Semana XXXI

 

SEMANA 31ª DO TEMPO ORDINARIO

 

 485.- LUNS

 

ANO 1

PRIMEIRA Rm 11, 29-36:

Deus encerrou a todos na incredulidade para se compadecer de todos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

Irmáns e irmás:

 

29Os dons e a chamada de Deus son irrevocables. 30Porque vós fostes noutrora

desobedientes a Deus, pero agora conseguíste-la misericordia por desobediencia deles.

31Do mesmo xeito: tamén eles agora non creron, para que, con ocasión da misericordia

usada convosco, tamén eles logren misericordia. 32Porque Deus encerrou a tódolos

homes na desobediencia, para se compadecer de todos.

 

33¡Que fondos son a riqueza, a sabedoría e o coñecemento de Deus! ¡Que inescrutables

son os seus xuízos e inexplorables os seus camiños! 34Pois ¿quen coñeceu a mente do

Señor? Ou ¿quen foi o seu conselleiro? 35¿Quen lle emprestou algo, para que El llo teña

que devolver? 36Del saíron, por El e para El existen tódalas cousas. A El a gloria polos

séculos. Amén.

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Sal 68, 30-31. 33-34. 36-37

R/ (14c): Escóitame, Señor, pola túa inmensa bondade

 

30Mais a min, pobre e doente,

érgueme, Deus, co teu socorro.

31Louvarei a Deus con cantos,

gabareino con acción de gracias.

 

33Olládeo, humildes, e alegrádevos,

avivecede o corazón os que buscáde-lo Señor,

34pois o Señor escoita ós humildes,

non despreza ós seus na cadea.

 

36Abofé, salvará Deus a Sión:

recomporá as vilas de Xudá,

haberá quen as herde e as habite.

37Herdaranas os fillos dos seus servos,

habitaranas os que aman o seu nome.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Flp 2, 1-4

Colmade a miña alegría para que poidades saborea-lo mesmo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS FILIPENSES

 

Irmáns e irmás:

 

2 1Se vale de algo o alento que recibides en Cristo, se vos anima o amor mutuo, se hai

comuñón no Espírito e se hai sentimentos en vós de agarimo e misericordia, 2facede

completa a miña alegría, levándovos ben, tendo un mesmo amor, unha soa alma, unha

mesma idea. 3Non fagades nada á retesía nin por fachenda. Que cadaquén pense

humildemente que os outros son máis ca el. 4Non mirar cada un polo que lle ten conta a

el, senón tamén polo que llela ten ós outros.

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Sal 130, 1. 2. 3

R/ Garda, Señor, a miña vida diante de ti

 

O meu corazón, Señor, non é soberbio

nin os meus ollos altaneiros.

Non persigo grandeza

nin marabillas que me exceden.

 

2Eu acalmo e acalo a miña ansia,

coma un meniño no colo da súa nai;

coma nun meniño está en min a miña ansia.

 

3Espera, Israel, no Señor,

desde agora e para sempre.

 

 

 

ALELUIA Xn 8, 31b-32:

Se permanecedes na miña palabra, seredes verdadeiros discípulos meus,

e coñeceréde-la verdade, di o Señor

 

 

 

EVANXEO Lc 14, 12-14:

Non chames ós teus amigos, senón ós pobres e ós febles

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

 12Di Xesús:

-E ti, cando deas un xantar ou unha cea, non cháme-los teus amigos, irmáns, parentes ou

veciños ricos; non sexa que eles te recompensen convidándote tamén a ti. 13Cando deas

un banquete, convida os pobres, eivados, coxos e cegos; 14e serás ditoso, porque non te

poden recompensar; pero xa se che recompensará na resurrección dos xustos.

 

 

 

 486.- MARTES

 

ANO 1

PRIMEIRA Rm 12, 5-16a:

Somos membros uns dos outros

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

Irmáns e irmás:

 

5Nós, con sermos moitos, somos un só corpo en Cristo; e individualmente somos

membros uns dos outros. 6Pero, ó termos dons diferentes, hanse exercer conforme á

gracia que se nos concedeu: se temos don de profecía, debe ser en harmonía coa fe; 7se

de ministerio, no servicio; se de ensinanza, no ensino; 8se de consolación, no conforto;

se de dar esmola, con xenerosidade; o que preside, con solicitude; o que se compadece,

con alegría.

 

9Que o amor non sexa finxido: afastádevos do mal e apegádevos ó ben: 10sede

cariñosos uns cos outros, coma irmáns; competide na estima mutua; 11no traballo non

teñades preguiza; no espírito, afervoados; para o Señor, coma escravos. 12Alegres na

esperanza, con constancia no sufrimento, afincados na oración; 13solidarios nas

necesidades dos santos e practicando a hospitalidade.

 

14Bendicide ós que vos perseguen, bendicide e non maldigades. 15Alegrádevos cos que

están alegres, chorade cos que choran. 16Tédevos na mesma estima uns a outros: non

vos deades aires de grandeza, senón acomodádevos ós humildes.

 

 

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 130, 1. 2. 3

R/ Garda, Señor, a miña vida diante de ti

 

O meu corazón, Señor, non é soberbio

nin os meus ollos altaneiros.

Non persigo grandeza

nin marabillas que me exceden.

 

2Eu acalmo e acalo a miña ansia,

 

coma un meniño no colo da súa nai;

coma nun meniño está en min a miña ansia.

 

3Espera, Israel, no Señor,

desde agora e para sempre.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Flp 2, 5-11:

Humillouse a sí mesmo, polo que Deus engrandeceuno

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO FILIPENSES

 

5Tede entre vós a mesma actitude de Cristo Xesús.

6El, con ser de condición divina,

non se agarrou cobizosamente á súa categoría de Deus;

7senón que se espiu do seu rango,

asumiu a condición de escravo;

fíxose un home normal e presentouse coma tal

8abaixouse a si mesmo, facéndose obediente ata á morte,

¡e a morte na cruz!

 

9Por iso tamén Deus o exaltou sobre todo

e lle concedeu un título que está por riba de calquera título

10para que ante o título de Xesús se dobre todo xeonllo

no ceo, na terra e mais no abismo,

11e para que toda lingua proclame

para gloria de Deus Pai

que Xesús Cristo é o Señor.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 21, 26b-27. 28-30a. 31-32

R/ (26a): De ti, Señor, vén a miña louvanza na asemblea

 

26cumprirei os meus votos, ante os que te temen.

27Os pobres comerán ata fartarse,

louvarán ó Señor os que o buscan

e disfrutarán de vida duradeira.

 

28Acordarán e volverán ó Señor

tódolos confíns da terra;

axeonllaranse na súa presencia

as familias todas dos pobos.

 

29Abofé, o reino é do Señor,

e El goberna as nacións.

 

30A El só adorarán os satisfeitos da terra,

31A súa posteridade hao servir

e proclamará ó Señor polas xeracións.

32Cando veñan, cantarán a súa xustiza

e as súas obras para os que nazan.

 

 

 

ALELUIA Mt 11, 28:

Vinde a min cantos traballades e estades cansos,

e eu aliviareivos, di o Señor

 

 

 

EVANXEO Lc 14, 15-24:

Vai ós camiños e corredoiras e fórzaos a entrar para que se encha a miña casa

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

15Dille a Xesús un dos convidados:

-Ditoso o que coma pan no banquete do Reino de Deus.

 

16El propúxolle:

-Dunha vez un home deu unha grande cea e convidou a moitos. 17Así que chegou a

hora, mandou un criado para que avisase ós convidados, dicíndolles: "Vide xa, que está

todo preparado". 18Pero todos empezaron a escusarse. O primeiro dixo: "Merquei unha

leira e teño que ila ver; por favor, descúlpame". 19Outro dixo: "Merquei cinco parellas

de bois, e teño que probalas; descúlpame, por favor". 20Outro dixo: "Acáboche de casar

e non podo ir".

 

21Volveu o criado e contoulle todo isto ó amo. Entón o dono da casa, todo indignado,

mandoulle ó seu criado: "Pois vai correndo ás prazas e rúas da vila e tráeme para acá os

pobres, eivados, coxos e cegos".

 

22O criado díxolle: "Xa está feito o que mandaches, e aínda hai sitio". 23Entón o amo

mandoulle: "Vai polos camiños e corredoiras e obriga á xente a entrar; quero que se

encha a miña casa, 24porque vos aseguro que ningún dos convidados probará a miña

cea".

 

 

 

487.- MÉRCORES

 

ANO 1

PRIMEIRA Rm 13, 8-10:

A plenitude da lei é o amor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

Irmáns e irmás:

 

8A ninguén lle debades nada, fóra de amarvos uns a outros, porque o que ama o

próximo, ten cumprida a Lei. 9Porque o non adulterarás, non matarás, non roubarás, non

cobizarás e tódolos outros mandamentos, resúmense nestas palabras: amarás ó teu

próximo como a ti mesmo. 10Quen ama o seu próximo non lle fai mal.

Verdadeiramente, o amor é o pleno cumprimento da Lei.

 

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 111, 1-2. 4-5- 9

R/ (5a): Benia quen se apiada e presta

Ou: Aleluia.

 

Ditoso o que teme ó Señor

e ten gozo nos seus preceptos.

2A súa descendencia será forte na terra,

a liñaxe dos rectos é bendita.

 

4Nas tebras brilla unha luz para os rectos,

os xustos, os misericordiosos e os clementes.

5Benia quen se apiada e presta,

e goberna os seus bens con xustiza.

 

9Dálles xenerosamente ós pobres,

a súa prosperidade é duradeira:

erguerá con honor a súa fronte.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Flp 2, 12-18:

Procurade a vosa salvación; pero é Deus quen concede o querer e perfeccionar

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS FILIPENSES

 

12Meus amigos, igual que sempre me fixestes caso, traballade con temor e tremor pola

vosa salvación non só na miña presencia, senón moito máis agora na miña ausencia.

13Deus efectivamente é quen activa en vós tanto o querer coma o facer, conforme o seu

bondadoso designio. 14Facede tódalas cousas sen rosmar nen discutir, 15para serdes sen

chata e sinxelos, "fillos de Deus sen mancha no medio dunha xente raposeira e

atravesada", onde vós relucides coma fachos no universo, 16presen-tando a palabra da

vida. Dese xeito o día de Cristo eu voume poder gabar de que nin corrín ó tun-tun nin

me cansei en balde. 17Mais, anque verta o meu sangue coma libación nun sacrificio ó

servicio da vosa fe, estou alegre e asóciome á vosa alegría. 18Pois vós, igual: estádeme

alegres e unídevos á miña alegría.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 26, 1. 4. 13-14

R/ (1a): O Señor é a miña luz e salvación

 

O Señor é a miña luz e salvación,

¿a quen hei de temer?

O Señor é o meu castelo,

¿ante quen hei de tremer?

 

4Unha cousa pídolle ó Señor,

unha cousa procuro:

habitar na casa do Señor,

tódolos días da vida,

para gozar da dozura do Señor,

visitando o seu templo.

 

13Eu espero gozar dos bens do Señor

na terra da vida.

14Espera no Señor;

ten corazón forte e valente

e espera no Señor.

 

 

 

ALELUIA 1 Pedr 4, 14:

Se sodes desprezados polo nome de Cristo, ditosos vós,

porque o Espírito de Deus repousará en vós

 

 

EVANXEO Lc 14, 25-33:

Quen non renuncia a canto posúe, non pode ser discípulo meu

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

25Nunha ocasión que seguía a Xesús moita xente, volveuse a eles e díxolles:

 

26-Se alguén me quere seguir e non está disposto a romper con seu pai e con súa nai,

coa muller e mais cos fillos, cos irmáns e coas irmás, e incluso coa súa propia vida, non

pode ser discípulo meu. 27O que non carga coa súa cruz e me segue, non pode ser

discípulo meu.

 

28Pois ¿quen de vós, querendo construír unha torre, non se para a pensar no presuposto,

a ver se a pode rematar? 29Non vaia ser que bote os alicerces e non a dea rematado e a

xente que o vexa faga riso del, dicindo: 30"Este empezou a construír e non deu

rematado".

 

31Ou ¿que rei, que sae á guerra contra outro, non se senta primeiro a cavilar se lle

chegarán dez mil homes para loitar contra vinte mil? 32E, se ve que non, cando aínda o

ten lonxe, mándalle unha embaixada, pedindo condicións de paz.

 

33Pois así, como non renunciedes a todo o que tedes, non hai de vós quen poida ser

discípulo meu.

 

 

 

488.- XOVES

 

ANO 1

PRIMEIRA Rm 14, 7-12:

Que vivamos, que morramos, do Señor somos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

Irmáns e irmás:

 

7Ningún de nós vive para si, e ningún de nós morre para si. 8Se vivimos, para o Señor

vivimos; e, se morremos, para o Señor morremos; así que, vivamos ou morramos,

somos do Señor. 9Por iso mesmo morreu e resucitou Cristo: para ser dono dos mortos e

dos vivos.

 

10E ti ¿por que xulgas a teu irmán? E ti ¿por que desprezas a teu irmán? ¡Se todos

temos que comparecer diante do tribunal de Deus! 11Porque está escrito:

 

Pola miña vida, di o Señor:

todo xeonllo se dobrará diante de min,

e toda lingua ha de confesar a Deus.

12Por tanto cada un de nós dará conta de si a Deus.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 26, 1. 4. 13-14

R/ (13): Espero gozar dos bens do Señor na terra da vida

 

O Señor é a miña luz e salvación,

¿a quen hei de temer?

O Señor é o meu castelo,

¿ante quen hei de tremer?

 

4Unha cousa pídolle ó Señor,

unha cousa procuro:

habitar na casa do Señor,

tódolos días da vida,

para gozar da dozura do Señor,

visitando o seu templo.

 

 13Eu espero gozar dos bens do Señor

na terra da vida.

14Espera no Señor;

ten corazón forte e valente

e espera no Señor.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Flp 3, 3-8a:

O que antes era ganancia para min, estimeino perda por Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS FILIPENSES

 

 Irmáns e irmás:

 

3A circuncisión verdadeira, esa sómola nós, que, impulsados polo Espírito, damos culto

a Deus e poñémo-la nosa gloria en Cristo Xesús, sen confiarmos en criterios externos.

4Anque, por confiar, eu tiña de que confiar, incluso en criterios externos. Se alguén

coida que el ten de que confiar conforme eses criterios, eu teño máis: 5circuncisión ós

oito días; do pobo de Israel; da tribo de Benxamín, nacido e criado hebreo; en canto á

Lei, fariseo; 6en canto a celo, perseguidor da Igrexa; en canto á xustiza que manda a Lei,

home sen tacha.

 

7Mais todo o que daquela era para min un proveito, estimeino, por causa de Cristo, unha

perda. 8Máis aínda, todo me parece perda comparado co grande que é coñecer a Cristo

Xesús, o meu Señor.

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Sal 104, 2-3. 4-5. 6-7

R/ (3b): Que se alegre o corazón dos que buscan ó Señor

Ou: Aleluia

 

2Cantádelle, tocádelle,

contade as súas marabillas.

3Gloriádevos no seu nome santo

e que se alegre o corazón dos que buscan ó Señor.

 

4Preguntade polo Señor e o seu poder,

buscade sempre a súa presencia.

5Relembrade as marabillas que fixo,

os prodixios e as decisións da súa boca.

 

 6Liñaxe do seu servo Abraham,

fillos de Xacob, os seus elixidos,

7o Señor é o noso Deus,

o que goberna a terra enteira.

 

 

 

ALELUIA Mt 11, 28:

Vinde a min cantos traballades e estades cansos,

que eu vos aliviarei, di o Señor

 

 

 

EVANXEO Lc 15, 1-10:

Haberá alegría no ceo por un pecador que fai penitencia

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

15 1Tamén os publicanos e pecadores se achegaban a Xesús para o escoitaren. 2Por iso

os fariseos e letrados murmuraban:

-Este acolle os pecadores e come con eles.

 

3Entón Xesús contoulles esta parábola:

4-¿Quen de vós, se ten cen ovellas e perde unha delas, non deixa as noventa e nove no

descampado, e vai en busca da perdida, a ver se a atopa? 5E cando a atopa, volve todo

contento 6para a casa, con ela no lombo; e, chamando por amigos e veciños, dilles:

"Alegrádevos comigo, que atopei a ovella que perdera". 7Pois asegúrovos unha cousa:

no ceo haberá máis alegría por un pecador que se converta que por noventa e nove

xustos que non precisan conversión.

8E ¿que muller que teña dez moedas e perde unha, non encende a luz, e non varre a

casa, buscándoa con coidadiño ata atopala? 9E cando a atopa, chama polos amigos e

veciños para lles dicir: "Alegrádevos comigo, que atopei a moeda perdida".

10Asegúrovos que outro tanto se alegran os anxos por un só pecador que se converta.

 

 

 

 489.- VENRES

 

ANO 1

PRIMEIRA Rm 15, 14-21:

Son servidor de Xesús Cristo para ós xentís para que sexa grata a oblación dos xentís

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

14Eu sei moi ben, meus irmáns, que tamén vós estades cheos de bondade, ateigados de

toda sabedoría, e capacitados para vos aconsellar uns a outros. 15Con todo, escribinvos

-cun chisco de atrevemento- para aviva-las vosas lembranzas. Fíxeno en virtude da

gracia que me deu Deus, 16para ser eu ministro de Cristo Xesús en favor dos xentís,

exercendo de sacerdote en servicio do Evanxeo de Deus, a fin de que a ofrenda dos

xentís sexa agradable, xa que a santificou o Espírito Santo.

 

17Por tanto, no tocante ó servicio de Deus, os meus motivos de orgullo están en Cristo

Xesús. 18Pois non me atrevería a falar de nada, fóra do que Cristo, para consegui-la

obediencia dos xentís, fixo por min de palabra e de obra, 19a forza de milagres e

prodixios e polo poder do Espírito. De maneira que desde Xerusalén e arredores ata o

Ilírico, completei a predicación do Evanxeo de Cristo. 20De tal xeito que tiven a honra

de evanxelizar onde nunca se falou de Cristo, para non edificar enriba de alicerces

alleos; 21senón como está escrito;

 

Verano aqueles ós que aínda non se lles falara del,

e comprenderán aqueles que nunca oíran.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 97, 1. 2-3ab. 3cd-4

R/ (cf 2b): O Señor deu a coñece-la súa salvación

diante dos xentís

 

 Cantádelle ó Señor un cántico novo,

pois fixo marabillas,

a súa dereita e o seu brazo

déronlle a victoria.

 

2O Señor dá a coñece-la súa salvación,

revela a súa xustiza ante os pobos.

3Lembra o seu amor e a súa fidelidade

coa casa de Israel.

 

 Os pobos todos verán

a salvación do noso Deus.

4Aclama ó Señor, terra enteira,

rompede a cantar e a tocar.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Flp 3, 17--4, 1:

Esperámo-lo Salvador que transfigurará o noso corpo de debilidade, para face-lo

conforme ó corpo da súa gloria

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS FILIPENSES

 

 Irmáns e irmás:

 

17Seguide todos o meu exemplo e reparade nos que camiñan conforme o modelo que

tedes de nós. 18É que moitos -dos que xa vos teño falado e agora falo a chorar- pórtanse

coma inimigos da cruz de Cristo. 19Esa xente vai acabar na perdición; o Deus dela é o

bandullo; o orgullo dela está na vergonza: xente que só se interesa polas cousas terreais.

20Pero a nosa patria está no ceo, de onde nós agardamos un salvador, Xesús Cristo, o

Señor. 21El ha transfoma-lo noso pobre corpo, reproducindo en nós a gloria do seu

propio corpo con ese poder que lle permite someter incluso o mesmo universo.

 

4 1Polo tanto, meus irmáns tan queridos e por quen sinto saudades, miña alegría e coroa,

¡seguide así firmes no Señor, queridiños!

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 121, 1-2. 3-4a. 4b-5

R/ (1): Imos alegres para a casa do Señor

 

Alegreime, cando me dixeron:

imos para a casa do Señor.

2Xa están os nosos pés

ás túas portas, Xerusalén,

 

3Xerusalén, cidade ben feita,

de compacta harmonía.

4Alá soben as tribos, as tribos do Señor,

conforme o costume de Israel,

para festexa-lo nome do Señor.

 

5Alí están os tribunais da xustiza,

a sede da casa de David.

 

 

 

ALELUIA 1 Xn 2, 5:

Quen garda a palabra de Cristo,

nel verdadeiramente o amor de Deus chega á plenitude

 

 

EVANXEO Lc 16, 1-8:

Os fillos deste mundo son máis agudos cós fillos da luz

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

16 1Dilles Xesús ós seus discípulos:

-Dunha vez había un home rico que tiña un administrador, do que lle foron contar que

estaba a lle acabar cos bens. 2Cha-mou por el e díxolle: "¿Que é iso que sinto falar de

ti? Dáme conta da túa administración, que quedas despedido".

 

3O administrador púxose a cavilar: "¿E agora que vou facer, que quedo sen traballo?

Cavar, non podo; e botarme a pedir, dáme vergonza. 4¡Ora! ¡Xa sei o que vou facer para

que cando me despidan haxa quen me acolla na súa casa!".

 

5Vaise, e chama por cada un dos debedores do seu amo e pregúntalle ó primeiro: "¿Ti

canto lle debes ó meu amo?". 6El respondeulle: "Débolle cen bocois de aceite". El

díxolle: "Pois colle o teu recibo e escribe axiña cincuenta".

 

7Despois preguntoulle ó segundo: "¿Ti canto debes?". Respondeulle: "Debo cen

ferrados de trigo". Díxolle el: "Pois colle o teu recibo e escribe oitenta".

 

8O amo louvou a aquel administrador inxusto pola renartería con que actuara, pois os

fillos deste mundo son máis asisados nas cousas deles cós fillos da luz.

 

 

 

490.- SÁBADO

 

ANO 1

PRIMEIRA Rm 16, 3-9. 16. 22-27:

Saludádevos mutuamente co bico da paz

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

Irmáns e irmás:

 

3Dádelles saúdos a Prisca e Aquila, os meus colaboradores na obra de Cristo Xesús.

4Todos eles estaban dispostos a pó-lo pescozo pola miña vida e a todos lles estou moi

agradecido, non só eu, senón tódalas igrexas dos xentís. 5Saúdos á igrexa que se xunta

na casa del. Saúdos a Epéneto, o meu amigo, que é a primicia da Igrexa de Asia para

Cristo. 6Saúdos para María, que tanto se molestou por vós. 7Saúdos para Andrónico e

Xunias, os meus parentes e compañeiros de cárcere. Eles son insignes entre os

apóstolos, e creron en Cristo antes ca min.

 

8Saúdos para Ampliato, o meu querido no Señor. 9Saúdos para Urbano, colaborador

meu na obra de Cristo e para o meu querido Eustaquio.

 

16Saudádevos uns a outros co ósculo litúrxico. Mándanvos saúdos tódalas igrexas de

Cristo.

 

22Saúdovos no Señor, eu, Tercio, que pasei a limpo esta carta. 23Mándavos saúdos

Gaio, hospedeiro meu e de toda a igrexa. 24Saúdavos Erasto, o tesoureiro da cidade e

mailo noso irmán Cuarto.

 

25A aquel que é potente para vos afiunzar no meu Evanxeo e no anuncio de Xesús

Cristo, conforme a revelación do misterio escondido durante tempos eternos, 26pero

manifestado agora polas Escrituras proféticas, e por disposición do Deus eterno dado a

coñecer a tódalas nacións para as levar á obediencia da fe, 27a Deus, o único sabio, por

medio de Xesús Cristo, sexa a gloria para sempre. Amén.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 144, 2-3. 4-5. 10-11

R/ (1b): Bendicirei por sempre o teu nome,

meu Deus e meu rei

 

 2Bendicireite o día enteiro,

louvarei por sempre o teu nome.

3Grande é o Señor e digno de louvanza,

a súa grandeza é insondable.

 

4Unha xeración gáballe a outra os teus feitos

e cóntalle as túas fazañas.

5Falan da gloria da túa maxestade,

e eu refiro as túas marabillas.

 

10Lóuvente, Señor, as túas obras,

bendígante os teus amigos.

11Pregoen a gloria do teu reino,

proclamen as túas fazañas.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Flp 4, 10-19:

Teño forzas para todo gracias a quen me fai forte

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS FILIPENSES

 

Irmáns e irmás:

 

10Moito me alegrei no Señor de que por fin abrollase o voso interese por min. Ter xa o

tiñades, pero non tiñáde-la ocasión de o manifestar. 11Non volo digo pola miña pobreza,

que eu aprendín a gobernarme nas situacións en que estea. 12Hoxe sei vivir na miseria e

na fartura. En calquera situación estou ensinado para estar farto e para pasar fame; para

ter de abondo e para non ter nada. 13Teño forzas para todo gracias a quen me fai forte.

14Mesmo así, fixestes ben en tomardes coma vosa a miña dificultade.

 

15Vós, os de Filipos, sabedes tamén que de que saín de Macedonia, no comezo da

evanxelización, ningunha Igrexa tivo comigo nada que anotar no libro de ingresos e

gastos, fóra de vós: os únicos. 16Porque xa a Tesalónica me mandarades máis dunha vez

algo para as miñas necesidades. 17Non é que eu ande á pedicha do agasallo; procuro tan

só que os intereses se acugulen na vosa conta. 18Acuso recibo de todo e teño de abondo.

Quedei ben provisto ó recibir de Epafrodito o que viña de vosa parte, agradable recendo,

sacrificio aceptable e que prace a Deus. 19O meu Deus, pola súa parte, cubrirá tódalas

vosas necesidades, conforme a súa riqueza con magnificencia en Cristo Xesús.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 111, 1-2. 5-6. 8a e 9

R/ (1a): Ditoso o que teme ó Señor

Ou: Aleluia.

 

 Ditoso o que teme ó Señor

e ten gozo nos seus preceptos.

2A súa descendencia será forte na terra,

a liñaxe dos rectos é bendita.

 

5Benia quen se apiada e presta,

e goberna os seus bens con xustiza.

6Endexamais non perecerá,

pois de eterna lembranza son os rectos.


 

8O seu corazón está firme e sen medo,

9Dálles xenerosamente ós pobres,

a súa prosperidade é duradeira:

erguerá con honor a súa fronte.

 

 

 

ALELUIA 2 Cor 8, 9:

Xesús Cristo fíxose pobre, sendo rico,

para que fosedes ricos coa súa pobreza

 

 

 

EVANXEO Lc 16, 9-15:

Se nin siquera coa riqueza inxusta fostes fieis, ¿quen vos vai confiala verdadeira?

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

Dilles Xesús ós seus discípulos:

-Facede amigos coas riquezas inxustas, para que cando vos falten, vos acollan nas

moradas eternas. 10Quen é fiel no pouco, tamén será fiel no moito; e quen é inxusto no

pouco, tamén será inxusto no moito. 11Pois, se coa riqueza inxusta non sodes fieis,

¿quen vos vai confia-la verdadeira? 12E se no alleo nos sodes fieis, ¿quen vos vai

confia-lo voso? 13Ningún criado pode servir a dous amos, porque ou lle ten xenreira a

un e ama o outro; ou ben atende a un e menospreza o outro. Non podedes servir a Deus

e mailo diñeiro.

 

14Oíndo estas cousas, os fariseos, que tan amigos son dos cartos, facían riso del. 15El

díxolles:

-Vós, moita fachenda de perfectos; pero Deus coñécevos por dentro; e o que loce ante os

homes é noxento para Deus.