Semana XIX

 
 

SEMANA 19ª DO TEMPO ORDINARIO

 

413.- LUNS

 

ANO 1

PRIMEIRA Dt 10, I2-22:

Circuncidade os vosos corazóns. Amade ós peregrinos, que tamén vós fostes

estranxeiros

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO DEUTERONOMIO

 

Faloulle Moisés ó pobo dicindo:

12E agora Israel ¿que é o que o Señor, o teu Deus, che pide? Tan só que respécte-lo

Señor, o teu Deus, que camiñes por tódolos seus vieiros, que o ames e que sírva-lo

Señor, o teu Deus, con tódalas túas intencións e con tódolos teus folgos, 13que gárde-los

mandamentos do Señor e os seus preceptos, que eu che mando para o teu ben.

 

14Si, do Señor, o teu Deus, son os ceos e o máis esplendoroso dos ceos, a terra e todo o

que hai nela; 15pero soamente de teus pais se namorou o Señor, e escolleuvos a vós, a

súa descendencia, de entre tódolos pobos, tal como se ve hoxe.

 

16Circuncidade os prepucios dos vosos corazóns e non volvades endurece-la vosa

cabeza, 17pois o Señor, o teu Deus, é Deus dos deuses, Señor dos señores, o Deus

grande, poderoso e temible; é imparcial e non acepta o suborno; 18El é quen lles fai

xustiza ó orfo e á viúva, e quen ama ó emigrante dándolle pan e vestido.

 

19Amaréde-lo emigrante, xa que fostes emigrantes no país de Exipto. 20O Señor o teu

Deus, respectarás, a El servirás e a El has de te apegar e prestar xuramento no seu nome.

21El será a túa louvanza, El será o teu Deus, que fixo por ti esas grandes e terribles

cousas que viron os teus ollos. 22Setenta persoas eran os teus devanceiros cando

baixaron a Exipto, pero agora o Señor, o teu Deus, volveute tan numeroso coma as

estrelas do ceo.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 147, 12-13. 14-15. 19-20

R/ (12a): Glorifica ó Señor, Xerusalén

 

Ou: Aleluia

 

12Glorifica ó Señor, Xerusalén,

louva o teu Deus, Sión.

13El reforza os ferrollos das túas portas

e bendice os teus fillos no teu seo.

 

14Establece a paz nos teus confíns

e fártate de flor de trigo.

15El manda á terra a súa mensaxe

e a súa palabra corre lixeira.

 

 19El anuncia a Xacob os seus proxectos,

os seus estatutos e mandatos a Israel.

20Non fai así con outros pobos

que descoñecen as súas decisións.

Aleluia.

 

 ANO 2

PRIMEIRA Ez 1, 2-5. 24-28c:

Esta é unha visión de semellanza da gloria do Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE EZEQUIEL

 

 2O día cinco deste mes era o ano cinco da deportación do rei Ioaquín.

 

3Veulle a palabra do Señor a Ezequiel, fillo de Buzí, o sacerdote, no país dos caldeos

xunto ó río Quebar, e foi alí onde a man do Señor pousou sobre el.

 

4Tiven unha visión, e velaí que un vento de tormenta viña desde o norte, unha nube

enorme, un lostregueo continuado, un resplandor arredor da nube, e do medio da nube

baixaba coma un gran resplandor de ouro branco. 5Tamén baixaba a figura de catro

seres viventes. O seu aspecto era este: tiñan semellanza de homes

 

 24Escoitei o ruído das súas ás, ¡fragor de augas caudalosas!, ¡ruído do Todopoderoso!

O camiñaren, ¡ruído dunha multitude! ¡Barullo dun exército! O pararen deixaban quedas

as súas ás. 25Do alto da plataforma que estaba sobre as súas cabezas veu un estrondo. O

pararen, deixaron quedas as súas ás. 26No alto da plataforma que estaba sobre as súas

cabezas, velaí a visión dunha pedra de zafiro da forma dun trono e sobre esta especie de

trono sobresaía cara arriba unha figura co aspecto dun home.

 

27Desde o que parecía a súa cintura para arriba, vin coma o resplandor do ouro branco,

coma unha especie de lume que lle servía de marco arredor; e desde o que parecía a súa

cintura para abaixo, vin coma unha especie de lume e resplandor ó seu arredor. 28Coma

o aspecto do arco que hai nas nubes un día de chuvia, así era o aspecto e resplandor que

había ó arredor. Era o aspecto da forma da gloria de Iavé.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 148, 1-2. 11-12ab. 12c-14a. 14bcd

R/ Os ceos e maila terra están cheos da túa gloria

Ou: Aleluia

 

 1Aleluia.

Louvade o Señor desde o ceo,

louvádeo alá nas alturas.

2Louvádeo os seus anxos,

louvádeo os seus exércitos.

 

11os reis e tódalas nacións,

os príncipes e os xuíces da terra,

12os mozos e mailas doncelas,

os vellos e mailos neniños.

 

 13Louven o nome do Señor,

pois só o seu nome é excelso,

a súa maxestade cobre a terra e mailo ceo.

14El ergue a cabeza do seu pobo,

 

louvanza de tódolos xustos,

dos fillos de Israel, os seus achegados.

Aleluia.

 

 ALELUIA Cf 2 Tes 2, 14:

Deus convocounos polo Evanxeo,

para alcanza-la gloria do noso Señor Xesús Cristo

 

 

 

EVANXEO Mt 17, 22-27:

Matarano e resucitará. Os fillos están libres de pagar tributo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

 22Andando Xesús e mailos discípulos xuntos por Galilea, dilles Xesús:

-O Fillo do Home vano entregar nas mans dos homes, 23que o matarán; pero ó terceiro

día resucitará.

 

Eles ficaron moi tristes.

 

A contribución do templo

 

24Cando chegaron a Cafarnaúm acercáronse a Pedro os cobradores da contribución do

templo e preguntáronlle:

-¿Seica o voso Mestre non paga a contribución?

 

25El respondeulles:

-Si que paga.

 

E cando chegaron á casa, Xesús adiantouse a dicirlle:

-¿Que che parece, Simón: Os reis da terra de quen cobran as taxas ou contribucións: dos

fillos ou dos alleos?

 

26O responder el que dos alleos, Xesús concluíu:

-Polo tanto, os fillos están exentos. 27Sen embargo, para non ser ocasión de escándalo,

vai ó mar, bota o anzol, colle o primeiro peixe que pique, e ábrelle a boca: alí atoparás

unha moeda. Cóllea, e entrégaa por min e mais por ti.

 

 

 

 

414.- MARTES

 

ANO 1

 

PRIMEIRA Dt 31, I-8:

¡Se valente, Xosué! ¡Se forte!, que ti entrarás con este pobo na terra prometida

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO DEUTERONOMIO

 

 31 1Moisés acabou dicíndolle estas palabras a todo Israel. 2Logo díxolles:

-"Hoxe cumpro cento vinte anos; xa non son capaz de saír e de entrar. Por iso díxome o

Señor: Non cruzarás este Xordán.

 

3O Señor, o teu Deus, é quen cruzará o Xordán diante de ti. El destruirá ante ti estes

pobos e ti tomaralos en posesión. Xosué será quen pase á túa fronte tal como o dixo o

Señor. 4O Señor faralles a estes pobos o mesmo que lles fixo ós reis dos amorreos, a

Sihón e a Og, e ó seu país: exterminalos. 5O Señor poraos diante de vós, e vós

farédeslles tal e como eu vos mande. 6¡Sede valentes! ¡Sede fortes! Non teñades medo

nin tremades ante a súa presencia que o Señor, o teu Deus, é quen irá contigo: non te

deixará só nin te abandonará".

 

7Despois Moisés chamou a Xosué e díxolle á vista de todo Israel:

-"¡Se valente! ¡Se forte!, que ti entrarás con este pobo no país que o Señor lles prometeu

con xuramento a seus pais dárllelo, e ti has de llelo entregar en herdanza. 8Certo que o

Señor será quen irá diante de ti. El estará contigo, non te deixará só nin te abandonará.

Non teñas medo nin te desanimes".

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Dt 32, 3-4a. 7. 8. 9 e 12

R/ (9a): A parte do Señor é o seu pobo

 

3 Si, proclamarei o nome do Señor.

Proclamación da xustiza salvífica de Deus

Aclamade: a grandeza é do noso Deus.

4 El é o Penedo, a súa obra é perfecta.

Si, tódolos seus vieiros son xustiza.

 

7 Lémbrate dos días remotos,

si, considera os anos de xeración en xeración.

Pregúntalle a teu pai, e que cho mostre:

pregúntalles ós teus anciáns, e que cho digan.

 

8 Cando o Altísimo lles repartía a herdanza ós pobos,

e cando separaba ós fillos de Adam:

estableceu as fronteiras das nacións,

segundo o número dos fillos de Israel.

 

 9 Si, a parte do Señor é o seu pobo,

Xacob é a súa herdanza.

12 así tamén o Señor, El só, conducirá o seu pobo,

non haberá con El un deus estraño,

 

 

 

ANO 2

 

PRIMEIRA Ez 2, 8 --3, 4:

Alimentoume co rollo e fíxose dulce coma mel na miña boca

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE EZEQUIEL

 

Isto di o Señor:

8E ti, fillo de Adam, escoita o que eu che digo: "¡Non sexas rebelde coma a casa

rebelde! Abre a túa boca e come o que eu che dou".

 

9Entón tiven unha visión, e velaí unha man estendida cara a min, e, na man, un libro en

forma de rolo. 10Estaba escrito por unha cara e mais pola outra; estaban escritas nel

elexías, prantos e mais lamentacións.

 

3 1Logo díxome:

-Fillo de Adam, o que tes diante, cómeo: come este rolo, e vai logo falarlle á casa de

Israel.

 

2Entón eu abrín a miña boca e deume a comer este rolo, 3dicíndome:

-Fillo de Adam, alimenta o teu ventre, enche as túas entrañas con este rolo que che dou.

 

Comino e volvéuseme na boca doce coma o mel. 4E díxome:

-Fillo de Adam, marcha á casa de Israel e fálalle coas miñas palabras,

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 118, I4. 24. 72. I03. 111. I3I

R/ (103a): ¡Que doce é ó meu padal a túa palabra, Señor!

 

14Na túa revelación teño máis gozo

ca en tódalas riquezas.

 

24Os teus preceptos son a miña delicia

eles son os meus conselleiros.

 

 72A túa vontade é para min mellor

ca milleiros de ouro e prata.

 

 103¡Que doce é ó meu padal a túa palabra!

Máis doce có mel na miña boca.

 

111A túa revelación é a miña herdanza duradeira,

o gozo do meu corazón.

 

131Eu abro a boca e collo alento,

arelando as túas normas.

 

 

 

ALELUIA Mt 11, 29ab:

Tomade o meu xugo sobre vós, di o Señor;

e aprendede de min, que son manso e humilde de corazón

 

 

 

EVANXEO Mt 18, 1-5. 10. 12-14:

¡Coidadiño con desprezar a un destes cativos!

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

18 1Naquel momento acercáronse os discípulos a Xesús, para lle preguntar:

-¿Quen é o máis importante no Reino dos Ceos?

 

2El chamou por un meniño e púxoo no medio deles, 3e dixo:

-Asegúrovolo: se non cambiades e non vos facedes coma nenos, non entraredes no

Reino dos Ceos. 4Quen se faga pequeno coma este cativo será o máis importante no

Reino dos Ceos. 5E quen acolla un meniño coma este no meu nome, acólleme a min.

 

10¡Coidadiño con desprezar a un destes cativos! Asegúrovos que os seus anxos, no ceo,

están sempre contemplando o rostro do meu Pai celestial.

 

12A ver: ¿que vos parece? Se un home ten cen ovellas e perde unha, ¿non deixará as

outras noventa e nove no monte, para ir busca-la descarreirada?

 

13E se a atopa, asegúrovos que se alegrará máis con ela do que coas noventa e nove que

non se perderon. 14Do mesmo xeito, a vontade do voso Pai celestial é que non se perda

ningún destes pequenos.

 

 

 

415.- MÉRCORES

 

ANO 1

PRIMEIRA Dt 34, 1-12:

Alí morreu Moisés segundo a vontade do Señor e non volveu haber outro profeta coma

el

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO DEUTERONOMIO

 

34 1Subiu Moisés das chairas de Moab ó monte Nebó, á cima do Pisgah, que está

enfronte de Iericó. O Señor mostroulle todo o país: Galaad ata Dan, 2todo Naftalí, o país

de Efraím e Menaxés e todo o país de Xudá ata o mar Occidental; 3o Négueb, a veiga do

val de Iericó, a cidade das palmeiras, ata Soar. 4Entón díxolle o Señor:

-"Este é o país que lles prometín con xuramento a Abraham, Isaac e Xacob, dicíndolles:

Heillo de dar á túa descendencia. Xa cho mostrei ós teus ollos, pero alí non podes

cruzar".

 

5Morreu alí Moisés, o servo do Señor, no país de Moab, conforme á declaración do

Señor. 6E enterrouno alí no val, no país de Moab, enfronte de Bet-Peor, e ningún home,

ata o día de hoxe, coñeceu a súa sepultura. 7Moisés tiña cento vinte anos, cando morreu,

e o seu ollo non enfraqueceu nin desapareceu a súa vitalidade.

 

8Os fillos de Israel choraron por Moisés nas chairas de Moab trinta días, completaron

así os seus días de pranto como loito por Moisés. 9Entón Xosué, fillo de Nun, estaba

cheo de espírito de sabedoría, xa que Moisés lle impuxera as súas mans, e os fillos de

Israel fixéronlle caso e comportáronse tal coma o Señor llo mandara a Moisés.

 

10Nunca máis volveu xurdir un profeta en Israel semellante a Moisés, con quen o Señor

tratase cara a cara. 11Ninguén coma el en tódolos sinais e prodixios, que o Señor lle

mandou facer no país de Exipto contra o Faraón, contra os seus servos e contra o seu

país. 12E ningún coma el coa man forte e todo o grande pavor que provocou Moisés á

vista de todo Israel.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 65, 1-3a. 5 e 16-17

R/ (cf 20a e 9a): Bendito sexa Deus que fixo vivi-la miña alma

 

Aclama a Deus, terra enteira,

2canta a gloria do seu nome;

réndelle o honor da louvanza,

3dille: ¡Que sorprendentes son as túas obras!

 

5Vinde e vede as obras do Señor,

os seus sorprendentes feitos entre os homes.

16Vide os que teméde-lo Señor,

e contaréivo-lo que El fixo por min.

17Chameino coa miña boca

e louveino coa miña lingua.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ez 9, 1-7; 10, 18-22:

Pon unha marca na fronte dos que fan dó por causa das abominacións de Xerusalén

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE EZEQUIEL

 

9 1Unha gran voz do Señor resoa nos meus oídos, dicindo:

-Xa chegan os verdugos da cidade, cada un ten na propia man a súa arma de destrucción.

2Velaí seis homes que entran polo camiño da porta de arriba, que dá ó norte, cada un ten

na propia man a súa arma de esmagar. No medio deles, un home vestido de liño, co

tinteiro de escribán á súa cintura. Entraron e puxéronse de pé ó lado do altar de bronce.

3Entón a gloria do Deus de Israel levantouse de enriba dos querubíns, sobre os que

estaba, camiño da soleira do templo, e chamou ó home vestido de liño, que tiña na

cintura o tinteiro de escribán, 4e díxolle o Señor:

-Atravesa a cidade, cruza Xerusalén e pon unha marca na fronte dos homes que fan dó e

suspiran por causa de tódalas abominacións que se cometen no medio dela.

 

5E ós outros díxolles ós meus oídos:

-Percorrede a cidade detrás del e dade golpes,

que o voso rostro non se apiade, nin teñades compaixón.

6Os vellos, ós mozos e mozas,

ós meniños e ás mulleres,

matádeos ata o exterminio;

pero non vos arrimedes a ningún home que leve a marca.

Comezade polo meu santuario.

E eles comezaron cos homes vellos que estaban diante do templo.

 

7Seguiulles dicindo:

-Profanade o templo, enchede os adros de cadáveres, e saíde.

Eles saíron a matar pola cidade.

 

18A gloria do Señor saíu de enriba da soleira do templo, e púxose sobre os querubíns.

19Os querubíns ergueron as súas ás e levantáronse do chan, diante dos meus ollos, eles

e mailas rodas xunto con eles; logo pararon á entrada da porta do templo do Señor; a

gloria do Deus de Israel sobresaía por enriba deles. 20Estes eran os viventes que eu vira

por debaixo do Deus de Israel, xunto ó río Quebar, e deime conta de que eran querubíns.

21Os catro tiñan catro caras cada un, e cada un catro ás, e forma de mans de home

debaixo das súas ás. 22A forma das súas caras era a mesma có aspecto e sinal das que eu

vira xunto ó río Quebar. Cada un camiñaba de fronte.

 

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 112, 1-2. 3-4. 5-6

R/ (4b): Sobre o ceo está a gloria do Señor

Ou Aleluia

 

1Aleluia.

Louvade, servidores do Señor,

louvade o nome do Señor.

2Bendito sexa o nome do Señor,

agora e por sempre.

 

3Desde o nacente ó poñente

louvado sexa o nome do Señor.

4Excelso sobre as xentes é o Señor,

sobre o ceo a súa gloria.

 

 5¿Quen coma o Señor, noso Deus,

que habita nas alturas

6e que baixa para coidar

do ceo e mais da terra?

 

 

 

ALELUIA 2 Cor 5, 19:

Deus estaba en Cristo reconciliando consigo o mundo,

e deunos a nós unha palabra de reconciliación

 

 

 

EVANXEO Mt 18, 15-20:

Se te escoita, conquistáche-lo teu irmán.

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

Dilles Xesús ós seus discípulos:

15Se teu irmán peca contra ti, vai e repréndeo; pero ti só con el. Se te escoita,

conquistáche-lo teu irmán. 16Se non te escoita, leva contigo un ou dous, para que por

medio de dúas ou tres testemuñas quede resolto o asunto. 17Se non vos fai caso, dillo á

comunidade; e se tampouco lle fai caso á comunidade, sexa para ti como un pagán ou un

recadador de impostos. 18Asegúrovos que o que atedes na terra será atado no ceo, e o

que desatedes na terra será desatado no ceo.

 

19Asegúrovos tamén que se dous de vós se poñen de acordo na terra para pedir calquera

cousa, conseguirano do meu Pai celestial. 20Porque onde están dous ou tres reunidos no

meu nome, alí no medio estou eu.

 

 

 

 416.- XOVES

 

ANO 1

PRIMEIRA Xos 3, 7-10a. 11. 13-17:

A arca da alianza do Señor irá diante de vós polo Xordán

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOSUÉ

 

7Dixo o Señor a Xosué: -"Hoxe comezarei a engrandecerte diante de todo Israel, para

que se decaten de que estou contigo, como estiven con Moisés. 8Ti mándalles isto ós

sacerdotes que levan a Arca da Alianza: en canto cheguedes a carón das augas do

Xordán, detédevos no Xordán". 9E dixo Xosué ós fillos de Israel: -"Achegádevos aquí e

escoitade as palabras do Señor, o voso Deus". 10E engadiu: -"Nisto coñeceredes que o

Deus vivo está entre vós

 

. 11Velaquí que a Arca da Alianza do dono de toda a terra vai pasa-lo Xordán diante de

vós 13e, cando as plantas dos pés dos sacerdotes que levan a Arca do Señor -do dono de

toda a terra- se pousen nas augas do Xordán, acontecerá que as augas do Xordán

quedarán cortadas (as augas que veñen de arriba), e formarán un bloque á parte".

 

14E o pobo botou a andar, desde onde tiña as tendas, para pasa-lo Xordán; e os

sacerdotes levaban a Arca da Alianza diante do pobo. 15E, en chegando ó Xordán os

que levaban a Arca e mollárense na ribeira os pés dos sacerdotes que levaban a Arca

-pois o Xordán enche as súas ribeiras todo o tempo da recolleita-, 16detivéronse as

augas do Xordán que viñan de arriba, e erguéronse en bloque á parte moi lonxe, en

Adam (a vila que está a carón de Saretán); e as que baixaban cara ó mar da Arabah -o

Mar do Sal-, remataron tamén totalmente cortadas: e o pobo atravesou por fronte de

Iericó. 17E os sacerdotes que levaban a Arca da Alianza do Señor, mantivéronse

ergueitos en seco, no medio do Xordán, namentres todo Israel atravesaba polo seco, ata

que toda a xente deu pasado o Xordán.

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Sal 113A, 1-2. 3-4. 5-6

R/ Aleluia

 

1Cando Israel saíu de Exipto,

a familia de Xacob dun pobo estraño,

2foi Xudá o seu santuario,

Israel o seu dominio.

 

3Viuno o mar e fuxiu,

o Xordán botouse atrás;

4os montes brincaron coma carneiros,

os outeiros coma años.

 

5¿Que che pasa, mar, para fuxires,

Xordán, para te botares atrás,

6montes, para brincardes coma carneiros,

e vós, outeiros, coma años?

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ez 12, 1-12:

Marcha ó desterro en pleno día, ante os seus propios ollos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE EZEQUIEL

 

 12 1Veume a palabra do Señor nestes termos:

2-Fillo de Adam, ti estás vivindo no medio da Casa Rebelde:

teñen ollos para ver, e non ven;

teñen oídos para escoitar, e non escoitan,

pois son Casa Rebelde.

 

3-Oe ti, fillo de Adam, prepara o teu fardelo de desterrado,

e marcha ó desterro en pleno día, ante os seus propios ollos;

marcha do teu lugar a outro lugar á vista deles,

a ver se o ven, pois son Casa Rebelde.

 

4Colle o teu fardelo, fardelo de deportado,

en pleno día á vista deles;

e sairás polo serán e á vista deles,

como os que saen para o desterro.

 

5A vista deles fura o muro e saca por el o fardelo.

6A vista deles bótao ás costas, sácao de noite,

cubre a túa cara para non ve-lo país,

fíxate: fago de ti un sinal para a casa de Israel.

 

7Eu fixen tal como se me mandara:

collín en pleno día o meu fardelo coma fardelo de desterrado,

furei polo serán no muro coa man, saquei o fardelo na escuridade

e cargueino ó lombo á vista deles.

 

8A mañá seguinte veume a palabra do Señor nestes termos:

9-Fillo de Adam, ¿acaso non che preguntou a Casa de Israel, a Casa Rebelde, que era o

que estabas a facer? 10Dilles: así fala o meu Señor, Iavé: -Este oráculo é para o príncipe

que hai en Xerusalén e para toda a Casa de Israel que está no medio dela. 11Dilles:

 

Eu fun un sinal para vós:

o mesmo que eu fixen, así se lles fará a eles:

Irán deportados ó desterro.

 

12O príncipe que vive entre eles cargará ó lombo o seu fardelo na escuridade e sairá

polo muro que furaron para poderen saír por el, tapará a súa cara para non ver cos seus

ollos o país. 13Eu estenderei a miña rede sobre el, e será cazado na miña

 

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 77, 56-57. 58-59. 6I-62

R/ (7c): Non esquezáde-las accións do Señor

 

56Eles tentaron, provocaron ó Deus Altísimo,

non gardaron os seus preceptos.

57Coma seus pais, desertaron, traicionaron,

voltáronse, coma arco enganoso.

 

 58Cos seus santuarios nos altos provocárono,

cos ídolos acenderon os seus celos.

59Sentiuno Deus e indignouse,

mesmo refugou a Israel.

 

61Deixou na catividade os seus valentes,

o seu orgullo en poder do opresor.

62Entregou o seu pobo á espada,

incomodouse contra o seu herdo.

 

 

 

ALELUIA Sal 118, 135:

Ilumina, Señor, o teu rostro sobre o teu servo,

e ensíname os teus preceptos

 

 

EVANXEO Mt 18, 21--19, 1:

Non che digo que perdoes ata sete veces senón ata setenta veces sete

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

21Pedro, achegándose, preguntoulle a Xesús:

-Señor, ¿cantas veces terei que perdoar a meu irmán se me segue ofendendo? ¿Ata sete

veces?

 

22Respondeulle Xesús:

-Non che digo ata sete veces, senón ata setenta e sete.

 

23Por iso, o Reino dos Ceos é semellante a un rei que quixo face-las contas cos seus

servidores. 24Cando empezaba, presentóuselle un que lle debía varios millóns. 25E

como non tiña con que pagar, o señor ordenou que o vendesen a el con muller, fillos e

canto tiña, para que así lle pagase.

 

26O servidor botóuselle ós pés e suplicáballe:

-¡Ten paciencia comigo, que cho hei pagar todiño!

 

27O señor tivo dó daquel home e deixouno marchar, perdoándolle toda a súa débeda.

 

28Pero, ó saír, o servidor aquel atopouse cun compañeiro que lle debía unha

insignificancia e, agarrándoo pola gorxa, esganábao dicíndolle:

-Paga o que me debes.

 

29Botándose ós seus pés, o compañeiro suplicáballe:

-Ten paciencia comigo, que cho hei pagar todo.

 

30Pero non lle fixo caso e, aínda para máis, mandouno meter na cadea ata que lle pagase

a débeda.

 

31Os compañeiros, ó veren tal cousa, moi apesarados, fóronlle contar ó seu señor todo o

que pasara. 32Entón o señor mandouno chamar e díxolle:

-¡Servidor malvado! Eu perdoeiche toda aquela débeda, porque mo pediches. 33¿E logo

non debías ti tamén compadecerte do teu compañeiro, como eu me compadecín de ti?

 

34E todo anoxado, o señor entregouno ós verdugos ata que lle pagase toda a débeda.

 

35Así tamén fará convosco meu Pai celestial, se non perdoades de corazón cada un a

seu irmán.

 

19 1Cando terminou Xesús estes discursos, partiu de Galilea e veu para a terra de

Xudea, na outra banda do Xordán.

 

 

 

417.- VENRES

 

 ANO 1

 

PRIMEIRA Xos 24, 1-13:

Trouxen a voso pai de Mesopotamia; saqueivos de Exipto; introducinvos na terra

prometida

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOSUÉ

 

24 1Xuntou Xosué a tódalas tribos de Israel en Xequem, e chamou ós anciáns de Israel,

ós xefes, ós xuíces e mais ós oficiais, e presentounos diante de Deus. 2E Xosué falou a

todo o pobo deste xeito:

-"Así di o Señor, Deus de Israel: os vosos devanceiros viviron desde sempre na outra

banda do río (Térah, o pai de Abraham e mais de Nahor) e serviron a deuses alleos. 3E

collín a voso pai Abraham da outra banda do río, e leveino por toda a terra de Canaán, e

multipliquei a súa semente dándolle a Isaac. 4E a Isaac deille a Xacob e mais Esaú. A

Esaú deille en herdanza a montaña de Seir, namentres que Xacob e seus fillos baixaron a

Exipto. 5E enviei a Moisés e mais a Aharón, e ferín a Exipto coas obras que fixen

naquela terra, e despois logrei tirarvos de alí. 6Saquei ós vosos devanceiros de Exipto e

chegastes ó mar. Os exipcios perseguiron ós vosos devanceiros con carros e cabaleiros

ata o Mar Rubio. 7E clamaron os vosos ó Señor, e interpuxo a tebra entre vós e Exipto,

e botou sobre os outros o mar, que os enguliu. Ben viron os vosos ollos o que fixen con

Exipto; e despois morastes moito tempo no deserto. 8Logo leveivos á terra dos

amorreos, que habitaban na outra banda do Xordán. Eles loitaron contra vós, e eu

púxenos nas vosas mans para que herdaséde-la súa terra, e desbarateinos diante de vós.

9Entón ergueuse Balac, fillo de Sipor, rei do Moab, e loitou contra Israel; e mandou

chamar a Balaam, fillo de Beor, para que vos botase unha maldición; 10pero eu non

quixen dar ouvidos a Balaam, que rematou bendicíndovos, e dese xeito, salveivos da súa

man. 11Logo pasáste-lo Xordán e chegastes a Iericó; e loitaron contra vós os veciños de

Iericó -os amorreos, os perizitas, os cananeos, os hititas, os guirgaxitas, os hivitas e os

iebuseos-, e púxenos nas vosas mans. 12E enviei diante de vós vésporas, que tiraron de

diante os dous reis amorreos, sen intervención da vosa espada nin do voso arco; 13e

deivos unha terra que non traballastes, e cidades que non edificastes e que as habitades;

viñas e oliveiras que non plantastes, en tanto que comedes delas.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 135, 1-3. 16-18. 21-22 e 24

R/ Porque a súa misericordia é eterna

Ou: Aleluia

 

 1Louvade o Señor porque é bo,

porque o seu amor é eterno.

2Louvade o Deus dos deuses,

porque o seu amor é eterno;

 

3louvade o Señor dos señores,

porque o seu amor é eterno.

 

16Guiou ó seu pobo no deserto,

porque o seu amor é eterno;

17feriu a grandes reis,

porque o seu amor é eterno;

18matou a reis poderosos,

porque o seu amor é eterno;

 

 21Déulle-la súa terra en herdanza,

porque o seu amor é eterno,

22en herdanza a Israel, o seu servidor,

porque o seu amor é eterno.

24e líbranos dos nosos opresores,

porque o seu amor é eterno.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ez 16, 1-15. 60. 63:

Co esplendor que eu puxera en ti, ¡tan perfecta era a túa beleza!;

e prostituícheste

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE EZEQUIEL

 

 16 1Veume a palabra do Señor nestes termos:

2-Fillo de Adam,

faille saber a Xerusalén as súas abominacións,

3dille: así fala o meu Señor, Iavé:

-¡Xerusalén! As túas orixes e mailos teus devanceiros

proveñen do país dos cananeos:

teu pai é o amorreo e túa nai é hitita.

 

4Tales son os teus devanceiros:

O día que naciches,

non che ataron o cordón do embigo,

non te lavaron con auga por pura compaixón,

nin te lavaron con auga salgada,

nin te enfaixaron.

 

5Ninguén se apiadou de ti

facéndoche algunha destas cousas,

por compaixón de ti,

senón que dabas noxo,

e fuches botada ó campo

o día que naciches.

 

6Pero pasei eu onda ti, e olleite

no teu propio sangue,

e a ti, que estabas no teu propio sangue, repetinche:

"Vive 7e medra, vólvete coma as herbas do campo".

E ti medraches e fixécheste moza,

chegaches á ledicia do teu crecemento:

os dous peitos afirmáronseche

e naceuche o teu pelo,

pero estabas espida e en coiros.

 

8Volvín pasar onda ti e fixeime en ti:

Velaí, a túa idade era a idade do namoro;

estendín o meu manto sobre ti

e cubrín a túa nudez;

comprometinme contigo con xuramento,

e entrei en alianza contigo

-é o meu Señor, Iavé, quen fala-

e fuches miña.

 

9Logo laveite con auga, limpeiche o sangue de enriba de ti

e unxinte con aceite.

10Despois púxenche roupas bordadas,

calceite con pel de coiro fino,

púxenche un cinto de liño ben curado,

e cubrinte cun mantón de seda.

 

11Engalaneite de xoias:

puxen pulseiras nos teus brazos

e colares no teu pescozo.

 

12Puxen un anel no teu nariz,

pendentes nas túas orellas

e unha coroa preciosa na túa cabeza.

 

13Engalanábaste con ouro e prata,

os teus vestidos eran de liño ben curado, seda e bordados;

comía-la flor da fariña, mel e aceite;

estabas moi fermosa e conseguiches ser raíña.

 

14O teu nome correu entre as nacións por mor da túa beleza,

co esplendor que eu puxera en ti,

¡tan perfecta era a túa beleza!

-é o meu Señor, Iavé, quen fala-.

 

15Fiácheste da túa beleza

e afincada no teu renome,

décheste á prostitución.

Ofreciches a cantos pasaban os teus engados de prostituta

 

60Pero eu lembrareime da miña alianza,

do sinal que che dei desde os días da túa mocidade,

e manterei contigo unha alianza eterna.

63para que te acordes e te avergonces

e nunca máis teñas que abri-la boca con vergonza,

cando eu che perdoe todo o que fixeches

-é o Señor quen fala-.

 

 

 

Ou tamén: Ez 16, 59-63:

Recordarei a miña alianza contigo, e has quedar confundida

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE EZEQUIEL

 

59Pois, así fala o meu Señor:

-Comportareime contigo tal coma ti fixeches comigo,

pois desprezáche-lo xuramento

e rompíche-la alianza.

 

60Pero eu lembrareime da miña alianza,

do sinal que che dei desde os días da túa mocidade,

e manterei contigo unha alianza eterna.

 

61E ti lembraraste do teu comportamento

e avergonzaraste, cando ti acólla-las túas irmás,

a máis vella e a máis nova,

pois dareichas a ti por fillas,

e farei firme a túa alianza.

 

62Porque eu manterei a miña alianza contigo,

e ti recoñecerás que eu son o Señor,

63para que te acordes e te avergonces

e nunca máis teñas que abri-la boca con vergonza,

cando eu che perdoe todo o que fixeches

-é o Señor quen fala-.

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Is 12, 2-3. 4bcd. 5-6

R/ (1c): Deixáche-lo teu noxo e consoláchesme

 

2Velaí, Deus é a miña salvación, terei confianza, e non medo.

El é a miña forza, por isto louvareino.

Si, o Señor é a miña salvación".

3Sacaredes auga con gozo das fontes de salvación.

 

4O día aquel diredes: "Dádelle gracias ó Señor, invocade o seu nome.

Dade a coñecer entre os pobos os seus feitos,

facédelle a lembranza de que é grande o seu Nome.

 

5Cantádelle ó Señor. De verdade fixo cousas magníficas,

que serán coñecidas en toda a terra.

6Clamade con gozo e ledicia, habitantes de Sión:

Que grande é no medio de ti o Santo de Israel".

 

 

 

ALELUIA Cf 1 Tes 2, 13:

Acollede a alabra de Deus non coma palabra dos homes,

senón como é verdadeiramente, palabra de Deus

 

 

 

EVANXEO Mt 19, 3-12:

Debido á dureza do voso corazón, permitiuvos Moisés repudia-las vosas mulleres; pero

ó principio non era así.

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

 3Chegaron onda Xesús uns fariseos e preguntáronlle para poñéreno a proba:

-¿É lícito repudia-la muller por un motivo calquera?

 

4El respondeu:

-¿Seica non sabedes que o Creador os fixo varón e femia desde o principio, 5e que dixo:

Por iso deixará o home a seu pai e mais a súa nai, unirase coa súa muller, e serán os

dous unha soa carne? 6De xeito que xa non son dous, senón unha soa carne. Polo tanto,

o que Deus xuntou, que non o separe o home.

 

7Preguntáronlle:

-¿E logo como é que Moisés mandou entrega-lo certificado de divorcio e repudiala?

 

8El respondeu:

-Debido á dureza do voso corazón, permitiuvos Moisés repudia-las vosas mulleres; pero

ó principio non era así. 9Asegúrovos que quen repudia a súa muller (sacado que estea

malvivindo) e casa con outra, comete adulterio.

 

10Entón dixéronlle os dicípulos:

-Pois se a situación do home respecto á muller é esa, casar non nos fai avío ningún.

 

11El contestoulles:

-Non todos entenden esta linguaxe, senón aqueles a quen se lles concedeu. 12Hai-nos

que non poden casar, porque naceron así do ventre da súa nai; outros, porque así os

fixeron os homes; e outros, porque eles mesmos se fixeron así polo Reino dos Ceos.

Quen poida entender, que entenda.

 

 

 

418.- SÁBADO

 

ANO 1

PRIMEIRA Xos 24, 14-29:

Escollede hoxe a quen queredes servir

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOSUÉ

 

 Faloulle Xosué ó pobo dicindo:

14Agora, pois, temede ó Señor, e servídeo abofé, con lealdade; arredade os deuses ós

que serviron vosos pais na outra banda do río e en Exipto, e servide ó Señor. 15E, se vos

anoxa servir ó Señor, escollede hoxe a quen ides servir: se ós deuses que serviron vosos

pais na outra banda do río, ou ós deuses dos amorreos, os da terra que habitades. Eu e

maila miña familia serviremos ó Señor".

 


 

16E respondeu o pobo:

-"Lonxe de nós arredármonos do Señor para servir a outros deuses, 17pois o Señor, o

noso Deus, fíxonos subir a nós e a nosos devanceiros da terra de Exipto, da casa do

asoballamento, e fixo diante de nós aqueles grandes prodixios e protexeunos ó longo de

todo o camiño que percorremos, e mais por tódolos poboados por onde pasamos; 18e

botou o Señor de diante de nós a tódolos pobos, e ós amorreos que habitaban este país.

Así que tamén nós serviremos ó Señor, pois El é o noso Deus".

 

19E dixo Xosué ó pobo:

-"Vós non sodes quen para servirdes ó Señor, pois El é un Deus santo e dado ós celos e

non aturaría as vosas rebeldías nin os vosos pecados. 20Se vos arredades do Señor e

servides a deuses alleos, tornarase contra vós ata acarrexárvo-lo mal e esnaquizarvos

despois de tanto ben como vos fixo".

 

21Respondeulle o pobo a Xosué:

-"¡Non!, pois nós serviremos ó Señor".

 

22Dixo entón Xosué ó pobo:

-"Vós sodes testemuñas contra vós mesmos de que escollestes servir ó Señor".

 

E dixeron eles:

-"Certo, somos testemuñas".

 

23-"Daquela -dixo Xosué-, botade fóra os deuses alleos que hai entre vós, e apegade o

voso corazón ó Señor Deus, e escoitarémo-la súa voz".

 

24Respondeu o pobo:

-"Servirémo-lo Señor, o noso Deus, e escoitarémo-la súa voz".

 

25Selou así Xosué o pacto co pobo no día aquel e forneceuno de leis e costumes en

Xequem. 26E escribiu aquelas palabras no libro da Lei de Deus e colleu unha pedra

grande, e erixiuna alí, debaixo da aciñeira que hai no santuario do Señor. 27E dixo a

todo o pobo:

-"Velaquí esta pedra que será testemuña contra nós, pois ela escoitou tódalas palabras

que o Señor nos proclamou e será testemuña contra vós, para que non reneguedes do

voso Deus".

 

28De seguido, Xosué despediu o pobo e foi cadaquén para a súa herdanza.

 

29Xa despois daquilo morreu Xosué, fillo de Nun, servo do Señor, ós cento dez anos de

idade, 30e sepultárono no territorio da súa herdanza, en Timnat-Sérah, que queda

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Ps 15, 1-2a e 5. 7-8. 11

R/ (cf 5a): Ti es, Señor, a miña herdade

 

Gárdame, Deus, que en ti busco agarimo.

2Eu dígolle ó Señor: -"Ti e-lo meu dono,

só ti e-lo meu ben".

5Ti es, Señor, a miña herdade e a miña sorte,

ti coidas do meu porvir.

 

7Bendigo ó Señor que me guía

e mesmo de noite me ensina no meu íntimo.

8Teño ó Señor sempre diante;

con El á dereita non caerei.

 

 11Mostrarasme o camiño da vida:

a túa presencia éncheme de alegría;

a túa dereita, de gozo eterno.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ez 18, 1-10. 13b. 30-32:

Xulgarei a cada un de vós conforme o propio comportamento

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE EZEQUIEL

 

 18 1Veume a palabra do Señor nestes termos:

2-¿Que vos pasa a vós, que andades repetindo este dito na terra de Israel:

"Os pais comeron as uvas verdes

e os fillos sofren a denteira"?

3Pola miña vida -é o meu Señor, Iavé quen fala-

xuro que vós non volveredes repetir

este dito en Israel.

 

4Pois, de certo, tódalas vidas son miñas;

o mesmo cá vida do pai,

tamén a vida do fillo é miña;

a persoa que peque, esa é a que morrerá.

5Se un home é xusto,

e practica o dereito e maila xustiza:

6non come banquetes sacros nas montañas

nin levanta os seus ollos

cara ós ídolos da casa de Israel;

non profana a muller do seu próximo,

nin se achega á muller menstruante;

7se o tal non explota a ninguén,

devolve a fianza da súa débeda,

non comete roubo,

dálle o seu pan ó famento

e cobre ó espido con vestidos;

8se non presta con usura

nin cobra os intereses;

se aparta a súa man da iniquidade,

e xulga conforme o dereito e a verdade entre home e home;

9se camiña conforme os meus preceptos

e garda os meus mandamentos,

practicando a verdade e a xustiza:

este certamente vivirá.

-é o meu Señor, Iavé, quen fala-.

 

10Pero se un enxendra un fillo asasino,

ou se o familiar comete algunha destas cousas

¿acaso vivirá? -Non vivirá

 

30Por isto, xulgareivos a cada un de vós

conforme o propio comportamento, Casa de Israel,

-é o meu Señor, Iavé, quen fala-.

 

Convertédevos e apartádevos das vosas ruindades,

e non teréde-lo tropezo para caer na iniquidade.

31Quitade de diante de vós as vosas maldades

coas que pecastes,

e facédevos un corazón novo e un espírito novo.

¿Por que queredes morrer,

Casa de Israel?

32Non sinto eu pracer pola morte do que morre

-é o meu Señor, Iavé quen fala-

¡Convertédevos e viviredes!

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 50, 12-13. 14-15. 18-19

R/ (12a): Crea, Deus, en min un corazón puro

 

12Crea, Deus, en min un corazón puro,

renóvame por dentro cun espírito firme.

13Non me botes da túa presencia

e non tires de min o teu santo espírito.

 

14Devólveme a alegría da túa salvación,

sostenme co espírito xeneroso.

15Ensinarei o teu camiño ós pecadores

e volverán a ti os descarriados.

 

 18Con sacrificios ti non te compraces,

se che ofrezo holocaustos, non os aceptarás:

19O meu sacrificio, Deus, será o espírito contrito:

o corazón contrito e humilde

ti, Deus, non o desprezas.

 

 

 

 ALELUIA Cf Mt 11, 25:

Bendito es ti, Pai, Señor do ceo e mais da terra,

porque lle revelaches ós humildes os misterios do reino

 

 

 

EVANXEO Mt 19, 13- 15:

Non lles privedes ós nenos vir a min: dos que son coma eles é o reino dos ceos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

13Leváronlle a Xesús uns nenos, para que lles impuxese as mans, e rezase por eles. Pero

os discípulos rifábanlles. 14Mais Xesús díxolles:

-Deixade que os nenos se acheguen a min, non llelo privedes, porque deles é o Reino

dos Ceos.

 

15E despois de lles impoñe-las mans, marchou de alí.