Semana XXX

 

SEMANA 30ª DO TEMPO ORDINARIO

 

479.- LUNS

ANO 1

PRIMEIRA Rm 8, 12-17:

Recibíste-lo Espírito de adopción no que clamamos: Abbá, Pai

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

 

 

Irmáns e irmás:

 

12Somos de certo debedores; pero non da baixa condición, para vivirmos segundo ela.

13Porque, se vivides segundo a baixa condición, teredes que morrer pero, se coa axuda

do Espírito mortificáde--las obras do corpo, viviredes.

 

14Cantos se deixan guiar polo Espírito de Deus, eses son fillos de Deus. 15Pois non

recibistes un espírito de escravitude, para volverdes ó medo. Non. Vós recibistes un

espírito de fillos adoptivos, gracias ó que podemos gritar: ¡"Abbá": Pai! 16Este mesmo

Espírito, xuntamente co noso, dá testemuño de que somos fillos de Deus. 17E, se fillos,

tamén herdeiros: herdeiros de Deus e coherdeiros con Cristo; xa que, se padecemos con

el, é para sermos tamén despois glorificados con el.

 

 

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 67, 2 e 4. 6-7ab. 20-21

R/ (21a): Deus é para nós un Deus que salva

 

2Érguese Deus e dispérsanse os seus inimigos,

foxen da súa presencia os adversarios.

4pero os xustos alégranse, exultan na súa presencia,

reloucan de contento.

 

 6Os orfos teñen un pai, as viúvas un vingador:

Deus na súa morada santa.

7Deus dálles fogar ós solitarios,

libra os presos e enriquéceos,

 

20Bendito sexa o Señor, cada día:

Deus, o noso salvador, coida de nós,

21Deus é para nós un Deus que salva,

no Señor Deus temos escape da morte.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ef 4, 32 -- 5, 8

Andade en amor, como fixo Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS

 

 

 

Irmáns e irmás:

 

32Sede bondadosos e misericordiosos uns cos outros, perdoándovos mutuamente, coma

Deus vos perdoou en Cristo.

 

5 1Facédevos, logo, imitadores de Deus, coma fillos queridos, 2e camiñade no amor,

igual ca Cristo, que vos amou e que se entregou por nós coma ofrenda e víctima a Deus

de recendo agradable.

 

3De inmoralidades ou de cobizas que nin sequera se fale entre vós, como corresponde a

cristiáns. 4Nin haxa tampouco groserías, estupideces ou choqueiradas: son cousas que

non proceden. En vez diso dádelle gracias a Deus. 5Tede por certo que quen se dea á

prostitución, á inmoralidade ou á cobiza (que é unha idolatría) non herdará o Reino de

Cristo e de Deus.

 

6Que ninguén vos engaiole con palabras baleiras, que por estas cousas vén a ira de Deus

sobre os fillos rebeldes. 7Non vos fagades cómplices delas; 8porque antes, si, erades

tebras pero agora sodes luz no Señor. Así que andade coma fillos da luz,

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Sal 1, 1-2. 3. 4 e 6

R/ (cf Ef 5,1): Sexamos imitadores de Deus,

coma fillos queridísimos

 

1Benaventurado aquel

que non se guía polo consello dos malvados,

nin se detén no camiño dos pecadores,

nin senta na xunta dos burlóns,

2senón que ten o seu contento na vontade do Señor

e nela remoe día e noite.

 

3É coma árbore plantada onda os regueiros:

dá froito ó seu tempo,

as súas follas non murchan,

e todo o que fai acaba ben.

 

4Non son así os malvados,

serán coaño que leva o vento.

6pois do camiño dos xustos coida o Señor,

mentres vai á perdición o camiño dos malvados.

 

 

 

ALELUIA Cf. Xn 17, 17b. a:

A túa palabra, Señor, é verdade;

santifúcanos na verdade

 

 

 

EVANXEO Lc 13, 10-17:

¿Non foi oportuno logo liberar a esta filla de Abraham en sábado?

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

 10Un sábado estaba Xesús ensinando nunha das sinagogas. 11Había alí unha muller

eivada por causa dun espírito: había dezaoito anos que estaba dobrada sen se poder

endereitar. 12Xesús ó vela chamou por ela e díxolle:

-Muller, quedas ceiba da túa enfermidade.

 

13E impúxolle as mans. Ela ficou curada no momento e empezou a louvar a Deus.

14Entón o xefe da sinagoga, indignado de que Xesús curase nun sábado, díxolle á xente:

-Hai seis días para traballar, vide durante eses días para que vos cure e non precisamente

no sábado.

 

15Replicoulle Xesús:

-¡Hipócritas! ¿Non ceibades vós, nos sábados, o voso boi ou o voso burro, para os levar

a beber? 16E logo esta filla de Abraham, que leva dezaoito anos atada por Satanás, ¿non

a imos poder ceibar por ser sábado?

 

17Cando tal lles dixo ós adversarios, todos viraron rubios diante del e toda a xente se

alegraba das marabillas que facía.

 

 

 

480.- MARTES

 

ANO 1

PRIMEIRA Rm 8, 18-25:

A esperanza da criatura é esperanza da revelación dos fillos de Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

Irmáns e irmás:

 

18Penso que non hai comparanza entre os padecementos da vida presente e a gloria

vindeira, que se vai revelar en nós. 19Pois a esperanza viva da creación agarda arelante

a revelación dos fillos de Deus. 20Porque a creación está sometida ó fracaso; non pola

propia vontade, senón polo poder daquel que a someteu, anque coa esperanza 21de que

tamén a mesma creación será liberada da escravitude da corrupción e levada á salvación

gloriosa dos fillos de Deus.

 

22Pois sabemos que toda a creación vén xemendo ata hoxe e coma con dores de parto.

23E non só isto, senón que nós mesmos, que temos xa as primicias do Espírito,

xememos dentro de nós, degorando pola filiación, pola liberación do noso corpo. 24Pois

é en esperanza como estamos salvados. Ora, a esperanza do que se ve non é esperanza,

pois o que un xa ve ¿como o pode esperar? 25Pero, se esperámo-lo que non vemos,

demostramos esperar con constancia.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 125, 1-2ab. 2cd-3.-4-5. 6

R/ (3a): O Señor fai connosco cousas grandes

 

Cando vire o Señor a sorte de Sión,

estaremos coma en soños.

2Terémo-la boca chea de risos

e a lingua de cantares.

 

 3Os pagáns dirán entón:

-"O Señor fai con eles cousas grandes".

O Señor fai connosco cousas grandes,

estamos cheos de alegría.

 

4Vira, Señor, a nosa sorte,

coma os regatos no deserto.

5Os que entre bágoas sementan,

entre cantares recollen.

 

 6Cando van, van chorando

os que levan a semente.

O viren, veñen cantando

os que traen os monllos.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ef 5, 21-33:

Este misterio é grande, falo de Cristo e da Igrexa

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS

 

 Irmáns e irmás:

 

21Sede ben guiados uns cos outros por respecto a Cristo: 22as mulleres sométanse ós

propios maridos, coma se fose o Señor, 23pois o marido é cabeza da muller, coma

tamén Cristo é cabeza da Igrexa, o salvador do corpo. 24E, coma a Igrexa se somete a

Cristo, así tamén as mulleres ós seus maridos, en todo.

 

25Homes, amade as vosas mulleres, coma tamén Cristo amou a Igrexa e se entregou por

ela 26para santificala, purificándoa co baño de auga na palabra, 27e para presentala

deste xeito diante de si, radiante, sen lixo nin enruga nin cousa polo estilo senón santa e

inmaculada. 28Así deben tamén os maridos ama-las súas mulleres coma os seus propios

corpos. Quen ama a súa muller, ámase a si mesmo, 29porque ninguén odiou endexamais

a súa propia carne senón que a mantén e aquece, como fai Cristo coa Igrexa, 30porque

somos membros do seu corpo.

 

31Por iso deixará o home a seu pai e maila súa nai e unirase á súa muller e serán os dous

un único ser. 32Grande misterio é este e eu refíroo a Cristo e á Igrexa. 33En calquera

caso, todos e cada un de vós, debe ama-la súa muller coma a si mesmo; e a muller, que

respecte ó seu marido.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 127, 1-2. 3. 4-5

R/ (1a): Ditosos os que temen ó Señor

 

Ditosos os que temen ó Señor

e van polos seus camiños.

2Cando comes do froito das túas mans,

ditoso ti e afortunado.

 

3A túa muller é coma parra fecunda

no medio da túa casa.

Os teus fillos coma gromos de oliveira

arredor da túa mesa.

 

4Así é bendito

quen teme ó Señor.

5Bendígate o Señor desde Sión,

que vexas na prosperidade a Xerusalén

tódolos días da túa vida,

 

 

 

ALELUIA Cf. Mt 11, 25:

Bendito es ti, Pai, Señor do ceo e mais da terra,

porque lle revelaches ós humildes os misterios do reino

 

 

EVANXEO Lc 13, 18-21:

Medrou o gran e fíxose árbore

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

 18Di Xesús:

-¿Con que se parece o Reino de Deus, a que volo compararía eu? 19Évos coma un gran

de mostaza que un home sementou na súa horta; medrou e converteuse nunha árbore e

os paxaros do ceo aniñaban nas súas ponlas.

 

20E proseguiu:

-¿A que vos compararía eu o Reino de Deus? 21Évos coma o fermento que unha muller

botou en tres medidas de fariña ata que todo levedou.

 

 

481.- MÉRCORES

 

 ANO 1

PRIMEIRA Rm 8, 26-30:

Todo fan para ben aqueles que aman a Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

 Irmáns e irmás:

 

26O Espírito acode a axuda-la nosa debilidade. Nós non sabemos como debemos orar

para pedi-lo que convén; pero o Espírito en persoa intercede por nós con xemidos máis

fondos cás palabras. 27E o Deus que escruta os corazóns, coñece a intención do

Espírito, pois El intercede polos crentes, conforme á vontade de Deus.

 

28Sabemos ademais que todo colabora para o ben dos que aman a Deus, dos que foron

escolleitos segundo os seus designios. 29Pois El distinguiunos primeiro e

predestinounos a reproducírmo-la imaxe do seu Fillo, de tal maneira que el sexa o

primoxénito entre moitos irmáns. 30E a eses que predestinou, tamén os chamou; e a

eses que chamou, tamén os xustificou; e a eses que xustificou, tamén lles deu a súa

gloria.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 12, 4-5. 6

R/ (6a): Eu confío, Señor, no teu amor

 

4Atende, Señor; respóndeme, meu Deus:

aluma os meus ollos, que non adormeza na morte.

5Que non diga o inimigo: -"Puiden con el",

nin se alegre o opresor da miña ruína.

 

 6Eu confío no teu amor,

o meu corazón relouca coa túa axuda.

Cantareille ó Señor

polo ben que me fixo.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ef 6, 1-9:

Non coma servidores dos homes, senón coma servidores de Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS

 

6 1Os fillos obedecede a vosos pais no Señor, que iso é de razón.

 

2Honra a teu pai e a túa nai, é o primeiro mandamento que trae emparellada unha

promesa: 3de xeito que todo che saia ben e vivas moitos anos na terra. 4E vós, pais, non

sexades rigorosos de máis cos vosos fillos; non: educádeos na disciplina e na doutrina

do Señor.

 

5Escravos, obedecede escrupulosamente ós vosos amos neste mundo con sinceridade

coma a Cristo; 6e non só para que vos vexan, para compracer ós homes, senón coma

escravos de Cristo que cumpren de corazón a vontade de Deus, 7servindo de boa gana,

coma se fose ó Señor e non a homes, 8sabendo que quen fai o ben, escravo ou libre,

recibirá recompensa do Señor. 9E vós, amos, facede o mesmo con eles, prescindindo de

ameazas, sabendo que eles e vós tedes un Señor no ceo, e que El non anda con

favoritismos.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 144, 10-11. 12-13ab. 13cd-14

R/ (13c): O Señor é fiel á tódalas súas palabras

 

10Lóuvente, Señor, as túas obras,

bendígante os teus amigos.

11Pregoen a gloria do teu reino,

proclamen as túas fazañas.

 

12Ensinen ós homes a túa forza

e a maxestade gloriosa do teu reino.

13O teu reino é reino eterno,

o teu goberno dura por xeracións.

 

 14O Señor sostén a tódolos que caen

e endereita os que se dobran.

 

 

 

ALELUIA Cf. 2 Tes 2, 14:

Deus convocounos por medio do Evanxeo

para adquiri-la gloria do noso Señor Xesús Cristo

 

 

EVANXEO Lc 13, 22-30:

Virán de oriente e de occidente e integraranse no reino de Deus

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

22Atravesaba Xesús vilas e aldeas ensinando, camiño de Xerusalén.

 

23Un preguntoulle:

-Señor, ¿e logo son poucos os que se salvan?

 

El respondeu:

24-Loitade para entrardes pola porta estreita, porque vos aseguro que moitos intentarán

entrar e non poderán. 25Despois que o dono da casa peche a porta e empecedes os de

fóra a petar nela dicindo: "Señor, ábrenos", el responderá: "Non sei quen sodes".

26Entón empezaredes a dicir: "¡Se nós comemos e bebemos contigo e ti ensinaches

polas nosas rúas!". 27El repetirá: "Non sei quen sodes. ¡Arredade de min os que

practicáde-la inxustiza!".

 

28Daquela habedes chorar e hanvos renxe--los dentes: cando vexades que Abraham,

Isaac, Xacob e tódolos profetas están no Reino de Deus, e que a vós vos botan para fóra.

29E chegarán de Oriente e Occidente, do norte e do sur a sentar na mesa do Reino de

Deus. 30Si, hainos que son últimos e serán os primeiros, e hainos primeiros que serán os

derradeiros.

 

 

482.- XOVES

 

ANO 1

 

PRIMEIRA Rm 8, 31b-39:

Ningunha creatura nos poderá separar do amor de Deus que nos profesa en Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

Irmáns e irmás

 

31Se Deus está connosco, ¿quen contra nós? 32Aquel que non aforrou a seu propio Fillo

senón que o entregou por todos nós, ¿como non nos vai regalar todo xunto con El?

 

33¿Quen acusará ós escolleitos de Deus? -Sendo Deus o que perdoa,

 

34¿quen os vai condenar? ¿Cristo Xesús, o que morreu, mellor, o que resucitou, o que

está á dereita de Deus e que intercede por nós?

 

35¿Quen nos pode arredar do amor de Cristo? ¿a tribulación, a angustia, a persecución,

a fame, a nudez, o perigo, ou a espada? 36Porque está escrito:

 

Por causa túa estamos ás portas da morte o día enteiro, parecemos ovellas listas para o

sacrificio.

 

37-Pero en todas estas cousas vencemos coa axuda daquel que nos amou. 38Porque

estou seguro de que nin a morte nin a vida, nin os anxos nin os principados, nin o

presente nin o porvir, nin as potestades, 39nin a altura nin o abismo, nin calquera outra

criatura nos poderá afastar do amor que Deus nos ten en Cristo Xesús, noso Señor.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 108, 21-22. 26-27. 30-31

R/ (26b): Sálvame, Señor, conforme ó teu amor

 

21Pero ti, Señor, o meu dono,

actúa, polo teu nome, en favor meu,

líbrame, conforme ó teu amor.

22Eu son humilde e pobre,

e co corazón ferido.

 

26Señor, meu Deus, axúdame,

sálvame, conforme ó teu amor.

27Saberase que a túa man está aquí

e que es ti, Señor, quen o fai.

 

 30Eu dareille as gracias ó Señor,

louvareino ante a multitude.

31El ponse á dereita dos pobres

para os librar dos seus xuíces.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ef 6, 10-20:

Revestídevos da armadura de Deus para que poidades resistir finalmente con firmeza

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS

 

Irmáns e irmás:

 

10Enfortecédevos no Señor e na puxanza do seu poder. 11Revestídevos da armadura de

Deus, para que poidades resisti-las estrataxemas do demo. 12Porque non é a nosa loita

contra homes de carne e óso senón contra os principados, contra as potestades, contra os

que dominan neste mundo tenebroso, contra os espíritos do mal, que andan polo aire.

 

13Por iso, collede a armadura de Deus, para lles poder facer fronte no día malo, e,

despois de superalo todo, quedar aínda en pé. 14Estade, logo, en pé: cinguídevos co

cinto da verdade, revestidos coa coiraza da xustiza 15e calzados os pés co afervoamento

do Evanxeo da paz. 16Tede sempre no brazo o escudo da fe, que con el poderedes

apagar tódolos dardos incendiarios do maligno. 17Collede o casco da salvación e a

espada do Espírito, que é a palabra de Deus, 18con toda clase de oracións e de súplicas,

orando decote no Espírito e velando por iso con asiduidade e súplicas por tódolos

cristiáns, 19e tamén por min, a fin de que se me dea a palabra en abrindo a miña boca,

para anunciar abertamente o misterio do Evanxeo 20do que son pregoeiro, mesmo na

cadea; que teña valor para anuncialo abertamente, como debo.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 143, 1. 2. 9-10

R/ (1a): Bendito o Señor, a miña rocha

 

Bendito o Señor, a miña rocha,

o que entrena as miñas mans para a loita,

os meus dedos para a contenda.

 

2El é para min defensa e fortaleza,

refuxio, escudo e agarimo,

o que somete para min os pobos.

 

9Eu cantareiche, Deus, un cantar novo,

tocarei para ti a harpa de dez cordas.

10Ti que dá-la victoria ós reis,

que libráche-lo teu servo David da crúa espada,

 

 

 

ALELUIA Cf. Lc 19, 38; 2, 14:

Bendito o que vén coma rei no nome do Señor;

paz no ceo e gloria nas alturas

 

 

 

EVANXEO Lc 13, 31-35:

Non é ben que un profeta morra fora de Xerusalén

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

 31Chegaron uns fariseos para lle avisar a Xesús:

-Veña, vaite de aquí, que Herodes te quere matar.

 

32El respondeulles:

-Idelle dicir a ese raposo: eu hoxe e mañá estou a bota-los demonios fóra, e no terceiro

día xa acabo. 33Pero hoxe, mañá e pasado mañá cómpre que siga para diante, pois non é

ben que un profeta morra fóra de Xerusalén.

 

34¡Xerusalén, Xerusalén, que asasína-los profetas e apédra-los que mandan onda ti!

¡Cantas veces quixen aconchega-los teus fillos, como a galiña aconchega os seus pitiños

baixo as ás e non quixeches! 35Pois mirade: a vosa casa fica baleira e asegúrovos que

non me volveredes ver ata que exclamedes: ¡Benia o que vén no nome do Señor!

 

 

 

 483.- VENRES

 

ANO 1

PRIMEIRA Rm 9, 1-5:

Escollería ser anatema polos meus irmáns

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

 Irmáns e irmás:

 

9 1Coma discípulo de Cristo digo a verdade, non minto, e dáme disto testemuño a miña

propia conciencia, alumada polo Espírito Santo: 2que teño moi grande dor e o meu

corazón sofre seguido. 3Quixera ser eu mesmo maldito, apartado de Cristo, por mor dos

meus irmáns, os meus parentes de estirpe. 4Eles son israelistas e a eles pertencen a

adopción filial, a gloria de Deus e as alianzas, a lexislación, o culto e as promesas; 5a

eles pertencen os patriarcas; e deles vén Cristo coma home. O Deus que está sobre todo,

sexa bendito polos séculos. Amén.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 147, 12-13. 14-15. 19-20

R/ (12a): Glorifica ó Señor, Xerusalén

 

12Glorifica ó Señor, Xerusalén,

louva o teu Deus, Sión.

13El reforza os ferrollos das túas portas

e bendice os teus fillos no teu seo.

 

14Establece a paz nos teus confíns

e fártate de flor de trigo.

15El manda á terra a súa mensaxe

e a súa palabra corre lixeira.

 

19El anuncia a Xacob os seus proxectos,

os seus estatutos e mandatos a Israel.

20Non fai así con outros pobos

que descoñecen as súas decisións.

Aleluia.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Flp 1, 1-11:

Quen comezou en vós a boa obra, perfeccionaraa ata o día de Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS FILIPENSES

 

1 1Paulo e Timoteo, servidores de Xesús Cristo, a tódolos crentes en Cristo Xesús que

vivides en Filipos e mais ós vosos encargados e diáconos 2desexámosvo-la gracia e paz

de Deus noso Pai e do Señor Xesús Cristo.

 

3Doulle gracias ó meu Deus por todo o que me acorda de vós. 4Sempre que rezo por

vós, fágoo con alegría, 5pola parte que vides tomando na difusión do Evanxeo desde o

primeiro día ata hoxe. 6Eu fío en que o que encetou en vós un traballo bo, halle de ir

dando cabo de aquí ó día de Cristo Xesús. 7E é xusto que eu pense así, porque vos levo

no corazón; a vós, que tanto que eu estea preso como que estea a defender e a afiunza--

lo Evanxeo, participades todos na gracia da miña misión. 8¡Ben sabe Deus con que

morriña cristiá vos boto a faltar aquí! 9E na miña oración pido que o voso amor reborde

de penetración e de sensibilidade para todo: 10así poderedes acertar co mellor para

chegardes enxebres e sen chata ó día de Cristo Xesús, 11e cheos do froito da xustiza que

se consegue por medio de Xesús Cristo para gloria e louvanza de Deus.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 110, 1 -2. 3-4. 5-6

R/ (2a): Grandes son as obras do Señor

Ou: Aleluia.

 

 Louvarei o Señor con todo o corazón

na xuntanza dos xustos, na asemblea.

2Grandes son as obras do Señor,

dignas de estudio para tódolos que as aman.

 

3Gloriosos e esplendentes son os seus feitos,

a súa xustiza é eterna:

4fai prodixios memorables.

 

5Dá mantenza a quen o teme

e recorda por sempre a súa alianza.

6El móstralle ó seu pobo feitos poderosos,

dándolle a herdanza das nacións.

 

 

 

ALELUIA Xn 10, 27:

As miñas ovellas escoitan a miña voz, di o Señor;

e eu coñézoas e elas séguenme

 

 

 

EVANXEO Lc 14, 1-6:

¿Non sacades do pozo ó fillo ou o boi, aínda que sexa sábado?

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

 14 1Un sábado ía Xesús comer, á casa dun xefe dos fariseos; e eles vixiábano. 2Entón

apareceu diante del un home hidrópico. 3Xesús preguntoulles ós xuristas e fariseos:

-¿El está ou non está permitido curar no sábado?

 

4Pero eles non abriron a boca. Xesús colleu o enfermo, curouno e despediuno. 5E

mirando para eles, díxolles:

-¿Quen de vós, se un fillo ou un boi lle cae nun pozo, non o tira do pozo no instante

anque sexa sábado?

 

6A isto non lle souberon que contestar.

 

 

 

 484.- SÁBADO

 

ANO 1

PRIMEIRA Rm 11, 1-2a. 11-12. 25-29:

Se a caída dos xudeus é reconciliación do mundo, ¿que será elevación senón a vida de

entre os mortos?

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

 Irmáns e irmás:

 

11 1¿Non será que Deus rexeitou ó seu pobo?

 

-De ningunha maneira. Pois tamén eu son israelita, da proxenie de Abraham, pola tribo

de Benxamín: 2non rexeitou Deus ó seu pobo, o pobo que El escolleu.

 

11Sigo preguntando: ¿E eles tropezaron para non se ergueren máis? -De ningunha

maneira. O contrario, pola súa caída véulle-la salvación ós xentís, a fin de espertar neles

os celos. 12Ora, se a súa caída foi riqueza do mundo e a súa perda foi riqueza dos

xentís, ¿que non será a súa plenitude?

 

25Non quero, irmáns, que descoñezades este misterio, a fin de que non vos fiedes da

vosa sabedoría: que a cegueira dunha parte dos israelitas vai durar ata que entre a

totalidade dos xentís 26E así salvarase a totalidade de Israel, como está escrito:

 

Sairá de Sión o Salvador,

afastará de Xacob a impiedade,

27e este será o meu pacto con eles,

cando lles arrinque os seus pecados.

 

28Tocante ó Evanxeo, son inimigos en proveito voso; pero tocante á elección, son

amados por causa dos patriarcas. 29Pois os dons e a chamada de Deus son irrevocables.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 93, 12-13a. 14-15. 17-18

R/ (14a): O Señor non rexeita o seu pobo

 

12Feliz o que ti corrixes, Señor,

e lle ensína-la túa vontade.

13Despois das horas malas dáslle o sosego,

 

14Certamente o Señor non rexeita o seu pobo

nin abandona o seu herdo.

15O xuízo será outra vez xusto

e tódolos rectos o gardarán.

 

17Se o Señor non me acorrese,

xa estaría morando no silencio da morte.

18Cando digo: -"O meu pé tremelica",

o teu amor, Señor, sostenme.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Flp 1, 18b-26:

Para min vivir é Cristo e morrer é unha ganancia

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO FILIPENSES

 

Irmáns e irmás:

 

18O importante é que, dunha maneira ou da outra, con retranca ou sen ela, vaise

anunciando a Cristo: e diso alégrome. Máis aínda: continuarei alegrándome, 19porque

sei ben que, gracias ás vosas oracións e ó Espírito de Xesús Cristo que me patrocina,

"todo me ha de ser para ben". 20Esta é a miña arela e a miña esperanza: que en nada vou

saír fracasado, senón que, con toda seguridade, agora coma sempre, manifestarase a

grandeza de Cristo na miña persoa, tanto que eu siga vivindo como que morra.

 

21Porque para min a vida é Cristo; e morrer, unha ganancia. 22Ora, como vivir neste

mundo me permite traballar con proveito, non sei o que escoller. 23As dúas cousas

tiran por min: quería morrer para estar con Cristo, pois era moitísimo mellor. 24Mesmo

así, por vós, cómpre que eu fique neste mundo; 25e así coido que vou ficar e seguir

onda vós, para axudar a que adiantedes alegres na fe, 26a fin de que o orgullo de serdes

cristiáns reborde xa por causa miña, coa miña presencia outra vez cabo de vós.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 41, 2. 3. 5bcd

R/ (3a): A miña alma ten sede do Deus vivo

 

2Como devece a cerva pola auga dos regatos,

así devece por ti, meu Deus, a miña alma.

 

3A miña alma ten sede do Deus vivo:

¿cando verei o rostro de Deus?

 

 5-"Eu marchaba á fronte do pobo

cara á casa de Deus,

entre voces de xúbilo e louvanza

de xentío en festa".

 

 

 

ALELUIA Mt 11, 29ab:

Tomade o meu xugo sobre vós, di o Señor,

e aprendede de min, que son manso e humilde de corazón

 

 

 

EVANXEO Lc 14, 1. 7-11

Quen se engrandece será humillado e quen se humilla será engrandecido

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

14 1Un sábado ía Xesús comer á casa dun xefe dos fariseos; e eles vixiábano.

 

7Decatándose de que os convidados buscaban os primeiros postos, contoulles unha

parábola:

8-Cando alguén te convide a unha voda, non te poñas no primeiro posto. Pode suceder

que un máis distinguido ca ti tamén estea convidado 9e que veña o que vos convidou e

che diga: "Déixalle o sitio a este", e cheo de vergonza teñas que ir para o derradeiro

lugar. 10O revés, ti, cando te conviden, ponte de último, para que cando chegue o que te

convidou che poida dicir: "Amigo, sube máis arriba". E quedarás moi ben diante de

tódolos convidados. 11Porque a quen se ten por moito, hano rebaixar e a quen se

rebaixe hano enaltecer.