Semana XXI

 
 
SEMANA 21ª DO TEMPO ORDINARIO 
 
 
 
425.- LUNS 
 
 
 
ANO 1 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Tes 1, 1-5. 8b-10: 
 
Convertéstesvos dos ídolos para servi-lo Deus vivo e para agarda-lo seu Fillo, a quen 
resucitou 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
PAULO APÓSTOLO ÓS TESALONICENSES 
 
 
 
1 1Paulo, Silván e mais Timoteo, á Igrexa dos tesalonicenses, en Deus Pai e no Señor 
Xesús Cristo: deséxanvos gracia e paz. 
 
2Decote damos gracias a Deus por todos vós, facendo memoria de vós nas nosas 
oracións. Continuamente 3nos lembramos diante de Deus, noso Pai, da actividade da 
 
vosa fe, do esforzo da vosa caridade e da firmeza da vosa esperanza no noso Señor 
Xesús Cristo. 
 
4Ben sabemos, irmáns, benqueridos de Deus, que El vos escolleu. 5Porque o noso 
Evanxeo non quedou en palabras no voso caso senón que se volveu forza exuberante do 
Espírito Santo. Ben sabéde-lo que tal resultou se-la nosa actuación entre vós para o voso 
ben. 
 
A vosa fe en Deus resoou por todas partes, de xeito que non precisamos falar cousa. 
9Eles mesmos contan cal foi a acollida que nos destes e como vos convertestes dos 
ídolos para servi-lo Deus vivo e verdadeiro, 10e para agardar desde o ceo, ó seu Fillo, a 
quen resucitou de entre os mortos, Xesús, quen nos libra da ira vindeira. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 149, 1-2. 3-4. 5-6a e 9b 
 
R/ (4a): O Señor ama o seu pobo 
 
Ou: Aleluia 
 
 
 
1Aleluia. 
 
Cantádelle ó Señor un cántico novo, 
 
louvádeo na asemblea dos xustos. 
 
2Alégrese Israel co seu facedor 
 
e os fillos de Sión relouquen co seu rei. 
 
 
 
3Festexen coa danza o seu nome, 
 
cántenlle con pandeiros e harpas, 
 
4porque o Señor ama o seu pobo 
 
e coroa os humildes coa victoria. 
 
 
 
5Exulten os xustos no triunfo 
 
e canten xubilosos nos seus postos, 
 
6coa louvanza de Deus nas gargantas 
 
será un honor para os seus amigos. 
 
Aleluia. 
 
 
 
 
 
ANO 2 
 
 
 
PRIMEIRA 2 Tes 1, 1-5. 11b-12: 
 
Sexa glorificado en vós o nome do Señor e vós nel 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN 
PAULO APÓSTOLO ÓS TESALONICENSES 
 
 
 
1 1Paulo, Silván e mais Timoteo, á Igrexa dos tesalonicenses, en Deus, noso Pai, e no 
Señor Xesús Cristo; 2desexámosvo-la gracia e a paz de Deus Pai e do Señor Xesús 
Cristo. 
 
3Temos que lle dar gracias seguido a Deus por vós, irmáns, e é de xustiza porque a vosa 
fe vai medrando a cada paso máis e porque o amor que vos tedes todos uns a outros 
 
segue aumentando; 4tanto que nós mesmos presumimos de vós ante tódalas igrexas de 
Deus pola vosa paciencia e pola vosa fe en tódalas persecucións e apretos que estades a 
pasar. 
 
5Esa é a proba do xusto xuízo de Deus, de que vos vai considerar dignos do seu Reino 
polo que estades a padecer 
 
11Por iso rogamos decote por vós, para que o noso Deus vos faga dignos da chamada e 
para que co seu poder faga realidade todo propósito de face-lo ben e toda empresa de fe. 
12Dese xeito vós daredes gloria ó noso Señor Xesús Cristo e el a vós conforme a gracia 
do noso Deus e do Señor Xesús Cristo. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 95, 1-2a. 2b-3. 4-5 
 
R/ (3): Anunciade a tódolos pobos as marabillas do Señor. 
 
 
 
1Cantádelle ó Señor un cántico novo, 
 
cántalle ó Señor, terra enteira; 
 
2cantade ó Señor e bendicide o seu nome, 
 
 
 
pregoade tódolos días a súa salvación; 
 
3cantade entre as xentes a súa gloria; 
 
ante tódolos pobos, as súas marabillas. 
 
 
 
4Grande é o Señor e digno de louvanza, 
 
máis temible ca tódolos deuses. 
 
5Os deuses das nacións son aparencia, 
 
pero o Señor fixo os ceos. 
 
pulis mirabilia Domini. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Xn 10, 27: 
 
As miñas ovellas escoitan a miña voz, di o Señor; 
 
e eu coñézoas e elas séguenme 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mt 23, 13-22: 
 
¡Ai de vós, guías cegos! 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
Xesús fala e di: 
 
13¡Ai de vós, letrados e fariseos hipócritas, que lles pechades ós homes o Reino dos 
Ceos! Nin entrades vós nin deixades entrar ós que o intentan. 
 
15¡Ai de vós, letrados e fariseos, hipócritas, que percorredes mar e terra para conseguir 
un prosélito; e cando o conseguides, facédelo fillo da perdición dúas veces máis ca vós! 
 
16¡Ai de vós, guías cegos, que dicides: "Se alguén xura polo templo, non pasa nada; 
pero se xura polo ouro do templo, fica obrigado". 17¡Parvos e cegos! ¿Que é máis 
importante: o ouro, ou o templo que consagra o ouro? 18E tamén: "Se alguén xura polo 
 
altar, non pasa nada; pero se xura pola ofrenda que está enriba do altar, fica obrigado". 
19¡Cegos! ¿Que é máis importante: a ofrenda, ou o altar que consagra a ofrenda? 
20Quen xura polo altar, xura por el e mais por todo o que hai enriba del; 21e quen xura 
polo templo, xura por el e mais por Aquel que o habita; 22e quen xura polo ceo, xura 
polo trono de Deus e mais por Aquel que está sentado nel. 
 
 
 
 
 
426.- MARTES 
 
 
 
ANO 1 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Tes 2, 1-8: 
 
Queriamos entregarvos non só o Evanxeo de Deus senón tamén as nosas vidas 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
PAULO APÓSTOLO ÓS TESALONICENSES 
 
 
 
2 1Vós ben sabedes, irmáns, que a nosa visita onda vós non resultou estéril, 2senón que, 
maltratados e aldraxados en Filipos -como sabedes-, tivémo-la coraxe, gracias ó noso 
Deus, de vos expoñe-lo Evanxeo de Deus no medio dunha gran loita, 3pois a nosa 
predicación non proviña do erro, de motivos inconfesables ou de mala idea, 4senón que, 
polo contrario, falamos así porque Deus nos considerou dignos de nos confia-lo 
Evanxeo sen intentarmos contenta-los homes, senón contentar a Deus, que pescuda os 
nosos corazóns. 
 
5Nin actuamos endexamais con palabras solermiñas, como ben sabedes, nin con 
segundas intencións de comenencia -¡ben o sabe Deus!-; 6nin procurando honores dos 
homes: nin de vós, nin doutros, 7e iso que podiamos presentarnos con autoridade, coma 
apóstolos de Cristo. Non obstante, fixémonos tenros no medio de vós, coma unha nai 
que agarima os seus fillos. 8Polo cariño que vos tiñamos estabamos dispostos a 
entregarvos non só o Evanxeo de Deus, senón a nosa propia vida: tanto vos fixestes 
querer. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 138, 1-3. 4-6 
 
R/ (1): Señor, ti escúlcasme a fondo e coñécesme ben 
 
 
 
Señor, ti escúlcasme a fondo e coñécesme ben, 
 
2ti sabes cando sento e me levanto, 
 
penetras nos meus pensamentos desde lonxe. 
 
3Ti distingues cando me movo e cando estou quedo 
 
e os meus camiños sonche todos familiares. 
 
 
 
4Aínda non está na miña lingua a palabra 
 
e xa ti, Señor, a coñeces enteira. 
 
5Envólvesme por detrás e por diante, 
 
e sobre min tes posta a túa man. 
 
6Admirable por demais me resulta este saber, 
 
tan alto que non o alcanzo. 
 
 
 
 
 
ANO 2 
 
 
 
PRIMEIRA 2 Tes 2, 1-3a. 14-17: 
 
Gardade as tradicións que aprendestes 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN 
PAULO APÓSTOLO ÓS TESALONICENSES 
 
 
 
2 1Tocante á Parusía do noso Señor Xesús Cristo e da nosa xuntanza con el, 
rogámosvos, irmáns, 2que non abaledes tan axiña nos vosos criterios nin vos 
desconcertedes por supostas revelacións, ditos ou cartas nosas coma se o Día do Señor 
estivese a caer. 3Que ninguén vos trabuque de ningún xeito. 
 
14Para iso chamouvos polo noso Evanxeo, de xeito que logréde-la gloria do noso Señor 
Xesús Cristo. 15Polo tanto, irmáns, mantédevos rexos e retede ben as ensinanzas que 
vos aprendemos tanto de palabra coma por carta. 16E que o mesmo Señor noso Xesús 
Cristo e mais Deus, o noso Pai, que nos amou e que nos deu gratuitamente azos 
duradeiros e boa esperanza, 17vos dea ánimos e vos afinque en toda obra e palabra boa. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 95, 10. 11-12a. 12b-13 
 
R/ (13b): Vén o Señor para rexe-la terra 
 
 
 
10Dicide entre as xentes: 
 
-"O Señor reina, 
 
asenta o mundo, e non se move, 
 
goberna os pobos rectamente". 
 
 
 
11Alégrese o ceo, exulte a terra, 
 
brúe o mar e canto o enche; 
 
12rían os campos e o que hai neles, 
 
 
 
rebrinquen as árbores do bosque, 
 
13diante do Señor que vén, 
 
que vén para rexe-la terra. 
 
El rexerá o mundo con xustiza 
 
e os pobos con rectitude. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Heb 4, 12 
 
A palabra de Deus é viva e eficaz, 
 
e diferencia os pensamentos e intencións do corazón 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mt 23, 23-26: 
 
Era preciso facer isto e non omitir aquelo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
Di Xesús: 
 
23¡Ai de vós, letrados e fariseos hipócritas, que pagáde-lo dezmo pola menta, o anís e 
mailo comiño, e descoidáde-lo máis importante da Lei: a xustiza, a misericordia e a 
fidelidade! Pero é isto o que hai que practicar, anque sen descoida-lo outro. 24¡Guías de 
cegos, que coáde-lo mosquito e tragáde-lo camelo! 
 
25¡Ai de vós, letrados e fariseos hipócritas, que limpades por fóra a copa e mailo prato, 
e por dentro estades ateigados de roubos e vicio! 26Fariseo cego, limpa primeiro o 
interior da copa para que o seu exterior fique tamén limpo. 
 
 
 
 
 
427.- MÉRCORES 
 
 
 
ANO 1 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Tes 2, 9-13: 
 
Traballando noite e día, predicámosvo-lo Evanxeo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
PAULO APÓSTOLO ÓS TESALONICENSES 
 
 
 
9Acordaravos, irmáns, o noso esforzo e fatiga: traballando noite e día, por non sermos 
unha carga para ningún de vós. Asi foi como vos predicámo-lo Evanxeo de Deus. 
 
10Vós sodes testemuñas, e Deus tamén, de que nos comportamos convosco, os crentes, 
de xeito correcto, honrado e sen tacha. 11Ben sabedes que eramos para cada un de vós 
coma un pai para os seus fillos: 12aconsellán-dovos cariñosamente ou con firmeza que 
vos comportasedes como merece o Deus que vos chamou ó seu Reino e gloria. 
 
13É tamén por isto polo que lle damos decote gracias a Deus: porque, ó recibirdes de 
nós a palabra de Deus, acolléstela non coma palabra de homes senón coma o que 
verdadeiramente é: coma palabra de Deus, que actúa en vós, os crentes. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 138, 7-8. 9-10. 11-12b 
 
R/ (1): Señor, ti escúlcasme a fondo e coñécesme ben 
 
 
 
7¿Onde me podería arredar do teu alento? 
 
¿A onde fuxir da túa ira? 
 
8Se subo ó ceo, alí estás; 
 
se baixo ó abismo, estás presente. 
 
 
 
9Se me ergo nas ás da aurora 
 
e emigro ó extremo dos mares, 
 
10ata alí me leva a túa man 
 
e me colle a túa dereita. 
 
 
 
11Se digo: -"Que alomenos me encubran as tebras 
 
e a luz ó meu arredor se faga noite", 
 
12as mesmas tebras non son para ti escuras 
 
e a noite éche clara coma o día: 
 
 
 
 
 
ANO 2 
 
 
 
PRIMEIRA 2 Tes 3, 6-10. 16-18: 
 
Se alguén non quere traballar, que non coma 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN 
PAULO APÓSTOLO ÓS TESALONICENSES 
 
 
 
6Irmáns e irmás: 
 
 no nome do Señor Xesús Cristo, mándovos que vos arrededes de calquera irmán que 
leve unha vida lacazá e non conforme á ensinanza que recibistes de nós. 7Pois ben 
sabedes vós de que modo debedes imitarnos, xa que non nos dedicamos a andar sen 
xeito 8nin comemos de moca o pan de ninguén, senón que traballamos noite e día con 
esforzo e fatiga por non sermos unha carga para ningún de vós. 9Non porque non 
tivesemos dereito, senón para vos dar un exemplo que imitar, 10e porque, cando 
estabamos onda vós, xa vos demos esta norma: o que non queira traballar, que 
tampouco non coma. 
 
16Que o Señor da paz vos dea a paz decote e de tódolos xeitos. Que o Señor vaia con 
todos vós. 17O saúdo vai da miña propia man: Paulo. É contraseña en tódalas cartas. 
Así escribo. 18Que a gracia do noso Señor Xesús Cristo vos acompañe. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 127, 1-2. 4-5 
 
R/ (cf 1a): Ditosos os que temen ó Señor 
 
 
 
Ditosos os que temen ó Señor 
 
e van polos seus camiños. 
 
2Cando comes do froito das túas mans, 
 
ditoso ti e afortunado. 
 
 
 
4Así é bendito 
 
quen teme ó Señor. 
 
5Bendígate o Señor desde Sión, 
 
que vexas na prosperidade a Xerusalén 
 
tódolos días da túa vida, 
 
 
 
 
 
ALELUIA 1 Xn 2, 5: 
 
Aquel que garda a palabra de Cristo, 
 
nel chega á plenitude o amor de Deus 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mt 23, 27-32: 
 
Sodes filos daqueles que mataron ós profetas 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
Di Xesús: 
 
27¡Ai de vós, letrados e fariseos hipócritas, que vos parecedes ós sepulcros encalados, 
que por fóra parecen fermosos e por dentro están cheos de ósos de mortos e de 
impureza! 28Tamén vós por fóra parecedes homes xustos, pero por dentro estades cheos 
de hipocresía e inxustiza. 
 
29¡Ai de vós, letrados e fariseos hipócritas, que lles construídes sepulcros ós profetas e 
adornáde-los monumentos dos xustos, 30e dicides: "Se vivisemos no tempo de nosos 
pais, nós non seriamos cómplices deles no asasinato dos profetas". 31De xeito que 
contra vós mesmos testemuñades que sóde-los fillos dos que asasinaron ós profetas. 
32¡Pois veña! ¡Acabade tamén vós de enche-la medida de vosos pais! 
 
 
 
 
 
428.- XOVES 
 
 
 
ANO 1 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Tes 3, 7-13: 
 
Que o Señor faga abundante o voso amor mútuo e a todos 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
PAULO APÓSTOLO ÓS TESALONICENES 
 
 
 
7Así, irmáns, en medio de tódalas nosas adversidades e tribulacións, vós coa vosa fe 
dádesnos ánimos, 8e agora sentímonos vivir sabendo que vós estades firmes no Señor. 
9¿Con que acción de gracias lle poderemos pagar a Deus por vós, por toda a alegría que 
pola vosa causa temos diante do noso Deus? 10Rogámoslle con insistencia noite e día 
que poidamos visitarvos persoalmente e enche-las fallas que teña a vosa fe. 
 
11Que o mesmo Deus, noso Pai, e o noso Señor Xesús, endereiten o noso camiño cara a 
vós. 12E a vós, que o Señor vos faga medrar no amor duns cos outros e con todos, ata 
rebordar, como nos pasa a nós respecto de vós. 13Que El afinque os vosos corazóns 
nunha santidade sen tacha diante de Deus, noso Pai, cando veña o noso Señor Xesús con 
tódolos seus santos. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 89, 3-4. 12 - 13 . 14 e 17 
 
R/ (14): Dános axiña a fartura da túa misericordia, 
 
e teremos felicidade 
 
 
 
3Ti podes volver en po os mortais, 
 
con dicirlles:- "Fóra, homes". 
 
4Mil anos ante ti 
 
son coma o onte que pasou 
 
e coma unha vixilia da noite. 
 
 
 
12Ensínanos a conta-los nosos días, 
 
para que aprendamos a ser asisados. 
 
13Volve, Señor. ¿Por canto aínda? 
 
Apiádate dos teus servos. 
 
 
 
14Dános axiña a fartura da túa misericordia, 
 
para que a nosa vida teña felicidade e ledicia. 
 
17Que a bondade do Señor, noso Deus, sexa connosco 
 
e que el asegure as accións das nosas mans. 
 
 
 
 
 
ANO 2 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Cor 1, 1-9: 
 
Nel fostes enriquecidos en tódolos aspectos 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS 
 
 
 
1 1Paulo, chamado a ser apóstolo de Cristo Xesús pola vontade de Deus, así coma o 
irmán Sóstenes: 2á Igrexa de Deus que está en Corinto, ós que están santificados en 
Cristo Xesús, chamados a ser santos cos que en calquera lugar invocan o nome do noso 
Señor Xesús Cristo, Señor deles e noso, 3desexámosvos gracia e paz de parte de Deus, 
noso Pai, e do Señor Xesús Cristo. 
 
4Non paro de lle dar gracias a Deus por vós, pola gracia de Deus que se vos deu por 
medio de Cristo Xesús. 5Porque por medio del quedastes ricos en todo, nos dons da 
palabra e do coñecemento: 6e así confirmouse solidamente entre vós o testemuño en 
favor de Cristo. 7De xeito que non carecedes de ningún don, mentres agardáde-la 
revelación do noso Señor Xesús Cristo. 8El é quen vos manterá firmes deica á fin, para 
que ninguén vos poida acusar de nada no día do noso Señor Xesús Cristo. 9Deus é fiel e 
foi El quen vos chamou á comunidade do seu Fillo Xesús Cristo, noso Señor. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 144, 2-3. 4-5. 6-7 
 
R/ (cf 1b): Bendicirei por sempre o teu nome, Señor 
 
 
 
2Bendicireite o día enteiro, 
 
louvarei por sempre o teu nome. 
 
3Grande é o Señor e digno de louvanza, 
 
a súa grandeza é insondable. 
 
 
 
4Unha xeración gáballe a outra os teus feitos 
 
e cóntalle as túas fazañas. 
 
5Falan da gloria da túa maxestade, 
 
e eu refiro as túas marabillas. 
 
 
 
6Pregoan os teus poderosos escarmentos, 
 
e eu anuncio a túa grandeza. 
 
7Transmiten a memoria da túa gran bondade 
 
e cantan a túa xustiza. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Mt 24, 42a. 44: 
 
Vixiade e estade preparados, 
 
porque á hora menos pensada chegará o Fillo do home 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mt 24, 42-51: 
 
Estade preparados 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
Dilles Xesús ós seus discípulos: 
 
42Vixiade, porque non sabedes nada do día no que virá o voso Señor. 43Entendédeo 
ben: se soubese o dono da casa a que hora vai chega-lo ladrón, estaría á espreita e non 
permitiría que lle asaltasen a casa. 44Así tamén: estade vós preparados, porque na hora 
menos pensada preséntase o Fillo do Home. 
 
45¿Quen é o criado fiel e prudente, a quen o Señor encargou o coidado de dar de comer 
á servidume no seu debido tempo? 46¡Ditoso o criado aquel a quen o seu amo, cando 
chegue, o atope cumprindo coa súa tarefa! 47Tende por seguro que lle encomendará 
toda a súa facenda. 48Pero se aquel mal empregado di para si: "O meu amo aínda non 
vén para agora", 49e empeza a bourar nos seus compañeiros, comendo e bebendo cos 
borrachos, 50o día menos pensado e á hora máis imprevista chégalle o amo 51e bótao 
fóra, cos hipócritas; alí será o pranto e mailo triscar dos dentes. 
 
 
 
 
 
429.- VENRES 
 
 
 
ANO 1 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Tes 4, 1-8: 
 
Esta é a vontade de Deus, a vosa santificación 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
PAULO APÓSTOLO ÓS TESALONICENSES 
 
 
 
Irmáns e irmás: 
 
4 1Pedímosvos con insistencia coma cristiáns que, xa que aprendestes de nós como 
cómpre andar para contenta-lo Señor, que sigades así e que progresedes aínda máis. 
 
2Porque ben sabedes que instruccións vos temos dado de parte do Señor Xesús. 3Pois 
esta é a vontade de Deus, a vosa santificación: que vos arrededes da fornicación, 4que 
cada un de vós saiba controla-lo seu propio corpo santa e respectuosamente, 5sen se 
deixar gobernar pola paixón coma os xentís, que non coñecen a Deus. 6Que ninguén se 
sobrepase nin asoballe a seu irmán neste asunto, pois o Señor vinga todas estas cousas, 
como xa vos temos dito e redito. 7Que non nos chamou Deus á impureza, senón á 
santidade. 8Por iso, quen rexeita estas instruccións, non rexeita a un home senón a 
Deus, que é quen vos dá o seu Espírito Santo. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 96, 1 e 2b. 5-6. 10. 11-12 
 
R/ (12a): Alegrádevos, xustos, no Señor 
 
 
 
1O Señor reina, alégrese a terra, 
 
exulten tódalas illas. 
 
Xustiza e rectitude sosteñen o seu trono. 
 
 
 
5os montes derrétense coma cera, 
 
diante do Señor, dono do mundo. 
 
6Os ceos pregoan a súa rectitude 
 
e tódolos pobos contemplan a súa gloria. 
 
 
 
10O Señor ama a quen aborrece a maldade, 
 
garda a vida dos seus amigos, 
 
líbraos das mans dos malvados. 
 
 
 
11A luz despunta para os xustos 
 
e para os rectos a ledicia. 
 
12Alegrádevos, xustos, no Señor, 
 
louvade o seu nome santo. 
 
 
 
 
 
ANO 2 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Cor 1, 17-25: 
 
Predicamos a Cristo crucificado, escándalo para os homes, pero sabedoría para os 
chamados 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS 
 
 
 
Irmáns e irmás: 
 
17Non me mandou Cristo a bautizar, senón a predica-lo Evanxeo; e isto sen habilidades 
retóricas, para que non quede desvirtuada a eficacia da cruz de Cristo. 
 
18Porque a palabra da cruz é loucura para os que se perden, pero para nós, os que nos 
salvamos, é poder de Deus. 19Pois está escrito: 
 
Desmontarei a sabedoría dos sabios 
 
e derrubarei a intelixencia dos intelixentes. 
 
20¿Onde está o sabio? ¿Onde o letrado? ¿Onde está o investigador conforme ós criterios 
deste mundo? 
 
¿É que non mostrou Deus que a sabedoría do mundo é unha parvada? 21Mirade, xa que 
o mundo con todo o seu saber non recoñeceu a Deus na súa Sabedoría, tivo Deus a ben 
salvar coa loucura da predicación ós que teñen fe. 22Así os xudeus piden signos e os 
gregos buscan a sabedoría; 23pero nós 
 
predicamos un Mesías crucificado: e isto para os xudeus é un escándalo e para os pagáns 
é unha loucura. 24Pero para os chamados, tanto xudeus coma gregos, el é Cristo, 
marabilla do poder e da sabedoría de Deus. 25Porque a loucura de Deus é máis sabia ca 
toda a sabedoría dos homes e a debilidade de Deus é máis forte ca toda a fortaleza dos 
homes. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 32, 1-2. 4-5. 10ab e 11 
 
R/ (5b): A misericordia do Señor enche a terra 
 
 
 
1Alegrádevos, xustos, no Señor: 
 
ós rectos acáelle-la louvanza. 
 
2Festexade ó Señor con cítolas, 
 
tocade con harpa de dez cordas. 
 
 
 
4A palabra do Señor é recta 
 
e tódalas súas obras son leais: 
 
5El quere o dereito e a xustiza, 
 
a súa misericordia enche a terra. 
 
 
 
10O Señor estraga o consello das nacións, 
 
desbarata os designios dos pobos. 
 
11O consello do Señor dura por sempre, 
 
os seus plans de xeración en xeración. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Lc 21, 36: 
 
Vixiade, orando permanentemente, 
 
para que poidades estar en pé diante do Fillo do home 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mt 25, 1-13: 
 
Velaquí o esposo: saídelle ó encontro 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
Dilles Xesús ós seus discípulos esta parábola: 
 
25 1O Reino dos Ceos parecerase a dez mociñas que, collendo os seus candís, saíron 
recibi-lo noivo. 2Cinco eran parvas e cinco asisadas. 3As parvas colleron os candís pero 
non os encheron de aceite; 4as asisadas, en troques, cos candís levaron tamén as 
aceiteiras cheas. 5Como o noivo tardaba, pegóulle-lo sono, e botaron unha durmidela. 
 
6Alá pola media noite oíuse berrar: "¡Veña, que chega o noivo, ídeo recibir!" 
 
7Erguéronse todas aquelas mociñas e prepararon os candís. 
 
8Entón dixéronlle-las parvas ás asisadas: "Dádenos un chisco de aceite, que os nosos 
candís esmorecen". 9Responderon as asisadas: "Non vaia ser que non chegue para vós e 
para nós; mellor será que vaiades á tenda e que o merquedes". 
 
10No intre que elas ían mercalo, chegou o noivo, e as que estaban preparadas entraron 
con el no banquete de vodas, e pechouse a porta. 11Máis tarde chegaron as outras 
mociñas chamando: "¡Señor, Señor, ábrenos!" 12Pero el respondeulles: "Asegúrovos 
que non vos coñezo". 
 
13Vixiade, logo, xa que non sabedes nin o día nin a hora. 
 
 
 
 
 
430.- SÁBADO 
 
 
 
ANO 1 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Tes 4, 9-11: 
 
Aprendestes de Deus a amarvos uns ós outros 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
PAULO APÓSTOLO ÓS TESALONICENSES 
 
 
 
Irmáns e irmás: 
 
9Verbo da caridade non precisades que vos escriba porque Deus mesmo vos ensina a 
vos amardes uns a outros, 10cousa que practicades con tódolos irmáns ó longo da 
Macedonia; rogámosvos que sigades progresando: 11que anceiedes vivir sosegados, 
ocuparvos dos vosos asuntos e traballar coas vosas mans, conforme vos temos mandado 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 97, 1. 7-8- 9 
 
R/ (9): O Señor vén para rexe-los pobos con rectitude 
 
 
 
Cantádelle ó Señor un cántico novo, 
 
pois fixo marabillas, 
 
a súa dereita e o seu brazo 
 
déronlle a victoria. 
 
 
 
7Brúe o mar e canto o enche, 
 
o mundo e cantos o habitan; 
 
8aplaudan os ríos, 
 
xuntos canten os montes, 
 
 
 
9diante do Señor que vén 
 
para rexe-la terra. 
 
El rexerá o mundo con xustiza 
 
e os pobos con rectitude. 
 
 
 
 
 
ANO 2 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Cor 1, 26-31: 
 
Deus escolleu ó débil do mundo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS 
 
 
 
Irmáns e irmás: 
 
26Reparade en quen sóde-los chamados: entre vós, mirando as cousas con criterios 
deste mundo, non hai moitos sabios, nin moitos poderosos, nin moitos da nobreza. 27O 
contrario, o que hai de parvo no mundo, iso foi escoller Deus para desconcerta-los 
sabios; e o que hai de débil no mundo, iso foi escoller Deus para desconcerta-lo poder; 
28o plebeo e mailo desprezado, iso foi escoller Deus: o que non é, para anula-lo que é; 
29de xeito que ningún mortal poida campar diante de Deus. 30Por El é por quen 
existides vós en Cristo Xesús, quen se fixo para nós a sabedoría e maila xustiza, a 
santificación e maila redención que veñen de Deus. 31E así, como está escrito, "quen 
está orgulloso, que o estea do Señor". 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 32, 12-13. 18-19. 20-21 
 
R/ (cf 12b): Feliz o pobo que Deus elixiu como herdade 
 
 
 
12Feliz a nación que ten a Deus por Señor, 
 
o pobo que El elixiu como herdade. 
 
13Desde o ceo mira o Señor, 
 
olla para tódolos homes; 
 
 
 
18Os ollos do Señor miran polos seus fieis, 
 
polos que esperan na súa misericordia, 
 
19para libra-la súa vida da morte, 
 
para os manter no tempo da miseria. 
 
 
 
20Nós agardámo-lo Señor: 
 
El é o noso socorro, o noso escudo. 
 
21Nel alégrase ó noso corazón 
 
e confiamos no seu nome. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Xn 13, 34: 
 
Douvos un mandamento novo, di o Señor, 
 
que vos amedes uns ós outros como eu vos amei 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mt 25, 14-30: 
 
Fuches fiel no pouco, entra no gozo do teu señor 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
Dilles Xesús ós seus discípulos esta parábola: 
 
14O Reino dos ceos é coma un home que, tendo que saír de viaxe, chamou polos seus 
criados e déulle-lo coidado da súa facenda. 15A un deulle cinco talentos, a outro dous e 
a outro un, a cadaquén segundo a súa capacidade; despois marchou. 
 
16De seguida, o que recibira cinco talentos foi negociar con eles e gañou outros cinco. 
17Do mesmo xeito o que recibira dous, gañou outros dous. 18Pero o que recibira un foi 
cavar un burato na terra e escondeu os cartos do seu amo. 
 
19O cabo de moito tempo chegou o señor daqueles criados, pedíndolles contas. 20Che-
gou o que recibira cinco talentos e presentoulle outros cinco dicindo: "señor, cinco 
talentos me entregaches, velaquí outros cinco que gañei". 21Díxolle o señor: "Ben, 
criado fiel e cumpridor; xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito: pasa a 
disfrutar da festa do teu señor". 22Chegou o que recibira dous talentos e dixo: "señor, 
dous talentos me entregaches, velaquí outros dous que gañei". 23E díxolle o señor: 
"Ben, criado fiel e cumpridor; xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito: 
pasa a disfrutar da festa do teu señor". 
 
24Chegou tamén o que recibira un talento e díxolle: "señor, sei moi ben que es un home 
duro, que seituras onde non sementaches e recolles onde non botas. 25Por iso collín 
medo, e fun agachar na terra o teu talento; aquí te-lo que é teu". 26Pero o señor 
respondeulle: "¡Mal criado, lacazán! ¿Conque sabías que seituro onde non semento e 
recollo onde non boto? 27Pois, poñía-los meus cartos no banco e, así, cando eu volvese, 
podía colle--los cartos e mailos intereses. 28Así que quitádelle o talento e dádello ó que 
ten dez. 29Porque ó que ten, háselle dar e abondo; pero ó que non ten, aínda o que ten se 
lle ha quitar. 30E ó criado inútil botádeo fóra á escuridade, onde será o pranto e mailo 
renxer dos dentes".