Pregarias Eucarísticas II (continuación)

 
 
 

DEUS VAI GUIANDO A SÚA IGREXA  - V(A)

 

            S:         Dámosche grazas, Señor e Pai noso, bendicímoste e glorificámoste, porque creaches todas as cousas e nos chamaches á vida. Ti nunca nos deixas sós, maniféstaste vivo e presente no medio de nos.

 

T:         Xa en tempos antigos guiaches a Israel, o teu pobo, con man poderosa e brazo estendido, a través dun inmenso deserto. Hoxe acompañas á túa Igrexa peregrina, dándolle a forza do teu Espírito.

 

S:         Por medio do teu Fillo nos abres o camiño da vida, para que, a través deste mundo, cheguemos ao gozo perfecto da túa gloria. Por iso, cos anxos e cos santos, cantamos sen cesar o himno da túa gloria: Santo...

 

            T:         Glorificámoste, Pai santo, porque estás sempre connosco no cambio da vida, sobre todo cando Cristo, o teu Fillo, nos congregue para o banquete pascual do teu amor. Como fixo noutro tempo cos discípulos de Emaús, el nos explica as Escrituras e parte para nos o pan.

 

            S:         Rogámosche, pois, Pai todopoderoso, que envíe-lo teu Espírito sobre este pan e este viño, de maneira que sexan para nos Corpo e Sangue de Xesucristo, Fillo teu e Señor noso. El mesmo, a véspera da súa Paixón, mentres estaba á mesa cos seus discípulos, tomou o pan nas súas mans e, dándoche grazas, partiuno e déullelo aos seus discípulos, dicindo:

  • Tomade e comede todos del; pois isto é o meu corpo que se vai entregar por vós.

 

            Despois tomou o cáliz, de novo deuche grazas, dicindo:

  • Tomade e bebede todos del, pois isto é o cáliz do meu sangue,

            o sangue da nova e eterna alianza, que se vai verter por vós e por todos os homes,

            para o perdón dos pecados.     Facede isto en memoria de min.

 

            S:         Cristo entregouse por nós.

 

            T:         Pola túa cruz e resurrección nos salvaches, Señor.

 

            S:         Por iso, Pai de bondade, celebramos agora o memorial da nosa reconciliación, e proclamámo-la obra do teu amor: Cristo, o teu Fillo, a través do sufrimento e da morte na cruz, resucitou á vida nova e glorificouse á túa dereita.

 

            T:         Dirixe a túa mirada, Pai santo, sobre esta ofrenda; é Xesucristo que se ofrece co seu Corpo e co seu Sangue e, por este sacrificio nos abre o camiño cara ti. Señor, Pai de misericordia, derrama sobre nós o Espírito de Amor, o Espírito do teu Fillo.

 

            S:         Fortalécenos con este mesmo Espírito a todos os que fomos invitados á túa mesa, para que todos nos, pobo de Deus, cos nosos pastores, O Papa N., o noso bispo N., os presbíteros e diáconos, camiñemos ledos na esperanza e firmes na fe, e comuniquemos ao mundo o gozo do Evanxeo. Lémbrate tamén, Pai, dos nosos irmáns que morreron na paz de Cristo, e de todos os demais defuntos, cuxa fe só ti coñeciches; admíteos a contemplar a luz do teu rostro e lévaos á plenitude da vida na resurrección.

 

            T:         E, cando remate a nosa peregrinación por este mundo, recíbenos tamén a nos no teu reino, onde agardamos gozar todos xuntos da plenitude eterna da túa gloria.

 

            S:         En comuñón coa Virxe María, Nai de Deus, os apóstolos e os mártires, e todos

os santos, invocámoste, Pai, e glorificámoste, por Cristo, Señor noso.

 

            S+T:    Por Cristo, con El e Nel, a ti Deus Pai omnipotente, en unión co Espírito

Santo, todo honor e toda a gloria por sempre eternamente. Amén.

 

 

XESUS É O NOSO CAMIÑO - V (B)

                      

 

S:         Dámosche grazas e bendicímoste, Deus santo e forte, porque dirixes con sabedoría os destinos do mundo e coidas con amor de cada un dos homes.

 

T:         Ti convídasnos a escoitar a túa palabra, que nos reúne nun só corpo,

            e a manternos sempre firmes no seguimento do teu Fillo.

 

S:         Porque só El é o camiño que nos conduce cara a ti, Deus invisible, a verdade que nos fai libres, a vida que nos ateiga de ledicia. El é o verdadeiro Año que quitou o pecado do mundo, morrendo destruíu a nosa morte, e resucitando restaurou a vida.

 

T:         Por iso, Pai, porque o teu amor é grande para connosco, dámosche grazas, por medio de Xesús, o teu Fillo amado, e unimos as nosas voces ás de todos os crentes, para cantar e proclamar a túa gloria: SANTO...

 

S:         Glorificámoste, Pai santo, porque estás sempre connosco nas encrucilladas da vida, sobre todo cando Cristo, teu Fillo, nos congrega para o banquete pascual do seu amor.

 

T:         Como o fixo noutro tempo cos discípulos de Emaús, El explícanos as Escrituras

            e parte para nós o pan.

 

S:         Rogámoste, pois, Pai todopoderoso, que envíes o teu Espírito sobre este pan e este viño,

            de xeito que sexan para nós Corpo e Sangue de Xesús Cristo, teu Fillo e Señor noso. El, a véspera da  

            súa Paixón e Morte, mentres ceaba, tomou o pan nas súas mans e, dándoche grazas, partiuno e déullelo

            aos seus discípulos, dicindo:

  •  Tomade e comede todos del; pois isto é o meu corpo que se vai entregar por vós.

 

            Despois tomou o cáliz, de novo deuche grazas, dicindo:

  • Tomade e bebede todos del, pois isto é o cáliz do meu sangue,

            o sangue da nova e eterna alianza, que se vai verter por vós e por todos os homes,

            para o perdón dos pecados.     Facede isto en memoria de min.

 

 

            Aclamade o misterio da redención.

 

T:         Anunciámo-la túa morte, proclamamos a túa resurrección: ¡Ven, Señor Xesús!

 

S:         Por iso, Pai de bondade, celebramos agora o memorial da nosa reconciliación

            e proclamamos a obra do teu amor:

 

T:         Cristo, o teu Fillo, a través do sufrimento e da morte na cruz, resucitou á vida nova e foi glorificado á

            túa dereita.

 

S:         Dirixe a túa mirada, Pai santo, sobre esta ofrenda; é Xesús Cristo que se ofrece co seu corpo e co seu

            sangue e, por este sacrificio, ábrenos o camiño cara a ti.

 

T:         Señor,  Pai de misericordia, derrama sobre nós o Espírito de Amor, o 

            Espírito do teu Fillo.

 

S:         Fortalécenos a cantos nos dispoñemos a recibir o Corpo e o Sangue do teu Fillo e fai que unidos ao Papa e ao noso bispo, sexamos un na fe e no amor.

 

T:         Dános entrañas de misericordia ante toda a miseria humana, inspíranos o xesto e a palabra oportuna fronte ao irmán só e desamparado, axúdanos a mostrarnos dispoñibles ante quen se sente explotado e deprimido.  Que a túa Igrexa, Señor, sexa un recinto de verdade e de amor, de liberdade, de xustiza e de paz, para que todos atopen nela un motivo para seguir esperando.

 

S:         Acórdate tamén, Pai, dos nosos irmáns que morreron na paz de Cristo, e de todos os demais defuntos, dos que só ti coñeciches a súa fe; admíteos a contemplar a luz do teu rostro e lévaos á plenitude da vida na resurrección.

 

T:         E, cando remate a  nosa peregrinación por este mundo, recíbenos tamén a nós no teu reino, onde agardamos gozar todos xuntos da plenitude eterna da túa gloria.

 

S:         En comuñón coa Virxe María, os apóstolos, os mártires, san Xoán Bautista de la Salle e todos os santos,  invocámoste, Pai, e glorificámoste, por Cristo, Señor noso.

 

S+T:     Por Cristo, con El e Nel, a ti Deus Pai omnipotente, en unión co Espírito Santo, todo honor e toda a gloria por sempre eternamente. Amén.

 

 

 

 

XESUS, MODELO DE CARIDADE  - V (C)

 

S:         Dámosche grazas, Pai fiel e cheo de tenrura, porque tanto amaches o mundo que lle entregaches o teu Fillo, para que fose o noso Señor e o noso irmán. El manifesta o seu amor para cos pobres e os enfermos, para cos pequenos e  os pecadores.

 

T.         El nunca permaneceu indiferente ante o sufrimento humano; a súa vida e a súa palabra son para nos a proba do teu amor; como un pai sente tenrura polos seus fillos, así  ti sentes tenrura polos teus fieis.

 

S.         Por iso, loámoste e glorificámoste e, cos anxos e cos santos, cantamos a túa bondade e a túa fidelidade, proclamando o himno da túa gloria: Santo...

 

T:         Glorificámoste, Pai santo, porque estás sempre connosco no camiño da vida, sobre todo cando Cristo, o teu Fillo, nos congrega para o banquete pascual do teu amor.  

 

Como o fixo noutro tempo cos discípulos de Emaús, el explícanos as Escrituras e parte para nós o pan.

 

S:         Rogámosche, pois, Pai todopoderoso, que envíes o teu Espírito sobre este pan e este viño para que se convertan no Corpo e no Sangue do teu Fillo. El, a véspera da súa Paixón e Morte, mentres ceaba, tomou o pan nas súas mans e, dándoche grazas, partiuno e déullelo aos seus discípulos, dicindo:

  • Tomade e comede todos del; pois isto é o meu corpo que se vai entregar por vós.

 

            Despois tomou o cáliz, de novo deuche grazas, dicindo:

  • Tomade e bebede todos del, pois isto é o cáliz do meu sangue,

            o sangue da nova e eterna alianza, que se vai verter por vós e por todos os homes,

            para o perdón dos pecados.     Facede isto en memoria de min.

 

 

S:         Este é o misterio da nosa fe.

 

T:         Anunciámo-la túa morte, proclamamos a túa resurrección. ¡ Ven, Señor Xesús!

 

S:         Por iso, Pai de bondade, celebramos agora o memorial da nosa reconciliación, e proclamamos a obra do teu amor: Cristo, o teu Fillo, quen a través do sufrimento e a morte na cruz, resucitou á vida nova e foi glorificado á túa dereita.

 

Dirixe a túa mirada, Pai santo, sobre esta ofrenda; é Xesucristo que se ofrece co seu Corpo e co seu Sangue e, por este sacrificio, nos abre o camiño cara ti.

 

T:         Señor,  Pai de misericordia, derrama sobre nós o Espírito do Amor, o Espírito do teu Fillo.

 

S:         Fortalece ao teu pobo co Corpo e o Sangue do teu Fillo e renóvanos a todos coa súa imaxe.

 

            Derrama a túa bendición abundante sobre o papa N. e sobre o noso bispo N.

 

T:         Que todos os membros da Igrexa saibamos discernir os signos dos tempos e medremos na fidelidade ao Evanxeo; que nos preocupemos por compartir na caridade as angustias e as tristuras, as alegrías e as esperanzas dos homes, e así lles amosemos o camiño da salvación.

 

S:         Lémbrate tamén, Pai, dos nosos irmáns que morreron na paz de Cristo e de todos os demais defuntos que viviron con fe e esperaron en ti; admíteos a contemplar a luz do teu rostro e lévaos á plenitude da vida na resurrección.

 

T:         E, cando remate esta nosa peregrinación por este mundo, recíbenos tamén a nós no teu reino,

            onde esperamos gozar todos xuntos da plenitude eterna da túa gloria.

 

S:         En comuñón coa Virxe María, Nai de Deus, os apóstolos e os mártires, e todos os santos, invocámoste, Pai, e glorificámoste, por Cristo, Señor Noso.

 

S+T:     Por Cristo, con El e Nel, a ti Deus Pai omnipotente, en unión co Espírito Santo, todo honor e toda a gloria por sempre eternamente. Amén.

 

 

 

 

 

A IGREXA CAMIÑA CARA A UNIDADE  -  V (D)

 

S:     Dámosche grazas, Pai de bondade, e glorificámoste, Señor, Deus do universo, porque non cesas de convocar a xentes de toda raza e cultura, por medio do Evanxeo do teu Fillo, e os reúnes nun só corpo, que é a Igrexa.

 

T:    Esta Igrexa, vivificada polo teu Espírito, resplandece como signo da unidade de todos os homes, dá testemuño do teu amor no mundo e abre a todos as portas da esperanza.

 

S:      Desta forma convértese nun signo de fidelidade á alianza, que selaches connosco para sempre. Por iso, Señor, enaltécente o ceo e a terra, e tamén nos, unidos a toda a Igrexa, proclamamos o himno da túa gloria:

 

Santo...

 

 

S:     Glorificámoste, Pai santo, porque estas sempre connosco no camiño da vida, sobre todo cando Cristo, o teu Fillo, nos congrega para o banquete pascual do teu amor. Como fixo noutro tempo cos discípulos de Emaús, el nos explica as Escrituras e parte para nos o pan.

 

S:     Rogámoste, pois, Pai todopoderoso, que envíes o teu Espírito sobre este pan e este viño, de

maneira que sexan para nos, Corpo e Sangue de Xesucristo, Fillo teu e Señor noso. El mesmo, a

véspera da súa Paixón, tomou o pan nas súas mans e, dándoche grazas, partiuno e déullelo aos seus

discípulos, dicindo:

  • Tomade e comede todos del; pois isto é o meu corpo que se vai entregar por vós.

 

            Despois tomou o cáliz, de novo deuche grazas, dicindo:

  • Tomade e bebede todos del, pois isto é o cáliz do meu sangue,

            o sangue da nova e eterna alianza, que se vai verter por vós e por todos os homes,

            para o perdón dos pecados.     Facede isto en memoria de min.

 

S:     Aclamade o Misterio da redención.

 

T:     Cada vez que comemos deste pan e bebemos deste cáliz, anunciamos a túa morte, Señor, ata que volvas.

 

S:       Por iso, Pai de bondade, celebramos agora o memorial da nosa reconciliación, e proclamamos a obra do teu amor: Cristo, o teu Fillo, a través do sufrimento e da morte en cruz, resucitou á vida nova e glorificouse á túa dereita. Dirixe a túa mirada, Pai santo, sobre esta ofrenda; é Xesucristo que se ofrece co seu Corpo e co seu Sangue e, por este sacrificio, nos abre o camiño cara a ti.

 

T:      Señor, Pai de misericordia, derrama sobre nos o Espírito do Amor, o Espírito do teu Fillo.Fai que a nosa Igrexa se renove constantemente á luz do Evanxeo e atope sempre novos impulsos de vida; consolida os vínculos de unidade entre os laicos e pastores da túa Igrexa, entre o noso Bispo e os seus presbíteros e diáconos, entre todos os bispos e o Papa; que a Igrexa sexa, en medio do noso mundo, dividido polas guerras e as discordias, instrumento de unidade, de concordia e de paz.

 

S:     Lémbrate tamén, Pai, dos nosos irmáns que morreron na paz de Cristo, e de todos os demais defuntos, cuxa fe só ti coñeciches; admíteos a contempla-la luz do teu rostro e lévaos á plenitude da vida na resurrección.

 

T:     E, cando remate a nosa peregrinación por este mundo, recíbenos tamén a nos no teu reino, onde agardamos gozar todos xuntos da plenitude eterna da túa gloria.

 

S:    En comuñón coa Virxe María, Nai de Deus, os apóstolos e os mártires, e todos os santos, invocámoste, Pai, e glorificámoste, por Cristo, Señor noso.

 

S+T: Por Cristo, con El e Nel, a ti Deus Pai omnipotente, en unión co Espírito Santo, todo honor e toda a gloria por sempre eternamente. Amén.