súa alianza.

Ou: Aleluia

 

Louvarei o Señor con todo o corazón

na xuntanza dos xustos, na asemblea.

2Grandes son as obras do Señor,

dignas de estudio para tódolos que as aman.

 

5Dá mantenza a quen o teme

e recorda por sempre a súa alianza.

6El móstralle ó seu pobo feitos poderosos,

dándolle a herdanza das nacións.

 

9El mándalle a liberación ó seu pobo,

corrobora por sempre a súa alianza;

santo e terrible é o seu nome.

a súa louvanza é eterna.

 

 

ALELUIA 2 Cor 8, 9:

Xesús Cristo fíxose pobre sendo rico,

para que, coa súa pobreza, vós sexades ricos

 

 

EVANXEO Mc 10, 17-27:

Vende todo canto tes e ségueme

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

17No preciso momento en que Xesús se puña en camiño, chegou un a correr, que se

axeonllou diante del e que lle preguntou:

-Mestre bo, ¿que teño que facer para acada-la vida eterna?

 

18Xesús contestoulle:

-¿E por que me chamas bo? Ninguén e bo, fóra de Deus. 19Xa sábe-los mandamentos:

Non mates, non cometas adulterio, non roubes, non deas falso testemuño, non

defraudes, honra a teu pai e maila túa nai.

 

20El respondeu:

-Mestre, todas esas cousas gardeinas desde a miña mocidade.

 

21Entón Xesús pousou nel a súa ollada chea de cariño e engadiu:

-Aínda che falta unha cousa: vai, vende todo o que tes, e repárteo entre os pobres, e terás

un tesouro no ceo; e despois ven e sígueme.

 

22Ante estas palabras mudóuselle o rostro e marchou moi apesarado, pois tiña moitos

bens.

 

23Xesús mirando todo arredor, díxolles ós discípulos:

-¡Que difícil lles vai ser ós ricos entrar no Reino de Deus!

 

24E os discípulos ficaron moi sorprendidos por estas palabras. Pero Xesús volveu a

insistir:

-Fillos, ¡que difícil é entrar no Reino de Deus! 25É máis doado para un camelo pasar

polo ollo dunha agulla, do que para un rico entrar no Reino de Deus.

 

26Eles, aínda moi asombrados, comentaban entre si:

-Entón, ¿quen se vai poder salvar?

 

27Xesús, mirando para eles fixamente, dixo:

-Si, para os homes é imposible, pero non para Deus; pois todo é posible para Deus.

 

 

 

 348.- MARTES

 

ANO 1

PRIMEIRA Sir 35, 1-15 (gr. 1-12):

Aquel que observa a Lei fai ofrendas cumpridas

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIÁSTICO

 

35 1Aquel que observa a Lei fai ofrendas cumpridas,

2o que garda os mandamentos fai sacrificio de comunión.

3Quen se amosa indulxente ofrece flor de fariña,

4e o que doa unha esmola fai sacrificio de louvanza.

5Se afastarse do mal comprace ó Señor,

fuxir da inxustiza é propiciación.

6Non te achegues ó Señor coas mans baleiras

7pois isto todo faise por mor do precepto.

8A ofrenda do xusto enche de graxa o altar,

o seu recendo atingue ó Altísimo.

9O sacrificio do xusto é ben acollido,

o seu memorial non será esquecido.

10Dá honor ó Señor con xenerosidade

e non andes a relear coas primicias das túas mans.

11En todo canto doares, pon rostro amable

e consagra o teu décimo con ánimo ledo.

12Dálle a Deus segundo El che doou,

con xenerosidade e conforme ós teus posibles,

13pois Deus recompensaracho

devolvéndoche o séptuplo.

14Non lle vaias con subornos, que non os acepta,

non poñas esperanza na ofrenda extorsionada,

15porque El é un Deus xusto

e non ten preferencias de persoa;

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 49, 5-6. 7-8. 14 e 23

R/ (23b): Ó que vai por bo camiño

dareille a salvación de Deus.

 

 5-"Congregade ante min os meus fieis,

que cun sacrificio fixeron comigo alianza".

6Os ceos anunciarán a súa xustiza,

pois é Deus mesmo quen xulga.

 

 7-"Escoita, meu pobo, que che falo,

Israel, que vou declarar contra ti.

Eu son Deus, o teu Deus.

8Non te reprendo polos teus sacrificios,

pois os teus holocaustos están sempre ante min.

 

14Ofrécelle a Deus a louvanza

e cumpre os teus votos ó Altísimo.

23O que ofrece louvanza dáme gloria;

ó que vai por bo camiño

dareille a salvación de Deus.

ANO 2

PRIMEIRA 1 Pe 1, 10-16:

Profetizaron o voso futuro, por iso, esperade atenta e activamente

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PEDRO APÓSTOLO

 

Benqueridos irmáns e irmás:

10Sobre a salvación das almas meditaron e pescudaron algúns profetas, que profetizaron

acerca da gracia que se vos concedeu. 11Pescudaron eles a data e as circunstancias ás

que o Espírito de Cristo, presente neles, se quería referir, cando lles predicía os

sufrimentos reservados a Cristo e as glorias que virían despois. 12Revelóuselles que non

eran ministros destes misterios proféticos para proveito deles senón para o voso;

misterios proféticos, que nesta era vos anunciaron os que vos evanxelizaron movidos

polo Espírito Santo mandado desde o ceo; cousa esta que os mesmos anxos desexan

achegarse a ollar.

 

13Por iso, preparados espiritualmente para a vosa peregrinaxe e vivindo con sobriedade,

poñede toda a vosa esperanza na gracia que se vos concederá cando sexa a revelación de

Xesús Cristo. 14Coma fillos obedientes, non vos axeitedes ós desexos de antes, cando

viviades na ignorancia, 15senón que, do mesmo xeito que o que vos chamou é santo, así

tamén sede vós santos en calquera circunstancia, 16porque a Escritura di: Seredes

santos, porque eu son santo.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 97, 1. 2-3ab. 3c-4

R/ (2a): O Señor dá a coñece-la súa salvación

 

Cantádelle ó Señor un cántico novo,

pois fixo marabillas,

a súa dereita e o seu brazo

déronlle a victoria.

 

2O Señor dá a coñece-la súa salvación,

revela a súa xustiza ante os pobos.

3Lembra o seu amor e a súa fidelidade

coa casa de Israel.

 

Os pobos todos verán

a salvación do noso Deus.

4Aclama ó Señor, terra enteira,

rompede a cantar e a tocar.

 

 

ALELUIA Cf. Mt 11, 25:

Bendito es ti, Pai, Señor do ceo e mais da terra,

porque lle revelaches ós humildes os misterios do reino

 

 

EVANXEO Mc 10, 28-31:

Recibiredes cen veces máis agora, aínda que con persecución, e no mundo futuro, a

vida eterna

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

 28Colle Pedro e di:

-Pois nós deixámolo todo, e seguímoste.

 

29Dixo Xesús:

-Tende por seguro que non hai ninguén que deixe casa ou irmáns ou irmás ou nai ou pai,

ou fillos ou leiras por cousa miña e polo Evanxeo, 30que pase sen recibir cen veces máis

en casas, irmáns, irmás, nai, pai, fillos e leiras (aínda que con persecución) agora, e que

no mundo futuro non reciba a vida eterna. 31E moitos que son os primeiros serán os

últimos; e moitos que son os últimos serán os primeiros.

 

 

 

 

349.- MÉRCORES

 

 ANO 1

PRIMEIRA Sir 36, 1-2a. 5-6. 13-19 (gr. 1. 4-5a. 10-17):

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIÁSTICO

 

36 1Sálvanos, Deus do universo,

4Como te amosaches santo ós seus ollos a costa nosa,

maniféstate glorioso á nosa vista en contra deles,

5para que aprendan, como fixemos nós,

que non hai Deus fóra de ti.

10adianta o remate, ten en conta a data fixada

pois ¿quen poderá dicirche: -"¿Que fas?".

11Arda no alampar da túa carraxe o que tentou fuxir

e que os que asoballaron ó teu pobo vaian dar na ruína.

12Abate a cabeza dos príncipes de Moab,

dos que din: -"Non hai coma min".

13Reúne a tódalas tribos de Xacob

e que reconquisten a herdanza coma nos vellos tempos.

 

14Ten piedade do pobo que leva o teu nome,

de Israel a quen designaches primoxénito.

15Ten piedade da túa cidade santa,

Xerusalén, lugar da túa moradía.

16Enche Sión coa túa maxestade;

e o teu templo, de gloria.

17Dá testemuño a prol da mellor das túas obras,

 

cumpre a visión proclamada no teu nome.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 78, 8, 9, 11 e 13

R/ (Sir 36, 1b): Móstranos, Señor, a luz da túa misericordia

 

8Non nos teñas en conta os pecados dos pais,

chegue axiña a túa piedade,

que estamos esgotados.

 

9Axúdanos, Deus, Salvador noso,

pola gloria do teu nome;

líbranos, perdoa as nosas culpas,

por mor do teu nome.

 

11Que chegue ata a ti o pranto dos cativos

e que o teu brazo poderoso salve os condenados á morte.

13Nós, o teu pobo, ovellas do teu rabaño,

cantaremos polas xeracións as túas louvanzas.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 1 Pe 1, 18-25:

Fostes redimidos polo sangue do año inmaculado Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PEDRO APÓSTOLO

 

Benqueridos irmáns e irmás:

18Xa vedes que non vos rescataron dese tipo idolátrico de vida, que recibistes dos vosos

pais, con algo perecedeiro, tal coma ouro ou prata; 19senón que vos rescataron co

precioso sangue de Cristo, Año sen defecto nin tacha. 20El xa estaba escollido de antes

da creación do mundo pero presentouse nos derradeiros tempos para o voso ben. 21Por

medio del tedes fe en Deus que o resucitou da morte e o glorificou e dese xeito a vosa fe

e a vosa esperanza están postas en Deus.

 

22Xa que a purificación do voso interior coa aceptación da Verdade, vos levou a

querervos sinceramente coma irmáns, querédevos ben uns ós outros, de corazón e con

constancia. 23Porque volvestes nacer, non dunha semente perecedeira, senón dunha

imperecedeira: volvestes nacer por medio da Palabra vivificadora e permanente de

Deus. 24Porque

todo mortal é coma unha herba,

e toda a súa beleza coma a flor dunha herba:

secou a herba

e caeu a flor.

25En troques, a palabra do Señor permanece para sempre.

Ora, esa é a palabra con que vos evanxelizaron.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 147, 12-13. 14-15. 19-20

R/ (12a): Glorifica ó Señor, Xerusalén

Ou: Aleluia

 

12Glorifica ó Señor, Xerusalén,

louva o teu Deus, Sión.

13El reforza os ferrollos das túas portas

e bendice os teus fillos no teu seo.

 

14Establece a paz nos teus confíns

e fártate de flor de trigo.

15El manda á terra a súa mensaxe

e a súa palabra corre lixeira.

 

19El anuncia a Xacob os seus proxectos,

os seus estatutos e mandatos a Israel.

20Non fai así con outros pobos

que descoñecen as súas decisións.

Aleluia.

 

 

 

ALE LUIA Mc 10, 45:

O Fillo do hoe veu para servir,

e da-la súa vida como redención por moitos

 

 

EVANXEO Mc 10, 32-45:

Velaí subimos a Xerusalén e o Fillo do hoe será entregado

 

32Subían camiño de Xerusalén, e Xesús ía diante; os discípulos, aínda asombrados, ían

tras el con medo. E levando á parte ós Doce, empezoulles a falar do que lle ía acontecer.

 

33-Vede que subimos a Xerusalén, e ó Fillo do Home vano entregar ós sumos

sacerdotes e mais ós letrados; condenarano a morte, e entregarano ós pagáns. 34Burla-

ranse del, cuspiranlle, azoutarano, e logo matarano; pero ós tres días ha resucitar.

 

35Achegándose os fillos de Zebedeo -San-tiago e mais Xoán-, dixéronlle:

-Mestre, nós queriamos que nos fixése-lo que che imos pedir.

 

36El preguntou:

-¿E logo, que é o que queredes que vos faga?

 

37Contestáronlle:

-Concédenos que na túa gloria sentemos un á túa dereita e outro á túa esquerda.

 

38Respondeulles Xesús:

-Vós non sabedes ben o que pedides. ¿Seredes capaces de bebe-lo cáliz que eu teño que

beber, e recibi-lo bautismo que eu teño que recibir?

 

39Respondéronlle:

-Somos.

 

Xesús replicou:

-O cáliz que teño que beber, si que o beberedes, e tamén recibiréde-lo bautismo que eu

teño que recibir, 40pero o sentardes á miña dereita ou á miña esquerda, iso non depende

de min o concedelo, senón que é para os que está reservado.

 

41O escoitaren isto, os outros anoxáronse con Santiago e con Xoán. 42Entón Xesús

chamounos e díxolles:

-Xa sabedes que os xefes dos pobos os tiranizan e que os poderosos os asoballan.

43Pero entre vós non pode ser así. Nin moito menos, quen queira ser importante, que

sirva os outros, 44e quen queira se-lo primeiro, que sexa o máis servicial. 45Que o Fillo

do Home non veu a que o sirvan, senón a servir, e a entrega-la súa vida en rescate por

todos.

 

 

 

350.- XOVES

 

ANO 1

PRIMEIRA Sir 42, 15-26 (gr. 15-25):

A obra do Señor está chea da súa gloria

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIÁSTICO

 

 15Quero lembra-las obras de Deus,

contarei canto teño contemplado:

Pola palabra de Deus foron creadas

e foi instrucción del que fagan a súa vontade.

16Coma o sol do abrente resplandece sobre todo,

así a gloria do Señor sobre tódalas obras.

17Nin os santos de Deus foron tales

de narraren as marabillas do Señor.

 

Concede Deus a forza ós seus exércitos

para se manteren rexos na presencia da súa maxestade.

18El sondea o abismo ó igual có corazón

e inquire tódolos seus segredos,

porque o Altísimo coñece todo o coñecible

e albisca os signos do mundo futuro,

19manifesta o pasado e o vindeiro

e desvela o celme dos misterios.

 

20Non lle foxe saber ningún,

non hai cousa que se lle esconda.

21A magnitude da súa Sabedoría está ben confirmada

desde a eternidade é o único

sen que se lle poida engadir ou quitar

e non precisa de sabidos.

 

22¿Non son por caso admirables tódalas súas obras

sendo só unha faísca o que delas se ve?

23El vive e permanece para sempre

e, en canto se precisa, escoita a todos.

24Calquera cousa é diversa doutra

mais nada fixo en van.

25Unha supera a outra na perfección

e ¿quen se dará farto de contemplar beleza tal?

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 32, 2-3. 4-5. 6-7- 8-9

R/ (6a): Pola palabra do Señor foron feitos os ceos

 

2Festexade ó Señor con cítolas,

tocade con harpa de dez cordas.

3Cantádelle unha nova cántiga,

tanxédelle ben, con aturuxos.

 

4A palabra do Señor é recta

e tódalas súas obras son leais:

5El quere o dereito e a xustiza,

a súa misericordia enche a terra.

 

6Pola palabra do Señor foron feitos os ceos,

polo alento da súa boca tódolos astros.

7Xuntou, coma nun fol, a auga do mar,

meteu en depósitos o océano.

 

 8Adore ó Señor a terra enteira,

estremézase diante del a poboación do orbe,

9pois falou El, e existiron,

mandouno El, e xurdiron.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 1 Pe 2, 2-5. 9-12:

Vós sodes sacerdocio real, pobo santo, para que anunciéde-la forza daquel que vos chamou

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PEDRO APÓSTOLO

 

 Benqueridos irmáns e irmás:

2Coma nenos que acaban de nacer, ansiade o leite puro, o espiritual, que recibistes no

bautismo, para medrardes con el en orde á salvación, 3xa que probáste-lo bo que é o

Señor.

 

4O achegárdevos ó Señor, pedra vivificadora -de refugallo para os homes, pero pedra

escollida e aprezada ós ollos de Deus-, 5sede tamén vós, coma pedras vivas, parte da

construcción do templo espiritual: para os cultos dun sacerdocio santo e para ofrecer

ofrendas espirituais, aceptables a Deus por medio de Xesús Cristo.

 

9Pero, en cambio, vós sodes raza escollida, sacerdocio de reis, nación santa, pobo

adquirido por Deus, para pregoárde-las marabillas daquel que vos chamou das tebras á

súa luz admirable.

 

10Vós, os que antes non erades pobo,

agora sóde-lo pobo de Deus;

ninguén se compadecía de vós,

pero agora atopastes quen se compadeza de vós.

 

11Meus amigos, recoméndovos que, coma forasteiros e emigrantes que sodes, vos

manteñades lonxe dos baixos desexos que loitan contra nós. 12Entre os pagáns mantede

un comportamento honrado, para que, aínda que vos calumnien polo voso

comportamento coma malfeitores, ó veren as vosas obras boas, acaben por dar gloria a

Deus, o día que El os visite.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 99, 2. 3. 4. 5

R/ (2c): Achegádevos á presencia do señor con alegría

 

2servide o Señor con alegría,

achegádevos con cántigas á súa presencia.

 

 3Sabede que o Señor é Deus,

que El nos fixo e que del somos,

o seu pobo, o seu rabaño.

 

4Entrade polas súas portas con louvanzas:

polos seus adros con cántigas.

Celebrádeo e bendicide o seu nome,

 

 5porque o Señor é bo.

O seu amor dura por sempre;

por xeracións a súa fidelidade.

 

 

ALELUIA Xn 8, 12:

Eu son a luz do mundo, di o Señor;

quen me segue, terá a luz da vida

 

 

 

EVANXEO Mc 10, 46-52:

Mestre, fai que vexa

 

46Chegou Xesús a Iericó. Cando saía cos seus discípulos e outra moita xente, Bartimeo,

o fillo de Timeo, un cego pobre de pedir, estaba sentado a carón do camiño. 47Oíndo

que pasaba Xesús o Nazareno, empezou a berrar:

-¡Xesús, Fillo de David, ten piedade de min!

 

48Moitos mandábano calar; pero el berraba aínda máis alto:

-¡Fillo de David, ten piedade de min!

 

49Deténdose Xesús, dixo:

-Dicídelle que veña aquí.

 

E chamaron polo cego, dicíndolle:

-¡Veña, érguete, que te chama!

 

50El, ceibándose do manto, veu dando brincos ata onde estaba Xesús. 51Este

preguntoulle:

-¿Que queres que che faga?

 

O cego respondeu:

-Mestre, que volva a ver.

 

52Xesús díxolle:

-Ve, salvoute a túa fe.

 

E no instante comezou a ver, e seguiuno polo camiño.

 

 

 

351.- VENRES

 

ANO 1

PRIMEIRA Sir 44, 1. 9-13:

Os nosos pais son misericordiosos e o seu nome permanece xeración tras xeración

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIÁSTICO

 

43 1Esplendor das alturas é o firmamento na súa enxebreza

e a fasquía dos ceos é un espectáculo maxestuoso.

9As estrelas son fermoso ornamento do ceo,

a súa luz resplandece nas alturas divinas,

10ó mandado de Deus seguen quedas no seu lugar

e non ceden dos seus postos de vixía.

11Olla para o arco da vella e bendice a quen o fixo.

¡Que marabilloso no seu esplendor!

12Cingue o ceo cun círculo glorioso,

é a man de Deus a que o tende.

13O seu poderío fai corusca-lo lóstrego

e fulxi-las faíscas de acordo cunha orde;

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 149, 1-2. 3-4. 5-6a e 9b

R/ (4a): O Señor ama o seu pobo

Ou: Aleluia

 

1Aleluia.

Cantádelle ó Señor un cántico novo,

louvádeo na asemblea dos xustos.

2Alégrese Israel co seu facedor

e os fillos de Sión relouquen co seu rei.

 

3Festexen coa danza o seu nome,

cántenlle con pandeiros e harpas,

4porque o Señor ama o seu pobo

e coroa os humildes coa victoria.

 

5Exulten os xustos no triunfo

e canten xubilosos nos seus postos,

6coa louvanza de Deus nas gargantas

será un honor para os seus amigos.

Aleluia.

 

ANO 2

PRIMEIRA 1 Pe 4, 7-13:

Sede bos dispensadores da multiforme gracia de Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PEDRO APÓSTOLO

 

Benqueridos irmáns e irmás:

7A fin de todo está cerca; polo tanto, tede control e regra con vós mesmos para poderdes

rezar. 8Antes que nada, esforzádevos no amor duns ós outros, porque o amor tapa

moitos pecados. 9Dá-devos pousada uns ós outros sen murmurar. 10Cada un esfórcese

en servi-los outros cos seus dons, os que de Deus recibiu, como corresponde a bos

administradores dos diferentes dons de Deus. 11Quen fala, que sexa voceiro de Deus;

quen sirva, que o faga coa forza que Deus lle dá, para que en todo Deus reciba gloria por

medio de Xesús Cristo. A El pertencen a gloria e o poder polos séculos dos séculos.

Amén.

 

12Meus amigos, saíde do medo que vos deu o incendio que xurdiu entre vós, para vos

poñer a proba, coma se vos viñese enriba algo estraño. 13Máis ben alegrádevos,

conforme ides tendo parte nos sufrimentos de Cristo, para que deste xeito cando se

manifeste a súa gloria poidades tamén alegrarvos xubilosos.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 95, 10. 11-12. 13

R/ (13ab): Vén o señor para xulga-la terra

 

10Dicide entre as xentes:

-"O Señor reina,

asenta o mundo, e non se move,

goberna os pobos rectamente".

 

11Alégrese o ceo, exulte a terra,

brúe o mar e canto o enche;

12rían os campos e o que hai neles,

rebrinquen as árbores do bosque,

 

13diante do Señor que vén,

que vén para rexe-la terra.

El rexerá o mundo con xustiza

e os pobos con rectitude.

 

 

 

ALELUIA Cf. Xn 15, 16:

Eu escollinvos do mundo, para que vaiades e aportedes froito,

e que o voso froito permaneza, di o señor

 

 

 

EVANXEO Mc 11, 11-26:

A miña casa será considerada casa de oración para todos. Mantede a fe en Deus

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

 En sendo aclamado xesús pola multitude, 11entrou en Xerusalén e foi ó templo. E

despois de dar unha volta por alí, como xa ía sendo tarde, saíu cos Doce para Betania.

 

12O outro día despois de saír de Betania, sentiu fame. 13Vendo de lonxe unha figueira

cuberta de follas, achegouse por se acaso atopaba algo; pero non atopou nada fóra de

follas, por non ser tempo de figos. 14Entón dixo:

-Nunca máis ninguén coma os teus froitos.

 

E os discípulos escoitárono.

 

15Chegaron a Xerusalén, e, entrando no templo, empezou a botar de alí os tendeiros e

compradores, derrubando as mesas dos cambistas e os postos dos vendedores de

pombas. 16E non permitía que ninguén pasase polo templo carrexando cousas. 17E

púxose a ensinar, dicindo:

-¿Non está escrito: a miña casa será a casa de oración para tódolos pobos? Pois vós

convertéstela en cova de bandidos.

 

18O que o souberon, os sumos sacerdotes e mailos letrados, buscaban o xeito de acabar

con el, pois tíñanlle moito medo, porque todo o mundo estaba admirado de canto

ensinaba. 19E á tardiña saíu da cidade.

 

20O pasaren pola mañá cedo, viron a figueira seca desde a raíz. 21Pedro acordouse e

díxolle a Xesús:

-Mestre, mira para aí: a figueira que maldiciches, está seca.

 

22Xesús respondeu:

-Tede fe en Deus. 23Pois asegúrovos que se alguén lle di a este monte: "arríncate de aí e

bótate no mar" sen dubidar no seu corazón, senón crendo que se cumprirá o que di, así

se fará. 24Por iso dígovos: canto pidades na oración, crede que o conseguiredes, e

darásevos. 25E cando esteades de pé facendo oración, perdoade, se algo tedes contra

outros; para que tamén vos perdoe as vosas culpas o voso Pai que está no ceo.

 

 

352.- SÁBADO

 

ANO 1

PRIMEIRA Sir 51, 17-27 (gr. 12-20):

Dareille gloria a quen me recoñeza con sabedoría

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIÁSTICO

 

12libroume de todo mal,

salvoume no día da angustia;

por iso doulle gracias e lóuvoo

bendicindo o nome do Señor.

 

ILouvade o Señor porque é bó

porque a súa bondade non ten fin;

 

IILouvade o Deus das gabanzas

porque a súa bondade non ten fin;

 

IIILouvade o protector de Israel

porque a súa bondade non ten fin;

 

IVLouvade o creador do universo

porque a súa bondade non ten fin;

 

VLouvade o redentor de Israel

porque a súa bondade non ten fin;

 

VILouvade o que xunta os dispersos de Israel

porque a súa bondade non ten fin;

 

VIILouvade o constructor da súa cidade e Santuario

porque a súa bondade non ten fin;

 

VIIILouvade o que fai remoza-la forza da casa de David

porque a súa bondade non ten fin;

 

IXLouvade o que elixe sacerdote de entre os fillos de Sadoc

porque a súa bondade non ten fin;

 

XLouvade o escudo de Abraham

porque a súa bondade non ten fin;

 

XILouvade a rocha de Isaac

porque a súa bondade non ten fin;

 

XIILouvade o forte de Xacob

porque a súa bondade non ten fin;

 

XIIILouvade o que escolleu a Sión

porque a súa bondade non ten fin;

 

XIVLouvade o rei de reis

porque a súa bondade non ten fin;

 

XVEl ergueu a nobreza do seu pobo

para louvanza de tódolos seus santos,

dos fillos de Israel, o pobo que lle é íntimo.

¡Aleluia!

 

13Cando eu era novo, antes de me pór a viaxar

devecín por ela e procureina;

14veume arredor

e eu seguireina ata a fin.

15Coma cando cae a flor ó madurece-los acios,

aledouse nela o meu corazón;

o meu pé seguiu fielmente as súas pegadas:

desde a miña mocidade estudiei a Sabedoría.

16Tendinlle un pouco o meu oído

e adquirín grande coñecemento;

17o seu xugo foi para min glorioso

e doulle gracias a quen me ensinou.

 

18Resolvín procurala

e non tiven que avergonzarme cando a atopei.

19abA miña alma apegouse a ela

e xa non a deixei de vista.

20abDeime a seguila

e xa non me afastarei dela endexamais

19cdA miña man abriu a súa porta,

contemplei a súa intimidade e atopeina pura.

20cdNo meu ánimo desposeina desde o comezo,

e por iso xa non a abandonarei.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 18, 8. 9. 10. 11

R/ (9a): Os mandatos do Señor son rectos:

aledan o corazón

 

8A lei do Señor é perfecta:

reconforta a alma;

a declaración do Señor é firme:

fai sabio ó inxenuo;

 

9os mandatos do Señor son rectos:

aledan o corazón;

o precepto do Señor é limpo:

ilumina os ollos;

 

10o temor do Señor é puro:

permanece por sempre;

as decisións do Señor son verdadeiras:

enteiramente xustas.

 

 

11Son máis cobizables có ouro

máis có metal precioso;

son máis doces có mel,

máis có zume da antera.

 

 

ANO 2

 

PRIMEIRA Xud 17. 20b-25:

Deus pódevos conservar sen pecado e reservarvos inaculados na presencia da súa gloria

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN XUDAS APÓSTOLO

 

Benqueridos irmáns e irmás:

Facede lembranza do que prediciron os apóstolos do noso Señor Xesús Cristo.

 

20Edificádevos enriba dos alicerces da vosa fe santísima; rezade no Espírito Santo;

21mantédevos no amor de Deus, agardando que a misericordia do noso Señor Xesús

Cristo vos dará a vida eterna. 22Compadecédevos dos que dubidan: 23salvade a algúns,

arrincándoos do lume; e dos outros tede piedade; pero con receo, aborrecendo mesmo a

roupa lixada polos seus baixos vicios.

 

24A Aquel que é potente para vos gardar sen pecado e así presentarvos na súa presencia

sen mancha e con alegría, 25ó único Deus, noso Salvador por Xesús Cristo o noso

Señor, a El, digo, deámo-la gloria, a maxestade e a autoridade suprema desde o

principio, agora e por tódolos séculos dos séculos. Amén.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 62, 2. 3-4. 5-6

R/ (2b): Señor, meu Deus, de t ten sede a miña alma

 

2Deus, meu Deus, por ti madrugo,

de ti ten sede a miña alma;

por ti devece o meu corpo,

en terra reseca, sedento e sen auga.

 

3Miro cara a ti no santuario,

para ve-lo teu poder e a túa gloria.

4O teu amor é mellor cá vida,

lóuvante os meus labios;

 

5toda a miña vida te bendigo

e levanto no teu nome as miñas mans.

6Como de graxa e manteiga, estou satisfeito,

con labios alegres lóuvate a miña boca.

 

 

 

ALLELUIA Cf. Col 3, 16a. 17c:

Que a palabra de Cristo habite abundantemente en vós;

dándolle gracias a Deus Pai por medio de Cristo

 

 

 

EVANXEO Mc 11, 27-33:

¿Con que autoridade fas estas cousas?

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

27Xesús e mailos seus discípulos chegaron de novo a Xerusalén, e mentres andaba polo

templo, foron onda el os sumos sacerdotes, letrados e senadores, 28e preguntáronlle:

-¿Con que autoridade fas esas cousas? ¿Quen che deu tal autoridade?

 

29Xesús respondeulles:

-Vouvos facer unha pregunta nada máis, respondédema e logo dígovos eu con que

autoridade fago estas cousas. 30O bautismo de Xoán, ¿era cousa de Deus ou dos homes?

Veña, ide respondendo.

 

31Eles razoaban entre si, dicindo: "Se respondemos de Deus, vainos preguntar: e

daquela ¿por que non crestes no que dicía? 32¿Reponderemos entón: dos homes ?"

(Pero tiñan que andar con moito tino co pobo, que consideraba profeta a Xoán).

 

33E contestáronlle a Xesús:

-Non sabemos.

 

Xesús replicou:

-Pois eu tampouco non vos vou dicir con que autoridade fago estas cousas.