NOVEMBRO

 
 
NOVEMBRO 
 
 
 
 
 
667 
 
Día 1 de novembro 
 
FESTA DE TÓDOLOS SANTOS 
 
 
 
PRIMEIRA Ap 7, 2-4. 9-14 
 
 Eu vin: velaí unha amplísima multitude, que 
 
 ninguén podía contar, de tódalas nacións e 
 
 tribus e pobos e linguas 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE 
 
 
 
2Vin outro anxo máis, que tiña o selo do Deus vivente, subir desde o nacente. Dicíalles 
a berros ós catro anxos, a quen se lles deu poder de dana-la terra e o mar: 3''¡Non lles 
fagades mal á terra nin ó mar, nin ás árbores, ata que marquemos co selo na testa os 
servos do noso Deus!''. 4E oín o número dos que tiñan a marca, cento corenta e catro 
mil, marcados de entre tódalas tribos dos fillos de Israel. 
 
9Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de 
tódalas nacións, familias, razas, pobos e linguas, en pé diante do trono do Año. Vestían 
roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans. 10Proclamaban con grande voz: 
 
''A salvación perténcelle ó noso Deus, 
 
que senta no trono, e mais ó Año''. 
 
11Tódolos anxos que estaban en pé arredor do trono, dos anciáns, e dos catro animais, 
postráronse diante do trono para adoraren a Deus. 12Proclamaban: 
 
''¡Amén! A bendición, a gloria, a sabiduría, 
 
a acción de gracias, a honra, 
 
o poder e maila forza perténcenlle ó noso Deus, 
 
polos séculos dos séculos. Amén''. 
 
13Un dos anciáns preguntoume: ''¿Quen son e de onde viñeron estes que van vestidos de 
roupa branca?''. 14Eu respondinlle: ''Meu Señor, ti xa o sabes''. E díxome: ''Estes son os 
que veñen de pasa-las súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e branquexáronnos 
co sangue do Año. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 23, 1-2. 3-4ab. 5-6 
 
R/ (cf 6) Esta é a liñaxe dos que buscan a túa presencia, Señor 
 
 
 
 Do Señor é a terra e canto a enche, 
 
 o orbe e canto nel habita. 
 
2El é quen a fundou sobre os mares 
 
 e quen a asegurou sobre as correntes. 
 
 
 
3¿Quen poderá subir ó monte do Señor? 
 
 ¿Quen poderá quedar no seu santuario? 
 
 
 
4O que ten as mans limpas e puro o corazón, 
 
 o que non pon a mente en cousas vas 
 
 e non xura nunca en falso. 
 
5Ese recibirá do Señor bendición 
 
 e xustiza de Deus, o seu salvador. 
 
6Así é a liñaxe dos que o buscan, 
 
 dos que buscan a presencia do Deus de Xacob. 
 
 
 
SEGUNDA 1 Xn 3, 1-3 
 
 Veremos a Deus tal como é 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN XOÁN 
 
 
 
Benqueridos irmáns e irmás: 
 
3 1Vede o moito que nos quixo o Pai, para nos chamarmos fillos de Deus e sérmolo de 
verdade. Por iso o mundo non nos recoñece: porque tampouco non o recoñeceu a El. 
2Meus amigos, xa somos fillos de Deus, pero aínda non está á vista o que seremos; 
sabemos que cando Xesús apareza, nós seremos coma El, xa que o veremos tal e como 
é. 3Todo o que ten posta en Xesús esta esperanza, trata de vivir unha vida limpa, para 
ser limpo coma El. 
 
 
 
ALELUIA Mt 11, 28 
 
 Achegádevos a min tódolos que estades cansos 
 
 e orpimidos, que eu vos aliviarei, di o Señor 
 
 
 
EVANXEO Mt 5, 1-12a 
 
 Alegrádevos e exultade, porque a vosa 
 
 recompensa é gande nos ceos 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
Vendo Xesús a multitude, subiu ó monte e sentou. Achegáronselle os seus discípulos, 2e 
el, tomando a palabra, ensinábaos dicindo: 
 
-3Ditosos os que teñen espírito de pobres, 
 
porque deles é o Reino dos Ceos. 
 
4Ditosos os que choran, 
 
porque eles serán consolados. 
 
5Ditosos os non violentos, 
 
porque eles herdarán a terra. 
 
6Ditosos os famentos e sedentos de xustiza, 
 
porque eles ficarán fartos. 
 
7Ditosos os misericordiosos, 
 
porque eles acadarán a misericordia. 
 
8Ditosos os de corazón limpo, 
 
porque eles verán a Deus. 
 
9Ditosos os que traballan pola paz 
 
porque eles serán chamados fillos de Deus. 
 
10Ditosos os perseguidos por causa da xustiza, 
 
porque deles é o Reino dos Ceos. 
 
11Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña 
causa: 12alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos 
 
 
 
 
 
668 
 
Día 2 de novembro 
 
Conmemoración de tódolos fieis defuntos 
 
Coma nas Misas dos defuntos, nn. 1011 - 1015 
 
 
 
 
 
669 
 
Día 3 de novembro 
 
San Martiño de Porres, relixioso 
 
Do común dos santos (relixiosos) 
 
PRIMEIRA Flp 4, 4-9 ... n. 740, 10 
 
SAL. RESP. Sal 130, 1. 2. 3. ... n. 739, 9 
 
ALELUIA Xn 13, 34 ... n. 741, 10 
 
EVANXEO Mt 22, 34-40 ... n. 742, 10 
 
 
 
 
 
670 
 
San Carlos Borromeo, bispo 
 
Memoria 
 
Do común dos pastores 
 
PRIMEIRA Rm 12, 3-13 ... n. 722, 1 
 
SAL. RESP. Sal 88, 2-3. 4-5. 21-22. 25 e 27 .. n. 721, 4 
 
ALELUIA Xn 10, 14 ... n. 723, 5 
 
EVANXEO Xn 10, 11-16 ... n. 724, 10 
 
 
 
 
 
671 
 
Día 9 de novembro 
 
Dedicación da Basílica de Letrán 
 
Festa 
 
PRIMEIRA Ez 47, 1-2. 8-9. 12 n. 701, 5 
 
SAL. RESP. Sal 45, 2-3. 5-6. 8-9 ... n. 703, 2 
 
LECTURA 2 1 Cor 3, 9c-11. 16-17 ... n. 704, 1 
 
ALELUIA 2 Cron 7, 16 ... n. 705, 1 
 
EVANXEO Xn 2, 13-22 ... n. 706, 3 
 
 
 
 
 
672 
 
Día 10 de novembro 
 
San León Magno, papa e doutor da Igrexa 
 
Do común dos pastores (papas) ou dos doutores da Igrexa 
 
PRIMEIRA Sir 39, 8-14 (gr 6-11) ... n. 725, 4 
 
SAL. RESP. Sal 36, 3-4. 5-6. 30-31 n. 727, 2 
 
ALELUIA Mc 1, 17 ... n. 723, 3 
 
EVANXEO Mc 16, 13-19 ... n. 724, 2 
 
 
 
 
 
673 
 
Día 11 de novembro 
 
San Martiño de Tours, bispo, patrono da diócese de Ourense 
 
Na diócese de Ourense, solemnidade 
 
Nas outras dióceses, memoria 
 
Do común dos pastores ou dos santos (relixiosos) 
 
PRIMEIRA Is 61, 1-3a ... n. 719, 6 
 
SAL. RESP. Sal 88, 2-3. 4-5. 21-22. 25 e 27 n. 721, 4 
 
ALELUIA Xn 13, 34 ... n. 741, 10 
 
EVANXEO Mt 25, 31-40 ... n. 742, 13 
 
 
 
 
 
674 
 
Día 12 de novembro 
 
San Xosafat, bispo e mártir 
 
Do común dos mártires ou dos pastores 
 
PRIMEIRA Ef 4, 1-7. 11-13 ... n. 722, 8 
 
SAL. RESP. Sal 1, 1-2. 3. 4 e 6 ... n. 739, 1 
 
ALELUIA Xn 15, 9b. 5b ... n. 741, 13 
 
EVANXEO Xn 17, 20-26 ... n. 742, 26 
 
 
 
 
 
Día 13 de novembro 
 
San Leandre, bispo 
 
Do común dos pastores (bispos) ou dos santos 
 
 
 
 
 
675 
 
Día 15 de novembro 
 
San Alberte Magno, bispo e doutor da Igrexa 
 
Do común dos pastores ou dos doutores da Igrexa 
 
PRIMEIRA Sir 15, 1-6 ... n. 725, 3 
 
SAL. RESP. Sal 118, 9. 10. 11. 12. 13. 14 ... n. 727, 3 
 
ALELUIA cf Feit 16, 14b ... n. 729, 5 
 
EVANXEO Mt 13, 47-52 ... n. 730, 3 
 
 
 
 
 
676 
 
Santa Margarida de Escocia 
 
Do común das santas (as que realizaron obras de misericordia) 
 
PRIMEIRA Is 58, 6-11 ... n. 737, 15 
 
SAL. RESP. Sal 111, 1-2. 3-4. 5-7a. 7b-8. 9 n. 739, 7 
 
ALELUIA Xn 13, 34 ... n. 741, 10 
 
EVANXEO Xn 15, 9-17 ... n. 742, 25 
 
 
 
 
 
677 
 
O mesmo día 16 de novembro 
 
Santa Xertrude, virxe 
 
Do común das virxes ou das antas (relixiosas) 
 
PRIMEIRA Ef 3, 14-19 ... n. 740, 7 
 
SAL. RESP. Sal 22, 1-3. 4. 5. 6 ... n. 739, 4 
 
ALELUIA Xn 15, 9b. 5b ... n. 741, 13 
 
EVANXEO Xn 15, 1-8 ... n. 742, 24 
 
 
 
 
 
678 
 
Día 17 de novembro 
 
Santa Isabela de Hungría, relixiosa 
 
Do común das santas mulleres (que realizaron obras de misericordia ou as 
relixiosas) 
 
PRIMEIRA 1 Xn 3, 3. 14-18 ... n. 740, 16 
 
SAL. RESP. Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9. 10-11 n. 739, 5 
 
ALELUIA Xn 13, 34 ... n. 741, 10 
 
EVANXEO Lc 6, 27-38 ... n. 742, 18 
 
 
 
 
 
679 
 
Día 18 de novembro 
 
Dedicación das basílicas dos apóstolos San Pedro e San Paulo 
 
As lecturas desta memoria son propias 
 
 
 
PRIMEIRA Feit 28, 11- 16. 30-31 
 
 E así chegamos a Roma 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS 
 
 
 
11Tres meses despois embarcamos nun barco de Alexandría, que invernara na illa 
[Melita] e que levaba a divisa dos Dióscuros. 12Atracamos en Siracusa, onde botamos 
tres días. 13Desde alí, costeando, chegamos a Rexio. Para o outro día levantouse o vento 
do sur e en dous días chegamos a Putéoli, 14onde atopamos irmáns que nos convidaron 
a pasar sete días con eles. E así chegamos a Roma. 15Os irmáns de alí, así que souberon 
de nós, viñéronnos recibir ata Foro Apio e Tres Tabernas. Paulo, ó velos, deu gracias a 
Deus e animouse. 
 
 16Cando entramos en Roma, a Paulo autorizárono a ter domicilio particular cun 
soldado que o vixiaba. 
 
30Paulo botou dous anos enteiros nunha casa alugada e recibía a tódolos que o viñan 
visitar, 31predicando o reino de Deus e ensinando o que se refire ó Señor Xesús Cristo, 
con audacia e sen impedimento ningún. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 97, 1. 2-3ab. 3c4. 5-6 
 
R/ (2b) O Señor revela a súa xustiza ante os pobos 
 
 
 
Cantádelle ó Señor un cántico novo, 
 
pois fixo marabillas, 
 
a súa dereita e o seu brazo 
 
déronlle a victoria. 
 
 
 
20 Señor dá a coñece-la súa salvación, 
 
revela a súa xustiza ante os pobos. 
 
3Lembra o seu amor e a súa fidelidade 
 
coa casa de Israel. 
 
Os pobos todos verán 
 
a salvación do noso Deus. 
 
 
 
4Aclama ó Señor, terra enteira, 
 
rompede a cantar e a tocar. 
 
5Tocade para o Señor a cítara, 
 
a cítara e o salterio 
 
6con claríns e con trompetas 
 
aclamade ó Señor, noso rei. 
 
 
 
ALELUIA 
 
 A ti, Deus, louvámoste, a ti, Señor, te 
 
 proclamamos; 
 
 A ti lóuvate, Señor, o glorioso coro dos 
 
 apóstolos 
 
 
 
EVANXEO Mt 14, 22-33 
 
 Mándame ir a ti sobre as augas 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
[Despois de que se fartou a multitude], Xesús 22 mandou ós seus discípulos que 
embarcasen e que fosen diante para a outra banda, mentras el despedía a xente. 
23Despois de despedila, subiu ó monte para orar el só, e alí colleuno a anoitecida. 
 
24E, xa a moitos metros no medio do mar, as ondas batían na barca, pois levaban o 
vento en contra. 25O risca-lo día, Xesús foi cara a eles, camiñando polo mar. 26E, os 
discípulos, véndoo camiñar polo mar, asustáronse dicindo: "é unha pantasma", e, cheos 
de medo, empezaron a berrar. 27De seguida faloulles Xesús dicindo: 
 
-Tranquilos, non teñades medo que son eu. 
 
28Respondeulle Pedro: 
 
-Señor, se es ti, mándame que vaia onda ti, camiñando pola auga. 
 
29El díxolle: 
 
-Ven. 
 
Baixou Pedro da barca, e púxose a camiñar pola auga, dirixíndose a Xesús. 30Pero, ó 
senti-lo vento forte, colleu medo, empezou a afundirse e púxose a berrar: 
 
-¡Señor, sálvame! 
 
31Axiña Xesús, dándolle a man, agarrouno e díxolle: 
 
-Home de pouca fe, ¿por que dubidas? 
 
32E ó subiren eles á barca, quedouse o vento. 33Os que estaban na barca postráronse 
ante el dicindo: 
 
-Realmente ti es Fillo de Deus. 
 
 
 
 
 
680 
 
Día 21 de novembro 
 
Presentación da Virxe Santa María 
 
Memoria 
 
Do común de Santa María Virxe 
 
PRIMEIRA Zac 2, 14-17 ... n. 707, 11 
 
SAL. RESP. Lc 1, 46-47. 48-49. 50-51. 52-53. 54-55 ... n. 709, 5 
 
ALELUIA Lc 11, 28 ... n. 711, 4 
 
EVANXEO Mt 12, 46-50 ... n. 712, 3 
 
 
 
 
 
681 
 
Día 22 de novembro 
 
Santa Cecilia, virxe e mártir 
 
memoria 
 
Do común das mártires ou das virxes 
 
PRIMEIRA Os 2, 16b. 17b. 21-22. ... n. 731, 2 
 
SAL. RESP. Sal 44, 11-12. 14-15. 16-17 ... n. 733, 1 
 
ALELUIA Lc 11, 28 ... n. 711, 4 
 
EVANXEO Mt 12, 46-50 ... n. 712, 3 
 
 
 
 
 
682 
 
Día 23 de novembro 
 
San Clemenzo I, papa e mártir 
 
Do común dos mártires ou dos pastores (papas) 
 
PRIMEIRA 1 Pe 5, 1-4 ... n. 722, 13 
 
SAL. RESP. Sal 88, 2-3. 4-5. 21-22. 25 e 27 n. 721, 4 
 
ALELUIA Mc 1, 17 ... n. 723, 3 
 
EVANXEO Mt 16, 13-19 ... n. 724, 2 
 
 
 
 
 
683 
 
O mesmo día 23 de novembro 
 
San Columbano, abade 
 
Do común dos pastores (misioneiros) ou dos santos (relixiosos) 
 
PRIMEIRA Is 52, 7-10 ... n. 719, 5 
 
SAL. RESP. Sal 95, 1-2a. 2b-3. 7-8a. 10 ... n. 721, 5 
 
ALELUIA Xn 8, 12 ... n. 741, 8 
 
EVANXEO Lc 9, 57-62 ... n. 742, 19 
 
 
 
 
 
684 
 
Día 30 de novembro 
 
San Andrés, apóstolo 
 
 
 
PRIMEIRA Rm 10 9-18 
 
 A fe ven polo oido; o oído, pola palabra de Cristo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS 
ROMANOS 
 
 
 
Irmáns e irmás: 
 
Se confesas coa túa boca que Xesús é Señor e cres de corazón que Deus o resucitou dos 
mortos, serás salvo. 10Pois é crendo co corazón como se chega á xustificación; e é 
confesando coa boca como se chega a salvación. 11Porque di a Escritura: ''todo o que 
crea nel non quedará defraudado''. 12Pois non hai diferencia entre o xudeu e o grego, xa 
que un mesmo é o Señor de todos, rico para tódolos que o invocan; 13porque ''todo o 
que invoque o nome do Señor será salvo''. 
 
14Ora, ¿como han de invocar a aquel en quen non creron? ¿Como han de crer naquel de 
quen non oíron falar? ¿Como han de oír, sen alguén que anuncie? 15¿Como han de 
anunciar, se non os mandan? Por iso está escrito: ''Benvidos os pés dos que anuncian o 
ben''. 
 
16Pero non todos aceptaron a Boa Nova. Pois xa di Isaías: ''Señor, ¿quen fixo caso da 
nosa predicación?''. 17Polo tanto, a fe é suscitada pola predicación, e a predicación vén 
pola palabra de Cristo. 18E digo eu: ¿Eles non oirían? -¡Por forza! ''Por toda a terra se 
espallou a súa voz, e ata o cabo do mundo as súas palabras''. 
 
 
 
SAL. RESP. Sal 18, 2-3. 4-5 
 
R/ (5a) Por toda a terra vai o seu anuncio 
 
 
 
20s ceos proclaman a gloria de Deus, 
 
 o firmamento pregoa as obras das súas mans. 
 
3Un dia pásalle ó outro a mensaxe, 
 
 unha noite transmítelle á outra a noticia. 
 
 
 
4Sen que falen nin conten, 
 
 sen que se sinta a súa voz, 
 
5por toda a terra vai o seu anuncio, 
 
 ata os confíns do mundo a súa palabra. 
 
 Ó sol púxolle alá no ceo unha tenda 
 
 
 
ALELUIA Mt 4, 19 
 
 Vide comigo, di o Señor, 
 
 e fareivos pescadores de homes 
 
 
 
EVANXEO Mt 4, 18-22 
 
 Eles deixaron de contado o aparello, e seguírono 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
18Camiñando Xesús pola ribeira do mar de Galilea, viu a dous irmáns: Simón, tamén 
chamado Pedro, e Andrés; os dous, que eran pescadores, estaban largando o aparello no 
mar. 19Díxolles: 
 
-Vinde comigo, e fareivos pescadores de homes. 
 
20Eles deixaron de contado o aparello, e seguírono. 21Máis adiante, atopou outros dous 
irmáns: Santiago e mais Xoán, fillos de Zebedeo, que estaban co seu pai na barca 
arranxando o aparello. Tamén os chamou, e 22eles coa mesma deixaron a barca e mais a 
seu pai e seguírono.