III Domingo - Gaudete

 

ADVENTO CICLO A

 

LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS

Primeira Lectura          Is 35, 1-6a. 10

Virá o mesmo Deus e salvaravos

 

(Que, coma a lis, floreza abundantemente,

que brinque en exultante danza!

Concedéuselle a gloria do Líbano,

o esplendor do Carmelo e do Xarón.

Eles mesmos verán a gloria do Señor,

o esplendor do noso Deus.

Fortalecede as mans adormecidas,

e ponde firmes os xeonllos que tremen.

Dicídelles ós de corazón tímido:

"Collede ánimo, non temades.

Velaí o voso Deus.

Chega a vinganza, a recompensa de Deus.

Chega El mesmo, e salvaravos".

Entón abriranse os ollos dos cegos,

e os oídos dos xordos destaparanse.

Entón o coxo saltará coma un corzo

e a lingua do  mudo cantará xubilosa.

E os rescatados do Señor volverán por ela,

entrarán en Sión con xúbilo,

felicidade eterna sobre as súas cabezas.

Conseguirán ledicia e felicidade,

pois o sufrimento e o pranto fuxirán.

 

                                                                                                                                            

Palabra do Señor

 


Naquel tempo, Xoán, oíndo falar na cadea das obras de Cristo, mandou os seus discípulos a lle preguntar:

‑ Es ti o que ten que vir ou esperamos a outro?

Respondeulles Xesús:

‑ Ide e contádelle a Xoán o que estades oíndo e vendo: os cegos ven e os coxos andan, os leprosos fican limpos e os xordos oen, os mortos resucitan e ós pobres estáselles anunciando a Boa Nova. <span style="WP TypographicSymbols" "="">)a ver un profeta? Si, e abofé que moito máis ca un profeta. Este é de quen está escrito:

Olla, mando o meu mensaxeiro diante de ti,

para que prepare o teu camiño.

Tede por seguro que non naceu de muller ninguén meirande ca Xoán Batista, aínda que o máis pequeno no Reino dos Ceos é meirande ca el.

                                                                                                                                            

Palabra do Señor