Semana XVII

 
 

SEMANA 17ª DO TEMPO ORDINARIO

 

 

 

401.- LUNS

 

 ANO 1

 

PRIMEIRA Éx 32, 15-24. 30-34

Este pobo cometeu o máximo pecado e fixéronse deuses de ouro

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

 

15Moisés baixou do monte coas dúas táboas da alianza na súa man. Estaban escritas

polos dous lados, 16e eran obra de Deus: o gravado nas táboas era escritura de Deus.

17En oíndo Xosué a algueirada do pobo, díxolle a Moisés: -"Oense berros de loita no

campamento".

 

18Moisés respondeulle: -"Non son aturuxos de victoria, nin salaios de desfeita, senón

que son cantos o que oio".

 

19Cando chegou ó campamento e viu o becerro e a danza, Moisés anoxouse moito, tirou

as táboas da man e crebounas na aba da montaña. 20Logo agarrou o becerro que fixeran,

queimouno e moeuno, ata convertelo en po, e fíxollelo beber ós israelitas.

 

21Moisés díxolle a Aharón: -"¿Que che fixo este pobo, para que deixases caer enriba del

un pecado tan grave?"

 

22Respondeulle Aharón: -"Que non se anoxe o meu señor. Ti sabes que este pobo é

inclinado ó mal. 23Dixéronme: Fainos un deus que nos conduza, pois ese Moisés, o

home que nos sacou de Exipto, non sabemos que foi del. 24Eu díxenlles: ¿Quen de

entre vós ten ouro? Eles recolleron ouro e trouxéronmo. E eu fundino, e saíu este

becerro".

 

30O día seguinte Moisés díxolle ó pobo: -"Cometestes un grave pecado. Agora subirei

onda o Señor, para ver se vos obteño o perdón".

 

31Volveu, pois, Moisés onda o Señor e dixo: -"Recoñezo que este pobo cometeu un

grave pecado, ó facerse un deus de ouro. 32Pero rógoche que agora lle perdóe-lo

pecado. E se non, táchame a min tamén do libro onde rexistras".

 

33O Señor respondeulle a Moisés: -"Do meu rexistro tacharei ó que pecou. 34Pero

agora vai e leva o pobo a onde che mandei. O meu anxo irá diante de ti. O día da conta

pedireille as contas do pecado".

 

 

 

 

 

SALMO RESPNSORIAL Sal 105, 19-20. 21-22. 23

 

R/ (1a): Louvade ó Señor, que é bo

Ou: Aleluia

 

19No Horeb fixeron un touro,

adoraron un ídolo,

20trocaron a súa gloria

pola imaxe dun boi que come herba.

 

21Esqueceron o Deus que os salvara,

que fixera portentos en Exipto,

22prodixios na terra de Cam,

escarmentos no mar Rubio.

 

23Deus falou de destruílos,

se non fose por Moisés, o seu elixido,

que se puxo na brecha diante del,

para arredalo do seu noxo destructor.

 

 

 

ANO 2

 

PRIMEIRA Xer 13, 1-11

Este pobo é coma esa faixa que xa non serve para nada.

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS

 

13 1Así me dixo o Señor:

-Vai mercar unha faixa de liño, e pona sobre os cadrís;

pero na auga non a metas.

 

2Eu merquei a faixa, conforme o mandato do Señor, e cinguín con ela os cadrís.

 

3Volveu de segundas falarme o Señor:

4-Colle a faixa que mercaches, a que tes sobre os cadrís; colle o camiño do Éufrates e

esconde alí a faixa na fendedura dunha pena.

 

5Eu fun, e escondina no Éufrates conforme o Señor me mandou.

 

6E ó cabo de moito tempo díxome o Señor:

-Colle o camiño do Éufrates e recolle alí a faixa no lugar onde cha mandei esconder; 7eu

fun ó Éufrates, cavei un pouco e recollín a faixa no lugar onde a escondera: a faixa

estaba podre, non servía para nada.

 

8Veume de novo a palabra do Señor nestes termos:

9-Así fala o Señor:

Do mesmo xeito farei podrece-la gloria de Xudá,

e a grande gloria de Xerusalén.

10Este pobo malvado que non quere escoita-las miñas palabras,

que se comporta segundo os antollos do seu corazón,

e que vai tras deuses alleos para lles dar culto e os adorar,

será coma esa faixa que xa non serve para nada.

 

11Así como a faixa cingue os cadrís, así quixen eu cinguirme de Israel e coa casa toda

de Xudá, de xeito que fose o meu pobo, o meu renome, a causa da miña louvanza e da

miña gloria; pero non me fixeron caso.

 

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Dt 32, 18-19. 20. 21

R/ (cf 18a): Esquecíche-lo Deus que te trouxo ó mundo.

 

18 Desprezáche-lo Penedo que te deu a luz,

esquecíche-lo Deus que te trouxo ó mundo.

19 Viu isto o Señor con enfado,

rexeitou a seus fillos e a súas fillas.

 

20E dixo: Esconderéille-lo meu rostro benévolo,

verei cal é o seu porvir,

pois eles son unha xeración de perversión,

fillos nos que non hai fidelidade.

 

21 Eles provocaron os meus celos con quen non é deus,

enfadáronme cos seus ídolos ilusos;

pero eu provocarei os seus celos con quen non é pobo,

cunha nación tola enfadareinos.

 

 

 

ALELUIA Sant 1, 18:

O Pai enxendrounos, porque quixo, coa palabra da verdade,

para que sexamos primicias da súa creación

 

 

 

EVANXEO Mt 13, 31-35

A semente de mostaza faise árbore de xeite que os paxaros do ceo veñan aniñar nas

súas ponlas

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

 31Xesús contoulle á xente outra parábola:

-O Reino dos Ceos é semellante a un gran de mostaza que un home sementou na súa

horta. 32A mostaza vén sendo a máis pequerrecha de tódalas sementes; pero cando

medra chega a ser meirande ca tódalas hortalizas, converténdose nunha árbore; de tal

xeito, que mesmo os paxaros veñen face-lo niño nas súas ponlas.

 

33Díxolles outra parábola:

-O Reino dos Ceos é semellante ó fermento que unha muller amasou en tres medidas de

fariña ata que todo levedou.

 

34Todo isto lle falou Xesús en parábolas á xente, e nada lle falaba que non fose por

medio de parábolas. 35De xeito que se cumprise o que dixera o profeta:

 

Abrirei a miña boca para dicir parábolas,

proclamarei cousas escondidas desde que o mundo é mundo.

 

 

 

 402.- MARTES

ANO 1

 

PRIMEIRA Éx 33, 7-11; 34, 5b-9. 28

Falaba o Señor con Moisés cara a cara

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

 

 7Moisés levantou a Tenda e plantouna lonxe, fóra do campamento; e chamouna Tenda

do Encontro. O que quería visita-lo Señor, saía do campamento e ía fóra del, á Tenda do

Encontro.

 

8Cando Moisés saía cara á Tenda, a xente agardaba de pé, á entrada das súas tendas,

ollando como Moisés entraba na Tenda do Encontro. 9Cando Moisés entraba na Tenda,

baixaba a columna de nube e pousábase na entrada, mentres Deus se comunicaba a

Moisés. 10O pobo todo podía ve-la columna de nube pousarse na entrada da Tenda, e

todos se erguían e se postraban, cada un á porta da súa tenda. 11O Señor falaba con

Moisés cara a cara, coma un home co seu amigo. Despois Moisés volvía para o

campamento; pero o seu servidor Xosué, fillo de Nun, non se ía da Tenda.

 

Moisés pronunciou o nome do Señor.

 

6O Señor pasou diante del proclamando: -"O Señor, o Señor, Deus compasivo e

benfeitor, tardo á ira, rico en amor e lealdade, 7que garda o seu amor ata a milésima

xeración, que perdoa as culpas, os pecados e os erros, pero non declara inocente ó

culpado, e castiga as culpas dos pais ata a terceira e a cuarta xeración".

 

8Moisés, ó tempo que se postraba polo chan e adoraba, 9dixo: -"Se merezo, Señor, o teu

favor, pídoche que veñas ti connosco. Este pobo ten cerviz dura, pero ti perdoara--las

nosas culpas e pecados e farás de nós a túa herdade".

 

28Moisés estivo alí co Señor corenta días e corenta noites. Nelas non comeu pan nin

bebeu auga. E escribiu nas táboas as palabras da alianza, os dez mandamentos.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 102, 6-7. 8-9. 10-11. 12-13

R/ (8a): O Señor é misericordioso e clemente

 

 6O Señor fai xustiza

e defende o dereito do oprimido.

7Mostroulle a Moisés os seus camiños,

ós fillos de Israel as súas fazañas.

 

8O Señor é misericordioso e clemente,

tardo á ira e rico en mercedes.

9Non contende por moito tempo

nin se anoxa para sempre.

 

10Non nos trata conforme ós nosos erros

nin nos paga conforme ás nosas culpas.

11Canto se alza o ceo sobre a terra,

así é grande o seu amor para os que o temen;

 

 12canto dista o nacente do poñente,

así arreda de nós as nosas culpas;

13canto un pai ama ós seus fillos,

así ama o Señor ós que o temen.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Xer 14, 17-22

Fai memoria e non rómpa-la túa alianza connosco.

PROCLAMACIÓN DA PALARA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS

 

-Os meus ollos chorrean bágoas,

¡de día e de noite moito choran!

pois a Mociña, a filla do meu pobo, arruinouse cun enorme desastre,

está completamente deshonrada cunha grande ferida.

18Saio ó campo e velaquí:

asasinados a espada;

entro na cidade e velaquí:

esmorecidos coa fame.

Olla para o sacerdote e para o profeta:

andan á deriva polo país e nin conta se dan.

19¿Refugaches definitivamente a Xudá?

¿Tes noxo de Sión?

¿Por que nos feriches e non hai remedio para nós?

¿Por que se está á espera da paz, e non hai cousa boa,

e no momento do remedio se presenta o terror?

20Señor, recoñecémo-la nosa impiedade,

a iniquidade dos nosos devanceiros,

pois temos pecado contra ti.

21Por mor do teu Nome, non rexeites,

non trates a golpes o trono da túa gloria;

fai memoria e non rómpa-la túa alianza connosco.

22¿Acaso hai entre os deuses inútiles dos pagáns algún que poida da-la chuvia?

¿Acaso é o ceo quen dá as chuvias benfeitoras?

¿Acaso non es ti, o Señor, noso Deus?

En ti poñémo-la nosa esperanza,

pois ti sempre nos deches todo isto.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 78, 8. 9. 11 e 13

R/ (9bc): Pola gloria do teu nome, Señor, líbranos

 

8Non nos teñas en conta os pecados dos pais,

chegue axiña a túa piedade,

que estamos esgotados.

 

9Axúdanos, Deus, Salvador noso,

pola gloria do teu nome;

líbranos, perdoa as nosas culpas,

por mor do teu nome.

 

11Que chegue ata a ti o pranto dos cativos

e que o teu brazo poderoso salve os condenados á morte.

13Nós, o teu pobo, ovellas do teu rabaño,

cantaremos polas xeracións as túas louvanzas.

 

 

 

ALELUIA

A semente é a palabra de Deus, o sementador é Cristo;

quen o encontra, permanecerá para sempre

 

 

 

EVANXEO Mt 13, 36-43

Do mesmo xeito que se engavila a cizaña para ser queimada, así tamén acontecerá na

consumación do mundo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

36Deixando Xesús á xente, foise para a casa. Achegáronselle os seus discípulos e

pedíronlle:

-Explícano-la parábola do xoio na leira.

 

37El respondeu:

-O que sementa a boa semente é o Fillo do Home; 38a leira é o mundo; a boa semente

son os fillos do Reino; o xoio son os fillos do Malo. 39O inimigo que a sementa é o

Satán; a sega é a fin do mundo e os segadores son os anxos. 40E así como se entrecolle

o xoio e se bota no lume, así pasará na fin do mundo. 41Mandará o Fillo do Home os

seus anxos, e quitarán do seu Reino tódolos escándalos e a tódolos que fan o mal; 42e

botaranos no forno do lume, onde será o pranto e o renxer dos dentes. 43Entón, os

xustos resplandecerán coma o sol no Reino de seu Pai. Quen teña oídos que escoite.

 

 

 

 

403.- MÉRCORES

 

ANO 1

 

PRIMEIRA Éx 34, 29-35

Vendo o resplandor da faciana de Moisés temeron acercárselle

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

 

29Cando Moisés baixou do monte Sinaí, traendo consigo as dúas táboas da alianza, non

sabía que lle brillaba a pel da cara, por conversar co Señor. 30O veren que a pel da cara

lle brillaba, Aharón e os israelitas tiñan medo de aproximarse a Moisés. 31Moisés

chamou por eles e entón viñeron onda el Aharón e os xefes da comunidade. E Moisés

conversou con eles. 32Despois acercáronse a el tódolos israelitas, e Moisés déulle-las

ordes que recibira do Señor no monte Sinaí.

 

33Cando acabou de falarlles, tapou a cara cun veo. 34Sempre que Moisés entraba onda

o Señor para falar con El, quitaba o veo, ata que volvía a saír. Cando saía, dáballes ós

israelitas as ordes do Señor. 35Os israelitas podían ver como lle brillaba a pel da cara.

Pero Moisés tapábaa co veo, ata que volvía outra vez a falar con Deus.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 98, 5. 6. 7. 9

R/ (cf 9c): Santo é o Señor, noso Deus.

 

5Enxalzade ó Señor, noso Deus,

postrádevos ós seus pés,

pois santo é o Señor.

 

6Moisés e Aharón cos sacerdotes,

Samuel cos que invocaban o seu nome:

invocaban ó Señor, e o Señor respondía.

 

 7Deus faloulles desde a nube,

e eles gardaron as revelacións,

os preceptos que lles deu.

 

9Enxalzade ó Señor, noso Deus,

postrádevos ante o seu monte santo,

pois santo é o Señor, noso Deus.

 

 

ANO 2

 

PRIMEIRA Xer 15, 10. 16-21

¿Por que se fixo erpetua a miña dor?. Se te convertes, permanecerás na miña presencia

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS

 

10¡Ai de min, miña nai tróuxome ó mundo para ser home de preitos,

home de litixios contra todo o país!

Nin prestei nin me prestaron,

pero todos eles me maldín.

16Cando había palabras túas, eu devorábaas,

as túas palabras eran para min unha alegría,

e a ledicia do meu corazón;

olla que Ti mesmo invocáche-lo teu Nome sobre min,

Señor Deus dos Exércitos.

17Eu non me sentei na xuntanza dos que o pasan ben nin me alegrei,

senón que, pola presencia do teu poder,

sentei senlleiro, pois enchérasme da túa ira.

18¿Por que se volve crónica a miña dor?

¿E por que a miña dorosa ferida se resiste a curar?

A ferida si que se volveu para min coma un regueiro enganoso,

coma a auga que non é segura.

19Por isto así fala o Señor:

-Se volves, eu fareite volver a min,

estarás comigo na miña presencia;

se apárta-lo que é correcto do que é baixo,

ti sera-la miña boca.

Que volvan eles a ti, pero ti non volvas a eles.

20Eu constitúote a ti en muralla de bronce indestructible para este pobo:

loitarán contra ti pero non te poderán.

Eu estou contigo para salvarte e librarte -é o Señor quen fala-.

21Heite librar das mans dos malvados,

heite rescatar do puño dos opresores.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 58, 2-3. 4-5a. 10-11. 17. 18

R/ (17d): Deus é o meu refuxio no día do apreto

 

2Líbrame, Deus, dos meus inimigos,

deféndeme dos que se erguen contra min;

3líbrame dos malfeitores,

sálvame dos sanguinarios.

 

4Olla como me axexan

e traman contra min os poderosos;

5sen que haxa en min, Señor, pecado nin delito,

 

10Cara a ti, miña forza, estou atento,

pois Deus é o meu castelo.

11O Deus que me ama adiántase

e móstrame os meus inimigos en desfeita.

 

17Eu festexarei o teu poder,

cantarei de mañá o teu amor.

Ti e-lo meu refuxio,

o meu agarimo, na hora do apreto.

 

18Cantareiche a ti, miña forza:

Deus é o meu agarimo,

o Deus do meu amor.

 

 

 

ALELUIA Xn 15, 15b:

A vós considereivos amigos, di o Señor,

porque din a coñecer todo canto lle oín a meu Pai

 

 

EVANXEO Mt 13, 44-46

Vendeu todo canto tiña e comprou aquel campo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

Dille Xesús á xente:

44O Reino dos Ceos é semellante a un te-souro agachado nunha leira: o home que o

atopou vólveo a agachar; e, cheo de alegría, vai vender canto ten para mercar aquela

leira.

 

45Tamén se parece o Reino dos Ceos a un tratante de perlas finas: 46en atopando unha

de grande valor, foi vender canto tiña e mercouna.

 

 

 

 404.- XOVES

 

ANO 1

 

PRIMEIRA Éx 40, 16-21. 34-38

A nube cubriu a Tenda do Encontro e a gloria do Señor encheu o tabernáculo.

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

 

16Moisés fixo todo como lle mandara o Señor. 17O día un do mes primeiro do ano

segundo levantouse o santuario.

 

18Moisés fíxoo montar desta maneira: puxo as basas, colocou as táboas, meteu os

traveseiros, levantou as columnas, 19despregou a Tenda encol do tabernáculo, púxolle

por riba a cuberta, como o Señor mandara a Moisés.

 

20Despois colleu Moisés as táboas da alianza e meteunas na arca. Púxolle á arca os

largueiros e colocou o propiciatorio encol dela. 21Meteu a arca no tabernáculo e puxo o

veo que tapaba a arca da alianza, conforme o Señor ordenara a Moisés.

 

34Entón a nube cubriu a Tenda do Encontro e a gloria do Señor encheu o tabernáculo.

35Moisés non podía entrar na Tenda, por pousarse a nube enriba dela e porque a gloria

do Señor enchía o tabernáculo.

 

36Nas xeiras do camiño que deberon face-los israelitas, cando a nube se erguía de

enriba do tabernáculo, eles púñanse en marcha. 37Pero se a nube non se erguía, eles non

se movían ata vela moverse. 38En tódalas súas xeiras os israelitas puideron observar

como a nube do Señor pousaba polo día encol do tabernáculo e como pola noite se

convertía en lume.

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Sal 83, 3. 4. 5-6a e 8a. 11

R/ (2): ¡Que admirable a túa morada, Señor todopoderoso!

 

3A miña alma ten saudade,

consómese polos teus adros;

o meu corazón e todo o meu corpo

reloucan polo Deus vivo.

 

4Mesmo o paxaro atopa casa,

a andoriña un niño

onde poñe-los filliños,

ó pé dos teus altares,

Señor dos exércitos,

meu rei e meu Deus.

 

5Ditosos os que habitan na túa casa

e decote te louvan.

6Ditosos os que atopan en ti forza

8Atravesan de forte en forte,

 

11Un día nos teus adros vale por máis de mil:

eu prefiro o limiar da casa do meu Deus

que habitar na tenda dos malvados.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Xer 18, 1-6

Como está o barro na man do oleiro, así estades vós na miña man

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS

 

18 1Esta é a orde que recibiu Xeremías da parte do Señor:

2-Anda, baixa ó taller do oleiro, pois alí che comunicarei as miñas palabras.

 

3Eu baixei ó taller do oleiro e vin que estaba no torno co seu traballo. 4Cando ó oleiro

lle saía mal o cacharro que estaba facendo, co barro que tiña na súa man transformábao

noutro cacharro distinto, segundo lle parecía que o barro servía mellor.

 

5Veume de novo a palabra do Señor nestes termos:

6-¿Acaso non serei eu capaz de facervos a vós, casa de Israel, como fai este oleiro? -é o

Señor quen fala-. Como está o barro na man do oleiro, así estades vós na miña man, casa

de Israel.

 

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 145, 2abc. 2d-6

R/ (5a): Feliz quen ten no Deus de Xacob a súa axuda

Ou: Aleluia

 

2Louvarei o Señor, mentres viva,

cantareille ó meu Deus, mentres exista.

 

3Non confiedes nos potentes,

humanos que non poden salvar.

4Vaise deles o alento, e retornan á terra,

e con eles esvaecen os seus proxectos.

 

5Feliz quen ten no Deus de Xacob a súa axuda,

no Señor, o seu Deus, a súa esperanza.

6El fixo o ceo e maila terra,

o mar e todo o que contén.

 

 

 

 ALELUIA Cf Feit 16, 14b:

Abre, Señor, o noso corazón,

para que atendamos ás palaras do teu Fillo

 

 

 

EVANXEO Mt 13, 47-53

Escolleron os bos no queipo e os malos tiráronos fora

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

 Dille Xesús á xente:

É semellante o Reino dos Ceos a un aparello de rapeta largado no mar, que recolleu

peixes de tódalas castes. 48Unha vez cheo, tiran por el para a ribeira e, sentados,

escollen os bos nun queipo e os malos tiran con eles. 49Así será na fin do mundo: sairán

os anxos e arredarán os malos dos xustos 50para botalos no forno do lume; alí será o

pranto e o renxer dos dentes.

 

51-¿Entendedes todo isto?

 

Eles responderon:

-Entendemos.

 

52El concluíu:

-Por iso todo letrado que se fai discípulo do Reino dos Ceos parécese ó dono dunha casa

que saca das súas arcas o novo e mailo vello.

 

53E resulta que cando Xesús acabou de expoñer estas parábolas marchou de alí,

 

 

 

405.- VENRES

 

ANO 1

PRIMEIRA Lev 23, 1. 4-11. 15-16. 27. 34b-37

Festas do Señor chamaredes ás reunións sagradas

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO LEVÍTICO

 

23 1Faloulle o Señor a Moisés:

4Estas son as festas do Señor, asembleas sagradas, que convocaredes no seu tempo.

 

5No día catorce do primeiro mes, entre lusco e fusco será a Pascua do Señor. 6No día

quince do mesmo mes será a festa dos Azimos a honra do Señor. Durante sete días

comeredes alimentos sen fermento. 7O primeiro día teredes asemblea santa, non faredes

ningún traballo servil. 8Ofreceredes holocaustos ó Señor, en cada un dos sete días. No

sétimo día volveredes ter asemblea santa, e non faredes ningún traballo servil".

 

9Faloulle o Señor a Moisés: 10-"Fálalles ós fillos de Israel: cando entredes na terra que

vos hei dar eu, e fagáde-la seitura das primeiras anadas, levarédeslle ó sacerdote un

monllo da vosa primeira colleita. 11El erguerao, facendo o xesto de ofrendalo diante do

Señor ó amencer do día do repouso e ofrecerao.

 

15Desde a mañá do día seguinte ó sábado no que trouxéste-lo voso primeiro monllo

para ser presentado, contaredes sete semanas enteiras, 16e ata o día seguinte do sétimo

sábado contaredes cincuenta días; entón ofreceredes unha oblación nova ó Señor.

 

27-"No décimo día do sétimo mes, será o día da expiación. Celebraredes asemblea

sagrada, mortificarédesvos e ofreceredes víctimas de lume ó Señor.

 

 No día quince deste sétimo mes, será a festa das cabanas á honra do Señor. Durará sete

días. 35No día primeiro celebraredes asemblea sagrada, non faredes ningún traballo

servil. 36Durante os sete días ofreceredes ó Señor víctimas de lume. No día oitavo

teredes de novo asemblea sagrada, e queimaredes víctimas ó Señor. É día de repouso,

non faredes ningún traballo servil. 37Estas son as solemnidades do Señor, que

celebraredes convocando asembleas sagradas, queimando víctimas ó Señor: holocausto,

oblación, sacrificio e libación, conforme estea mandado para cada día.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 80, 3-4. 5-6ab. 10-11ab

R/ (2a): Exaltade a Deus, noso auxilio

 

3pulsade o salterio, tocade o pandeiro,

a donda cítara e a harpa.

4Tocade a trompeta na lúa nova,

na lúa chea, no día da festa.

 

5Para Israel isto é unha lei,

un precepto do Deus de Xacob.

6Impúxollo por lei a Xosé,

cando saíu da terra de Exipto.

 

10-"Non terás contigo un deus estraño,

non adorarás un deus alleo.

 

11Eu son o Señor, o teu Deus,

quen te sacou da terra de Exipto:

 

 

 

ANO 2

 

PRIMEIRA Xer 26, 1-9

Xuntouse todo o pobo contra Xeremías na casa do Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS

 

26 1No comezo do reinado de Ioaquim, fillo de Ioxías, rei de Xudá, veu de parte do

Señor este oráculo:

 

2Así fala o Señor: -Ponte de pé no adro da Casa do Señor, e pronuncia contra tódalas

cidades de Xudá, que veñen adorar na Casa do Señor, cantas palabras che mandei

comunicarlles sen deixar ningunha. 3Quizais che fagan caso e se converta cada un do

seu mal comportamento, e así tamén eu me arrepentirei do mal que teño pensado

facerlles por mor da ruindade dos seus feitos.

 

4Haslles dicir deste xeito: así fala o Señor:

"Se non me facedes caso cumprindo a Lei que vos puxen diante, 5escoitando as palabras

dos meus servos os profetas, que vos mandei ben de madrugada e sen parar -pero non

lles fixestes caso-, 6entón eu volverei este templo coma o de Xiloh e converterei esta

cidade nunha sorte de maldición para tódolos pobos do mundo".

 

7Os sacerdotes, os profetas e todo o pobo escoitaba a Xeremías, mentres el proclamaba

no templo estas palabras. 8Logo, cando Xeremías acabou de dicir todo o que o Señor lle

mandara dicir a todo o pobo, collérono os sacerdotes, os profetas e todo o pobo e

dixéronlle: "Meréce-la condena á morte, 9porque te atreves a profetizar no nome do

Señor, dicindo que este templo se volverá coma o de Xiloh e que esta cidade se quedará

nas ruínas e sen habitantes". Todo o mundo se puxo arredor, contra Xeremías, no

templo.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 68, 5. 8-10. 14

R/ (14c): Pola túa moita bondade, respóndeme, Señor

 

5Son máis cós meus cabelos

os que me aborrecen sen razón,

máis duros cós meus ósos

os que inxustamente me perseguen;

debo devolve-lo que nunca roubei.

 

8Por ti aturo eu afrentas

e cóbreme a cara a vergonza.

9Volvinme estraño para meus irmáns,

alleo ós fillos da miña nai.

10Consómeme o celo da túa casa

e as aldraxes dos que te aldraxan

caen enriba de min.

 

14Mais eu, Señor, suplico cara a ti,

na hora, meu Deus, do teu favor.

Pola túa moita bondade,

respóndeme, pois ti e-lo socorro verdadeiro.

 

 

 

 

ALELUIA 1 Pe 1, 25

A Palara do señor permanece para sempre;

ésta é a palabra que se vos evanxelizou

 

 

 

EVANXEO Mt 13, 54-58

¿Non é éste o fillo do carpinteiro? ¿De ónde lle vén logo todo isto?

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

 54Indo Xesús para a súa terra, con tal xeito lles ensinaba na sinagoga que dicían

abraiados:

-¿De onde lle veñen a este esa sabedoría e eses milagres? 55¿Non é o fillo do

carpinteiro? ¿Non se chama María súa nai; e seus irmáns Santiago, Xosé, Simón e

Xudas? 56E súas irmás ¿non viven connosco? Entón ¿de onde lle vén todo isto?

 

57Estaban realmente escandalizados por causa del. Pero Xesús díxolles:

-A un profeta só o aceptan mal na súa terra e na súa casa.

 

58E alí non fixo moitos milagres pola falta de fe daquela xente.

 

 

 

 406.- SÁBADO

 

ANO 1

PRIMEIRA Lev 25, 1. 8-17

No ano xubilar cada un recobrará a súa posesión

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO LEVÍTICO

 

25 1Faloulle o Señor a Moisés no monte Sinaí:

8Contarás sete semanas de anos, isto é, sete veces sete anos, que serán para ti unha

semana de semanas de anos, é dicir, corenta e nove anos. 9Farás soa-lo corno do xubileo

no décimo día do sétimo mes: no día grande da expiación faredes resoa-lo corno en todo

o voso país. 10Santificaréde-lo ano cincuenta e promulgaredes unha gran liberación para

todo o país e para tódolos seus habitantes. Será para vós o gran xubileo, cada un volverá

ser dono de tódolos seus eidos, e cada persoa tornará á súa familia. 11Cada ano

cincuenta será para vós Ano Xubilar. Non sementaredes nin segaréde-lo que naza de

 


 

seu, nin vendimaréde-las uvas nacidas. 12O Xubileo será para vós tempo santo.

Comeredes só o que produza a terra. 13Neste ano do xubileo cada un tornará a ser dono

da súa herdanza. 14Cando vendades unha herdade a un veciño ou cando lle compredes

un eido, que ninguén estafe a seu irmán. 15Pagaraslle ó teu próximo segundo o número

de anos transcorridos desde o xubileo, e el venderache no prezo que corresponda co

número de colleitas que restan: 16se son moitos anos, pagarás máis a compra; se son

poucos anos pagarás menos, pois o que vende só che vende o número de colleitas.

17Non vos defraudedes uns ós outros, temeréde-lo voso Deus. Eu son o Señor, o voso

Deus.

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Sal 66, 2-3. 5. 7-8

R/ (4): Lóuvente os pobos, Deus,

lóuvete tódolos pobos

 

2Deus se apiade de nós e nos bendiga,

móstreno-la luz da súa presencia.

3Que se coñezan na terra os seus camiños

e en tódolos pobos a súa salvación.

 

5Alégrense e canten as nacións,

porque ti gobérna-los pobos rectamente

e guías na terra as nacións.

 

7O agro dá os seus froitos,

bendinos o noso Deus.

8Que Deus nos bendiga e que o teman

os confíns todos do mundo.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Xer 26, 11-16. 24:

O Señor mandoume a vós coa verdade para que vos diga estas palabras

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS

 

11Os sacerdotes e os profetas dixéronlles ás autoridades e a todo o pobo:

-Este home merece a pena de morte, xa que profetizou contra esta cidade, segundo vós

mesmos oístes cos vosos oídos. 12Logo Xeremías respondeulles a tódalas autoridades e

ó pobo todo:

 

-O Señor mandoume a profetizar contra este templo e contra esta cidade tódalos

oráculos que vós oístes. 13Agora ben, mellorade o voso comportamento e os vosos

feitos, e facédelle caso á chamada do Señor, voso Deus, e o Señor arrepentirase das

ameazas que proferiu contra vós.

 

14E en canto a min, velaquí estou, no voso poder: tratádeme o mellor e máis xusto que

vos pareza. 15De verdade, tede ben aprendido, que, se vós me facedes morrer, facedes

culpables da morte dun inocente a vós mesmos, a esta cidade e ós seus habitantes, xa

que, sinceramente, foi o Señor quen me mandou a vós, a anunciar todos estes oráculos

de xeito que os entendades.

 

16As autoridades e todo o pobo dixéronlles ós sacerdotes e ós profetas:

-Este home non merece a pena de morte, vede que nos fala no nome de Iavé, o noso

Deus.

 

24Pero Ahicam, fillo de Xafán, protexeu a Xeremías, para que non caese nas mans do

pobo, que o quería matar.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 68, 15-16. 30-31. 33-34

R/ (cf 14): Escóitame, Señor, en tempo de gracia

 

15Sácame da lama e que non afogue,

líbrame dos que me aborrecen

e das augas sen fondo.

16Non me envolvan as correntes,

non me engula o remuíño

e non peche o pozo a boca sobre min.

 

 30Mais a min, pobre e doente,

érgueme, Deus, co teu socorro.

31Louvarei a Deus con cantos,

gabareino con acción de gracias.

 

33Olládeo, humildes, e alegrádevos,

avivecede o corazón os que buscáde-lo Señor,

34pois o Señor escoita ós humildes,

non despreza ós seus na cadea.

 

 

ALELUIA Mt 5, 10:

Ditosos os que padecen persecución por causa da xustiza,

porque deles é o reino dos ceos

 

 

 

EVANXEO Mt 14, 1-12

Mandou Herodes degolar a Xoán, e vieron os seus discípulos a comunicarllo a Xesús

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

14 1Chegou a sona de Xesús ós oídos de Herodes, o tetrarca.

 

2Este comentou cos seus cortesáns:

-Ese é Xoán Bautista, que resucitou de entre os mortos con poderes milagrosos.

 

3Pois Herodes prendera a Xoán, meténdoo na cadea por cousa de Herodías, muller de

seu irmán Filipo. 4Porque Xoán non paraba de lle dicir:

-Non che está permitido vivir arrimado con ela.

 

5E anque Herodes o quería matar, tíñalle medo á xente, que o consideraba un profeta.

6Mais, cando Herodes celebrou o seu cumpreanos, a filla de Herodías bailou diante de

todos. E tanto lle agradou a Herodes 7que lle prometeu baixo xuramento darlle o que lle

pedira. 8Ela, encirrada pola súa nai, díxolle:

-Tráeme nunha bandexa a cabeza de Xoán Bautista.

 

9O rei entristeceuse, pero, como o xurara e por cousa dos convidados, ordenou que lla

trouxesen, 10e mandou que fosen decapitar a Xoán na cadea. 11Trouxeron a cabeza

nunha bandexa e entregáronlla á rapaza, que lla levou á nai. 12Logo viñeron os seus

discípulos recolle-lo corpo e sepultalo. Despois foron informar a Xesús.