Semana X

 

SEMANA 10ª DO TEMPO ORDINARIO

 

 359.- LUNS

 

 ANO 1

 

 PRIMEIRA 2 Cor 1, 1-7:

Consólanos Deus para que tamén nós poidamos consolar ós que andan en apreto

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

 

 1 1Paulo, apóstolo de Xesús Cristo por designio de Deus, e o irmán Timoteo, á Igrexa

de Deus que está en Corinto e a tódolos cristiáns da Acaia enteira deséxovo-la 2gracia e

a paz de Deus noso Pai e do Señor Xesús Cristo.

 

3¡Bendito sexa Deus, Pai do noso Señor Xesús Cristo, Pai misericordioso e Deus de

toda consolación! 4El anímanos en tódalas nosas mágoas, de xeito que poidamos nós

anima-los outros en calquera aflicción, no consolo que recibimos de Deus. 5Pois, do

mesmo modo que rebordan en nós os sufrimentos de Cristo, tamén gracias a Cristo

reborda igualmente o noso ánimo.

 

6Se pasamos apretos, é para que vós teñades ánimo e vos salvedes; se estamos

animados, é para que vós teñades ánimo e aturedes con paciencia os mesmos

sufrimentos que padecemos nós. 7Sodes para nós motivo de firme esperanza porque

sabemos que, se sodes participantes nas mágoas, tamén o seredes no ánimo.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9

R/ (9a): Gustade e vede que bo é o Señor

 

2Eu bendigo ó Señor en todo instante,

teño sempre na boca a súa louvanza;

3gloríome no Señor,

e os humildes alégranse, ó escoitalo.

 

 4Exaltade comigo ó Señor,

louvemos xuntos o seu nome.

5Eu busco ó Señor, e El responde,

líbrame de tódolos temores.

 

6Ollade para El e refulxide,

non poñades caras murchas.

7O Señor escoita ó pobre que o chama

e líbrao de tódolos apretos.

 

 8O anxo do Señor acampa en torno ós seus fieis

e dálles seguridade.

9Gustade e vede que bo é o Señor:

feliz quen a El se acolle.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 1 Re 17, 1-6:

Elías permanece con firmeza na presencia do Deus de Israel

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DOS REIS

 

17 1Elías o texbita, de Tixbé de Galaad, díxolle a Acab: -"¡Pola vida do Señor, Deus de

Israel, a quen sirvo! Non caerá orballo nin chuvia estes anos, se eu non o mando".

 

2Despois veulle esta palabra do Señor: 3-"Vaite de aquí cara ó nacente e escóndete no

torrente Carit, que está do outro lado do Xordán. 4Do regato beberás, e eu mandarei

corvos que che leven alí de comer".

 

5Elías fixo o que lle mandaba o Señor, o foi vivir onda o torrente Carit, do outro lado do

Xordán. 6Os corvos levábanlle alí pan pola mañá e carne pola tarde. E bebía do regato.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 120, 1-2. 3-4. 5-6. 7-8

R/ (cf 2): O noso socorro vén do Señor,

que fixo o ceo e maila terra

 

Alzo os meus ollos cara ós montes:

¿de onde virá o meu socorro?

2O meu socorro vén do Señor,

que fixo o ceo e maila terra.

 

3El non deixa que esvare o teu pé,

o teu gardián non dorme;

4non dorme nin adormece

o gardián de Israel.

 

5O Señor é o teu gardián,

o teu arrimo, sempre á túa dereita.

6O sol non che fará mal polo día

nin a lúa pola noite.

 

7O Señor gárdate do mal,

El garda a túa vida.

8O Señor garda as túas idas e voltas,

agora e por sempre.

 

 

ALELUIA Mt 5, 12a:

Alegrádevos e reloucada,

porque o voso premio e inmenso nos ceos

 

 

EVANXEO Mt 5, 1-12:

Ditosos os pobres de espírito

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

5 1Vendo Xesús a multitude, subiu ó monte e sentou. Achegáronselle os seus

discípulos, 2e el, tomando a palabra, ensinábaos dicindo:

3-Ditosos os que teñen espírito de pobres,

porque deles é o Reino dos Ceos.

4Ditosos os que choran,

porque eles serán consolados.

5Ditosos os non violentos,

porque eles herdarán a terra.

6Ditosos os famentos e sedentos de xustiza,

porque eles ficarán fartos.

7Ditosos os misericordiosos,

porque eles acadarán a misericordia.

8Ditosos os de corazón limpo,

porque eles verán a Deus.

9Ditosos os que traballan pola paz

porque eles serán chamados fillos de Deus.

10Ditosos os perseguidos por causa da xustiza,

porque deles é o Reino dos Ceos.

 

11Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña

causa: 12alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos; do

mesmo xeito perseguiron ós profetas anteriores a vós.

 

 

360.- MARTES

 

ANO 1

 

 PRIMEIRA 2 Cor 1, 18-22:

Xesús non foi sí e non, senón que é un sí permanente

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

 

 Irmáns e irmás:

 

18¡Ben sabe Deus que, cando trato convosco, non hai si e non, 19porque o Fillo de

Deus, Cristo Xesús, que nós vos anunciamos -Silván, Timoteo e mais eu-, non foi si e

 


 

non; nel non houbo máis ca si: 20tódalas promesas de Deus encontraron nel o si; velaí o

porqué de respondermos "amén" por el cando damos gloria a Deus. 21O que nos mantén

firmes -a min e a vós- na adhesión a Cristo é Deus, que nos unxiu para si, 22que tamén

nos marcou co seu selo e infundiu nos nosos corazóns a garantía do seu Espírito.

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 118, 129- 130. 131. 132 .133. 135

R/ (135a): Fai brillar, Señor, ante o teu servo a túa presencia

 

129A túa revelación é admirable,

por iso eu a observo.

 

130A ensinanza da túa palabra reloce,

fai sabios ós ignorantes.

 

131Eu abro a boca e collo alento,

arelando as túas normas.

 

132Vóltate cara a min e apiádate,

como fas cos que aman o teu nome.

 

133Afirma os meus pasos nos teus ditos

e que a iniquidade non me asoballe.

 

135Fai brillar ante o teu servo a túa presencia

e ensíname os teus mandatos.

 

 

ANO 2

 

PRIMEIRA 1 Reg 17, 7-16:

Non faltou a fariña da tina, como dixera o Señor por medio de Elías.

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DOS REIS

 

7O regato onde se agachara Elís secou , porque non chovía na rexión. 8O Señor díxolle

a Elías: 9-"Vai a Sarepta de Sidón e fica alí, pois mandeille a unha viúva do lugar que

che dea de comer".

 

10Foi el á Sarepta e, ó entrar pola porta da cidade, viu alí unha muller viúva, que estaba

xuntando guizos. Elías chamou por ela e díxolle: -"Fai o favor e vaime por unha pouca

auga na xarra para beber". 11Mentres ía ela collerlla, Elías chamouna e díxolle:

-"Tráeme tamén, se podes, na túa man un anaco de pan".

 

12Ela díxolle: -"Pola vida do Señor, teu Deus, que non teño pan ningún. Quédame só na

tina unha presa de fariña e unha pinga de aceite na aceiteira. Ves que estou apañando

guizos. Irei preparalo para min e para o meu fillo. Comerémolo e despois teremos que

morrer".

 

13Díxolle Elías o texbita: -"Non teñas medo. Anda e fai como dixeches. Pero primeiro

prepara un panciño con iso e tráemo a min. Despois xa prepararás para ti e para teu fillo.

14Pois isto di o Señor, Deus de Israel: a tina de fariña non se acabará e a aceiteira do

aceite non mermará, ata o día en que o Señor mande a chuvia á terra".

 

15Foi ela face-lo que Elías lle dixera. E comeu el, ela e seu fillo, moito tempo, 16sen

que se acabase a fariña da tina nin mermara o aceite na aceiteira, como dixera o Señor

por medio de Elías.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 4, 2-3. 4-5. 7-8

R/ (7): Levanta, Señor, sobre nós como sinal a luz da túa presencia

 

2Cando te chame, respóndeme, Deus, meu liberador;

ti que na angustia me consolas,

apiádate e escoita a miña oración.

3¿Ata cando, homes, aldraxaréde-lo meu nome,

amaréde-la vaidade e buscaréde-lo engano?

 

4Sabede que o Señor fai milagres co seu amigo,

que o Señor me escoita, cando o chamo.

5Tremede e non pequedes,

meditade nos vosos leitos e calade;

 

7Moitos din: -"¿Quen nos mostrará a felicidade,

se fuxiu de nós, Señor, a luz da túa presencia?"

8Ti pos no meu corazón maior ledicia

cá dos que teñen fartura de trigo e de viño.

 

 

ALLELUIA Mt 5, 16:

Ilumine así a vosa luz diante dos homes

para que vexan as vosas boas obras

e glorifiquen ó voso Pai

 

EVANXEO Mt 5, 13-16:

Vos sóde-la luz do mundo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

Dilles Xesús ós seus discípulos:

13Vós sóde-lo sal da terra. Pero se o sal se volve insulso, ¿con que se vai salgar? Para

nada vale xa, senón para tirar con el e que o pise a xente.

 

14Vós sóde-la luz do mundo. Non se pode agachar unha cidade afincada na cima dun

monte. 15Tampouco se encende unha lámpada para poñela debaixo da artesa, senón

sobre o candeeiro, para que alume a tódolos da casa. 16Alume así a vosa luz ós homes,

para que, vendo as vosas boas obras, glorifiquen a voso Pai que está nos Ceos.

 

 

 

361.- MÉRCORES

 

 ANO 1

 

PRIMEIRA 2 Cor 3, 4-11

Fíxonos servidores do Novo Testamento, non da letra senón do Espírito

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

 

Irmáns e irmás:

4Esta é a confianza que temos diante de Deus, gracias a Cristo. 5Non é que de noso

teñamos aptitudes para poder apuntar nada na nosa conta coma cousa propia: a nosa

capacidade vénnos de Deus, 6que nos capacitou para sermos axentes dunha alianza

nova, non de letra, senón de Espírito; que a letra mata, mentres que o Espírito dá vida.

 

7Se aquela oferta de morte (letras gravadas na pedra) se volveu gloria, ata o punto que

os israelitas non podían fita-lo rostro de Moisés, "polo resplandor do seu rostro"

(efémero e todo como era), 8¡canto máis gloriosa non será a oferta do Espírito! 9Porque

se a oferta da condena tivo gloria, ¡canta máis gloria vai te-la oferta da xustiza! 10De

feito aquela gloria xa non é gloria, comparada con esta gloria rebordante. 11Daquela se

o efémero tivo o seu momento de gloria, ¡canta máis gloria terá o que é permanente!

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 98, 5. 6. 7. 8. 9

R/ (cf 9c): Santo es Ti, Señor, noso Deus

 

5Enxalzade ó Señor, noso Deus,

postrádevos ós seus pés,

pois santo é o Señor.

 

6Moisés e Aharón cos sacerdotes,

Samuel cos que invocaban o seu nome:

invocaban ó Señor, e o Señor respondía.

 

7Deus faloulles desde a nube,

e eles gardaron as revelacións,

os preceptos que lles deu.

 

8Señor, noso Deus, ti escoitáchelos:

fuches para eles o Deus que perdoa

e que vinga os delitos.

 

9Enxalzade ó Señor, noso Deus,

postrádevos ante o seu monte santo,

pois santo é o Señor, noso Deus.

 

 

ANO 2

 

PRIMEIRA 1 Re 18, 20-39

Aprenda este pobo que Ti es Deus e convertéche-lo seu corazón

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLINA NO LIBRO PRIMEIRO DOS REIS

 

20 Acab mandou recado por todo Israel, que se xuntou no monte Carmelo con tódolos

profetas de Baal.

 

21Elías voltouse entón cara ó pobo e díxolles: -"¿Por canto tempo iredes coxeando cara

a un lado e cara ó outro? Se o Señor é Deus, seguídeo a El; e se é Baal, seguide a Baal".

O pobo non respondeu unha palabra. 22E Elías seguiu dicindo: -"De tódolos profetas do

Señor quedo eu só con vida, mentres os profetas de Baal son catrocentos cincuenta.

23Que nos dean dous becerros. Que eles escollan un, que o despecen, que o coloquen

enriba da leña, pero que non lle prendan lume. Eu prepararei despois o outro becerro,

poreino enriba da leña, sen pegarlle lume tampouco. 24Logo invocaredes vós ó voso

deus, e eu invocarei o nome do Señor. O Deus que responda, facendo que o lume se

prenda, será o Deus verdadeiro". O pobo respondeu á unha voz: -"Iso está ben".

 

25Entón díxolles Elías ós profetas de Baal: -"Escollede un becerro e preparádeo vós

primeiro, porque vós sodes máis. Despois, sen pegarlle lume, invocade o voso deus".

26Eles colleron o becerro que lles deron, preparárono e estiveron invocando o nome de

Baal desde a mañá ata o mediodía. Dicían: -"Baal, escóitanos". Mais non se oía voz

ningunha nin había resposta. Pero eles seguían brincando arredor do altar que

construíran.

 

27Polo mediodía, Elías dicíalles con burla: -"Berrade aínda máis, pois, anque el é deus,

pode estar entretido, de conversa ou de viaxe; tamén pode ser que durma, e que haxa

que espertalo". 28Eles chamábano a berros e facíanse cortaduras con coitelos e lancetas,

ata corrérlle-lo sangue, segundo o seu costume. 29Pasado o mediodía caeron en arroubo,

ata a hora da ofrenda. Mais non se oía voz ningunha, nin había resposta nin quen lles

fixese caso.

 

30Entón Elías díxolle á xente: -"Acercáde-vos". E achegáronse todos a el. El arranxou o

altar que estaba derrubado. 31Colleu doce pedras, conforme o número das tribos de

Xacob, a quen Deus lle dixera que se chamaría Israel; 32edificou coas pedras un altar en

honor do Señor e fíxolle unha zanxa arredor, coma de dúas sementeiras. 33Despois

preparou a leña, despezou o becerro e púxoo enriba da leña. 34E mandou: -"Enchede

catro cántaros de auga e botádea por riba do sacrificio e da leña". E engadiu: -"¡Outra

vez!" E eles repetiron. E mandou aínda: "¡Outra vez!" E eles fixérono por terceira vez.

35A auga correu arredor do altar e encheu tamén a gavia.

 

36Chegada a hora da ofrenda, o profeta Elías achegouse ó altar e rezou: -"Señor, Deus

de Abraham, de Isaac e de Israel; que se saiba hoxe que ti e-lo Deus de Israel e que eu

son o teu servo, que fago polo teu mandato estas cousas. 37Respóndeme, Señor,

respóndeme, para que saiba este pobo que ti, Señor, es Deus. E ti convertera-los seus

corazóns".

 

38Nisto caeu un lume do Señor, que consumiu o sacrificio, a leña, as pedras e o po, e

secou mesmo a auga da gavia. 39Cando a xente o viu, postrouse toda polo chan e

exclamou: -"¡O Señor é o Deus verdadeiro, o Señor é o Deus verdadeiro!"

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 15, 1-2a. 4. 5 e 8. 11

R/ (1): Gárdame, Deus, que en ti busco agarimo.

 

Gárdame, Deus, que en ti busco agarimo.

2Eu dígolle ó Señor: -"Ti e-lo meu dono,

 

4Fan ídolos sen conta

e van correndo tras eles.

Eu non quero verte-las súas libacións de sangue

nin pronunciar cos meus labios os seus nomes.

 

5Ti es, Señor, a miña herdade e a miña sorte,

ti coidas do meu porvir.

8Teño ó Señor sempre diante;

con El á dereita non caerei.

 

11Mostrarasme o camiño da vida:

a túa presencia éncheme de alegría;

a túa dereita, de gozo eterno.

 

 

ALELUIA Sal 24, 4b. 5a:

Apréndeme, Señor, os teus camiños,

oriéntame na túa verdade

 

 

EVANXEO Mt 5, 17-19

Non vin para derrogar, senón para dar cumprimento

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

Dilles Xesús ós seus discípulos:

17Non pensedes que vin derroga-la Lei e os Profetas; non vin para derrogar, senón para

dar cumprimento. 18Porque vos aseguro: mentres non pasen o ceo e maila terra non

pasará nin unha letra nin un til da Lei ata que todo se cumpra. 19E quen falte a un destes

mandamentos máis pequenos e así llelo ensine a facer ós outros, será declarado o máis

pequeno no Reino dos Ceos; pero quen os cumpra e ensine será declarado grande no

Reino dos Ceos.

 

 

 

362.- XOVES

 

ANO 1

PRIMEIRA 2 Cor 3, 15 - 4, 1. 3-6

Iluminou Deus os nosos corazóns para iluminación da ciencia da claridade de Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

 

 

Irmáns e irmás:

15Aínda hoxe, sempre que len a Moisés, un pano cobre os seus corazóns. 16"Pero cando

se convertan ó Señor, quitarase o pano". 17Ora, o Señor é o Espírito, e onde está o

Espírito do Señor hai liberdade. 18E nós todos, coa cara descuberta, reflexando coma

nun espello a gloria do Señor, a súa imaxe, ímonos transformando de gloria en gloria,

pola acción do Espírito do Señor.

 

4 1Por iso exercendo este servicio pola misericordia de Deus, non nos apoucamos.

 

3Se o noso Evanxeo continúa velado, é para aqueles que se perden: 4pola súa

incredulidade o deus deste mundo cegóulle-lo entendemento para que non vexan o

esplendor do Evanxeo da gloria de Cristo, que é imaxe de Deus. 5Porque nós non nos

anunciamos a nós, anunciamos a Xesús Cristo como Señor; e a nós, coma servos vosos

por causa de Xesús. 6Pois o Deus que dixo brille a luz no medio das tebras, alumeou

nos nosos corazóns, para que se manifestase o coñecemento da gloria de Deus no rostro

de Cristo.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 84, 9ab-10. 11-12. 13-14

R/ (cf 10b): A gloria do Señor habitará na nosa terra.

 

9Escoitarei o que di o noso Deus:

certamente o Señor fala de paz

10A salvación está xa preto dos que o temen,

a súa gloria habitará na nosa terra.

 

11O amor e a fidelidade atoparanse,

abrazaranse a xustiza e maila paz.

12Na terra xermolará a fidelidade,

a xustiza ollará desde o ceo.

 

13O mesmo Señor dará os bens,

a nosa terra dará os froitos.

14A xustiza irá dediante del,

guiará os seus pés no camiño.

 

 

ANO 2

 

PRIMEIRA 1 Re 18, 41-46

Orou Elías e o ceo deu a chuvia (Sant 5,18)

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DOS REIS

 

 41Elías díxolle a Acab: -"Vai comer e beber, que xa sinto o estrondo da chuvia".

42Acab foi comer e beber, mentres Elías rubía o cume do Carmelo. Alí sentouse

dobrado cara ó chan, coa cabeza entre os xeonllos.

 

43Díxolle ó seu criado: -"Vai e outea cara ó mar". Foi el, outeou e dixo: -"Non se ve

nada". El insistiulle: -"Volve, ata sete veces". 44A sétima vez o servo dixo: -"Érguese

sobre o mar unha nube pequena, coma a palma da man". Elías mandoulle: -"Vaille dicir

a Acab que enganche o carro e que baixe, se non quere que a chuvia o deteña".

 

45Nun intre o ceo cubriuse, estalou a treboada e rompeu a chover a cántaros. Acab ía

cara a Iezrael, montado no seu carro. 46A man do Señor pousouse sobre Elías, que

cinguiu o seu cinto e correu diante de Acab, ata a entrada de Iezrael.

 

 

SALMO RESPONSRIAL Sal 64, 10abcd. 10e-11. 12-13

R/ (2a): Correspóndeche, Deus, un himno en Sión

 

10Ti coidas e réga-la terra,

arriquécela de mil maneiras:

os ríos de Deus van cheos de auga.

 

Para da-lo trigo prepára-la terra:

11réga-los sucos, achánza-los terróns,

fala amolecer coas chuvias

e bendi-las súas sementes.

 

12Ti coróa-la anada cos teus bens,

das túas pisadas zumega abundancia.

13Destilan os pastos do deserto

e véstense de alborozo os outeiros.

 

 

 

ALELUIA Xn 13, 34:

Douvos un mandamento novo, di o Señor,

que vos amedes uns ós outros, como eu vos amei

 

 

EVANXEO Mt 5, 20-26

Todo o que se enrabeche co seu irmán será reo de xuizo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

 Dilles Xesús ós seus discípulos:

20Asegúrovos que se a vosa xustiza non é maior cá dos letrados e fariseos, non

entraredes no Reino dos Ceos.

 

21Tedes oído que se lles dixo ós vosos devanceiros: Non matarás, e quen mate será reo

ante o tribunal. 22Pero eu dígovos: Todo o que se enrabeche co seu irmán será reo ante

o tribunal; quen o alcume será reo ante o Sanedrín; e quen o aldraxe será reo do lume do

inferno.

 

23Se ó presentáre-la túa ofrenda no altar te acordas entón de que o teu irmán ten queixas

contra ti, 24pousa a ofrenda alí mesmo, diante do altar, vaite primeiro reconciliar co teu

irmán, e logo volve a presenta-la túa ofrenda.

 

25Ponte de acordo, canto antes, co teu preiteante mentres ides de camiño; non sexa que

te entregue ó xuíz, o xuíz ó garda, e te boten na cadea. 26Ten por seguro que non sairás

de alí ata que deas pagado o derradeiro céntimo.

 

 

 

 363.- VENRES

ANO 1

 

 

PRIMEIRA 2 Cor 4, 7-15

Aquel que resucitou a Xesús nos ha resucitar tamén a nós con Xesús e nos ha colocar

convosco onda el

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

 

Irmáns e irmás:

7Levamos ese tesouro en vasos de barro. E así esa forza tan extraordinaria aparece coma

forza de Deus, e non nosa. 8Apré-tannos por todas partes, mais non nos esmagan;

andamos en apuros mais non desesperados; 9andamos perseguidos pero non

abandonados; derrúbannos pero non nos rematan. 10Por todas partes levamos no noso

corpo a morte de Xesús, para que a vida de Xesús se manifeste tamén no noso corpo.

11Porque a nós, estando vivos, entrégannos decote á morte por causa de Xesús, para que

tamén a vida de Xesús se manifeste na nosa carne mortal. 12E así a morte actúa en nós,

e a vida en vós.

 

13Mantendo, sen embargo, o mesmo espírito de fe, segundo o que está escrito creo e por

iso falo, tamén nós cremos e por iso falamos. 14Porque sabemos que Aquel que

resucitou a Xesús nos ha resucitar tamén a nós con Xesús e nos ha colocar convosco

onda el. 15Todo isto acontece por causa vosa, de modo que, ó estenderse a gracia, se

multiplique o número dos agradecidos, para gloria de Deus.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 115, 10-11. 15-16. 17-18

R/ (17a): Ofrézoche, Señor, sacrificios de louvanza

Ou: Aleluia

 

 

10Confío, aínda que diga:

-"Eu son un desgraciado".

11E no meu apuro digo:

-"Todo enganos son os homes".

 

15Moi custosa é ós ollos do Señor

a morte dos seus amigos.

16¡Ai, Señor, que eu son o teu servo,

servo teu e fillo da túa serva,

a quen ti rompíche-las cadeas!

 

17Ofrézoche sacrificios de louvanza,

invocando o nome do Señor.

18Cumprirei os meus votos ó Señor,

á vista de todo o seu pobo,

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 1 Re 19, 9a. 11-16

Permanece no monte na presencia do Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DOS REIS

 

9Chegou Elís ó monte de Deus Horeb e alí meteuse nunha cova e pasou nela a noite.

Chegoulle a palabra do Señor, que lle preguntou: -"¿Que fas aí, Elías?"

 

11Díxolle o Señor: -"Sae de aí e fica de pé no monte, diante do Señor. Porque o Señor

vai pasar".

 

Nisto veu un rexo furacán, que fendía os montes e cuarteaba os penedos dediante do

Señor. Mais non estaba o Señor no furacán. Despois do furacán houbo un tremor de

terra; mais tampouco no tremor de terra estaba o Señor. 12Despois do tremor de terra

veu un gran lume; mais non estaba no lume o Señor. Despois do lume oíuse o murmurio

dunha airexadiña suave. 13En canto Elías o sentiu, tapou a cara co manto, saíu fóra e

ficou en pé, na entrada da cova. Niso chegou unha voz que preguntaba: -"¿Que fas aí,

Elías?"

 

14El respondeu: -"Ardo en celos polo Señor, Deus dos exércitos, porque os israelitas

abandonaron a túa alianza, derrubaron os teus altares e mataron por fío de espada os teus

profetas. Quedo soamente eu, e búscanme para matarme".

 

15O Señor díxolle a Elías: -"Vai e desanda o camiño cara ó deserto de Damasco. En

chegando alí, unxe por rei de Aram a Hazael, 16e a Iehú, fillo de Nimxí, por rei de

Israel; e a Eliseo, fillo de Xafat, de Abel Meholah, por profeta, teu sucesor.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 26, 7-8a. 8b-9abc. 13-14

R/ (8b): Buscarei, Señor, a túa presencia

 

7Escoita, Señor, a voz que chama,

ten piedade e respóndeme.

8Por ti dime o corazón:

-"Buscade a miña presencia".

A túa presencia eu busco, Señor.

9Non te escondas de min,

non me desbotes con ira.

Ti e-la miña axuda; non me deixes

 

13Eu espero gozar dos bens do Señor

na terra da vida.

14Espera no Señor;

ten corazón forte e valente

e espera no Señor.

 

 

ALELUIA Flp 2, 15d. 16a:

Iluminaréde-lo mundo coma fachos,

aportando a palabra da vida

 

 

EVANXEO Mt 5, 27-32

Quen mira a unha muller desexándoa, xa fornicou

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

Dilles Xesús ós seus discípulos:

27Tedes oído que foi dito: Non cometerás adulterio. 28Pois eu dígovos: Todo aquel que

mira a unha muller casada con desexo, xa cometeu adulterio no seu corazón.

 

29Se o teu ollo dereito che é ocasión de pecado, arríncao e tira con el; que máis che vale

que se perda un dos teus membros e non que te boten todo enteiro no inferno. 30Se a túa

man dereita che é ocasión de pecado, córtaa e tira con ela lonxe de ti; que máis che vale

que se perda un dos teus membros e non que te boten todo enteiro no inferno.

 

31Ténsevos dito: Quen repudie á súa muller, déalle acta de repudio. 32Pero eu dígovos:

Todo o que repudia á súa muller, fóra o caso de estaren malvivindo, expona a ser

adúltera e o que case cunha repudiada comete adulterio.

 

 

 

364.- SÁBADO

 

ANO 1

 

 PRIMEIRA 2 Cor 5, 14-21

Fixo pecado por nóa a quen non coñecera o pecado

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

 

 

Irmáns e irmás:

14É o amor de Cristo o que nos preme, cando pensamos que, ó morrer un por todos,

morreron todos; 15el morreu por todos, a fin de que os que viven xa non vivan para si,

senón para o que morreu e resucitou por eles.

 

16Por iso, nós xa non aprezamos a ninguén conforme a criterios mundanos; aínda que

teñamos coñecido a Cristo conforme a eses criterios, agora xa non o coñecemos así.

17Polo tanto, quen estea en Cristo, é unha criatura nova: o que era vello, pasou. ¿Vedes?

Hai unha realidade nova.

 

18E todo iso provén de Deus que nos reconciliou consigo por medio de Cristo e nos

encomendou o servicio da reconciliación. 19Pois Deus estaba en Cristo reconciliando o

mundo consigo, non levando conta dos delitos dos homes e poñendo en nós a mensaxe

da reconciliación. 20Somos, logo, embaixadores de Cristo; e é coma se Deus vos

exhortase por medio noso. Pedímovolo por Cristo: deixádevos reconciliar con Deus.

21A aquel que non tiña nada que ver co pecado, Deus fíxoo pecado por nós, para que

nós, gracias a el, nos volvesemos nel xustiza de Deus.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 102, 1-2. 3-4. 8-9. 11-12

R/ (8a): O Señor é misericordioso e clemente

 

Alma miña, bendice ó Señor

e todo o meu ser, o seu santo nome.

2Alma miña, bendice ó Señor,

non esquéza-los seus beneficios.

 

3El perdoa as túas culpas

e sanda as túas doenzas;

4rescata a túa vida da morte

e coróate de amor e de tenrura;

 

8O Señor é misericordioso e clemente,

tardo á ira e rico en mercedes.

9Non contende por moito tempo

nin se anoxa para sempre.

 

 11Canto se alza o ceo sobre a terra,

así é grande o seu amor para os que o temen;

12canto dista o nacente do poñente,

así arreda de nós as nosas culpas;

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 1 Re 19, 19-21

Levantándose Eliseo foise e seguíu a Elías

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DOS REIS

 

19Elías marchou do monte e encontrouse con Eliseo, fillo de Xafat, que araba con doce

xuntas, levando el a derradeira. Elías pasou a carón del e botoulle enriba o seu manto.

 

20Eliseo deixou os bois e foi correndo atrás de Elías. E díxolle: -"Déixame despedirme

de meu pai e de miña nai, e logo ireime contigo". El respondeulle: -"Vai, pero volve

logo, pois xa ve-lo que fixen contigo". 21O da-la volta, Eliseo colleu a xunta de bois e

ofreceunos en sacrificio. Cos apeiros de arar coceu a carne e deulle á xente de comer.

Despois foise con Elías e quedou ó seu servicio.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 15, 1-2a e 5. 7-8. 9-10

R/ (cf 5a): Ti es, Señor, a miña herdade e a miña sorte

 

Gárdame, Deus, que en ti busco agarimo.

2Eu dígolle ó Señor: -"Ti e-lo meu dono,

5Ti es, Señor, a miña herdade e a miña sorte,

ti coidas do meu porvir.

 

7Bendigo ó Señor que me guía

e mesmo de noite me ensina no meu íntimo.

8Teño ó Señor sempre diante;

con El á dereita non caerei.

 

9Por iso o meu corazón está contento,

as miñas entrañas reloucan

e o meu corpo está seguro.

10Ti non abandonarás á morte a miña vida,

nin deixarás que o teu amigo vexa a corrupción.

 

 

ALELUIA Sal 118, 36a. 29b:

Inclina, Señor, o meu corazón ós teus testemuños;

e dame, benigno, a túa lei

 

 

EVANXEO Mt 5, 33-37

Eu dígovos que non xuredes de ningunha maneira

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

Dilles Xesús ós seus discípulos:

33Tedes oído que se lles dixo ós devanceiros: Non xurarás en falso, e cumprira--las

promesas feitas con xuramentos ó Señor. 34Pero eu dígovos: Non xuredes nunca: nin

polo ceo, que é o trono de Deus; 35nin pola terra, porque é escano para os seus pés; nin

por Xerusalén, que é a cidade do gran Rei. 36Tampouco xures pola túa cabeza, porque

nin sequera lle podes virar branco ou negro un só pelo. 37Falade, logo, deste xeito: "Si",

cando é si; "Non", cando é non; e todo o que pase de aí vén do Malo.