Semana XXIV

 
 

SEMANA 24ª DO TEMPO ORDINARIO

 

443.- LUNS

ANO 1

 

 PRIMEIRA 1 Tim 2, 1-8:

Fáganse oracións por tódolos homesa Deus , que quere que tódolos homes se salven

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

 

Benquerido irmán:

 

2 1Recomendo primeiro de todo que se fagan peticións, oracións, súplicas, accións de

gracias en favor de tódolos homes, 2polos reis e por tódolos que ocupan altos cargos,

para que poidamos ter unha vida calma e serea baseada no pleno respecto mutuo e na

decencia. 3Isto é fermoso e grato a Deus noso Salvador. 4El quere que tódolos homes se

salven e cheguen ó coñecemento da verdade.

 

5Porque hai un único Deus e un único mediador entre Deus e os homes: o home Cristo

Xesús, 6que se entregou coma rescate por todos. Tal é o testemuño dado no tempo

oportuno. 7A min fíxome o seu pregoeiro e apóstolo -digo a verdade e non minto-,

mestre dos xentís na fe e na verdade.

 

8Por iso quero que en tódolos sitios recen os homes levantando as mans limpas, sen ira

nin discusións.

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Sal 27, 2 . 7. 8-9

R/ (6): Bendito sexa o Señor, que escoita a miña súplica

 

2Escoita o meu lamento, cando berro cara a ti

e levanto as miñas mans cara ó teu templo.

 

7O Señor é a miña forza e o meu escudo;

eu confío nel e axúdame.

Alégraseme o corazón

e doulle as gracias co meu canto.

 

8O Señor é a forza do seu pobo,

fortaleza de salvación do seu unxido.

9Salva ó teu pobo, bendice a túa herdade,

apacéntaos e lévaos por sempre.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 1 Cor 11, 17-26. 33:

Se hai divisións entre vós, non se debe come-la cea do Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMAIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

 

Irmáns e irmás:

 

17O facervos estas recomendacións, non podo aplaudi-lo feito de que as vosas reunións

produzan máis mal ca ben. 18O primeiro que oio é que cando vos xuntades en asemblea

hai divisións entre vós e, en parte, créoo. 19Pois é necesario que haxa bandos entre vós,

para que se vexa quen entre vós é honesto.

 

20Deste xeito, cando vos xuntades en común, iso xa non é come-la Cea do Señor. 21O

poñervos a comer, cada un agárrase á súa propia comida e uns pasan fame mentres os

outros se emborrachan. 22¿Seica non tedes casas para comer e para beber? ¿Ou é que

queredes despreza-la Igrexa de Deus e avergonzar ós que non teñen? ¿Que vos vou

dicir? ¿Vouvos felicitar? -Non, nisto non vos felicito.

 

23Porque eu recibín do Señor, e transmitinvos tamén a vós, que o Señor Xesús, na noite

en que o entregaron, colleu pan 24e, despois de dar gracias, partiuno e dixo: "Isto é o

meu corpo, que se entrega por vós; facede isto en lembranza miña". 25Do mesmo xeito,

despois de cear, tomou a copa dicindo: "Esta copa é a Nova Alianza, no meu sangue;

cada vez que a bebades, facédeo en lembranza miña".

 

26Polo tanto, cada vez que comedes este pan e bebedes esta copa, anunciáde-la morte

do Señor, ata que El volte.

 

33Pois logo, meus irmáns, cando vos xuntedes para comer, atendédevos uns a outros.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 39, 7-8a. 8b-9. 10. 17

R/ (1 Cor 11, 26b): Anunciade a morte do Señor, ata que volva

 

7Ti non queres sacrificios e ofrendas

-sobre iso abríchesme o oído-,

non pides holocaustos nin víctimas expiatorias.

8Entón digo: -"Aquí veño

co libro escrito para min".

9Face-la túa vontade, meu Deus, é o que eu quero;

a túa lei está no fondo de min mesmo.

 

10Proclamo a túa salvación na asemblea,

non pecho os meus labios: ben o sabes, Señor.

 

17Alégrense e folguen contigo

tódolos que te buscan;

que poidan sempre dicir

os que arelan a túa salvación:

-"Exaltado sexa o Señor".

 

 

ALELUIA Xn 3, 16:

Tanto amou Deus ó mundo que lle deu o seu Fillo Unixénito;

para que todo aquel que crea nel, teña vida eterna

 

 

EVANXEO Lc 7, 1-10:

Nin en Israel encontrei tanta fe

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

7 1Cando Xesús lle acabou de falar á xente, entrou en Cafarnaúm. 2Había un centurión

que tiña un criado enfermo, a quen estimaba moito e que estaba á morte. 3Como tiña

oído falar de Xesús, mandou onda el uns anciáns dos xudeus, para lle rogaren que fose

salva-lo criado. 4Eles, presentáronse a Xesús e suplicábanlle encarecidamente:

-Merece que lle fagas isto, 5pois ama o noso pobo, e el mesmo nos construíu a sinagoga.

 

6Xesús foi con eles; mais cando xa estaba preto da casa o centurión mandou uns amigos

a dicirlle:

-Señor, non te molestes, pois non son digno de que entres baixo o meu teito; 7por iso

coidei que non era digno de ir ó teu encontro. Abonda cunha palabra túa, e o meu criado

quedará curado. 8Pois eu, anque son un subordinado, tamén teño homes baixo as miñas

ordes, e dígolle a este "vai", e vai; a aqueloutro "ven", e vén; e ó meu criado "fai isto", e

faino.

 

9Oíndo aquilo, Xesús ficou abraiado, e virándose díxolle á xente que o seguía:

-Asegúrovos que nin en Israel atopei tanta fe.

 

10E, ó voltaren á casa, os mandados atoparon san o criado.

 

 

 

 444.- MARTES

ANO 1

PRIMEIRA 1 Tim 3, 1-13:

É preciso que o bispo sexa irreprochable; os diáconos deben garda-lo misterio da fe en

conciencia pura

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

 

 Benquerido irmán:

 

3 1Esta é palabra segura: aquel a quen lle tire o "episcopado", arela unha boa función.

2Pero cómpre que o "bispo" sexa irreprensible, home dunha soa muller, sobrio, asisado,

comedido, hospitalario, capaz para o ensino; 3nin bebedor nin liorteiro, senón

indulxente; home de paz, non amigo dos cartos. 4Que goberne ben a propia casa e teña

os fillos ben guiados, con dignidade, 5(pois se un non sabe estar á fronte da súa familia,

¿como vai saber coida-la Igrexa de Deus?) 6Non neófito, para que non caia na

condenación como caeu Satán, ensoberbecéndose. 7Cómpre que teña boa sona tamén

entre os de fóra, para evita-lo desprestixio e que o atrape o demo.

 

8Da mesma maneira, que os "diáconos" sexan serios, sen retranca, nin moi amigos do

viño nin dos negocios suxos, 9conservando o misterio da fe nunha conciencia limpa.

10Tamén a eles os hai que someter á proba primeiro; despois, se están sen tacha, que

exerzan o ministerio. 11Sexan tamén así as súas mulleres: púdicas, nin lingoreteiras nin

amigas do viño, en todo de fiar.

 

12Que os "diáconos" sexan homes dunha soa muller, que saiban gobernar ben os seus

fillos e as súas familias. 13Porque os que exercen ben este ministerio, adquiren para si

un posto nobre e unha gran liberdade na fe que temos en Cristo Xesús.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 100, 1-2ab. 2cd-3ab. 5. 6

R/ (2b): Quero atopa-la senda recta

 

Cantarei o amor e a xustiza,

louvareite a ti, Señor.

2Quero atopa-la senda recta,

¿cando virás a min?

 

Quero andar con mente pura

dentro da miña casa.

3Non cobizo a vaidade,

aborrezo os rebeldes:

 

 5O que calumnie en segredo ó seu veciño

fareino eu calar.

Os soberbios e ós altivos

non os aturarei.

 

6Os meus ollos fíxanse nos leais:

eles habitarán comigo.

O que anda por camiño recto

ese é o que me serve.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 1 Cor 12, 12-14. 27-31a:

Vós sóde-lo corpo de Cristo e cada un, membro

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

 

Irmáns e irmás:

 

12Igual que o corpo, sendo un, ten moitos membros e todos estes membros, con seren

moitos, non fan máis dun corpo: así tamén Cristo. 13Porque a todos nos bautizaron nun

único Espírito, para formarmos un único corpo: tanto xudeus coma gregos, tanto

escravos coma libres. E a todos se nos deu a beber un único Espírito.

 

14Pois ben, o corpo non está formado por un único membro senón por moitos.

 

27Ben, pois vós sodes corpo de Cristo e tamén membros, cada un pola súa parte. 28Na

Igrexa dispuxo Deus primeiro apóstolos, logo profetas, en terceiro lugar mestres.

Despois os que teñen poder de facer milagres; finalmente os que teñen don de curacións,

de asistencia, de goberno, de falar distintas linguas. 29¿Ou é que todos son apóstolos?

¿Todos son profetas? ¿Todos son mestres? ¿Todos fan milagres? 30¿Todos teñen o don

de curar? ¿Todos falan en moitas linguas? ¿Todos saben interpretar?

 

31De todos modos, cobizade os carismas mellores.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 99, 2. 3- 4 5

R/ (3c): Nós sómo-lo seu pobo, o seu rabaño

 

2servide o Señor con alegría,

achegádevos con cántigas á súa presencia.

 

3Sabede que o Señor é Deus,

que El nos fixo e que del somos,

o seu pobo, o seu rabaño.

 

4Entrade polas súas portas con louvanzas:

polos seus adros con cántigas.

Celebrádeo e bendicide o seu nome,

5porque o Señor é bo.

O seu amor dura por sempre;

por xeracións a súa fidelidade.

 

 

ALELUIA Lc 7, 16:

Un gran profeta surdiu entre nós,

e Deus visitou ó seu pobo

 

 

 

EVANXEO Lc 7, 11-17:

Rapaz, falo contigo: ¡érguete!

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

11Xesús foi a unha vila, chamada Naín, acompañado dos seus discípulos e outra moita

xente. 12Cando estaba chegando á entrada da vila, sacaban a enterrar a un morto, fillo

único da súa nai, que era viúva; ía acompañada por moita xente da vila. 13O vela, o

Señor compadeceuse e díxolle:

-Non chores.

 

14E achegándose, tocou o cadaleito -os que o levaban pararon-, e el mandou:

-Rapaz, falo contigo: ¡érguete!

 

15O morto incorporouse e empezou a falar; e Xesús entregoullo á súa nai. 16Todos

quedaron impresionados e louvaban a Deus, dicindo:

-Un gran profeta xurdiu entre nós; Deus visitou o seu pobo.

 

17E por toda a Xudea e a súa comarca correron estes comentarios.

 

 

445.- MÉRCORES

ANO 1

PRIMEIRA 1 Tim 3, 14-16:

É grande o misterio da nosa relixión

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

 

 Benquerido irmán:

 

14Escríboche isto, esperando ir onda ti axiña. 15Por se tardar rógoche que saibas

comportarte como convén na familia de Deus, que é a Igrexa do Deus vivo, columna e

alicerce da verdade.

 

16Estamos todos de acordo en que é grande o misterio da nosa relixión:

Que se manifestou coma home,

xustificou no Espírito,

apareceulles ós mensaxeiros,

predicáronllelo ós xentís,

creu nel todo o mundo,

foi exaltado na gloria.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 110, 1-2. 3-4. 5-6

R/ (2a): Grandes son as obras do Señor

Ou: Aleluia.

 

Louvarei o Señor con todo o corazón

na xuntanza dos xustos, na asemblea.

2Grandes son as obras do Señor,

dignas de estudio para tódolos que as aman.

 

3Gloriosos e esplendentes son os seus feitos,

a súa xustiza é eterna:

4fai prodixios memorables.

 

 5Dá mantenza a quen o teme

e recorda por sempre a súa alianza.

6El móstralle ó seu pobo feitos poderosos,

dándolle a herdanza das nacións.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 1 Cor 12, 31 --13, 13:

Permanecen a fe, a esperanza e a cardidade; a máis importante é a caridade

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

 

Irmáns e irmás:

 

31Cobizade os carismas mellores. Pero, ademais aínda vos vou mostra-lo camiño por

excelencia.

 

13 1Por moito que eu falase as linguas todas dos homes e as dos anxos, se non tiver

amor, non sería máis ca un bronce que resoa ou un pandeiro que repenica.

 

2Por moito que eu falase inspirado e comprendese tódolos misterios e mais toda a

ciencia e tivese tanta fe que movese os montes, se non tiver amor, non sería nada.

 

3Por moito que eu reparta todo o que teño e me deixe queimar vivo, se non tiver amor,

non me sería de proveito ningún.

 

4O amor é de corazón grande, é servicial. O amor non ten envexa, non ten fachenda,

non se ensoberbece; 5non é malcriado, non busca a súa comenencia, non se alporiza,

non garda malicia; 6non simpatiza coa inxustiza, senón que se alegra coa verdade.

7Desculpa sempre, fíase sempre, espera sempre, atura sempre.

 

8O amor non pasa endexamais; mentres que as profecías desaparecerán, as linguas

calarán, a ciencia acabará. 9Porque a nosa ciencia é limitada e limitada é a nosa

inspiración: 10e cando veña o perfecto, desaparecerá o limitado. 11Cando eu era neno,

falaba coma un neno, pensaba coma un neno, razoaba coma un neno; cando cheguei a

home, deixei de lado as cousas de neno. 12Igual-mente: agora vemos nun espello,

escuramente; pero daquela habemos ver cara a cara. Agora coñezo dun modo

incompleto; pero daquela hei coñecer tan ben coma Deus me coñece a min. 13En

resumo: hai tres cousas que permanecen: a fe, a esperanza, e o amor. Pero delas a

meirande é o amor.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 32, 2-3. 4-5. 12 e 22

R/ (12b): Feliz o pobo que Deus elixiu como herdade

 

2Festexade ó Señor con cítolas,

tocade con harpa de dez cordas.

3Cantádelle unha nova cántiga,

tanxédelle ben, con aturuxos.

 

4A palabra do Señor é recta

e tódalas súas obras son leais:

5El quere o dereito e a xustiza,

a súa misericordia enche a terra.

 

12Feliz a nación que ten a Deus por Señor,

o pobo que El elixiu como herdade.

22Veña a nós, Señor, a túa misericordia,

como de ti o esperamos.

 

 

ALELUIA Cf. Xn 6, 63c. 68c:

As túas palabras, Señor, son espírito e vida;

ti tes palabras de vida eterna

 

 

 

EVANXEO Lc 7, 31-35:

Cantamos e non saltastes, lamentámonos e non chorastes

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

Di o Señor:

 

31¿Con quen vos compararei este tipo de xente? ¿A quen se asemellan? 32Semellan

eses rapaciños que, sentados nos rueiros, rifan entre eles dicindo:

"Tocámo-la frauta e non bailastes

fixémo-lo pranto e non chorastes".

 

33Porque aparece Xoán Bautista, que non come nin bebe, e dicides: "Ten o demo no

corpo". 34E aparece o Fillo do Home, que come e bebe, e dicides: "Mira que larpeiro,

que bebedor e que amigo de recadadores e pecadores". 35Con todo, a sabedoría de Deus

quedou ben acreditada por todos aqueles que son fillos dela.

 

 

446.- XOVES

ANO 1

PRIMEIRA Tim 4, 12-16:

Está atento a ti mesmo é á doutrina; salvaraste a ti mesmo e ós que te escoitan

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

 

 Benquerido irmán:

 

12Que ninguén faga pouco de ti por seres tan novo. Ti faite exemplo dos que cren: en

ditos e feitos, en caridade, en fe, en limpeza. 13Mentres non chego, dedícate á lectura, á

exhortación, ó ensino.

 

14Non descóide-lo carisma que hai en ti, que che se deu pola profecía coa imposición

das mans dos "presbíteros". 15Coida estas cousas, mantente nelas, para que todos vexan

como progresas. 16Preocúpate de ti e da doutrina; mantente en todo iso, que, facéndoo,

te salvarás ti e salvara-los que che fagan caso.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 110, 7-8. 9. 10

R/ (2a): Grandes son as obras do Señor

Ou: Aleluia

 

 7As obras das súas mans son xustas e leais,

os seus preceptos son firmes:

8están fixados polos séculos,

feitos con sinceridade e rectitude.

 

9El mándalle a liberación ó seu pobo,

corrobora por sempre a súa alianza;

santo e terrible é o seu nome.

 

 10O temor do Señor é o principio da sabedoría:

asisados son os que o practican;

a súa louvanza é eterna.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 1 Cor 15, 1-11:

Así vos predicamos e así crestes

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

 

15 1Quero que vos acorde, irmáns, o Evanxeo que vos prediquei, que vós aceptastes, no

que ficades firmes 2e polo que vos estades salvando (se é que o gardades tal como volo

anunciei; do contrario, a vosa fe sería inútil).

 

3Transmitinvos, xa que logo, antes de nada o que eu mesmo recibín: que Cristo morreu

polos nosos pecados conforme ás Escrituras; 4que o sepultaron, que ó terceiro día

resucitou conforme ás Escrituras 5e que se apareceu a Cefas e despois ós Doce. 6Máis

tarde apareceuse dunha soa volta a máis de cincocentos irmáns; moitos deles aínda

viven, algúns xa finaron. 7Despois apareceuse a Santiago e logo a tódolos apóstolos.

8En derradeiro lugar aparecéuseme tamén a min, coma ó nacido á deshora.

 

9Pois eu son o menor dos apóstolos, que nin son merecente de me chamar apóstolo, xa

que perseguín a Igrexa de Deus; 10pero pola gracia de Deus son o que son, e esa gracia

que fixo comigo non ficou baleira. O contrario, traballei máis ca todos eles; anque non

precisamente eu, senón a gracia de Deus que está comigo. 11Pero, en fin, que sexa eu ou

que sexan eles, así predicamos e así crestes vós.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 117, 1-2. 16ab-17. 28

R/ (1): Louvade o Señor porque é bo

Ou: Aleluia

 

 1Louvade o Señor porque é bo,

porque o seu amor é eterno.

2Que o diga a casa de Israel:

o seu amor é eterno;

 

 16a dereita do Señor é poderosa,

a dereita do Señor é valente.

17Non hei morrer, vivirei

e cantarei os feitos do Señor.

 

28Meu Deus, douche as gracias,

meu Deus, quero enxalzarte.

 

 

 

ALE LUIA Mt 11, 28

Vinde a min todos cantos traballades e estades cansos,

e eu aliviareivos, di o Señor

 

 

EVANXEO Lc 7, 36-50:

Perdoáronselle moitos pecados, porque amou moito

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

36Un fariseo convidou a Xesús a comer; Xesús entrou na casa del e púxose á mesa.

37Unha muller, coñecida como pecadora na vila, sabedora de que estaba alí, levou un

frasco de alabastro con perfume de mirra, 38botouse por detrás ós pés del chorando, e

comezou a regarllos coas bágoas; secáballos cos cabelos da súa cabeza e bicáballos

mentres llos unxía co perfume.

 

39Vendo aquilo, o fariseo que o convidara dixo para si:

-Se este fose un profeta, coñecería quen é, e que caste de muller é a que o está a tocar,

unha pecadora.

 

40Xesús tomou a palabra e díxolle:

-Simón, teño algo que che dicir.

 

El contestou:

-Pois dío, Mestre.

 

41-Un prestamista tiña dous debedores, un debíalle cincocentos denarios, e o outro

cincuenta. 42Como non tiñan con que lle pagar, perdooulles ós dous. Ora, ¿quen deles o

amará máis?

 

43Respondeulle Simón:

-Supoño que aquel a quen máis lle perdoou.

 

El contestou:

-Ben dito.

 

44E volvéndose cara á muller, díxolle a Simón:

-¿Ti ves esta muller? Entrei na túa casa, e non me deches auga para os pés, pero ela

regoumos coas súas bágoas e secoumos cos seus cabelos. 45Non me déche-lo bico, pero

ela desde que entrou non parou de me bica-los pés. 46Non me unxíche-la cabeza con

aceite, pero ela unxiume os pés con perfume. 47Por iso dígoche: moitos pecados se lle

perdoaron, cando mostra tanto amor; a quen pouco se lle perdoa, pouco amor mostra.

 

48E díxolle a ela:

-Os teus pecados están perdoados.

 

49Entón os demais convidados empezaron a comentar entre eles:

-¿Quen é este, que mesmo pretende perdoa-los pecados?

 

50Pero el díxolle á muller:

-Salvoute a túa fe, vai en paz.

 

 

447.- VENRES

ANO 1

PRIMEIRA 1 Tim 6, 2c-12:

Ti, home de Deus, busca a xustiza

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

 

Benquerido irmán:

 

Isto é o que tes que ensinar e recomendar. 3Se alguén ensina outra cousa e non segue as

boas palabras -as do noso Señor Xesús Cristo, a doutrina conforme á verdadeira

piedade-, 4faise un soberbio; non entende nada, senón que se aparva con controversias e

discusións baleiras, das que nacen envexas, rifas, palabras inxuriosas e malas sospeitas,

5discusións parvas de homes con mente corrompida, carentes da verdade, que teñen a

verdadeira piedade coma unha fonte de ganancia. 6E certamente a verdadeira piedade,

cando un se conforma co que ten, é a mellor fonte de ganancia. 7Porque nada trouxemos

ó mundo e nada podemos levar del.

 

8Contentémonos con ter para comer e para vestir. 9Os que se queren facer ricos caen en

tentacións e trapelas e en moitas cobizas, todas perigosas, que botan os homes a perder e

á ruína. 10A raíz de tódolos males é a avaricia: algúns, dominados por ela, afastáronse

da fe e envulláronse a si mesmos en moitas dores.

 

11Pero ti, home de Deus, fuxe desas cousas; procura a xustiza, a piedade verdadeira, a

fe, a caridade, a paciencia e a mansedume. 12Loita na fermosa competición da fe,

procura a vida eterna á que te chamaron e que confesaches de maneira brillante diante

de moita xente.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 48, 6-7. 8-10. 17-18. 19-20

R/ (Mt 5,3): Ditosos os que teñen espírito de pobres,

porque deles é o reino dos ceos

 

6¿Por que hei ter medo da desgracia,

do mal con que me rodean os meus perseguidores?

7Dos que confían na riqueza

e se glorían da súa fartura,

 

8ninguén pode librarse

nin pagar a Deus o seu rescate.

9O prezo das súas vidas é cara por demais,

está para sempre fóra do seu alcance:

10non poderán vivir eternamente

sen pasaren pola morte.

 

 17Non desacougues se alguén se enriquece

e aumenta os bens da súa casa,

18pois nada levará consigo cando morra

nin a súa riqueza irá tras el.

 

19Aínda que en vida se gabe:

-"Admiran o ben que vives",

20irá xuntarse con seus pais,

que endexamais non verán a luz.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 1 Cor 15, 12-20:

Se Cristo non resucitou, a vosa fe é inútil

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

 

Irmáns e irmás:

 

12Se se predica que Cristo resucitou dos mortos, ¿como é que andan algúns de entre vós

dicindo que non hai resurrección dos mortos? 13Se non hai resurrección dos mortos,

tampouco Cristo está resucitado. 14E, se Cristo non está resucitado, baleira é a nosa

predicación, e baleira tamén a vosa fe.

 

15Resultaría, ademais, que nós acabamos sendo falsas testemuñas contra Deus, pois

levantámoslle a Deus o testemuño de que resucitou a Cristo, sendo así que non o

resucitou, caso de que efectivamente os mortos non resuciten. 16Pois, se os mortos non

resucitan, tampouco Cristo está resucitado. 17E, se Cristo non está resucitado, a vosa fe

é unha ilusión: estades aínda nos vosos pecados.

 

 

 

18Resultaría tamén que os que finaron en Cristo pereceron completamente. 19Ora, se a

esperanza que temos en Cristo é soamente para esta vida, nós sómo-los máis dignos de

compaixón entre tódolos homes.

 

20Pero non: Cristo resucitou dos mortos, coma primicia dos que dormen.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 16, 1. 6-7. 8b e 15

R/ (15b): Ó despertar, saciareime de verte, Señor.

 

Oe, Señor, a causa xusta,

atende ó meu clamor;

escoita a miña pregaria

de labios sen engano.

 

6Eu chámote, Deus; ti respóndeme;

volve a min o teu oído, escoita a miña voz.

7Mostra a túa compaixón admirable,

ti que libras do inimigo

ós que se acollen á túa dereita.

 

8escóndeme á sombra das túas ás

15Mais eu verei con felicidade a túa presencia,

ó despertar, saciareime de verte.

 

 

 

ALELUIA Cf. Mt 11, 25:

Bendi es ti, Pai, Señor do ceo e mais da terra,

porque lle revelaches ós humildes os misterios do reino

 

 

 

EVANXEO Lc 8, 1-3:

Unhas mulleres andaban con eles e servíanos do que tiñan

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

8 1Púxose Xesús a percorrer vilas e aldeas, predicando e anunciando a Boa Nova do

Reino de Deus. Ian con el os Doce 2e mais algunhas mulleres que el curara de doenzas e

de malos espíritos: María, chamada a Magdalena, curada de sete demos, 3Xoana, a

muller de Cusa, administrador de Herodes, Susana e outras moitas que o servían cos

seus bens.

 

 

 

448.- SÁBADO

ANO 1

PRIMEIRA 1 Tim 6, 13-16:

Conserva sen tacha o mandato ata que o Señor volva

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

 

Benquerido irmán:

 

13Mándocho ante Deus, que fai vivir tódalas cousas, e ante Cristo Xesús, que con tan

magnífica confesión deu testemuño ante Poncio Pilato: 14garda o mandamento, sen lixo

e sen tacha, ata a manifestación gloriosa do Señor noso Xesús Cristo. 15No seu debido

tempo amosarao o Deus bendito e único podente, Rei dos reis e Señor dos señores. 16O

único que ten a inmortalidade e que habita nunha luz inaccesible. A El ningún home o

viu nin o pode ver. A El a honra e o poder eterno. Amén.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 99, 2. 3. 4. 5

R/ (2c): Achegádevos con gozo á presencia do Señor

 

2servide o Señor con alegría,

achegádevos con cántigas á súa presencia.

 

3Sabede que o Señor é Deus,

que El nos fixo e que del somos,

o seu pobo, o seu rabaño.

 

4Entrade polas súas portas con louvanzas:

polos seus adros con cántigas.

Celebrádeo e bendicide o seu nome,

5porque o Señor é bo.

 

O seu amor dura por sempre;

por xeracións a súa fidelidade.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 1 Cor 15, 35-37. 42-49:

Seméntase na corrupción e seitúrase na incorrupción

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

 

Irmáns e irmás:

 

35Algún preguntará: ¿como resucitan os mortos? ¿Con que clase de corpo volverán á

vida? 36-Insensato. O que ti sementas non prende na vida, se primeiro non morre. 37Nin

sementas xa o corpo que vai nacer, senón un simple gran de trigo, se cadra, ou de

calquera outra semente.

 

42O mesmo pasa tamén coa resurrección dos mortos: seméntase na corrupción,

resucítase na incorrupción; 43seméntase no desprezo, resucítase na gloria; seméntase na

debilidade, resucítase na forza; 44seméntase un corpo natural, resucita un corpo

espiritual. Se hai un corpo natural tamén hai un espiritual, 45pois así está escrito: o

primeiro home, Adam, fixérono un ser vivo; o último Adam, un espírito que dá vida.

46Pero non foi primeiro o espiritual, senón o natural, e despois o espiritual. 47O

primeiro home, saído da terra, era terrestre; o segundo home veu do ceo. 48Como era o

terrestre, así son os terrestres: e como é o celeste, así son os celestes. 49E o mesmo que

antes levámo-la imaxe do terrestre, tamén levarémo-la imaxe do celeste.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 55, 10. 11-12. 13-14

R/ (cf 14c): Camiñarei na presencia do Señor

á luz dos que están vivos.

 

 10Os meus inimigos recuarán

o día en que eu te chame:

eu ben sei que Deus está por min.

 

 11En Deus, de quen celebro a promesa,

no Señor, de quen celebro a palabra,

12en Deus confío e non temo,

¿que poden facerme os homes?

 

13Quero pagar, Deus, os votos que che fixen,

eu cumprirei a acción de gracias.

14Ti libras da morte a miña vida,

os meus pés dos tropezos,

e podo camiñar na túa presencia

á luz dos que están vivos.

 

 

 

ALELUIA Cf. Lc 8, 15

Ditosos os que con corazón bo e xeneroso reteñen a palabra de Deus,

e producen froito coa súa perseverancia

 

 

EVANXEO Lc 8, 4-15:

O que caiu en boa terra, eses son os que reteñen a palabra e producen froito coa súa

perseverancia

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

4Como se xuntaba moita xente, chegada de moitas vilas, Xesús propúxolles esta

parábola:

5-Unha vez saíu un labrador a sementar. E ó bota-la semente, parte dela foi caendo polo

camiño adiante, a xente pisouna e os paxaros comérona. 6Outra caeu entre as pedras,

pero anque xermolou, secou, por non ter lentura. 7Outra caeu entre silvas, pero ó medra-

la silveira, afogouna. 8Outra caeu en boa terra, e xermolou dando o cento por un.

 

A continuación exclamou:

-Quen teña oídos para oír, que escoite.

 

9Entón preguntáronlle os seus discípulos que significaba aquela parábola. 10El

respondeu:

-A vós concedéusevos coñece-los misterios do Reino de Deus, pero ós outros

unicamente en parábolas, de xeito que

vendo, non vexan

e escoitando, non entendan.

 

11A parábola significa isto: a semente é a Palabra de Deus. 12Os do camiño son os que

tan pronto como oen a Palabra, vén o Satán e arrepáñallela do seu corazón, non vaia ser

que crean e se salven. 13Os das pedras son aqueles que cando a oen, acollen con alegría

a Palabra; pero, como non teñen raíz, cren por certo tempo, mais, cando vén a tentación,

abandonan. 14Os das silvas son os que a escoitan; pero por mor das preocupacións,

riquezas e praceres da vida, non chega a madurecer. 15Os da terra boa, son aqueles de

bo e xeneroso corazón, que escoitando a Palabra, retéñena, producindo froito coa súa

perseverancia.