Semana XXV

 
 

SEMANA 25ª DO TEMPO ORDINARIO

 

 

449.- LUNS

ANO 1

 

 PRIMEIRA Esd 1, 1-6:

Quen se sinta do pobo de Deus, que suba a Xerusalén para edificarlle unha casa ó

Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE ESDRAS

 

1 1O primeiro ano de Ciro, rei de Persia -para que se cumprise a palabra do Señor saída

da boca de Xeremías-, o Señor espertou o espírito de Ciro, rei de Persia, a fin de que en

todo o seu reino se promul-gase de palabra ou por escrito o que segue: 2-"Ciro, rei de

Persia decreta: Tódolos reinos da terra me foron entregados polo Señor, Deus dos ceos,

e encargoume por si mesmo de levantarlle un templo en Xerusalén de Xudá. 3Os que de

entre vosoutros pertenzan a ese pobo, que o seu Deus sexa con eles e que os conduza a

Xerusalén, en Xudá, para construí-la Casa do Señor, o Deus de Israel -trátase do Deus

que está en Xerusalén-. 4En tódolos lugares onde reside o resto do pobo, que as xentes

deses lugares aporten cada un prata, ouro, bens, animais e ofrendas voluntarias para a

Casa de Deus que está en Xerusalén". 5Entón levantáronse os xefes de familia de Xudá

e de Benxamín, os sacerdotes e os levitas, nunha palabra todos cantos Deus movera para

ir levanta-la Casa do seu Señor que está en Xerusalén. 6E tódolos seus veciños déronlles

con xenerosidade obxectos de prata e de ouro, bens e animais, preciosos regalos, sen

conta-lo que ofreceron voluntariamente.

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Sal 125, 1-2ab. 2cd-3. 4-5. 6

R/ (3a): O Señor fai connosco cousas grandes

 

Cando vire o Señor a sorte de Sión,

estaremos coma en soños.

2Terémo-la boca chea de risos

e a lingua de cantares.

 

3Os pagáns dirán entón:

-"O Señor fai con eles cousas grandes".

O Señor fai connosco cousas grandes,

estamos cheos de alegría.

 

 4Vira, Señor, a nosa sorte,

coma os regatos no deserto.

5Os que entre bágoas sementan,

entre cantares recollen.

 

6Cando van, van chorando

os que levan a semente.

O viren, veñen cantando

os que traen os monllos.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Prov 3, 27-34:

O Señor aborrece ó perverso

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS PROVERBIOS

 

Meu fillo:

27Non lle negues un favor a quen ten dereito a el,

cando está no teu poder o concedelo.

28Non lle digas ó teu veciño: -"Vai e volta outra vez,

mañá eu che darei", se tes con que.

29Non amañes un mal contra o teu próximo

cando el vive confiado á túa beira.

30Non lle poñas preito a ninguén sen motivo,

cando non che fixo prexuízo ningún.

31Non envéxe-lo violento

nin adópte-los seus procedementos,

32pois o Señor aborrece ó perverso,

e reserva a súa intimidade para os honrados.

33A maldición do Señor cae sobre o casal do impío,

pero bendí a moradía dos xustos.

34Cos burlentos, búrlase deles,

mais demostra o seu favor ós humildes;

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 14, 2-3ab. 3cd-4ab. 5

R/ (1b): O xusto descansará no teu monte santo, Señor

 

2Aquel que anda rectamente e practica a xustiza:

que ten sinceridade no corazón

3e non calumnia coa súa lingua;

o que non lle fai mal ó veciño

 

e non difama ó seu próximo;

4o que estima desprezable ó malvado

e apreza ós que temen ó Señor;

 

5o que non presta con usura o seu diñeiro

e non se deixa subornar contra o inocente.

 

Quen así se comporte,

endexamais non perecerá.

 

 

 

ALELUIA Mt 5, 1:

Alumee así a vosa luz diante dos homes

para que vexan as vosas boas obras e glorifiquen a voso Pai

 

 

 

EVANXEO Lc 8, 1618

A vela ponse sobre o candeeiro, para que os que entran vexan luz

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

Dille Xesús á xente:

16Ninguén encende un candil para cubrilo cunha ola ou para o meter debaixo da cama,

senón para poñelo nun candeeiro e alumar así a cantos entren. 17Por-que non hai cousa

oculta que non se chegue a saber nin segredo que non se chegue a descubrir e traer á luz

pública. 18Atendede, logo, ben ó que estades escoitando, porque a quen ten, daráselle;

pero a quen non ten, háselle quitar aínda o que cre ter.

 

 

 

450.- MARTES

ANO 1

 

PRIMEIRA Esd 6, 7-8. 12b. 14-20:

Remataron a casa de Deus e celebraron a pascua

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE ESDRAS

 

O rei Darío escribiulles ós xefes da rexión que está máis alá do río:

 

7Deixádelles face-lo traballo de levanta-la casa de Deus ó gobernador dos xudeus cos

seus anciáns, sobre os seus cimentos. 8Estas son as miñas ordes relativas ó que tedes

que facer con eses anciáns dos xudeus que constrúen esa casa de Deus: levántana a

expensas dos bens do rei, mediante os impostos de Transeufratina. Débeselles, pois,

asegura-la paga a eses homes sen interrupción.

 

12Eu, Darío, eu mesmo, dei a orde; que se cumpra así exactamente".

 

14Os anciáns dos xudeus seguiron coa obra sen dificultade, de acordo coa profecía de

Axeo e de Zacarías, fillo de Idó, ata remata-lo traballo, segundo a orde do Deus de Israel

e a orde de Ciro, de Darío e de Artaxerxes, rei de Persia. 15Terminouse este templo o

terceiro día do mes de Adar, o ano sexto do reinado de Darío. 16Os israelitas

-sacerdotes, levitas e o resto dos deportados- celebraron cheos de xúbilo a dedicación do

templo de Deus.

 

17Ofreceron con este fin cen touros, douscentos carneiros, catrocentos años, e polos

pecados de todo o pobo, doce machos cabríos, un por cada tribo. 18Os sacerdotes, por

grupos, e os levitas por clases estableceron o culto do templo de Xerusalén, de acordo

coas prescricións do libro de Moisés.

 

19Os deportados celebraron a Pascua o día catorce do primeiro mes; 20dado que os

sacerdotes xunto cos levitas se purificaran, todos estaban puros. Entón inmolaron a

Pascua para tódolos deportados, para os seus irmáns sacerdotes e para eles mesmos.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 121, 1-2- 3-4a- 4b-5

R/ (1): Imos alegres para a casa do Señor

 

 Alegreime, cando me dixeron:

imos para a casa do Señor.

2Xa están os nosos pés

ás túas portas, Xerusalén,

 

3Xerusalén, cidade ben feita,

de compacta harmonía.

4Alá soben as tribos, as tribos do Señor,

 

conforme o costume de Israel,

para festexa-lo nome do Señor.

5Alí están os tribunais da xustiza,

a sede da casa de David.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Prov 21, 1-6. 10-13:

Diversos ditos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS PROVERBIOS

 

21 1Coma as canles da auga, a mente do rei está na man do Señor,

el víraa para onde quere.

2Todo o proceder do home semella recto ós seus ollos

pero é o Señor quen sopesa os motivos.

3Face-lo recto e o xusto,

prefíreo o Señor ós sacrificios.

4Ollar altaneiro e corazón finchado:

o facho dos impíos é o pecado.

5Os planos do dilixente dan boa renda,

pero quen anda ás présas anda ás perdas.

6Gañar tesouros con lingua embusteira

é sopro que foxe e trampa de morte.

10O instinto do impío tende ó mal,

non repara con piedade no seu próximo.

11Cando o burlón as paga, aprende o inxenuo,

mais cando se instrúe a un sabio, el acrece o seu saber.

12O xusto controla o casal do malvado,

e precipita ós impíos na ruína.

13Quen peche a orella ó laio do pobre,

tamén el berrará e non será escoitado.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 118, 1. 27. 30. 34. 35. 44

R/ (35a): Diríxeme, Señor, polo vieiro dos teus mandamentos

 

1Ditosos os de conducta intachable,

os que andan coa lei do Señor.

 

27Instrúeme nos teus mandatos

e meditarei as túas marabillas.

 

30Eu elixo o camiño da verdade

e fago miñas as túas decisións.

 

34Dáme entendemento para observa-la túa lei,

e gardareina de todo corazón.

 

 35Diríxeme polo vieiro dos teus mandamentos,

pois teño nel o meu contento.

 

44Gardarei a túa lei,

por sempre, eternamente.

 

 

 

ALELUIA Lc 11, 28

Ditosos os que escoitan a palabra de Deus

e a poñen en práctica

 

 

 

EVANXEO Lc 8, 19-21:

A miña nai e os meus irmáns son aqueles que escoitan a Palabra de Deus e a poñen en

práctica

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

19Apareceron a nai de Xesús e mailos seus irmáns, pero debido á moita xente non se

podían achegar a el. 20Entón avisárono:

-A túa nai e mailos teus irmáns están fóra, e quérente ver.

 

21El respondeulles:

-A miña nai e mailos meus irmáns son os que escoitan a Palabra de Deus e a levan á

práctica.

 

 

451.- MÉRCORES

ANO 1

 

PRIMEIRA Esd 9, 5-9:

No tempo da nosa escravitude non nos esquceu Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE ESDRAS

 

5A hora do sacrificio vespertino, eu, Esdras,dei remate á miña postración e co vestido e

manto rachados, axeonlleime e levantei as mans ó Señor, meu Deus, 6dicíndolle:

 

-"Meu Deus, avergóñome e non me atrevo a levantar a ti o rostro, porque os nosos

pecados exceden a nosa cabeza e chega ata o ceo a nosa culpa. 7Desde os tempos de

nosos pais ata hoxe fixémonos reos de grandes ofensas; e polos nosos delitos, tanto nós

coma os nosos reis e sacerdotes, fomos entregados ós reis estranxeiros, á espada, ó

exilio, ó saqueo, á ignominia, que é, ó presente, a nosa triste situación. 8Mais agora,

Señor, noso Deus, concedíchesnos un momento de respiro, deixándonos un resto e un

sitio no teu lugar santo. Deste xeito, o noso Deus iluminou os nosos ollos e deunos un

pouco de vida na nosa escravitude. 9Pois somos escravos, mais o noso Deus non nos

abandonou na nosa servidume. Granxeóuno-lo favor dos reis de Persia, verqueu sobre

nós a súa fidelidade co fin de dárno-la vida para poder reconstruí-lo templo do noso

Deus, recompoñendo as súas ruínas e dándonos un muro en Xudea e Xerusalén.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Tob 13, 2. 3-4a. 4bcd. 5. 8

R/ (2a): Bendito sexa Deus, que vive para sempre

 

2El é o que castiga e ten misericordia.

El fai baixar ata a morada dos mortos,

nas profundidades da terra,

e despois levanta de novo da gran perdición.

Ninguén pode escapar da súa man.

 

3Celebrádeo, fillos de Israel, diante das nacións,

entre as que El vos dispersou.

4Fíxovos ver alí a súa grandeza.

 

 Exaltádeo perante tódolos viventes,

pois El é o noso Señor, o noso Deus, o noso Pai.

El é Deus por tódolos séculos.

 

5El castigouvos polas vosas iniquidades,

pero volverase compadecer novamente de todos vós

e recolleravos de entre tódalas nacións

por onde fostes dispersados.

 

8Pola miña parte, eu celébroo na terra

á que fun deportado.

Anuncio a súa grandeza e o seu poder

a unha nación pecadora.

Convertédevos, pecadores, obrade rectamente na súa presencia.

Poida que teña compaixón e vos acolla con misericordia.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Prov 30, 5-9:

Non me deas riqueza nin mendicidade, dame o pan de cada día

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS PROVERBIOS

 

 5Toda palabra de Deus está acrisolada,

El é un escudo para os que nel se refuxian.

6Non acrecentes ren ás súas palabras,

non sexa que te reprenda e sexas convencido de mentira.

7Dúas cousas che pido,

non mas negues antes de que eu morra:

8Afasta de mín a falsidade e a mentira,

non me deas nin pobreza nin riqueza,

déixame come-la miña ración de pan,

9non sexa que, farto, renegue

dicindo: -"¿Quen é ese, o Señor?";

ou que, empobrecido, roube,

aldraxando o nome de Deus.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 118, 29. 72. 89. 101 . 104. 163

R/ (105a): A túa palabra é o faro dos meus pés

 

29Arrédame do camiño enganoso

e dáme a gracia da túa instrucción.

 

72A túa vontade é para min mellor

ca milleiros de ouro e prata.

 

89A túa palabra, Señor, é eterna,

firme coma o ceo.

 

 101De todo mal camiño arredo os pés,

observando a túa palabra.

 

104Os teus mandamentos fanme asisado,

por iso aborrezo o vieiro enganoso.

 

163Aborrezo, destesto a mentira

e téñolle afecto á túa lei.

 

 

 

ALELUIA Mc 1, 15 :

Está cerca o reino de Deus

facede penitencia e crtede o Evanxeo

 

 

 

EVANXEO Lc 9, 1-6:

Mandounos predica-lo reino de Deus e sana-los enfermos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

9 1Despois de convoca-los Doce, Xesús deulles autoridade e poder sobre tódolos demos

e para curar doenzas. 2E mandounos a predica-lo Reino de Deus e a sandar

enfermidades, 3avisándoos:

-Non levedes nada para o camiño, nin tan sequera un caxato, nin alforxa, nin pan, nin

diñeiro, nin dúas túnicas por persoa. 4Na casa onde entredes, quedade ata que

marchedes. 5Cando non vos acollan, saíde daquela vila e sacudide o po dos vosos pés,

para que lles sirva de aviso. 6Eles pillaron camiño e percorreron as aldeas, anunciando a

Boa Nova e curando en todas partes.

 

 

 

452.- XOVES

ANO 1

PRIMEIRA Ax 1, 1-8:

Edificádeme unha casa e aceptareina

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE AXEO

 

1 1No ano dous do rei Darío, no mes seis, o día primeiro do mes, veu a palabra do Señor

por medio do profeta Axeo a Zerubabel, fillo de Xealtiel, gobernador de Xudá, e a

Iehoxúa, fillo de Iehosadac, o sumo sacerdote, nestes termos:

 

2Así fala o Señor, Deus dos Exércitos:

"Este pobo anda dicindo: Aínda non chegou o momento de reconstruí-lo templo do

Señor".

 

3Pero a palabra do Señor veu por medio do profeta Axeo nestes termos:

4"¿É xa tempo para vós de habitardes en casas ben rematadas,

mentres este templo está en ruínas?"

5Pois agora, así fala o Señor dos Exércitos:

"Considerade ben o voso comportamento:

6Sementastes para recollerdes abundantemente,

pero recollestes pouco, comestes sen fartarvos,

bebestes sen saciarvos do licor,

vestístesvos sen sentirdes calor con iso,

e o xornaleiro recibiu o xornal en saco roto".

7Así fala o Señor dos Exércitos:

"Considerade ben o voso comportamento:

8Rubide ó monte, traede madeira e reconstruíde o templo,

que eu me compraza nel e nel mostre a miña gloria -di o Señor-.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 149, 1-2. 3-4. 5-6a e 9b

R/ (4a): O Señor ama ó seu pobo

Ou: Aleluia.

 

Cantádelle ó Señor un cántico novo,

louvádeo na asemblea dos xustos.

2Alégrese Israel co seu facedor

e os fillos de Sión relouquen co seu rei.

 

3Festexen coa danza o seu nome,

cántenlle con pandeiros e harpas,

4porque o Señor ama o seu pobo

e coroa os humildes coa victoria.

 

5Exulten os xustos no triunfo

e canten xubilosos nos seus postos,

6coa louvanza de Deus nas gargantas

será un honor para os seus amigos.

Aleluia.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ecl 1, 2-11:

Nada novo hai baixo o sol

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIASTÉS

 

2Nada máis ca un sopro, -di Qohélet- un lene sopro, un breve aire é todo.

3¿Que proveito tira o home de tódalas angueiras polas que traballa

baixo o sol?

4Vaise unha xeración, vén outra,

e a terra sempre queda.

5Sae o sol, ponse o sol,

volta sen folgos ó seu posto;

de alí torna a xurdir.

6Torna ó Sur, vira para o Norte,

xira que xira, camiña o vento;

volve o vento ás súas reviravoltas.

7Tódolos ríos van dar no mar,

e o mar non se enche.

Para onde os ríos camiñan,

alí tornan incesantes.

8Tódalas verbas se esgotan;

ninguén acada a expresarse.

O ollo non se dá farto de ver,

non se enche a orella de oír.

9O que foi, iso será;

o que xa se fixo, farase;

pois nada hai novo baixo o sol.

10Supón que de algo se diga:

-"Mira que isto é novo".

...Pois xa aconteceu nos tempos que nos precederon.

11Non hai memoria dos devanceiros,

nin a haberá dos vindeiros;

non os relembrarán os que veñan despois.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 89, 3-4- 5-6. 12-13. 14 e 17

R/ (1): Señor, ti e-lo noso refuxio xeración tras xeración

 

3Ti podes volver en po os mortais,

con dicirlles:- "Fóra, homes".

4Mil anos ante ti

son coma o onte que pasou

e coma unha vixilia da noite.

 

5Ti falos pasar, e son coma sono mañanceiro,

coma herba que agroma:

6de mañá florece e verdea

e á tarde ségana e seca.

 

 12Ensínanos a conta-los nosos días,

para que aprendamos a ser asisados.

13Volve, Señor. ¿Por canto aínda?

Apiádate dos teus servos.

 

14Dános axiña a fartura da túa misericordia,

para que a nosa vida teña felicidade e ledicia.

17Que a bondade do Señor, noso Deus, sexa connosco

e que el asegure as accións das nosas mans.

 

 

 

ALELUIA Xn 14, 6:

Eu son o camiño e a verdade e a vida, di o Señor;

ninguén vén ó Pai senón é por min

 

 

 

EVANXEO Lc 9, 7-9:

Eu degolei a Xoán; ¿quen é logo ese de quen oio tales cousas?

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

7O saber Herodes, o tetrarca, todo o que pasaba, estaba perplexo, xa que algúns dicían:

-Resucitou Xoán de entre os mortos.

 

8E outros:

-Apareceu Elías.

 

E outros:

-Un profeta dos antigos resucitou.

 

9Pero Herodes dicía:

-A Xoán mandeino eu decapitar, ¿quen é, logo, ese de quen oio tales cousas?

 

E buscaba a maneira de ver a Xesús.

 

 

453.- VENRES

ANO 1

PRIMEIRA Ax 1, 15b--2, 9:

Ainda un pouquiño de tempo e encherei de gloria esta casa

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE AXEO

 

15bNo ano segundo de rei Darío

2 1no sétimo mes, o vinteún do mes, veu a palabra do Señor por medio do profeta Axeo

nestes termos:

 

2Dille a Zerubabel, fillo de Xealtiel, gobernador de Xudá, e ó sumo sacerdote Iehoxúa,

fillo de Iehosadac, e ó resto do pobo:

3"¿Quen queda entre vós,

dos que viron este templo co seu esplendor primeiro?

¿Que estades vendo agora daquel esplendor?

¿Non é algo así coma se non existise ós vosos ollos?

4Pero agora ¡ánimo!, Zerubabel -é o Señor quen fala-.

¡Animo!, pobo todo do país -é o Señor quen fala-.

¡O traballo! Eu estou convosco -é o Señor dos Exércitos quen fala-.

5Chegou a promesa que pactei convosco cando saïades de Exipto,

o meu espírito mantense firme no medio de vós: non teñades medo.

6Pois así fala o Señor dos Exércitos: aínda un pouco máis,

entón eu conmoverei o ceo e a terra, o mar e o chan firme,

7conmoverei a tódolos pobos e virán aquí tódalas súas riquezas,

encherei este templo de esplendor -fala o Señor dos Exércitos-.

8Miña é a prata e meu é o ouro -é o Señor dos Exércitos quen fala-.

9O esplendor deste segundo templo será maior có do primeiro -fala o Señor dos

Exércitos-, e neste santuario eu concederei a fartura" -é o Señor dos Exércitos quen

fala-.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 42, 1. 2. 3. 4

R/ (cf 5bc): Espera en Deus;

louvareino, miña salvación, meu Deus

 

1Faime xustiza, Deus; defende a miña causa

da xente sen piedade;

líbrame do home falso e perverso.

 

2Ti e-lo meu Deus e o meu refuxio.

¿Por que, pois, me rexeitas?

¿Por que terei que andar penando

asoballado polo inimigo?

 

3Manda a túa luz e a túa verdade,

que elas me guiarán;

levaranme ó teu monte santo,

á túa mesma morada.

 

4Achegareime ó altar de Deus,

o Deus da miña alegría,

e louvareite ó son da cítola,

Deus, o meu Deus.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ecl 3, 1-11:

Todo ten a súa hora, e hai un tempo fixado para cada asunto baixo os ceos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIASTÉS

 

3 1Todo ten a súa hora, e hai un tempo fixado para cada asunto baixo os ceos:

2Un tempo para nacer, e un tempo para morrer,

un tempo para plantar e un tempo para arrinca-lo plantado,

3un tempo para asasinar e un tempo para vendar,

un tempo para derrubar e un tempo para edificar,

4un tempo para chorar e un tempo para rir,

un tempo para face-lo pranto e un tempo para bailar,

5un tempo para espallar pedras e un tempo para apañalas,

un tempo para abrazar e un tempo para se abster de abrazos,

6un tempo para buscar e un tempo para perder,

un tempo para gardar e un tempo para desbotar,

7un tempo para rachar e un tempo para coser,

un tempo para calar e un tempo para falar,

8un tempo para amar e un tempo para odiar,

un tempo para a guerra e un tempo para a paz.

 

9¿Que proveito pode acadar quen se esforza no seu traballo?

10Decateime da tarefa que Deus lles deu ós homes para nela se ocuparen.

 

11Todo o fixo axeitado no seu tempo, e púxolles na conciencia o senso do

inconmensurable, sen que o home descubra a razón da obra que Deus fai desde o

principio á fin.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 143, 1a e 2abc. 3-4

R/ (1a): Bendito o Señor, a miña rocha

 

Bendito o Señor, a miña rocha,

2El é para min defensa e fortaleza,

refuxio, escudo e agarimo,

o que somete para min os pobos.

 

3¿Que é, Señor, o home, para que ti te ocupes del,

o fillo do home, para que ti lle fagas caso?

4O home é coma un sopro;

coma sombra que pasa, son os seus días.

 

 

 

ALELUIA Mc 10, 45:

O Fillo do home veu para servir

e para da-la súa vida como redención por moitos

 

 

EVANXEO Lc 9, 18-22:

Ti e-lo Unxido de Deus. É preciso que o Fillo do home padeza moito

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

18Unha vez que estaba Xesús en oración nun lugar apartado, acompañado dos seus

discípulos, preguntoulles:

-¿Quen di a xente que son eu?

 

19Eles responderon:

-Uns, que Xoan Bautista; outros, que Elías; e outros, que algún dos profetas antigos que

está resucitado.

 

20Insistiu:

-¿E vós quen dicides que son eu?

 

Respondeu Simón Pedro:

-O Mesías de Deus.

 

21Entón el prohibiulles dicir nada a ninguén. 22E engadiu:

-Cómpre que o Fillo do Home padeza moito, que o rexeiten os anciáns, os sumos

sacerdotes e mailos letrados, e que o executen, e que ó terceiro día resucite.

 

 

 

454.- SÁBADO

ANO 1

PRIMEIRA Zac 2, 5-9. 14-15a:

Velaí veño, e habitarei no medio de ti

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ZACARÍAS

 

5Erguín os meus ollos e tiven unha visión: Velaí un home e na súa man un cordel de

medir. 6Díxenlle: "¿Onde vas ti?" e el contestou: "Medir a Xerusalén, para ver cal é a

súa longura e cal é a súa anchura". 7O anxo que falaba comigo saíu, e outro anxo veu ó

seu encontro, 8e díxolle: "Corre e fálalle a ese mozo nestes termos:

 

Xerusalén debe seguir sendo cidade aberta.

 

Por mor do fato de homes e animais que haberá dentro dela.

 

9Eu voume converter -oráculo do Señor-na súa muralla de lume todo arredor e

convertereime na súa gloria no medio dela".

 

14"Exulta e alégrate, filla de Sión,

pois, velaí, eu chego, e habitarei no medio de ti

-é o Señor quen fala-.

15No día aquel pobos numerosos uniranse ó Señor, serán o meu pobo.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Xer 31, 10. 11-12ab. 13

R/ (10d): O Señor gardaranos, coma o pastor ó seu rabaño

 

10Escoitade a palabra do Señor, pobos,

facédea coñecer nas illas de lonxe, anunciádea:

-O que dispersou a Israel, xuntarao,

e gardarao coma un pastor o seu rabaño.

 

11Certo, rescatará o Señor a Xacob,

librarao dunha man máis forte.

 

12Chegarán para festexalo á cima de Sión,

correrán cara ós bens do Señor,

13Entón a virxe alegrarase na danza,

os mozos e os vellos andarán ledos;

eu cambiarei o seu loito en ledicia,

consolareinos e alegrareinos

despois da súa aflicción.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ecl 11, 9--12, 8:

Lembra ó Creador nos días da xuventude antes de volver coma pó á terra e de que o

espírito vaia a Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIASTÉS

 

9¡Fólgate, rapaz novo, na túa mocidade

aleda o corazón no tempo da xuventude,

sigue os impulsos do teu ánimo

e o que cobicen os teus ollos!

(Sabendo nembargantes que de todo te ha chamar Deus a render conta).

 

10¡Desbota a tristura do teu corazón,

arreda o sufrimento do teu corpo!

Pois infancia e mocidade son un sopro.

12 1¡Lembra ó teu creador nos anos mozos

antes de que cheguen os días malos

e te atopes cos anos dos que dirás:

¡"Non sinto pracer neles"!

 

2Antes de que se enfosque o sol e a luz,

a lúa e as estrelas,

e retornen as nubes trala chuvia;

3o día en que treman os gardiáns da casa

e se dobren os fortes,

e deixen de moe-las muiñeiras, que serán poucas,

e escurezan os que ollan desde as fiestras.

 

4Cando se pechen os portóns que dan á rúa,

e esmoreza o fungar do muiño

convertido en rechouchío de paxaros,

e se esgoten os cantares;

5Darán espanto mesmo os tropezos do chan

e amedoñarán as rúas.

 

Cando floreza a amendoeira

e o saltón se pouse

e non teña a alcaparra o seu amargor,

porque o home camiña para a moradía eterna

e xa roldan polo adro as carpideiras.

 

6Antes de que crebe o fío de prata

e rompa o pichel de ouro

e quebre a cántara na cisterna

e se fenda a roldana no pozo;

7e torne o po á terra que antes era,

e volva o espírito cara a Deus, que o deu.

8Nada máis ca un sopro, di Qohélet, ¡todo é un sopro!

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 89, 3-4. 5-6. 12-13. 14 e 17

R/ (1): O Señor é o noso refuxio xeración tras xeración

 

3Ti podes volver en po os mortais,

con dicirlles:- "Fóra, homes".

4Mil anos ante ti

son coma o onte que pasou

e coma unha vixilia da noite.

 

5Ti falos pasar, e son coma sono mañanceiro,

coma herba que agroma:

6de mañá florece e verdea

e á tarde ségana e seca.

 

12Ensínanos a conta-los nosos días,

para que aprendamos a ser asisados.

13Volve, Señor. ¿Por canto aínda?

Apiádate dos teus servos.

 

 14Dános axiña a fartura da túa misericordia,

para que a nosa vida teña felicidade e ledicia.

17Que a bondade do Señor, noso Deus, sexa connosco

e que el asegure as accións das nosas mans.

 

 

 

ALELUIA Cf. 2 Tim 1, 10:

O nosos Salvador Xesús Cristo destruiu a morte,

e iluminou a vida por medio do Evanxeo

 

 

EVANXEO Lc 9, 43b-45

No futuro, han entrega-lo Fillo do home. Non ousaron pedrille unha aclaración

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

Admirándose todos polas cousas que facía, Xesús díxolles ós seus discípulos:

44-Quédevos isto ben gravado: ó Fillo do Home vano entregar nas mans dos homes.

 

45Pero eles non entendían o que dicía, porque lles estaba velado; e non ousaron pedirlle

unha aclaración.