Semana XXVIII

 
 

SEMANA 28ª DO TEMPO ORDINARIO

 

467.- LUNS

ANO 1

 

PRIMEIRA Rm 1, 1-7:

É por Cristo por quen recibímo-la gracia e o apostolado para promociona-la obediencia da fe entre os xentís

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

1 1Paulo, escravo de Cristo Xesús, chamado para ser apóstolo, escollido para o Evanxeo

de Deus, 2que El prometera antes por medio dos seus profetas nas Escrituras santas, 3e

que trata do seu Fillo Xesús Cristo o noso Señor, que como home naceu da semente de

David, 4pero que polo Espírito santificador foi constituído Fillo de Deus con pleno

poder ó ser resucitado dos mortos.

 

5Por medio del recibímo-lo don de ser apóstolos, para promovermos entre tódolos

pobos xentís a obediencia da fe, en honor do seu nome. 6Entre eles tamén vos contades

vós, chamados por Xesús Cristo. 7A tódolos predilectos de Deus, que estades en Roma,

chamados a serdes santos, deséxovos gracia e paz de parte de Deus noso Pai e do Señor

Xesús Cristo.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 97, 1. 2-3ab. 3cd-4

R/ (2a): O Señor dá a coñece-la súa salvación

 

Cantádelle ó Señor un cántico novo,

pois fixo marabillas,

a súa dereita e o seu brazo

déronlle a victoria.

 

2O Señor dá a coñece-la súa salvación,

revela a súa xustiza ante os pobos.

3Lembra o seu amor e a súa fidelidade

coa casa de Israel.

 

Os pobos todos verán

a salvación do noso Deus.

4Aclama ó Señor, terra enteira,

rompede a cantar e a tocar.

 

ANO 2

PRIMEIRA Gál 4, 22-24. 26-27. 31--5, 1:

Non somos fillos da escrava, senón da libre

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS GÁLATAS

 

Irmáns e irmás:

22Está escrito que Abraham tivo dous fillos: un da escrava e o outro da muller libre; 23e

o fillo da escrava naceu como nace todo o mundo, mentres que o fillo da muller libre

naceu en virtude da promesa.

 

24Todo isto vos quere dicir unha cousa: estas dúas mulleres veñen representa-los dous

Testamentos. O primeiro concertouse no monte Sinaí; e é Agar . 26En cambio a

Xerusalén de arriba é libre. Esta é a nosa nai, 27porque está escrito:

¡Alégrate ti, anque es erma e non dás á luz!

¡Aturuxa, anque non che dean vido dores de parto:

que a abandonada ha ter máis fillos cá que ten home!

31Así que, irmáns, nós non somos fillos da escrava, senón da libre.

 

5 1Cristo liberounos para que vivamos en liberdade. ¡Estádeme, logo, ben firmes nel!

¡Que non vos canguen outra vez o xugo da escravitude!

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 112, 1-2. 3-4. 5a e 6-7

R/ (cf 2): Bendito sexa por sempre o Nome do Señor

Ou: Aleluia.

 

Louvade, servidores do Señor,

louvade o nome do Señor.

2Bendito sexa o nome do Señor,

agora e por sempre.

 

 3Desde o nacente ó poñente

louvado sexa o nome do Señor.

4Excelso sobre as xentes é o Señor,

sobre o ceo a súa gloria.

 

 5¿Quen coma o Señor, noso Deus,

6e que baixa para coidar

do ceo e mais da terra?

7El ergue do po os indixentes,

levanta os pobres do esterco,

 

 

 

ALELUIA Cf. Sal 94, 8ab:

Hoxe non endurezáde-los vosos corazóns,

senón escoitade a voz do Señor

 

 

EVANXEO Lc 11, 29-32:

Non se lle dará a esta xeración outro sinal senón o de Xonás o profeta

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

29A xente xuntábase arredor del e Xesús púxose a dicirlles:

-Esta é unha xeración perversa; reclama un sinal, pero non se lle vai dar máis sinal có de

Xonás. 30Pois coma Xonás foi sinal para os ninivitas, así o será tamén o Fillo do Home

para esta xeración.31A reina do Sur enfrontarase no Xuízo con estes homes, e fará que

os condenen, porque ela veu desde o cabo do mundo para escoita-la sabedoría de

Salomón; e aquí está quen é máis ca Salomón. 32Os habitantes de Nínive enfrontaranse

no Xuízo con esta xeración e farán que a condenen, porque eles convertéronse cando

escoitaron a predicación de Xonás; e aquí está quen é máis ca Xonás.

 

 

 

468.- MARTES

ANO 1

PRIMEIRA Rm 1, 16-25:

Coñecendo os homes a Deus, non o glorificaron coma Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

Irmáns e irmás:

16Eu non me avergonzo do Evanxeo, que é unha forza de Deus para a salvación de todo

o que cre; primeiramente do xudeu, pero tamén do grego. 17Porque nel a xustificación

de Deus revélase desde a fe e para a fe, tal como está escrito: o que é xusto pola fe,

vivirá.

 

18Ademais estase manifestando a ira de Deus desde o ceo sobre toda impiedade e

inxustiza dos homes, que coa inxustiza asoballan a verdade. 19Porque o que se pode

coñecer de Deus téñeno ben a vista, que Deus llelo puxo diante dos ollos. 20Porque o

que de Deus é invisible, é dicir, a súa potencia eterna e a súa divinidade, resúltalle

visible, desde que o mundo é mundo, a quen reflexiona sobre as súas obras; de xeito que

non teñen escusa.

 

21Porque, cando coñeceron a Deus, non o louvaron coma tal, nin lle deron gracias; máis

ben, parvearon con matinacións baleiras e o seu corazón insensato encheuse de tebras:

22téndose por moi listos volvéronse parvos, 23que trocaron a gloria do Deus inmortal

por imaxes corruptibles de homes, de paxaros, de bestas e de reptís. 24Por iso Deus

abandonounos ás cobizas dos seus corazóns e chegaron a envilece-los seus propios

corpos, 25por trocaren o Deus verdadeiro por un falso, e por honraren e daren culto á

criatura en lugar do Creador (¡Bendito e louvado polos séculos. Amén!).

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Sal 18, 2-3. 4-5

R/ (2a): Os ceos proclaman a gloria de Deus

 

2Os ceos proclaman a gloria de Deus,

o firmamento pregoa as obras das súas mans.

3Un día pásalle ó outro a mensaxe,

unha noite transmítelle á outra a noticia.

 

4Sen que falen nin conten,

sen que se sinta a súa voz,

5por toda a terra vai o seu anuncio,

ata os confíns do mundo a súa palabra.

 

ANO 2

PRIMEIRA Gál 5, 1-6:

De nada vale a circuncisión senón a fe que actúa pola caridade

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS GÁLATAS

 

Irmáns e irmás:

5 1Cristo liberounos para que vivamos en liberdade. ¡Estádeme, logo, ben firmes nel!

¡Que non vos canguen outra vez o xugo da escravitude!

 

2E mirade que eu, Paulo, xa vos deixo ben avisados de que, se vos facedes circuncidar,

Cristo non vos vai servir de nada. 3E a todo o que se me faga circuncidar, eu vólvolle

asegurar que queda obrigado a cumprir coa Lei enteiriña. 4Os que procurades na Lei a

vosa xustificación, rompestes con Cristo, saístes da gracia.

 

5Porque a nós o Espírito móvenos a agardar da fe os bens da xustificación esperada.

6Porque en Cristo Xesús estar ou non estar circuncidados non importa para nada: o

único que importa é a fe que actúa a través do amor.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 118, 41. 43. 44. 45. 47. 48

R/ (41a): Veña, Señor, a min o teu amor

 

41Veña, Señor, a min o teu amor,

o teu socorro, conforme a túa promesa.

 

43Non quites da miña boca a palabra sincera;

eu confío nas túas decisións.

 

44Gardarei a túa lei,

por sempre, eternamente.

 

45Andarei con folgura,

porque busco os teus mandatos.

 

 47Fólgome cos teus mandatos

e téñolles afecto.

 

48Bendigo os teus amados mandamentos

e medito na túa lei.

 

 

 

ALELUIA Heb 4, 12:

A palabra de Deus é viva e eficaz,

diferenciadora dos pensamentos e intencións do corazón

 

 

 

EVANXEO Lc 11, 37-41:

Dade esmola e velaí todo é puro para vós

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

37Mentres Xesús falaba, un fariseo convidouno a comer na súa casa. Entrou e púxose á

mesa. 38O fariseo estrañoulle que non se lavase antes de comer. 39Pero o Señor díxolle:

-Vós, os fariseos, limpades por fóra a copa e mailo prato, e por dentro estades ateigados

de roubos e maldade. 40¡Sodes parvos! O que fixo o de fóra, ¿non fixo tamén o de

dentro? 41Pois logo, dade en esmolas o que hai dentro, e veredes como tódalas cousas

serán limpas para vós.

 

 

 

469.- MÉRCORES

ANO 1

PRIMEIRA Rm 2, 1-11:

Pagará a cada un de acordo cos seus feitos, primeiro ó xudeo e despois tamén ó grego

PROFCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

2 1Non tes escusa ti, home, quenquera que sexas, cando xulgas; pois ó dares sentencia

contra outros, estaste condenando a ti mesmo, xa que fas aquilo mesmo que xulgas

condenable. 2Pois sabemos que o xuízo de Deus contra tódolos que tales cousas fan está

conforme coa verdade.

 

3¿Seica pensas, home, que por xulgáre-los que fan esas cousas (facendo como fas ti o

mesmo) xa vas escapar por iso ó xuízo de Deus? 4¿Ou é que abusas da súa inesgotable

bondade, do seu aguante e da súa paciencia, e non te decatas de que esa benignidade de

Deus está tratando de te encamiñar cara á conversión?

 

5Na medida da túa dureza e do teu impenitente corazón estás amoreando ira contra ti

mesmo para o día da ira e da manifestación do xusto xuízo de Deus. 6Pois El daralle a

cadaquén conforme ós seus feitos: 7ós que perseveran nas boas obras e buscan a gloria,

a honra e a inmortalidade, halles dar vida eterna; 8pero ós que só pensan no seu e non

seguen a verdade, senón a inxustiza, halles dar castigo e ira.

 

9Tormento e estreitura para todos cantos cometen o mal, primeiramente para o xudeu,

pero tamén para o grego; 10gloria, honor e paz para todo o que fai o ben, primeiro para

o xudeu, pero tamén para o grego. 11Pois Deus non é favoritista:

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Sal 61, 2-3. 6-7. 9

R/ (13b): Señor, ti pagarás a cada un

de acordo cos seus feitos

 

2Soamente en Deus acouga a miña alma,

del vén a miña salvación.

3El é a miña rocha, o meu acorro,

o meu castelo. Xamais eu non caerei.

 

6Soamente en Deus acouga, alma miña:

El é a miña esperanza.

7El é a miña rocha, o meu acorro,

o meu castelo. Xamais eu non caerei.

 

9Pobo seu, afiúnza sempre nel,

desafoga diante del o corazón.

Deus é o noso agarimo.

 

ANO 2

PRIMEIRA Gál 5, 18-25:

Os que son de Cristo crucificaron a carne cos seus vicios

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS GÁLATAS

 

Irmáns e irmás:

18Se vos guiades polo Espírito, xa non estaredes máis baixo a Lei.

 

19As obras dos baixos instintos tédelas ben á vista: fornicación, adulterio, libertinaxe,

20idolatría, bruxerías, xenreiras, liortas, cobiza, retesías, discordias, faccións,

21envexas, bebedelas, enchentas e cousas polo estilo. Xa vos avisei ben avisados de que

non herdarán o Reino de Deus os que tal fagan.

 

22En cambio o froito do Espírito é o amor, alegría, paz, paciencia, agarimo, bondade,

formalidade, 23mansedume e dominio de si. Contra isto non hai Lei que valla.

 

24Os de Cristo Xesús crucificaron os baixos instintos coas súas paixóns e cobizas. 25Se

vivimos no Espírito, sigamos coma norma o Espírito.

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Sal 1, 1-2. 3. 4 e 6

R/ (cf Xn 8, 12): Quen te segue, Señor, terá a luz da vida

 

1Benaventurado aquel

que non se guía polo consello dos malvados,

nin se detén no camiño dos pecadores,

nin senta na xunta dos burlóns,

2senón que ten o seu contento na vontade do Señor

e nela remoe día e noite.

 

 3É coma árbore plantada onda os regueiros:

dá froito ó seu tempo,

as súas follas non murchan,

e todo o que fai acaba ben.

 

4Non son así os malvados,

serán coaño que leva o vento.

6pois do camiño dos xustos coida o Señor,

mentres vai á perdición o camiño dos malvados.

 

 

 

ALELUIA Xn 10, 27:

As miñas ovellas escoitan a miña voz, di o Señor;

e eu coñezoas e elas séguenme

 

 

EVANXEO Lc 11, 42-46:

¡Ai de vós, fariseos!; ¡de vós, xuristas, ai!

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

 Di o Señor:

42¡Ai de vós, fariseos! Pagáde-lo dezmo pola menta, pola ruda e por tódalas verduras, e

deixades a un lado a xustiza e mailo amor de Deus. Pero é isto o que hai que practicar,

anque sen descoida-lo outro.

 

43¡Ai de vós, fariseos, que devecedes polos primeiros postos nas sinagogas, e porque

vos fagan reverencias nos rueiros!

 

44¡Ai de vós, que sodes coma sepulcros que non se ven, e que a xente pisa sen se

decatar!

 

45Entón un xurista, tomando a palabra, replicoulle:

-Mestre, dicindo esas cousas, tamén nos aldraxas a nós.

 

46El contestoulle:

-¡Ai tamén de vós, os xuristas, porque botades enriba dos homes fardos insoportables, e

vós nin cun dedo os tocades!

 

 

 

470.- XOVES

ANO 1

PRIMEIRA Rm 3, 21-30:

O home é xustificado pola fe sen as obras da lei

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

Irmáns e irmás:

 

21Agora, con total independencia da Lei, manifestouse a xustiza de Deus; a que

atestaran a Lei e mailos Profetas. 22Esta é a xustiza de Deus por medio da fe en Xesús

Cristo, para tódolos que cren. Porque non hai distinción ningunha: 23todos pecaron, e

carecen da gloria de Deus. 24Pero todos quedan xustificados, sen o mereceren, pola súa

gracia, mediante a redención que se realizou en Cristo Xesús. 25Pois Deus púxoo a El

coma propiciatorio no que, pola fe, se expían os pecados mediante o seu sangue. Así

mostra que era xusto cando deixaba sen castigo os pecados cometidos antes, 26no

tempo da paciencia de Deus, ó demostrar agora a súa xustiza no tempo presente; de

xeito que se vexa que El é xusto e que xustifica a quen ten fe en Xesús.

 

27-¿Onde está, logo, o orgullo? Quedou eliminado.

 

-¿Por que Lei? ¿Pola das obras? -Non; pola lei da fe. 28Pois afirmamos que o home é

xustificado pola fe, con independencia das obras da Lei.

 

29-¿Ou é que Deus é Deus dos xudeus soamente? ¿Non o é tamén dos xentís? -Certo,

tamén dos xentís. 30Porque hai un só Deus

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 129, 1-2. 3-4b. 4c-6

R/ (7): No Señor está o amor e a redención cumprida

 

Desde os abismos chámote, Señor;

2escoita, Señor, a miña voz.

Ten atentos os oídos

ó clamor da miña súplica.

 

3Se ti levas conta dos pecados,

¿quen, Señor, se terá en pé?

4Mais en ti está o perdón,

para te faceres respectar.

 

5Eu espero no Señor, a miña alma espera;

eu confío na súa palabra.

6A miña alma vólvese ó Señor,

máis do que os vixías á aurora.

Se os vixías esperan a aurora,

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ef 1, 1-10:

Elixiunos nel antes da creación do mundo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS

 

1 1Paulo, apóstolo de Cristo Xesús por vontade de Deus, ós cristiáns e crentes en Xesús

Cristo: 2deséxovo-la gracia e paz de Deus noso Pai, e do Señor Xesús Cristo.

 

3¡Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, que por medio de Cristo nos

bendiciu no ceo con toda clase de bendicións do Espírito! 4Porque nos escolleu antes da

formación do mundo, para que fosemos santos e sen mancha perante El polo amor.

 

5El decidiu xa daquela profillarnos por medio de Xesús Cristo, para El, conforme o

designio da súa vontade, 6para louvanza da súa gloriosa benquerencia, coa que nos

agraciou no Fillo amado, 7quen co seu sangue nos acadou a redención e o perdón dos

pecados, en proba da xenerosidade da súa gracia. 8E fíxoa rebordar sobre nós con toda

sabedoría e intelixencia, 9ó nos descubri-lo misterio da súa vontade, conforme o

designio que El tiña 10para leva-la historia á súa plenitude e, por medio de Cristo, levar

a cabo a unidade do universo, do que hai no ceo e do que hai na terra.

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Sal 97, 1. 2-3ab. 3cd-4 5-6

R/ (2a): O Señor dá a coñece-la súa salvación

 

Cantádelle ó Señor un cántico novo,

pois fixo marabillas,

a súa dereita e o seu brazo

déronlle a victoria.

 

2O Señor dá a coñece-la súa salvación,

revela a súa xustiza ante os pobos.

3Lembra o seu amor e a súa fidelidade

coa casa de Israel.

 

Os pobos todos verán

a salvación do noso Deus.

4Aclama ó Señor, terra enteira,

rompede a cantar e a tocar.

 

5Tocade para o Señor a cítara,

a cítara e o salterio;

6con claríns e con trompetas

aclamade ó Señor, noso rei.

 

 

 

ALELUIA Xn 14, 6:

Eu son o camiño e a verdade e a vida, di o Señor;

ninguén vén ó Pai senón é por min

 

 

 

EVANXEO Lc 11, 47-54:

Háselle pedir contas do sangue dos profetas desde o sangue de Abel ata o sangue de

Zacarías

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

 Di o Señor:

 

47¡Ai de vós, que lles facedes grandes panteóns ós mesmos profetas que asasinaron

vosos pais! 48Así aprobades co voso testemuño o que fixeron vosos pais: eles

asasinaron e vós facéde-los panteóns.

 

49Por iso dixo a Sabedoría de Deus: "Mandareilles profetas e apóstolos, e perseguirán a

uns e asasinarán a outros"; 50de xeito que a esta xeración se lle han pedir contas do

sangue dos profetas vertido desde a Creación do mundo: 51desde o sangue de Abel ata o

sangue de Zacarías, que morreu entre o Altar e o Santuario. Si, seguro que se lle han

pedir contas a esta xeración.

 

52¡Ai de vós, xuristas, porque leváste-la chave do saber! Nin vós entrastes nin deixastes

entrar ós que querían entrar.

 

53E saíndo de alí, os letrados e fariseos empezaron a encirralo, tirándolle da lingua,

54para ver se o pillaban no que dicía.

 

 

 

 471.- VENRES

 

 ANO 1

PRIMEIRA Rm 4, 1-8:

Fiouse Abraham en Deus e iso valeulle a xustificación

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

Irmáns e irmás:

 

4 1-¿Que diremos que conseguiu Abraham, o proxenitor da nosa estirpe? 2Porque, se

Abraham foi xustificado polas obras, ten razón de se gabar.

 

-Si, pero non diante de Deus. 3Porque ¿que di a Escritura?: Fiouse Abraham en Deus e

iso valeulle a xustificación. 4O traballador non se lle conta o xornal coma regalo, senón

coma algo debido. 5En troques, ó que non traballa, pero que se fía daquel que xustifica

ó impío, a súa fe válelle para xustificación. 6Xa David declara ditoso o home a quen

Deus lle concede a xustiza sen as obras:

 

7Benia aqueles a quen se lles perdoaron as súas iniquidades,

ós que lles enterraron os seus pecados.

8Benia o home a quen o Señor

non lle ten en conta o pecado.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 31, 1-2. 5. 11

R/ (cf 7): Ti e-lo meu refuxio,

cínguesme co gozo da salvación

 

Feliz o que ten perdoada a súa culpa,

encuberto o seu pecado.

2Feliz aquel a quen o Señor

non lle ten en conta o seu pecado

e non leva fraude no espírito.

 

5Confeseiche o meu pecado,

non che escondín o meu delito;

dixen para min: -"Confesarei os erros ó Señor",

e ti perdoáche-la miña culpa.

 

11Alegrádevos no Señor e reloucade os xustos,

aclamádeo tódolos rectos de corazón.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ef 1, 11-14:

Nós esperamos en Cristo e vós fostes signados co Espírito Santo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS

 

Irmáns e irmás:

 

11Por Cristo tamén nós tivémo-la sorte de resultar preelixidos segundo o designio

daquel que activa todo conforme o proxecto da súa vontade, 12para sermos imaxe da

súa gloria os que xa antes tiñámo-la esperanza en Cristo.

 

13Vós tamén, despois de escoitárde-la mensaxe da verdade, o Evanxeo da vosa

salvación, e crerdes nel, quedastes selados co Espírito Santo prometido, 14que é

garantía da nosa herdanza, para redención dos que chegamos a ser propiedade del, para

louvanza da súa gloria.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 32, 1-2. 4-5. 12-13

R/ (12b): Feliz o pobo que El elixiu como herdade.

 

1Alegrádevos, xustos, no Señor:

ós rectos acáelle-la louvanza.

2Festexade ó Señor con cítolas,

tocade con harpa de dez cordas.

 

4A palabra do Señor é recta

e tódalas súas obras son leais:

5El quere o dereito e a xustiza,

a súa misericordia enche a terra.

 

12Feliz a nación que ten a Deus por Señor,

o pobo que El elixiu como herdade.

13Desde o ceo mira o Señor,

olla para tódolos homes;

 

 

ALELUIA Sal 32, 22:

Veña a nós, Señor, a túa misericordia,

como de ti o esperamos

 

 

 

EVANXEO Lc 12, 1-7:

Tódolos cabelos da vosa cabeza están numerados

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

 12 1Tanta era a xente reunida arredor de Xesús que se pisaban uns a outros. El comezou

a falar dicíndolles primeiramente ós discípulos:

-¡Coidadiño co fermento dos fariseos, que é a hipocresía! 2Non hai cousa encuberta que

non se acabe descubrindo nin cousa oculta que non se acabe sabendo. 3Porque canto

tedes dito na escuridade oirase a plena luz, e o que falastes ás agachadas nos dormitorios

hase pregoar desde as azoteas.

 

4E a vós, amigos meus, tamén vos digo: non lles teñades medo ós que matan o corpo,

pero xa non poden pasar de aí. 5Vouvos dicir a quen lle tedes que ter medo: temede a

quen despois de matar pode meter no inferno. Así, repítovolo, temede a este. 6¿Non se

venden cinco pardais por dous patacos? Con todo, Deus non esquece a ningún. 7E

mesmo os pelos da vosa cabeza están contados. Por iso non teñades medo, que vós

valedes máis ca tódolos pardais xuntos.

 

 

472.- SÁBADO

 

ANO 1

PRIMEIRA Rm 4, 13. 16-18:

Esperou contra toda esperanza

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

Irmáns e irmás:

 

13A promesa a Abraham ou á súa liñaxe, de que el herdaría o mundo, non se lle fixo

pola Lei, senón pola xustificación da fe.

 

16Por iso a promesa depende da fe, para que sexa por gracia, e así se manteña firme

para toda a liñaxe: non só para o que nace na Lei, senón tamén para o que nace pola fe

de Abraham, 17conforme está escrito: púxente como pai de moitas nacións, el é pai de

todos nós ante o Deus en quen el creu, o que fai vivi-los mortos e que chama á

existencia mesmo ás cousas que non existen.

 

18Contra toda esperanza el creu na esperanza e así chegou a ser pai de moitas nacións,

como se lle dixera: así será a túa liñaxe.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 104, 6-7. 8-9. 42-43

R/ (8a): O Señor recorda por sempre a súa alianza

Ou: Aleluia

 

 6Liñaxe do seu servo Abraham,

fillos de Xacob, os seus elixidos,

7o Señor é o noso Deus,

o que goberna a terra enteira.

 

 8El recorda por sempre a súa alianza,

a palabra que deu polas xeracións.

9O que pactou con Abraham

e xurou a Isaac,

 

42Abofé, lembrouse da promesa

que lle fixera ó seu servo Abraham.

43Sacou o seu pobo con ledicia,

con cantos de triunfo os seus elixidos.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ef 1, 15-23:

Fixo a Cristo cabeza por riba de toda a Igrexa

PROCLAMACIÓN DA PALABNRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS

 

Irmáns e irmás:

 

15Tendo oído falar da vosa fe no Señor Xesús e do voso amor a tódolos crentes, 16non

paro de lle dar gracias a Deus por vós, recordándovos nas miñas oracións, 17de xeito

que o Deus do noso Señor Xesús Cristo, o Pai glorioso, vos conceda espírito de

sabedoría e de revelación, para coñece-lo ben; 18que manteña iluminados os ollos da

vosa alma, para que comprendáde-las esperanzas que abre a súa chamada, a riqueza que

supón a súa gloriosa herdanza destinada ós crentes, 19e o extraordinario portento que é

o seu poder verbo de nós, os que cremos, en consonancia co vigor da súa potencia e da

súa forza, 20que exerceu con Cristo resucitándoo de entre os mortos e sentándoo á súa

dereita nos ceos, 21por riba de toda soberanía, autoridade, forza e dominio, e por riba de

todo título recoñecido neste mundo e tamén no vindeiro. 22Someteuno todo baixo os

seus pés e deullo por riba de todo como cabeza á Igrexa, 23que é o seu corpo, a

plenitude daquel que o enche todo en tódalas cousas.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 8, 2-3a. 4-5. 6-7

R/ (7): Décheslle ó teu Fillo

o mando sobre as obras das túas mans

 

 2Señor, noso Señor,

¡que grande é o teu nome en toda a terra!

A túa maxestade érguese por enriba do ceo.

3Na boca de nenos e naipelos fúnda-la túa fortaleza

 

4Cando vexo o ceo, feitura da túa man,

a lúa e as estrelas que fixaches alí,

5¿que é o home, para que o lembres,

o fillo do home, para que del te ocupes?

 

6Por pouco non o fixeches coma os anxos,

coroáchelo de honor e dignidade;

7décheslle mando sobre as obras das túas mans,

puxéchelo todo ós seus pés:

 

 

ALELUIA Xn 15, 26b. 27a:

O Espírito da verdade dará testemuño de min, di o Señor;

e tamén vós daredes testemuño

 

 

 

EVANXEO Lc 12, 8-12:

O Espírito Santo diravos ó instante o que é oportuno dicir

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

Dilles Xesús ós seus discípulos:

 

8Asegúrovos: todo o que volva por min diante dos homes, tamén o Fillo do Home

volverá por el diante dos anxos de Deus. 9Pero a quen me negue diante dos homes,

tamén o negarán ante os anxos de Deus. 10A todo aquel que fale en contra do Fillo do

Home perdoaráselle; pero ó que blasfeme en contra do Espírito Santo non se lle

perdoará. 11Cando vos leven ás sinagogas, ante os maxistrados e autoridades, non vos

preocupedes de como vos ides defender e do que ides dicir: 12xa vos ensinará o Espírito

Santo naquela mesma hora o que é preciso dicir.