CATECISMO ABREVIADO
NOTA : En vista de que non estaba disponible o catecismo en galego, eu fixera esta traducción para ir tirando. Xa tedes nas librerías o catecismo para nenos "Xesús é o Señor" en galego, e tamén material de catequese. Pedídeo para a vosa parroquia.
CON DEBUXOS, PREPARADO PARA NENOS:
xanostesaqui.blogspot.com.es/2012/10/catecismo-abreviado-para-nenos-en-galego.html
CATECISMO DOS NENOS |
Bloque 1º.-
1.-Quen é Deus? Deus é o noso Pai, que está nos ceos, Creador e Señor de tódalas cousas, e nós somos os seus fillos.
2.-Onde está Deus? Deus está nos ceos, na terra e en todas partes.
3.-Hai un só Deus? Si, hai un só Deus.
4.-Por que dicimos que Deus é Creador? Dicimos que Deus é Creador porque fixo tódalas cousas da nada.
5.-Podemos atrevernos a falar con Deus Pai? Si, podemos atrevernos a falar con Deus, o noso Pai. Xesús mesmo mandouno e para isto ensinounos o Noso Pai.
6.-Para que creou Deus ós homes? Deus creou Deus ós homes para que o amemos e obedezamos na terra e sexamos felices con El no ceo.
7.-Abandonou Deus ós homes despois do seu pecado? Non, Deus non abandonou ós homes despois do seu pecado, senon que lles prometeu un Salvador.
8.-Como cumpliu Deus Pai a súa promesa? Enviando ó seu propio Fillo, que nos salva dos nosos pecados.
9.-Quen é Xesucristo? Xesucristo é o Fillo de Deus feito home, que naceu da Virxe María.
10.-Para que se fixo home o Fillo de Deus? O Fillo de deus fíxose home para redimirnos do pecado e darnos a vida divina.
11.-Que significa o nome de Xesús? O nome de Xesús significa Salvador. El é o Fillo de Deus que ven a salvarnos.
|
Bloque 2º.-
12.-Quen é o noso modelo no cumprimiento da Lei de Deus? O noso modelo é Xesucristo, que viu ó mundo para facer sempre a vontade do Pai.
13.-Quien ama a Deus sobre todas as cousas? Ama a Deus sobre todas as cousas o que cumpre todos os seus mandamentos.
14.-Quen toma o nome de Deus en van? Toma o nome de Deus en van quen blasfema ou o usa sen o debido respecto.
15.-Que nos manda o quinto mandamento da lei de Deus? O quinto mandamento da lei de Deus mándanos querer ben a todos e perdoar ós nosos inimigos.
16.-Que prohíbe o sétimo mandamento da lei de Deus? O sétimo mandamento da lei de Deus prohíbe facer dano ó próximo nos seus bens.
17.-Cal é o oitavo mandamento da lei de Deus? O oitavo mandamento da lei de Deus é: Non dirás falso testimonio nin mentirás.
18.-Que nos manda o oitavo mandamento da lei de Deus? O oitavo mandamento da lei de Deus mándanos dicir a verdade e respectar a fama do próximo.
19.-Que prohíbe o décimo mandamento da lei de Deus? O décimo mandamento prohíbe o desexo desordenado de riquezas e a envidia dos bens alleos.
20.-Que mandamentos debe cumplir o cristián? O cristián debe cumpli-los mandamentos da lei de Deus e da Santa Madre Igrexa.
|
Bloque 3º.-
21.-Que deberes teñen os fillos para cos seus pais? Teñen deberes de gratitude, de confianza, respecto e obediencia e de colaboración para contribuir á paz e á unidade da familia.
22.-Que é pecado? Pecado é toda desobediencia voluntaria á lei de Deus.
23.-Como pode ser o pecado? O pecado pode ser venial e mortal.
24.-Que é a Penitencia? A penitencia é o sacramento que nos perdoa os pecados cometidos despois do bautismo.
25.-Cando recibimos o sacramento da Penitencia? Recibimos o sacramento de la penitencia cando nos confesamos ben e recibimo-la absolución.
26.- Que é a Santa Igrexa? A Santa Igrexia é o Pobo de Deus que, con Xesucristo resucitado, e guiado polo Espírito Santo, camiña cara a Deus Pai.
27.-Cal é o primeiro mandamento da Santa Madre Igrexa? O primeiro mandamento da Santa Madre Igrexa é oír misa enteira todos os domingos e festas de precepto.
28.-Quen está obrigados a oír misa os domingos e festas de gardar? Están obligados a oír misa os domingos e festas de precepto todos os cristiáns que cumpliron sete anos e teñen uso de razón.
|
Bloque 4º.-
29.-Como pode ser o pecado? O pecado pode ser venial e mortal.
30.-Que pecados debemos confesar? Debemos confesar tódolos pecados mortales e convén dicir tamén os veniais.
31.-Que é es a Penitencia? A penitencia é o sacramento que nos perdoa os pecados cometidos despois do bautismo.
32.-Cando recibimos o sacramento da Penitencia? Recibimos o sacramento da penitencia cando nos confesamos ben e recibimo-la absolución. 33.-Cantas cousas son necesarias para confesarnos ben? Para confesarnos ben son necesarias cinco cousas: 1- Exame de conciencia. 2- Dolor dos pecados. 3-Propósito de enmienda. 4- Dici-los pecados ó confesor. 5- Cumpli-la penitencia.
34.-Que é exame de conciencia? Exame de conciencia é recordar todos os pecados cometidos desde a ultima confesión ben feita.
35.-Que é dolor dos pecados? Dolor dos pecados é un sentimiento ou pesar sobrenatural de ter ofendido a Deus.
36.-Que é propósito da enmenda? Propósito da enmenda é unha firme resolución de non volver a pecar.
37.-Que é dicir os pecados ó confesor? Acercarse ó confesionario e pronunciar coa nosa boca todos aqueles pecados que recordamos no exame de conciencia e dos que nos sentimos dolidos con nós mesmos e que estamos decididos a tratar de non repetir nunca máis.
38.-Que é cumpli-la penitencia? Cumpli-la penitencia é compensar da forma que o sacerdote me indiquela falta que cometín ó pecar.
|
Bloque 5º.-
39.-Por que quixo sufrir tanto Xesucristo na Paixón e na Cruz? Xesucristo quixo padecer e sufrir tanto na Paixón e na Cruz para manifestarnos o seu amor, e amosarnos a malicia do pecado.
40.-Por quen padeceu e morreo Xesucristo? Xesucristo padeceu e morreu todos os homes. Morreu verdadeiramente e foi posto no sepulcro
41.-Que profesamos no Credo cando dicimos que Xesucristo resucitou ó terceiro día de entre os mortos? Profesamos que o mesmo Xesús, despois de morre e quedar sepultado, foi devolto á vida polo poder de Deus, o seu Pai, para non morrer xamáis.
42.-Como foi glorificado Xesucristo despois da súa paixón e da súa morte na cruz? Foi glorificado pola súa Resurrección e Ascensión aos ceos.
|
Bloque 6º.-
43.-Como está Xesucristo na Eucaristía? Xesucristo está na Eucaristía verdadeira e realmente presente.
44.-Cantas cousas hai que considerar na Eucaristía? Na Eucaristía hai que considerar estas tres cousas: 1- Que na Eucaristía está real e verdadeiramente Xesucristo. 2- Que na Eucaristía Xesucristo ofrécese por nós. 3- Que na Eucaristía recibimos a Xesucristo na Sagrada Comunión.
45.-Cando empeza Xesucristo a estar na Eucaristía? Xesucristo empeza a estar na Eucaristía no momento da consagración na Misa.
46.-Que sucede na celebración da Eucaristía ou Santa Misa? Na Eucaristía ou Santa Misa, Xesucristo renova o sacrificio da cruz, dásenos como alimento espiritual, e manténnos unidos á Santa Igrexa.
47.-Que hai na Patena e no Cáliz antes da consagración? A Hostia antes da consagración é pan de trigo e no cáliz hai viño cunhas pingas de auga.
48.-Que é a hostia despois da consagración? A Hostia despois da consagración é o Corpo de Xesucristo.
49.-Que hai no cáliz despois da consagración? No cáliz, despois da consagración, está o Sangue de Xesucristo.
50.-Por que dicimos que a Santa Misa é un sacrificio? Dicimos que a Santa Misa é Sacrificio porque nela Xesucristo se ofrece polo ministerio do sacerdote, en memoria e renovación do sacrificio da cruz.
51.-Que é a Sagrada Comunión? A Sagrada Comunión é recibir ó mesmo Xesucristo baixo as especies de pan e viño.
52.-Para que recibimos a Xesucristo na Sagrada Comunión? Recibimos a Xesucristo na Sagrada Comunión para que sexa alimento das nosas almas, nos aumente a gracia e nos dea a vida eterna.
53.-Cuantas cousas son necesarias para recibir ben a Sagrada Comunión? Para recibir ben a Sagrada Comunión son necesarias tres cousas: 1- Estar en gracia de Deus. 2- Gardar o xaxún Eucarístico. 3- Saber a quen recibimos.
54.-Que é gardar o xaxún eucarístico? Gardar o xaxún eucarístico é no ter comido nin bebido desde unha hora antes de comulgar. A auga non rompe o xaxún, polo tanto se pode beber si é necesario.
|