DOCUMENTO 2 : DEZ MENSAXES CLAVE DE BIEITO XVI EN ASÍS (2011)

 

 

 

1.- Aínda que non haxa á vista ameazas dunha gran guerra, o mundo está por desgracia cheo de discordia. Non se trata só de que haxa guerras frecuentemente aquí ou alá; é que a violencia en canto tal sempre está potencialmente presente, e caracteriza a condición do

noso mundo.

 

2.- Sabemos que o terrorismo é a miúdo motivado relixiosamente e que, precisamente o  carácter relixioso dos ataques serve como xustificación para unha crueldade desapiadada.

 

3.-  Que a relixión motive de feito a violencia é algo que, como persoas relixiosas, débenos

preocupar profundamente.

 

4.- Dunha forma máis sutil, pero sempre cruel, vemos a relixión como causa de violencia tamén alí onde se practica a violencia por parte de defensores dunha relixión contra os outros.

 

5.- Si, tamén en nome da fe cristiá se recorreu á violencia na historia. Recoñecémolo cheos de vergoña. Pero é absolutamente claro que este foi un uso abusivo da fe cristiá, en claro contraste coa súa verdadeira natureza.

 

6.- O “non” a Deus produciu unha crueldade e unha violencia sen medida, que foi posible só

porque o home xa non recoñecía norma ningunha nin xuíz ningún por encima de si, senón que tomaba como norma soamente a si mesmo. Os horrores dos campos de concentración mostran con toda claridade as consecuencias da ausencia de Deus.

 

7.- A ausencia de Deus leva ao decaemento do home e do humanismo.

 

8.- Os agnósticos non afirman simplemente: “Non existe ningún Deus”. Sofren por mor da súa ausencia e, buscando o auténtico e o bo, están interiormente en camiño cara a El. Son “peregrinos da verdade, peregrinos da paz”… Que eles non logren atopar a Deus, depende tamén dos crentes, coa súa imaxe reducida ou deformada de Deus.

 

9.- Neste encontro en Asís trátase máis ben do estar xuntos en camiño cara á verdade, do compromiso decidido pola dignidade do home e de facerse cargo en común da causa da paz, contra toda especie de violencia destrutora do dereito.

 

10. A Igrexa católica non desistirá na loita contra a violencia, no seu compromiso pola paz no mundo.